Artellada con menos de 24h,e cunha morea de actos na cidade,non foi o día máis axeitado.Pese as dificultades medio centear de persoas achegaronse ao edif da Xunta a amosar sua solidaridade co pobo de Xapón,e o seu rexeitamento o Nuclear
En máis de 20 cidades españolas, Ecoloxistas en Acción convocou para mañá xoves, 17 de marzo, actos en solidaridade con pobo xaponés e de rexeitamento á enerxía nuclear.
Por todo isto e en solidaridade coas víctimas do terremoto, acude á concentración.
As19:00 h Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Pza. Amada García). Ferrol.
Onte creamos un grupo no Facebook Galiza NON nuclear !!nunhas horas xa consta de máis de 1000 membros
Falase xa de unhas 10.000 persoas desaparecidas despois do tremor de terra e posterior tsunami que azotaron a illa de Xapón,Según datos da NASA,a illa parece que se desplazou uns 2,4 m,segundo se ve nas imaxes de satélite tomadas antes e despois da traxedia.
Este domingo dúas plantas máis declararon a alarma, a de Onagawa e a de Tokai. Fai só tres anos outro tremor provocou fisuras nas torres de refrixeración da planta de Kurihara polas que escapou material perigoso e que terminaron danando o núcleo. Un ano antes, a central de Kashiwazaki tamén vertió auga contaminada ao mar por culpa doutro tremor.
OS DEBERES MAL FEITOS POR PARTE DO GOBERNO NIPÓN
Unha vez rematada a II Guerra Mundial,Xapón veuse "obrigado" a firmar un tratado .Dito tratado constaba de tres principios,os chamados
Tres principios non nucleares
1º- Principio de non produción de armas nucleares: con este principio Xapón comprométese a non fabricar ningunha arma de tipo nuclear.
2º- Principio de non posesión de armas nucleares: desta maneira, en ningún momento Xapón se aprovisionará de armas de tipo nuclear.
3º- Principio de non autorización de armas nucleares sobre o seu territorio: co obxectivo de que ningún país lindeiro poida abastecerse de armas de tipo nuclear.
A día de hoxe, converteuse non só nun país pacífico, senón tamén pacifista, adoptando estas medidas e respectándoas e ratificándoas.Ata aquí todo pinta moi lindo,pero....... ..... O que non se contemplou no tratado,foi a liberdade de Xapón para a explotación enerxetica nuclear
Xapón condenou a illa a sua devastación.
Situada na zona sismolóxica máis activa do planeta,e cos posibles tsunamis que poidan producirse a raiz dos tremores.Os gobernantes nipones adicaronse a unha construcción maxiva e indiscriminada de centrais nucleares.Nestes intres Xapón ten preto de 50 centrais de enerxía atómica,(das que a maioría funcionan con reactores de auga en ebulición),duas achanse actualmente en construción, e xa contaban con erixir 12 máis.
Hai quen gosta de números,soamente un.. Despois do accidente na Central Nuclear de Chernobil,quedaron directamente afectados 155.000 km²,(aparte da nube radioactiva que percorreu Europa) Xapón ten unha superficie de 377.835 km²
Non aprobeitaron a enerxía das ondas mariñas,nin as renovables,sua política enerxética baseouse nas centrais nucleares.
Terán que reflexionar non so eles,o planeta enteiro ten que arranxar dunha vez con todas os problemas de abastecemento,e buscar o desnrolo sostible do mesmo Agora,despois da traxedia toca reflexionar onde imos,e humanizarnos co sufrido pobo Nipón
Neste video o físico nuclear Manuel Fernández-Ordoñez analiza para o diario "El País",o accidente na central nuclear de Fukushima-Daiichi.
Dúas embaixadas europeas en Xapón, as de Alemaña e Francia, recomendaban onte aos seus compatriotas abandonar a zona de Tokio debido ao risco nuclear.A embaixada española limitouse a dar na sua páxina web,as clasicas recomendacións para catastrofes naturais
As autoridades xaponesas han advertido de que podería producirse unha pequena fuga radioactiva nun reactor da central de Fukusima-Daichii por un fallo no sistema de refrixeración provocado polo terremoto de 8,9 graos rexistrado este venres na costa nororiental do país.
A empresa propietaria da central, a Corporación de Enerxía Eléctrica de Tokio (TEPCO), informou de que a presión aumentou dentro do reactor despois de que se averiara o sistema de refrixeración como consecuencia do sismo. A presión no reactor incrementouse até alcanzar 1,5 veces a capacidade para a que está deseñada esta instalación.
O portavoz do Goberno xaponés, Yukio Edano, dixo en rolda de prensa,que o vento levará a radiactividade ao mar,e que a cantidade prevese que sexa pequena
Fai uns días,a Fundación para a Análise e os Estudos Sociais (FAES), o laboratorio de ideas vinculado ao P€P€, e presidido por José María Aznar. Presentaba un informe de 185 páxinas,no que o P€P€ aposta pola enerxía nuclear,pedindo máis centrais nucleares,extensión da vida das actuais,e esquecerse paulatinamente das renovables, cuxo custo está a xerar "graves problemas económicos".
Para o P€P€ está claro,1º revocar o cerre da central de Garoña,2º alargar a vida das seis centrales nucleares restantes,ata, como mínimo, 60 anos (en lugar de 40) e 3º iniciar un plan de selección de emprazamientos para novas centrais".