Mostrando entradas con la etiqueta policía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta policía. Mostrar todas las entradas

18 mar 2016

Facho en man, prende lume a unha matogueira baixa.

Este desgraciado non pide un permiso para unha queima controlada de rozas, o que fai é, con facho en man, prender lume á matogueira baixa que rodea a súa suposta propiedade.

Esta forma agresiva de "cortar a herba" é lesiva para todas as aves que nesta época do ano atópanse nidificando, así como mata todo tipo de insectos, pequenos vertebrados, réptiles e posibles anfibios que habiten a contorna.




Non se entende que unha patrulla da policía nacional fose testemuña muda desta acción e non fixesen nada. 


(A queima era visible dende a ensenada da Malata, aparte de respirar os fumes medio Canido.)

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 ago 2015

Imaxes exclusivas do accidente mortal producido hoxe ás 17:15, ao precipitarse un coche dende a rotonda á autoestrada.

Imaxes exclusivas do accidente mortal producido hoxe ás 17:15, ao precipitarse un coche dende a rotonda á autoestrada. 

Pese a rápida aparición da Policía Nacional no lugar do suceso, apenas 15 minutos, chama a atención a torpeza coa que desenvólveronse. 



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

7 ene 2015

Coidado co "Rei Vago"

Unha de Reis;
Na foto vemos un vehículo histórico, é un "Jaguar", o mesmo está sendo asistido polos bombeiros de Ferrol, por un problema na batería. Nel non vai Ana Mato, vai o Rei Baltasar, cidadán de nacionalidade cubana e residente na cidade, acompáñano un chófer e unha moza. 

Aparte deste oficio (que desempeña un día o ano) tamén "saltou á fama" e foi coñecido por unha sentencia condeatoria por estafa a unha parella de velliños de Narahío. Actualmente este Sr (do que non sei oficio) vai facendo propostas de negocio moi RARAS, eso sí, precisa cartos por anticipado.

Despois dunhas pequenas pesquisas, averiguei que este Sr. foi ex axente dos servicios secretos cubanos e alistouse en 1977 no Centro Superior de Información de Defensa español (Cesid).

E xogoulla á propia Garda Civil, o noso "Rei Vago" preparou xunto co semanario "Tiempo" unha falsa operación de narcotráfico para demostrar no citado semanario que a Benemérita retribuía os seus informadores co 10% da droga apresada grazas ao chivatazo. Esta nova saíu publicada no semanario "Tiempo" a primeira semana de novembro de 1984.


É o Concello de Ferrol propietario do "Jaguar" ? ...... ou como se explica que este coche teña "asistencia en viaxe" por parte dos bombeiros de Ferrol!!

A saber.... 
Ferrol FEDE!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 nov 2014

Rey Varela desvía as protestas d@s furtiv@s e as culpas á Xunta de Galicia

Hoxe ás 11:30 h. celebrouse na Praza de Armas de Ferrol unha protesta d@s mariscadores-as furtiv@s da ría de Ferrol. Estes/as demandan un trato humanitario cando son retid@s por parte das autoridades incompetentes da Xunta. Dun tempo para acá veñen sufrindo ameazas, abordaxes con embarcacións sen iluminar, requisanlles o marisco sen facilitarlles nengún informe dos Kg incautados, aparte dos raños e tódolo material de traballo, chegando a deixalos espidos diante de mulleres policía.

José Manuel Rey Varela, alcalde do Desgoberno do P€P€ recibiunos nunha curta visita, na cal díxolles poñer á súa disposición os servizos asistenciales (aos que calquera cidadán xa ten dereito)e supostamente mostrando a súa vontade de mediar para que estes malos tratos non se sigan producindo.

Crese o alcalde, que facéndolles trasladar as súas protestas ao Edificio Administrativo da Xunta vai quedar como o "Alcalde Inmaculado". Pois está confundido, non vaise saír coa súa, cando estas familias vexan a falta de asistencia social deste Desgoberno, e que a solución do P€P€ é que vaian pedir alimentos a Cáritas, ou que simplemente ofrécenselles dúas comidas ó día na cociña económica... Esta bomba de relojería estoupará...cumpren solucións e un compromiso social de tódolos partidos, sindicatos e Cofradía, para erradicar dunha vez a súa situación de ilegais.




Buscar o sustento ilegalmente poderá ser un delito, pero máis delito ien deixar cun fill@ pase fame, é a actitude feixista das autoridades e Xunta do P € P € Segundo contan algúns destes furtiv@s, foron disparados con pelotas de goma.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

9 nov 2014

Mañá ás 11:30 h. Concentración d@s mariscadores-as furtiv@s da Ría de Ferrol-

Maña ás 11:30, na Praza de Armas de Ferrol, haberá unha protesta d@s mariscadores-as furtiv@s da ría de Ferrol. 

Demandan un trato humanitario cando son retid@s por parte das autoridades incompetentes da Xunta. 
Ameazas, abordaxes con embarcacións sen iluminar, requisamento do marisco sen facilitarlles nengún informe @ furtiv@ afectad@, requisamento dos raños e tódolo material de traballo, chegando a deixalos espidos. 

Buscar o sustento ilegalmente poderá ser un delito, pero máis delito ien deixar cun fill@ pase fame, é a actitude feixista das autoridades e Xunta do P € P €

Segundo contan algúns destes furtiv@s, foron disparados con pelotas de goma.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

21 sept 2014

Como o fascismo quere librarse do "molesto" secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos.

A Fiscalía pide para o secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, dous anos e nove meses de prisión, polos feitos acaecidos o 4 de outubro do 2012, no acto de presentación do P€P€ de inicio de campaña electoral das autonómicas, celebrado no hotel Almirante. 



A convocatoria que deu lugar os altercados foi feita
por parte dos comités de empresa de Navantia e Poligal, no chamamento deranse cita unhas 400 persoas, entre as que se distinguían; traballadores do Naval, Poligal, desempregados, funcionarios, etc. En ningún caso foi a CIG o convocante. 

Segundo o informe que manexa a Fiscalía; Xesús Anxo López Pintos "abalanzouse" sobre un axente da Policía suxeitándoo pola camisa cunha man e coa outra golpeoulle o casco e intentoullo sacar".

Cando foi todo o contrario, o agredido foi o compañeiro Pintos, polo simple feito de ser quen era. Esta agresión e a posterior detención, tivo lugar na Rúa Lugo. Supostamente estos malos tratos continuaron no cuartelillo da policía nacional, da Avda de Vigo, segundo recolle a denuncia que presentou o líder sindical.


Antes de aceptar a tramite esta denuncia, a Fiscalía debía contar coa declaración das testemuñas imparciais que ese día presenciaron os feitos, fotógrafos, periodistas, empregad@s do hotel, etc. e non fiarse dunha denuncia sen fundamento feita cunha clara e dobre finalidade; amedrentar ás futuras e máis que probables confrontacións sociais, as cales sen lugar a dúbidas terían por obxectivo ao actual DESgoberno, e xa de paso quitarse do medio o "molesto" líder sindical.

A Fiscalía chamará a declarar a; José Manuel Rey Varela, Diego Calvo, Miguel Tellado e Hipólito Fariñas, así como os axentes implicados. NON ENTENDO A DECLARACIÓN QUE PODEN FACER ESTAS PERSOAS DO P€P€, POIS NINGÚN DELES ESTABA PRESENTE NOS FEITOS QUE QUEREN IMPUTARLLE A PINTOS. 

NAS FOTOGRAFÍAS VESE CLARAMENTE A "AGRESIVIDADE" DA QUE FALA A FISCALÍA, PERO PARECE QUE ISTA É POR PARTE DA POLICÍA. 

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 feb 2014

Dous compañeiros da CIG-Saúde de Ferrol, detidos por non querer identificarse ante a policía nacional.

Texto recollido da páxina web do sindicato:

Compañeir@s agardando ás portas da comisaría
Representantes da CIG-Saúde de Ferrol foron desaloxadas/os este mediodía do Hospital Arquitecto Marcide, tras protestaren contra as políticas privatizadoras do PP coincidindo coa visita da conselleira de Sanidade. Dous membros da central sindical foron trasladados a comisaría para proceder á súa identificación, onde aínda continúan.

A Xunta de Persoal do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol recibiu onte a convocatoria dunha xuntanza, ás 13:00 horas de hoxe, coa conselleira de Sanidade. A CIG e CCOO decidiron non asistir á reunión, considerando que a proposta chega tarde, porque tras moito demandar cambios nas políticas privatizadoras do PP e que se poña freo aos recortes orzamentarios, de persoal e de dereitos a consellaría non fixo mudanza algunha.

Por iso prepararon uns panfletos e concentráronse diante do Salón de Actos do centro hospitalario, xunto con outras traballadoras e traballadores, para repatilos, impedindo o acceso da conselleira.

Ante a protesta, a conselleira foi trasladada ao despacho do Xerente, a onde se dirixiron tamén os representantes sindicais. A eles se dirixiu o Xerente, indicando que tiñan que aproveitar a presenza da conselleira para falar con ela e asegurando que non entendía como impedían a celebración da xuntanza.

Ás 14:00 horas, estaba prevista outra reunión, de novo no Salón de Actos, con mandos intermedios do hospital e as/os representantes da CIG e CCOO regresaron á entrada do mesmo para repatir tamén entre este persoal os panfletos informativos.

Unha vez alí a policía autonómica indicoulles que se continuaban coa protesta procederíase ao seu desaloxo. As/os representantes de CCOO optaron por retirarse e as/os representantes da CIG-Saúde continuaron co acto de protesta e repartindo panfletos

Posta en liberdade dos compañeiros 
De contado uns 15 policías autonómicos procederon ao seu desaloxo, pero continuaron manifestando a súa oposición ás políticas sanitarias do Partido Popular no exterior do centro hospitalario.

Tras do desaloxo, persoal sanitario do Arquitecto Marcide tras ver como desaloxaban ás súas/seus compañeiras/os, baixou á entrada principal do hospital para manifestar a súa solidariedade, berrando desde o interior do centro “Non á represión”.


Entre mentres chegaron 15 efectivos máis, desta volta da Policía española, e procederon a solicitar a identificación de todas as persoas presentes na concentración da CIG-Saúde. Porén, dous compañeiros da CIG de Ferrol que non se identificaron foron trasladados á comisaría onde a esta altura continúan. Por eles agardan representantes da central sindical.

Fonte: http://www.galizacig.com/avantar/novas/27-2-2014/trasladan-a-dous-membros-da-cig-a-comisaria-para-a-sua-identificacion

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 jun 2013

O P€P€ de Ferrol, usa a forza para desaloxar os afectad@s polas preferentes

Neste pleno dábase a circunstancia, de que era o primeiro que se realizaba cun aforamento limitado. Malia iso non se logrou encher a sala, na que había unhas 70 persoas. Entre os asistentes encontrábanse varios dos afectad@s polas preferentes, traballadores de Megasa, do CAMF, membros da plataforma da sanidade pública, bombeiros, policías, etc..



Deste xeito daba comezo o pleno, nada máis tomou a palabra o aínda alcalde, José Manuel Rey Varela, os asistentes comezaron a berrar:


Menos narcos e máis barcos!! 

Ilegalizarar o partido popular!!

Aos poucos minutos, e vendo a imposibilidade de dar inicio o mesmo, varios concelleiros do P€P€, e á cabeza o sr. alcalde, retiráronse a meditar. Pasados dez minutos volvían, momento no que o alcalde se dirixiu aos afectad@s polas preferentes, para dicirlles que alí non se podía protestar, ou procederían ao desaloxo.

Intentouse reanudar (máis ben comenzar) o pleno, pero os berros afloraron de novo na sala, inmediatamente o alcalde, ordenou proceder ao desaloxo pola forza dos preferentistas.

Automaticamente todos os alí presentes desaloxaron a sala, seguidos polos partidos da oposición, agas Independentes por Ferrol, que só ten un representante na figura de Juan Fernández, socio do DESgoberno municipal. A sala quedou practicamente baleira, a excepción dun pequeno grupo de persoas afíns ao P€P€.




A ANÉCDOTA
Neste reducido grupo de achegados do P€P€, non deixaron en ningún momento de increpar os protestantes, cando un deles decidiu responder educadamente aos insultos, unha das señoras que máis increpaba, requiriu a presenza policial, dicindo que se lle insultara gravemente. Cando se estaba a desaloxar a sala, estas mesmas señoras, volvían increpar de novo os manifestantes, un dos policías locais que protestaban dirixiuse a ela e pediulle un pouco de respecto.


A POLICÍA LOCAL
A algún policía local subiúselle á cabeza a serie CSI, un deles, extralimitando as súas funcións, dirixiuse a un dos reporteiros gráficos alí presentes, e requiriulle as imaxes, este díxolle que si as quería, estas terían que ser pedidas ao seu medio mediante un requirimento xudicial, que para iso existía a liberdade de prensa. O axente engurrouse e pediu desculpas ao reporteiro, despois da lección de ética que recibiu .



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

21 dic 2012

A INXUSTIZA pretende xulgar a activista social Laura Bugalho

A INXUSTIZA pretende xulgar a activista social Laura Bugalho, acusándoa de falsidade documental e trata de inmigrantes. Parece, que ser humanista, sentir, padecer, e ser solidarios coa comunidade inmigrante sen papeis é un delito.

Laura ten que declarar para o 16 de Xaneiro acusada destes delitos, para os cales se solicita pena de carcere.

Cumpre lembrar que esta compañeira gañou o “ Premio Nicolás Salmerón de Dereitos Humans 2011” en recoñecemento a unha vida adicada a loita polos dereitos do coletivo LGTB, loita sindical, defensa dos dereitos d@s inmigrantes, etc...

Para tentar evitar esta inxustiza estáse a solicitar a Firma solidaria coa compañeira Laura Bugalho, co fin de remitir as firmas ao Xulgado de Instrucción nº 1 de Compostela, pola desestimación e arquivo da causa nº DP 2123/09

Firma aquí a Petición dirigida ao Julgado de Instrucción nº 1 de Compostela 

Laura Bugalho leva dende 1993 realizando tarefas de asistencia ás persoas emigrantes. Só no ano 2008, o Foro Galego de Imigración calcula que a militante acompañou 620 persoas emigrantes ante o Negociado de Extrangería de la Subdelegación del Gobierno de Coruña.

Dese continxente, Laura Bugalho foi denunciada por catro emigrantes, dos cales tres se ratificaron finalmente nas súas palabras. Estas persoas denunciaron a Bugalho por facilitarlles documentación falsa que, segundo os propios emigrantes, eles terían empregado.

En Novembro de 2008, Bugalho denuncia unha mafia de roubo e extorsión a 57 marroquís. Non obstante, en 21 de marzo de 2009, no curso dunha acción das Panteras Rosa Galiza en Compostela, Bugalho é identificada e perseguida. É dende ese momento que se comeza a facer cada vez máis persistente o acoso policial á activista, ata o punto da súa vivenda ser asaltada en 19 de maio de 2009. Laura denuncia este feito á Garda Civil, a cal tarda unhas dúas horas en chegar á súa casa. O pretexto con que os Garda Civiles xustificaron o seu atraso foi o de "terse perdido".

O 20 de maio de 2009, Laura Bugalho realiza unha chamada ao presidente dun equipo de fútbol galego para esixirlle a regularización dos xogadores emigrantes e o pagamento de tres meses de salario debidos polo club. O empresario asegura que vai facelo, pero a activista queda con sospeitas da súa voz ter sido gravada, pois o teléfono soaba cun importante eco.

O día 21 de maio de 2009, Bugalho é avisada por policías nacionais de que a Policía Nacional da Comisaría de Compostela están a seguir os seus pasos por denunciar unha mafia vinculada á venda de tarxetas de residencia e a outra mafia vinculada ao deporte.

A militante infórmaos do asalto á súa casa, e eles non desmenten as sospeitas da autoría que ela lles traslada, quedando case confirmada a autoría policial. Os Policías de Coruña infórmanlle que veñen a por ela, que non teñen nada, Laura dilles que isto é toda unha . Nin unha semana despois, en 26 de maio, a súa oficina na CIG é asaltada por policías de Compostela que secuestran o seu ordenador. Laura estivo detida por 48 horas, sufrindo malos tratos nos calabozo da Comisaría. O Comisario Xefe diríxese a ela cun "por fin collinche, Laura,". Os policías hecen mofa da lingua galega e ameazan constantemente con que vai rematar en "Teixeiro". 

Irregularidades e malos tratos Cando Laura Bugalho pasa a disposición xudicial, tres persoas emigrantes acoden como testemuñas. Non obstante, estas persoas entran esposados nas dependencias xudiciais, aínda que a súa actitude sexa de camaradaría cos policías. Un dos policías indicáballes ás testemuñas "recordade o que onte acordamos, tedes que denunciar a Laura Bugalho". Esta cita coñécese grazas á presenza na Sala de Compañeiros de Laura que se sorprenden tanto da camaradaría coma da desenvoltura do Policía indicando o que as testemuñas deben dicir ante o Xuíz.

Do ordenador da militante foron extraidos os datos de 15 persoas emigrantes, que foron citadas sen orde xudicial e ameazadas con quedar sen papeis ou recibir ordes de expulsión. Tres das oito que asistiron, non lles foi permitido ler o seu propio testemuño e os obrigaron a asinalo. 


Operación Peregrino 

No caso da Operación Peregrino, na cal foi imputado El Omari Messaoud -membro do CITE-CCOO, hai 57 persoas emigrantes orixinarias de Marrocos que terían sido estafadas e que recorreron a Laura Bugalho. Estas persoas pagaron a cantidade de 10.000 euros, moitas veces resultado que as súas familias fosen hipotecadas, polo visto de entrada a España. Despois, acostumaban ser abandonadas mínimo un mes en Andalucía, ata que eran reclamadas para traballar no sector metalúrxico galego, acabando por cobrar 500 euros de salario, cando o Convenio do Metal establece un mínimo de 1100 euros netos, valor que aparecía reflectido nas súas nóminas e que eles terían que asinar para non sexan, por palabras dos afectados, "castigados". En moitos casos, as condicións en que estas persoas vivían eran verdadeiramente inhumanas, chegando a pasar as noites xunto as vacas na granxa do empresario. 

Na Operación Peregrino, hai catro empresarios galegos e tres persoas marroquís imputadas, unha delas en paradoiro descoñecido. As persoas magrebís que acudían á CIG a falar con Laura Bugalho manifestaban, pola súa banda, o temor a ser vistas por El Omari Messaoud, pois as instalacións do sindicato galego están ao lado das de CCOO. O propio El Omari acudiu á CIG para ameazar a activista. Case a totalidade das persoas estafadas afirmaron teñen medo de ser expulsados se denunciaban a mafia.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

1 nov 2012

"O Estado de dereito en perigo de extinción"

Titulares da COZ de Galicia

Pensei que dera xa por rematada miña denuncia contra os medios de manipulación, sobre todo por parte da Coz de Galicia, pero veño de ler para meu asombro que a Fundaçom Artábria acaba de quitar un comunicado denunciando as mentiras publicadas polo Sr F.Varela, neste mesmo medio, nesa nova o xornalista, afirma que Sílvia Casal realiza actividade na Fundaçom Artábria, acrecentado a mentira dicindo que é a súa actual presidenta.

A Fundaçom Artábria sae ao paso desmentindo tal desinformación, asegurando que fai anos que Silvia non forma parte da entidade, e muito menos pode ser a súa presidenta, como afirma sen o máis mínimo rigor dito xornalista.

Por outra parte, F. Varela, describe o Centro Social da Fundaçom Artábria como "taberna con el mismo estilo que las vascas de los nacionalistas radicales".  

Dende a entidade lle respostan deste xeito;  Descoñecemos cal é o "estilo" das "tabernas" a que F. Varela alude, mais o Centro Social da Fundaçom Artábria fai parte da paisaxe cultural de Ferrol desde fai 14 anos sen ningunha necesidade de copiar modelos nin estéticas doutras latitudes, defendendo, iso si, os dereitos lingüísticos do pobo galego e a nosa cultura nacional.
Aquí podedes ler integramente o comunicado denuncia 




O Consello Comarcal de Esquerda Unida denunciou publicamente onte o "linchamento moral que ven de sufrir unha cidadá dá nosa comarca acusada e tratada publicamente como terrorista, cando non había proba algunha nese sentido". Para esta formación política, a actuación policial  
parece absolutamente desproporcionada e vexatoria no trato e na comunicación pública do tema, algo que se considera inaceptable nunha sociedade democrática.

Para EU, a violencia simbólica que se perpetrou de forma inxustificada contra esta ciudada di moito das formas do Ministerio e do que se pretende con actuacións como esta: "sementar medo e parálise". Neste sentido, engade que as actuacións policiais suman unha espiral coa violencia material contra as clases traballadoras "e avanzan a resposta do PP cando a cidadanía protesta de maneira pacífica como determinada". "Os dereitos humanos sofren na persoa de Silvia Casal e ou seu fillo condicións de illamento e traslado, separación do fillo lactante dá súa nai e manipulación dá súa imaxe pública", apunta EU, polo que esixe a depuración de responsabilidades políticas que se derivan "deste inaceptable tratamento a unha cidadá inocente". Tamén demanda a derrogación de todas as normativas legais que abrigan dentro da lexislación esta vulneración de dereitos, así como que a investigación dos feitos denunciados fágase con estas persoas en liberdade, xa que, na súa opinión, "Os cargos e probas que o propio Ministerio publicita non parecen ter correspondencia coas medidas tomadas contra elas".

A Nova-Irmandade Nacionalista tamén fixo público o seu contundente rexeitamento "dá lexislación especial que desvirtúa na práctica a presunción de inocencia proclamada na Constitución", denunciando o ocorrido con esta nai e o seu fillo lactante.

O BNG informou hoxe nun comunicado de que levará ao Congreso a detención de Silvia Casal por entender que o Estado lle aplicou unha lexislación de excepción, con grave violación dos seus dereitos humanos, con negación incluso do 'habeas corpus'.

Premendo nas fotos podedes ver como é vulnerada a presunción de inocencia por parte da gran maioría dos medios de manipulación. 

Máis grave resulta que quen da por feito que son terroristas sexa o propio Ministerio do Interior, que incluso na súa paxina web acompaña a nova da detención con fotos de cacerolas explosivas pertencentes a outras detencións.

Cumpre por parte de tódalas forzas democráticas da nosa cidade pronunciarse contra esta vulneración dun dereito constitucional elemental. Cando acontece un feito deste tipo non hai que andarse con "corta pizzas", hai que ser consecuentes, pronunciarse e denunciar.

"J. C. S. S. Foi ingresado en prisión despois de negarse a declarar ante o xuíz".



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

31 oct 2012

Silvia María Casal Sabín

Hoxe tiña que facer público o nome e apelidos desta moza e compañeira, condenada de antemán polo medio de manipulación A Coz de Galicia, ese medio que dita sentenzas, manipula, difama, e fai publico o nome dunha nai, dicindo que é unha terrorista, todo isto sen que Silvia houbese aínda prestado a súa primeira declaración en comisaría.

O dano está feito, xa non hai marcha atrás, esta difamación foi servida ao público en papel subvencionado pola Xunta de Galicia co diñeiro de tod@s os galeg@s, mesmo dos independentistas.

Eu neste caso non defendo a esta nai por ser independentista, non é o meu ideal político, o que defendo é que a todo cidadán aplíquenselle as normas recollidas no estado de dereito.

Non pode ser que un medio sexa parte e xuíz en ningún proceso.. Quen vai repor agora a honra a Silvia?.. Quen vai aliviar aos pais e familiares de Silvia?.. A COZ?


Hoxe Silvia saíu en liberdade!!


NON ERA CULPABLE sr. Santiago Rey Fernández-Latorre????
En que quedamos????
Agardemos que Silvia recupere pronto o humor para volver a facer teatro e facernos rir de novo, porque a COZ maldita gracia!!.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

Sílvia está detida.

Os medios de comunicación, cómplices da represión, comezan a intoxicar; disque ela e Júlio son independentistas perigosos e acúsanos de terroristas. Non sei nada diso mais Sílvia, agora imos centrarnos nela, é unha nai. Ten unha crianza de oito meses que tamén pasou a noite no trullo porque, hoxe como sempre, @s fill@s das sospeitosas, deben pagar tamén... Para Sílvia non parece rexer o principio que desculpa as nais. 

Di a Declaración de Dereitos humanos, ese código burgués por excelencia, que a maternidade debe ser protexida. Mais a Sílvia quítanlle a súa crianza e mándana para a Audiencia mal chamada nacional. Onde está o permiso de aleitamento? Sempre me chamou a atención como as mulleres, cando se axustaren aos patróns da tribo, por exemplo sendo nais, son especialmente reprimidas. Se a maternidade se protexese, dentro dun ideario conservador as mulleres que tiveron grandes proles, ou as que quitaron a diante a súa descendencia con dificultade, serían heroínas populares e non é así nunca... Sílvia, para alén dos malos tratos que reciben tod@s @s pres@s, representa a vulnerabilidade feminina. Non sei que angustia viviría cando se viu detida e pensou no trato que podería estar a recibir o seu fillo noutra cela. Mais ese sentimento ponme da súa parte. 

Os informes anuais de Amnistía Internacional non din precisamente que as cadeas sexan lugares tranquilos. As institucións penitenciais son represivas, ademais de obsoletas por representaren un modelo caduco de vida social, un modelo ocupado na vixilancia e o castigo de quen non se axustar estritamente a unha legalidade imposta. Ese modelo non permite a convivencia de ideoloxías distintas e, asemade, medra na loita de clases, propaga a drogadicción e fomenta a demencia. Non podemos aceptar este tipo de xustiza. Sílvia, esa nai desprotexida, precisa realmente ser rehabilitada?

Mais quen pode crer xa que os cárceres sirvan para rehabilitar ninguén, se a maioría son almacéns perigosos, verdadeiros infernos superpoboados, ateigados de síndromes de abstinencia, carraxe social e desesperación! 

Sería ben que a sociedade galega defendese aos seus presos políticos porque alguén na cadea sen apoio do exterior está mort@. O cárcere está deseñado para neutralizar individuos potencialmente perigosos. 

As diferenzas ideolóxicas, económicas e sociais, transfórmanse en cuestións criminais e a xustiza social necesaria, feita de diálogo, desaparece para deixar paso á implacábel xustiza penal. Dito doutro xeito, os individuos que se converten nun problema para o sistema son tratados polos estados como se fosen dinamita. 

Unha sociedade libre e xusta é aquela onde ninguén é refugallo social; onde ningunha nai é separada da súa crianza. 

Teresa Moure Pereiro / Mestra da USC

Deixo tamén ligazón deste bo artigo da compañeira Lupe Cés  http://lupeces.blogspot.com.es/2012/10/silvia-arma-de-guerra.html

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

30 oct 2012

Detidos pola policía e xulgados pola Coz de Galicia

Onte luns, sobre as 11 da noite, a policía procedía a efectuar dúas detencións en Narón. Os detidos son J. C. S. S. e S. M. C. S., unha parella involucrada social e culturalmente coa nosa comarca, atribúeselles a súa suposta pertenza a "Resistencia Galega".


Hoxe pola mañá foron trasladados a Madrid para a súa posta a disposición da Audiencia Nacional.


É incrible ler como os medios de manipulación fan de xuíces, antes tan sequera de que estes prestasen a súa primeira declaración. 

A MERDO VOZ DE GALICIA, pasase polo forro a presunción de inocencia destes dous compañeir@s detid@s, os tacha directamente de terroristas, non se cortan tan sequera a por íntegros os nomes e apelidos, (incluso di que a detención é feita no Ferrol, cando esta se produzo en Narón).

Non fan do mesmo xeito mesmo cando se trata de políticos ou forzas de seguridade do estado (vexase Operación Carioca) todo son iniciais.

Por que este asañamento con esta parella?, Descoñecen que detrás de cada persoa atópase unha familia? Esquecen que son creadores de opinión?...

Os titulares deste Merdo-Periódico demostran como crean a manipulación na opinión pública.

O ESTADO DE DEREITO É VULNERADO CONTINUAMENTE POR ESTE MERDO-XORNAL, O DANO QUE FAI AO POBO GALEGO CREANDO OPINIÓN MANIPULADA É SÁNGRANTE (VEXASE CAMPAÑAS AO PP E A REGANOSA).
AGARDO QUE SE DEMOSTRE PRONTO A INOCENCIA DESTES DOUS COMPAÑEIR@S.

Máis en:
http://artabra21.blogspot.com.es/2012/10/detidos-noite-pasada-duas-persoas.html

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

26 oct 2012

Paralización dun desafiuzamento nas vivendas Sindicais en Ferrol

A Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra logrou parar outro desafiuzamento que se ía producir hoxe en Ferrol, esta vez a presión exercida na administración deu os seus froitos, o Concello de Ferrol faise cargo da débeda contraída, e paga tres meses de aluguer, prorrogables por outros tres máis.

A parella que ía ser botada da súa casa ten unha nena de 8 anos, esta padece unha enfermidade moi grave, está enferma dun ril, e require dun tratamento médico que os seus pais a duras penas poden custear. A parella na actualidade percibe de servizos sociais a mísera cantidade duns 180 euros, o que lles imposibilita facer fronte o pagamento do aluguer.

O propietario da vivenda deu bastantes oportunidades a esta familia, mesmo chegou a acompañalos a facer xestións administrativas que puidesen dar cunha solución ao problema, neste caso para esta persoa eran tres problemas acumulados, pois ademais de non percibir o diñeiro do aluguer se encontra en situación de desemprego, á parte de ser unha persoa que lle afectaba a situación dos seus inquilinos. 

A nota curiosa protagonizárona como sempre as administracións, malia estar adoptada esta decisión de colaborar por parte do Concello de Ferrol, esta non foi notificada aos xulgados, e á hora prevista aparecía un funcionario xudicial acompañado de dúas patrullas da policía nacional. 

Unha vez emendado este erro por parte da avogada do propietario da vivenda, procedeuse a explicar aos medios alí presentes como fora a resolución provisional para esta familia. Interviñeron, Xesús Díaz, que foi o que se currou todo o papelame e fixo a maior parte de xestións, explicando a resolución e tódolos matices burocráticos, Rafael Pillado falou da necesidade de activación social de toda a cidadanía, e a continuación tomou a palabra Inácio Oreo, que foi o que puxo as cousas no seu sitio; "Malia estar paralizado este desafiuzamento non nos enganemos, isto non é máis que un parche, o Estado ten que poñer en funcionamento unha Renda Básica de Subsistencia, e a administración local e autonómica poñer en marcha o parque de vivendas sociais que teñen no seu poder baleiras". Esta última intervención foi amplamente ovacionada  por tódol@s presentes. 

Quero dar as grazas en nome da familia afectada, a tódol@s cidadáns que se solidarizaron con eles, así como a ANOVA,BNG, EU, CIG, CC.OO, e en especial á Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, conformadas por diversas asociacións da cidade.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

18 oct 2012

Solidariedade co compañeiro Pintos

Unhas 300 persoas déronse cita hoxe diante do edf da Xunta de Galicia nunha concentración contra a represión policial, e en solidariedade co compañeiro Pintos.

A mesma ven motivada polos feitos acontecidos na madrugada do 4 de outubro, despois dos altercados producidos nas inmediacións do hotel Almirante, lugar no que o P€P€ celebraba seu inicio de campaña, e na que dábanse cita no exterior do mesmo nunha protesta membros do Naval e de Poligal. Tivo lugar unha refrega da policía cos manifestantes, e na mesma foi detido o sindicalista Xesús A. López Pintos, o día seguinte e tras prestar declaración xudicial, este denunciaba a un membro da policía nacional por supostas agresións e torturas dentro do cuartel da Avda. de Vigo.

Tódolos sindicatos da comarca uníronse nesta concentración solidaria co compañeiro e cidadán supostamente torturado, e en contra de calquera exceso policial. Foi grato ver entre os asistentes a algún representante sindical da policía local, e o compañeiro Antolín Alcántara, recentemente condenado pola súa loita sindical. 
  


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio