Mostrando entradas con la etiqueta ferrol. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ferrol. Mostrar todas las entradas

22 abr 2017

Descontrol total das forzas de extinción de lumes no incendio en Mandiá.


Premer para ver as fotos
Descontrol total das forzas de extinción de lumes. Un camión motobomba pertencente o Concello de Mugardos quedou atrapado nunha pista, para máis fatididade este non levaba auga, e os dous bombeiros que o ocupaban tiveron que escapar. Inmediatamente solicitaron que se achegasen reforzos á zona, (os mesmos estaban a escasos 30 metros deles), pero non tiñan ningún vehículo con auga. 


O descontrol era tal que mentras o xefe de bombeiros de Ferrol facíase a foto ao carón do Local Social dun lume extinto, o camión do concello de Mugardos estoupaba en cinco fortes explosións, avivando o lume de tal xeito que casí acaba chegando as vivendas limítrofes.

Mandos da Xunta de Galiza deron ordes os brigadistas de vixiar e prohibir o acceso ao lugar onde "reposan os restos" do camión siniestrado. 






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

31 ene 2016

Un "albergue" con vistas a un Auditorio

Ramiro é un veciño de Caranza que leva 2 anos vivindo a escasos metros dun Auditorio que custou aos galegos 16 millóns de euros, pero isto non ruboriza aos políticos. 

O "albergue" de Ramiro consta duns 6 metros cadrados fronte aos 7.000 que ten o auditorio.Pero nin se queixa, este home subsiste cunha Renda de inclusión social (RISGA), grazas a iso e á xenerosidade dalgún veciño este home pode pasar o día a día. 

É vergoñoso que as institucións públicas non atopen un sitio digno para durmir a esta persoa, e que non lles caia a cara de vergoña cando no centro realizan bufetes ou feiras de degustación de viños.

Que canapés poden sentar ben vendo isto? 


INTERIOR DO "ALBERGUE"


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

13 dic 2015

Manifestación en defensa do sector naval celebrada hoxe en Ferrol

Evia e Silveira
Cunha marcada tinguidura electoralista, e en contra dos DESgobernos autonómico e central do P€P€, tivo lugar a manifestación en defensa do sector naval. Esta partía ás 12:00 do mediodía dende o Inferniño rumbo á Praza de Galicia, onde se deu lectura ao manifesto de indignación. Cabe destacar a presenza das "cúpulas" de varios partidos, así como a de varios alcaldes da comarca, entre eles; Secundino Casal, San Sadurniño, e Jorge Suárez, Ferrol.

A mobilización pódese considerar un fracaso, pois a pesar de contar co apoio do sector gandeiro, que fixeron acto de presenza cos seus tractores, a duras penas 5.000 manifestantes, dos cales tan só chegaron á praza o 50% deles.

O máis vergoñoso foi que o Sr Evia, concelleiro do P€P€, e o seu inseparable amigo, o empresario Sr. Silveira, deixásense ver fumando un pitillo ás portas dunha cafetería mentres o pobo loita por acadar dignidade para Ferrolterra.






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 feb 2015

Concentración contra a Taxa de Saneamento

Xeneroso titular o da "Coz de Galicia" 
"Más de un millar de personas piden la retirada de la tasa de saneamiento de Ferrol". 

Cando apenas foron uns 700 cidadáns os que botáronse á rúa para protestar contra a absurda, abusiva, e inxusta Taxa de Saneamento imposta polo desgoberno do P€P€ de Ferrol.

Malia a unidade imperante á hora da convocatoria, esta foi un inexplicable fracaso, e participación do comercio de Ferrol foi nula. É incrible, que estando afectados tod@s @s usuari@s, os convocantes non fosen capaces de encher a Praza de Armas.

Despois de escoitar a lectura do manifesto, non resulta de estrañar esta apatía e desafección por parte da cidadanía, este fíxose soporífero, interminable.

"Difícil de entender pola señora que ía á protesta co recibo da auga na man".

Da pena ver @s compañeir@s traballar tanto en balde....  co difícil que é xuntar tantas siglas e asociacións para facer algo, e que non saiban escribir algo intelixible que toque a "pataca" da xente.


Ao remate da protesta repartironse uns papeis á cidadanía, estes son para ser cubertos e presentados a título individual por cada veciñ@ no Rexistro do Concello. Pero a falta de previsión fixo que non chegaran para tod@s. 





MANIFESTO:

Trinta mil veciños e veciñas mil veciños e veciñas estan a recibir estes días uns recibos totalmente fraudulentos e están a ser estafados polo actual goberno municipal. Trinta mil veciños e veciñas que queren tamén unha ría saneada, maltratada durante décadas por falta de vontade política en procurar unha solución sostible medioambientalmente.

Trinta mil veciños e veciñas que agora observan indignados como o sistema de saneamento que nos están a implantar ven cuberto de opacidade, falta de participación e información. Un saneamento cuestionable tamén dende o punto de vista da eficiencia, do custo enerxético e coa súa xestión entregada a unha empresa privada, a multinacional Urbaser, que vai obter un importante lucro coa taxa que nos pretenden cobrar, e que abafará aínda máis aos milleiros de ferroláns e ferrolás que están a vivir unha situación de emerxencia social.

Este goberno levou no seu programa a conxelación das taxas, sen embargo, o custo dos servizos básicos: auga, luz e gas, subiu o triple que os salarios. Temos o índice de pobreza e exclusión social máis alto do país, e seguen a falar de recuperación económica.

En maio de 2013 a instalación dun tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias deu lugar a unha mobilización veciñal, que pretendía exercer algo tan simple como o dereito á información das obras públicas. Esta mobilización foi desprezada e ignorada. Non hai nada máis ditatorial que un goberno que dá as costas ao seu propio pobo, e que xestiona os cartos públicos como os balances dunha empresa privada, e que sanea a súa economía cunha imposición fiscal inxusta.

Non estamos aquí en representación de ningún partido político, asociación ou grupo de presión. Estamos a cidadanía indignada que demanda unicamente que a auga e a depuración non se poden convertir nun negocio privado. Non se deu até o de agora a transparencia necesaria nun investimento millonario que, coa toma de decisións unilaterais, só lle deixa a veciciñanza coma única potestade a de pagar unha taxa de saneamento que nin está explicada nin xustificada.

O sistema de saneamento decidido para Ferrol e Narón non se axusta tampouco ás normativas europeas e españolas vixentes. Deixar de lado o deseño con colectores separativos (pluviais e residuais) requirido polo PXOM de Ferrol e cuns tanques de tormentas de reducido tamaño en lugares non idóneos, conducirán a perpetuar o estado actual da Ría de Ferrol.

Queremos tamén denunciar a avaliación dos custos utilizada para definir a taxa de saneamento, que quedou acreditada como moi pouco fiable, xa que temos constancia doutras valoracións técnicas que conclúen un custe do servizo moito máis baixo. Polo tanto, o informe oficial que se toma para fixar a tarifa é demasiado amplo e pouco rigoroso.

Tendo en conta que esta é unha obra de interese xeral o Estado teríase que facer cargo da súa financiación. Non pode ser que sexan os veciños e veciñas os que paguen a retribución do socio privado, é dicir, que contribuamos entre todos e todas ao beneficio dunha multinacional como ACS-Urbaser, que ten como beneficiario último o señor Florentino Pérez.

Nós si queremos un saneamento, o noso lema e saneamento si, pero non así, pero esiximos un saneamento integral, non intensivo en custos enerxéticos, e non toleramos que se fixe unha taxa de saneamento baseada en informes achegados pola propia empresa concesionaria, Emafesa. Estamos sendo estafados polo lema da maioría absoluta que é “primeiro as empresas, logo a xente”.

Sr. Alcalde: non só estamos ante un saneamento propagandístico que se ben vai aliviar os verquidos contaminantes da ría, non vai ser a solución definitiva, xa que é obsoleto, custoso e ineficiente. Tamén nos preocupa o esquecemento do rural e A malata. Vivimos nunha cidade onde a taxa de paro, o empobrecemento, a emigración e a crise demográfica alcanzan cotas insostibles. Agora a veciñanza vaise ver gravada cunha taxa anual por fogar dun promedio de 76 euros, taxa que irá incrementándose ano a ano por mor da corruptela dos gobernos de facto, as multinacionais, que exercen a fraude sistemática na subasta eléctrica. E onde os pequenos negocios como bares e comercios se verán afogados, e as economías domésticas aínda máis lastradas.

Pedímoslle ao Sr. Rey Varela que por unha vez teña a dignidade de escoitar á cidadanía e retire o cobro desta inxusta e ilegal taxa de Depuración e Saneamento.

Imos reunir os recursos suficientes para que o concello se vexa obrigado a dar explicacións ante a veciñanza, e a auga volva a ser tratada como un dereito cidadán básico e non como unha simple mercadoría. Imos chegar ata o final, ata a última instancia xudicial, porque estamos convencidos que nos asiste a forza da razón. E non nós imos render, non queremos un saneamento electoralista, queremos un saneamento real, sostible, que respecte os recursos naturais da nosa ría. Sr. Alcalde: Solicitámoslle que retire a taxa que ten remitido Emafesa, e que se dirixa aos veciños e veciñas a explicar polo miúdo, desglosado e baseado en datos certos porqué teñen que pagar esa cantidade abusiva para un saneamento cun modelo intensivo enerxeticamente, non separativo, totalmente obsoleto, e contrario ao que se está a facer noutras ciudades como así o dixo hoxe mesmo o director de Augas de Galicia no Parlamento galego. 

Porqué que a maior parte da cidade ten que pagar unha taxa sin tan siquera estar rematadas as obras do saneamento? 

Porque pretente recaudar tres millóns de euros dunha forma inxusta e ilegal?

Sr alcalde: retire a taxa, escoite ao pobo de Ferrol, que é a quen esta a representar, e centre o seu traballo en menos cartaces propagandísticos e máis saneamento real.

Reivindicamos a remunicipalización do servizo porque só dende a xestión pública e integral do ciclo da auga poderemos garantir a necesaria transparencia e eficiencia, e non se volvan repetir episodios vergonzosos como o cobro desta taxa. É, polo tanto, hora de acadar o mellor para a nosa xente. 

Saneamento, si, pero non así. 

Taxa-estafa non! 

Non debemos, non pagamos!



Documento para presentar no Rexistro Municipal





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

16 feb 2015

Xoves día 19 de febreiro, ás 19:00 h. "Concentración contra a taxa de saneamento"

Esta terá lugar o vindeiro xoves, día 19 de febreiro, ás 19:00 h. na Praza de Armas.

Convocan:
Anova, BNG, CC.OO, CIG, EU, Espazo ecosocialista, Marea Ártabra, PSOE, UGT, AS. López Bouza, AS Fuco Buxán, AVV San Xoan-Bertón, AVV San Pablo, e a Federación de AVV Roi Xordo.

Hoxe, luns 16 de febreiro, ás 17:00 horas, na Galería Sargadelos, haberá unha asemblea informativa, aberta á cidadanía e empresarios.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 dic 2014

Concelleiros de EU mostran no Pleno ordinario do Concello de Ferrol o seu desacordo coa Lei Mordaza

No Pleno ordinario, celebrado hoxe no Concello de Ferrol, os dous concelleiros do grupo municipal de Esquerda Unida , mostraron o seu desacordo coa Lei Mordaza, aprobada recentemente polo DES goberno do P€P€. 

Na súa quenda de palabra en lugar de intervir mostraron lemas como:


Pan Traballo e Teito!

Non á Lei Mordaza! 

Si á liberdade de expresión!



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 mar 2014

O Naval de Ferrol e Fene levan as protestas ao concello fenés.

Hoxe @s traballadores/as de Navantia e das súas empresas auxiliares de Ferrol e Fene, estaban convocados a manter un encerro ata as 16:00 h., momento no que saían tod@s nunha marcha de Ferrol con dirección ao concello de Fene. O percorrido foi pola Avda. de Esteiro, A Trinchera, polígono da Gándara, e ponte de As Pías, lugar de encontro entre a marcha de Ferrol e a procedente de Fene, posteriormente xuntas marcharon cara ao concello fenés, onde se deu lectura a un manifesto de indignación.

O próximo xoves, día 27 de marzo, está convocada unha concentración diante da sede de Facenda, de As Telleiras.





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 ago 2013

Por fin este sábado realizarase o "ApocaCRISE ZOMBI"

Despois de suspenderse polo tráxico accidente de tren en Compostela, por fin este sábado realizarase o "ApocaCRISE ZOMBI"

Os "Mortos Viventes" nos que nos queren converter, tomaremos a rúa e faremos ver que nos quedan forzas, que aínda que sexa arrastrándonos seguiremos loitando por recuperar a dignidade secuestrada.

Invitamos a toda a cidadanía a disfrazarse de Zombis, o próximo sábado, 17 de agosto. Recoméndase traer moito sangue, sucidade, humor e indignación.

A marcha Zombi partirá dende as "catacumbas" do derruído casco histórico de Ferrol Vello, fronte o peirao de Curuxeiras, ás 12:00 h. e percorrerá a rúa de San Francisco, Praza de Amboage, e rúa Real, para chegar finalmente á Praza de Armas, onde o polifacético compañeiro, Guillermo Ferrán, poñerá voz aos "Mortos Viventes" dando lectura a un Manifesto de Indignación.

ANIMARVOS!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 jun 2013

O P€P€ de Ferrol, usa a forza para desaloxar os afectad@s polas preferentes

Neste pleno dábase a circunstancia, de que era o primeiro que se realizaba cun aforamento limitado. Malia iso non se logrou encher a sala, na que había unhas 70 persoas. Entre os asistentes encontrábanse varios dos afectad@s polas preferentes, traballadores de Megasa, do CAMF, membros da plataforma da sanidade pública, bombeiros, policías, etc..



Deste xeito daba comezo o pleno, nada máis tomou a palabra o aínda alcalde, José Manuel Rey Varela, os asistentes comezaron a berrar:


Menos narcos e máis barcos!! 

Ilegalizarar o partido popular!!

Aos poucos minutos, e vendo a imposibilidade de dar inicio o mesmo, varios concelleiros do P€P€, e á cabeza o sr. alcalde, retiráronse a meditar. Pasados dez minutos volvían, momento no que o alcalde se dirixiu aos afectad@s polas preferentes, para dicirlles que alí non se podía protestar, ou procederían ao desaloxo.

Intentouse reanudar (máis ben comenzar) o pleno, pero os berros afloraron de novo na sala, inmediatamente o alcalde, ordenou proceder ao desaloxo pola forza dos preferentistas.

Automaticamente todos os alí presentes desaloxaron a sala, seguidos polos partidos da oposición, agas Independentes por Ferrol, que só ten un representante na figura de Juan Fernández, socio do DESgoberno municipal. A sala quedou practicamente baleira, a excepción dun pequeno grupo de persoas afíns ao P€P€.




A ANÉCDOTA
Neste reducido grupo de achegados do P€P€, non deixaron en ningún momento de increpar os protestantes, cando un deles decidiu responder educadamente aos insultos, unha das señoras que máis increpaba, requiriu a presenza policial, dicindo que se lle insultara gravemente. Cando se estaba a desaloxar a sala, estas mesmas señoras, volvían increpar de novo os manifestantes, un dos policías locais que protestaban dirixiuse a ela e pediulle un pouco de respecto.


A POLICÍA LOCAL
A algún policía local subiúselle á cabeza a serie CSI, un deles, extralimitando as súas funcións, dirixiuse a un dos reporteiros gráficos alí presentes, e requiriulle as imaxes, este díxolle que si as quería, estas terían que ser pedidas ao seu medio mediante un requirimento xudicial, que para iso existía a liberdade de prensa. O axente engurrouse e pediu desculpas ao reporteiro, despois da lección de ética que recibiu .



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 may 2013

"Carga de Dignidade"

Parte do colectivo de artistas e creadores que levaron a cabo a “Burla Negra” pola catástrofe do Prestige, agrupados agora en “Radio Buguina” estarán o próximo domingo na porta principal de Navantia Ferrol, no barrio de Esteiro, para organizar, de 11 a 14.00 horas, unha "acción artística popular". 

Trátase de seguir o exemplo daqueles traballadores/as dos Astaleiros, que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría. 

Por todo isto, ante a crise e ataques sociais que padecemos, decidimos rematar este “Monumento á Dignidade”, chamando a toda a cidadanía galega e de Ferrolterra, a pendurar súas pezas de roupa na reixa da factoría. 

O acto estará retransmitido en directo por Xurxo Souto para Radio Buguina, que fará de locutor - animador do evento, realizando entrevistas ao vivo.

Tamén se amenizará o mesmo con distintas actuacións, tanto poéticas coma musicais.

Organizan:

Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar. 

Sindicatos: 

Comisiones Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT). 


Partidos políticos:

ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Compromiso por Galicia (CxG), eQuo, Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal),Esquerda Unida (EU-IU), Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).


Outros colectivos sindicais e movimentos políticos:

Asociación Unificada de Militares Españois (AUME), Mocidade Nacionalista Galega (MNG), Sindicato de Estudantes,Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG).


Asociacións e Colectivos:

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), A. C. Fuco Buxán, A. C. Lefre de Caldereta, A. C. Lendo Poesía, A. C. Medulio, Asociación Galega de Vitimas do Amianto (AGAVIDA), Asociación Memoria Histórica Democrática, Ateneo Ferrolán,Colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, Federación Veciñal de Ferrol (Roi Xordo), Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública Ferrol, Rádio FilispiM.

Manifesto



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

9 may 2013

Ferrol é un berro, NON á LOMCE !!

Entre 3.500 - 4.000 persoas tomaron hoxe as rúas de Ferrol contra o anteproxecto de lei LOMCE, e o desmantelamento do ensino público. A mesma foi convocada pola Plataforma Galega, da que forman parte a CIG, STEG, Sindicato de Estudantes, Federación de Anpas de Ferrolterra, BNG, e Galiza Nova



Hoxe ás 19.30 h. terá lugar outra manifestación contra a LOMCE, esta partirá dende o Edificio Administrativo dá Xunta de Galicia, (Praza Amada García) a mesma é convocada por: CCOO, UGT, USTG, Confapa, Sindicato de Estudantes, e Iesga e Escola Viva.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 may 2013

"Acción Directa" convirte un espazo público abandonado polo Concello nun espazo de lecer

O colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" restaurou por completo a fonte e o lavadoiro da Barca en A Cabana.

Coa achega de 100 euros doados pola AVV da Cabana, e a doazón por parte duns veciños dunhas lousas para a cuberta da fonte, e madeira para a varanda.

Este espazo público abandonado polo Concello de Ferrol converteuse nun espazo de lecer para todos os veciñ@s da Cabana, este fin de semana estaba cheo de nenos xogando na zona.

Tamén fíxose limpeza do cano e canalización das augas, estas foron repobladas con anfibios,peixes, e algunha especie vexetal.

O único que o concello fixo neste espazo, foi desbrozar hai moitos anos, á parte de colocarlle un letreiro de "Auga non potable", na presente lexislatura non se limpou nunca. A última obra de recuperación na zona, foi feita polos veciños no ano 1973.

En breve, e en resposta ao malgasto na obra da Praza de España por valor de 812.000 euros, comunicámoslle ao Goberno municipal, que facendo valer os nosos dereitos como contribuíntes dese diñeiro público que van malgastar, exerceremos unha presión activa e máis visible, para impedir que esa obra se execute.



Blogue do colectivo cidadán: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/


Mapa dos traballos realizados dende o 21/07/2012

Ver Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos en un mapa más grande

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

4 abr 2013

Asistencia Social de Ferrol desasiste a dous menores

Stop Desafiuzamentos Ferrolterra, acompañou hoxe a Ana Mª de la Vega Tenreiro, ata o Rexistro Municipal do Concello de Ferrol, a finalidade era facer entrega dunha solicitude urxente dunha vivenda no barrio de Recimil, onde o existen máis de cen vivendas baleiras, que son de titularidade municipal.

Ana Mº e dous menores ao seu cargo (de 14 e 17 anos) foron onte desaloxados do piso de aluguer que habitaban, pola falta de pagamento de tres meses.

Asuntos Sociais tan só facilitoulles un cuarto nun hostal, e deulles 60 euros. Tamén lle dixeron a Ana Mº que podía ir a comer á cociña económica, pero en ningún caso os dous menores. 

Ante este claro caso de desamparo e marxinalidade social á que someten a esta familia, e en especial aos menores, Stop Desafiuzamentos Ferrolterra, vai denunciar o asunto na Fiscalía de Menores

Ao anaco de deixar no Rexistro a mencionada solicitude, acompañamos a Ana Mª ata a Asistenta Social, despois dunha breve entrevista, saímos co compromiso de que estudarían un presuposto que presentásemos para o aloxamento nun hostal con dereito a comida.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

1 mar 2013

O Manifestódromo Rey Varela segue enchendo o aforamento

Stop-Desafiuzamentos tivo voz onte no pleno de Ferrol, ante a proposta de adhesión por parte do Concello ao Convenio para a constitución do Fondo Social de Vivendas, destinadas ao aluguer, vivendas pertencentes a entidades financieiras

Tamén deronse cita no pleno, o colectivo de cidadáns afectad@s pola estafa das preferentes, e a Marcha Mundial das Mulleres, que comparecía ante a negativa por parte do desgoberno local a permitir que se sigan pintando siluetas na Praza de Armas, cada vez que é asasinada unha muller a causa da violencia machista. Tal como sinalou Galán, de EU, é incomprensible que permitisese pintar as rúas cando foi a Volta ciclista, e que se prohíban estas siluetas, cando neste caso é un acto de visualización dunha lacra social.




STOP DESAFIUZAMENTOS FERROLTERRA no pleno do 28-02-2013 from Susete70 on Vimeo.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

5 oct 2012

Altercados en Ferrol no inicio de Campaña Electoral

Onte tivo lugar a manifestación convocada pola CIG baixo o lema "Contra ás nefastas consecuencias do goberno Feijoo". Esta transcorreu con total normalidade sen ningún tipo de incidentes. Ao finalizar a manifestación e de forma ESPONTÁNEA, sen ningún tipo de convocatoria previa, unhas 400 persoas, entre as que se distinguían; traballadores do Naval, Poligal, desempregados, funcionarios etc. encamiñáronse cara ao Hotel Almirante, lugar no que o PP daba inicio á Campaña Electoral. (Segundo me acaban de comunicar, si que existía convocatoria, esta foi feita por parte dos comités de empresa de Navantia e Poligal)

Nun principio o acto do PP estaba previsto realizalo na Praza de Amboaxe, pero por motivos que descoñezo trasladouse ao citado hotel, neste dábanse cita militantes do partido, entre os que destacaban; José Manuel Rey Varela (Alcalde de Ferrol); Diego Calvo (Secretario xeral do PP da Coruña); Miguel Tellado (número catro por A Coruña); Germán Castrillón (Alcalde de Cabanas) etc.

Os ánimos caldeábanse segundo ían pasando os minutos, e máis cando membros do PP se puxeron a mirar a través das cortinas e realizar fotos e aplaudir aos alí presentes. Neses momentos algunhas persoas botaron algunha pedra e ovos ás ventás, dous bolardos eran arrancados e lanzados ás portas da entrada principal do hotel.

En Ferrol estaban os "Homes de negro"
Entre os manifestantes estaban membros da policía secreta, un deles mesmo levaba posta a camiseta en defensa dos servizos públicos. Non citaría este detalle se non fose porque 20 minutos antes, na presentación de campaña de Alternativa Galega de Esquerdas, apareceron tres membros (dous homes e unha muller) da "Brigada político social" e puxéronse a realizar fotos da xente alí congregada. Estas persoas non eran de Ferrol, e tampouco eran os clásicos policías camuflados que realizan as comprobacións ordinarias de visualización de que todo vai ben. Esta actitude é antidemocrática cando este acto si que é democrático  A xente que traballa na política local non se esconde, pois funcionan democráticamente cumprindo as normas do estado de dereito. É máis, estas fotos saen logo á luz e son de dominio público, NINGUÉN DE NÓS TEN PORQUE ESCONDERSE.

Os minutos convertéronse nun par de horas, e apareceu un pequeno grupo de antedisturbios aos que se lles sumaron membros da Policía Local preparados con equipos similares.

A carga e a detención de Xesús Anxo López Pintos
A saída do hotel foi a parte quente, Diego Calvo e José Manuel Rey Varela, saían pola parte traseira do hotel, concretamente pola cociña, protexidos por escudos da policía, nese momento foron increpados polos concentrados que proferían insultos. Ao dar a curva á mazá, na Rúa Lugo, Diego Calvo e José Manuel Rey Varela escaparon rúa abaixo á carreira. A insistencia dos concentrados por querer ir detrás obrigou en certo modo a policía nacional e local a efectuar unha carga contra estes.

Da carga só podo dicir que cada un "xogaba o seu papel", ata o momento da detención de Xesús Anxo López Pintos, pois este non agrediu en ningún momento a ninguén, permaneceu coas mans nos petos ou cubríndose o corpo cando lle zurraban, e en ningún intre deixaba de intentar tranquilizar os ánimos, pero infrutuosamente, un dos golpes alcanzáballe a cabeza e producíalle unha brecha, foi o momento en que tres policías nacionais foron directamente a por el e esposárono.

Pensei, tal como contei, que a brecha na cabeza fora feita cando se abalanzaron por el, pero non foi nese intre, vin a detención dende a parte de atrás da policía, e cando xa o traían esposado viña sangrando, polo que din por feito que fora na refrega. No vídeo da 6 TV, queda demostrado que foi un DELITO.  

É de salientar a agresividade dun axente da policía nacional que non baixou a porra en ningún momento nin cando a cousa estaba en calma, un dos seus compañeiros chegou a dicirlle "Baixa xa iso".

Xesús Anxo López Pintos, foi trasladado a comisaría da Avd. de Vigo, e incomunicado á espera de prestar declaración no día de hoxe.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

23 ago 2012

Ferrol co Ateneo Ferrolán

Sobre 400 persoas déronse cita hoxe no Festival solidario co Ateneo Ferrolán. Neste evento reivindicativo participou xente da cultura ferrolá e galega. A poesía correu a cargo de Eva Veiga, e do escritor Guillermo Ferrández, no apartado musical, actuaron, o Grupo de Zanfonas de Trasancos, a Agrupación Raparigos, o gaiteiro Tonecho Varela, a cantautora María Manuela, o músico Manolo Bacalhau, etc.



Que tome boa nota o Desgoberno Municipal do P€P€, ter unha maioría absoluta non lexitima ao gañador para impor normas inxustas.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

20 ago 2012

Apoio masivo a Asociación Lazos Pro Solidariedade

Onte a Asociación Lazos Pro Solidariedade, deu unha rolda de prensa no seu local. O manifesto sumáronse BNG, EU, PSOE, Causa Galiza, A Nova, Sindicato Labrego Galego, Marcha Mundial das Mulleres, CIG, Horta Comunitaria de Caranza, Asemblea de desempregad@s da CIG, Marcha Mundial das Mulleres, Lefre de Caldereta, Fuco Buxán, Asemblea sen Papeis, e un sen fin de asociacións e colectivos sociais. José Torregrosa foi o encargado de dar lectura ao manifesto asinado por todos estes colectivos.

A asistencia social, psicolóxica, persoal, de asesoramento, probas médicas, programas informativos e de reinserción, que dispensa a Asociación Lazos, non a exerce ningunha das administracións, de aí a necesidade de que esta asociación teña que existir.

No que vai de ano atendéronse preto de 5.000 peticións por riba de todo o 2011. Máis de 3.800 almorzos servidos, máis de 150 probas médicas rápidas e gratuítas, centos de xestións de citas sanitarias ou de atencións sociais. Estes son só algúns dos seus números.

A pesar délo o desgoberno de José Manuel Rey Varela, reduciu a subvención un en un 70%, sempre será mellor desviar os cartos aos afíns a igrexa .

O Presidente do Comité Antisida Lazos, Carlos Varela, denunciou que ata en tres ocasións pediron ao Goberno reunións por escrito sen obter resposta algunha.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

21 jul 2012

Resumo da VI Marcha a Pé Ferrol >>> Mugardos

O sentimos pola planta de gas ilegal de R€GANO$A, pero non houbo baixas na marcha, chegamos sans e con folgos renovados. Imos ir amodiño, paseniño a paseniño facendo este percorrido longo, pero cunha meta fixa e ben definida, a retirada da ilegal regasificadora da nosa ría.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

3 jun 2012

Ferrolterra ateigou a Manifestación na Defensa da Sanidade Pública

A pesar de que o merdo-xornal "La Coz de Galicia" MINTA coma sempre, estimando a participación en tan so un milleiro de persoas, a realidade foi ben distinta, foron máis de tres mil persoas as que tomaron as rúas de Compostela.

Pode parecer un fracaso, pero hai que lembrar, que hoxe, a provincia de Pontevedra e en especial a cidade de Vigo tiñan un motivo para non "moverse da casa", o Celtiña tiña o partido que o subiría a primeira división do campionato estatal.

A nosa comarca estivo ben representada , para onde un ollase alí atopaba un/ha compañeir@ de Ferrolterra.

Pode parecer unha "fanfarronada", pero para mostra están as máis de 8300 firmas recollidas pola Plataforma de Ferrolterra, máis da metade dás 15.000 necesarias para impulsar a iniciativa lexislativa popular.




http://plataformadspferrol.blogspot.com.es/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio