Mostrando entradas con la etiqueta festival. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festival. Mostrar todas las entradas

12 jul 2015

IX Marcha a pé Ferrol Mugardos

O vindeiro venres 17 de xullo 2015 a IX Marcha a pé Ferrol Mugardos

Co lema:  
Móvete contra a impunidade. Planta de Gas: Peche Xá! Fóra da Ría! 

Saída ás 17 hs. desde o Parque Carmelo Teixeiro, en Caranza – Ferrol; percorrendo a ponte de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira, Reganosa, Mehá e chegada ao Campo dos Carneiros en Mugardos, onde se celebrará un sinxelo acto de confraternidade, con música e merenda.​

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

29 abr 2014

1º de Maio, quedada da "Diversidade da Esquerda"

En vista de que hai anos que non se celebra a festa d@s traballadores/as e a Clase Obreira:

Ao remate das manifestacións do 1º de Maio, indistintamente da que decidamos participar, aparcaremos as nosas bandeiras e pancartas, e dirixirémonos a tomar unhas canas ao Café Bar O Recuncho,  na Rúa San Ramón, en Esteiro (fronte á Facultade de Enfermaría). 

Ademais das canas ben frías, seguro hai algo preparado para picar.

Para amenizar esta quedada da diversidade, entre estes compañeir@s estarán algúns músicos e poetas que xa confirmaron a súa asistencia. 


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 ago 2012

Ferrol co Ateneo Ferrolán

Sobre 400 persoas déronse cita hoxe no Festival solidario co Ateneo Ferrolán. Neste evento reivindicativo participou xente da cultura ferrolá e galega. A poesía correu a cargo de Eva Veiga, e do escritor Guillermo Ferrández, no apartado musical, actuaron, o Grupo de Zanfonas de Trasancos, a Agrupación Raparigos, o gaiteiro Tonecho Varela, a cantautora María Manuela, o músico Manolo Bacalhau, etc.



Que tome boa nota o Desgoberno Municipal do P€P€, ter unha maioría absoluta non lexitima ao gañador para impor normas inxustas.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

22 ago 2012

Festival reivindicativo e solidario co Ateneo Ferrolán

Mañá xoves, ás 20:00 h., na praza da Constitución (Cantón), terá lugar o festival reivindicativo e solidario co Ateneo Ferrolán.

Musicas, letras, teatro, artes plásticas .... en APOIO ao Ateneo Ferrolán e a súa sede!

Acude e difunde!



A nova no Diario de Ferrol

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

18 jul 2012

MARCHA POLA VIDA.. A RÍA.. E A LEGALIDADE !!

Esta marcha, a VI, conmemora o número de Aniversario do peche d@s veciñ@s de Mehá no Concello de Mugardos para evitar a construción da ilegal planta de gas. Tamén faise como un acto festivo, sempre é un pracer toparse cos compañeir@s de loita do outro lado da ría.

Podedes ir a pé, en bicicleta, en bus, en coche, en moto, en globo, subid@s n@ sogr@, a lombos do marido, a dedo, ou como ben teñades a gusto estar ás 20h en Mugardos. (Haberá coches de apoio)

PARA @S VALENTES QUE CHEGUEDES.... nin que dicir ten, que probaredes en Mugardos os chourizos, liscos e cervexa máis ricos do mundo.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

30 jun 2012

I Festa Intercultural da Asamblea Sen Papeis

Hoxe tivo lugar a I Festa Intercultural da "Asemblea Sen Papeis", previo a festa tivo lugar una mesa redonda para tratar a actual situación do colectivo de inmigrantes, esta estivo dirixida por
Laura Bugallo, (recoñecida activista en Inmigración), Carlos Varela, (Pte da Asociación Lazos Pro Solidariedade), e por María Teresa Bustamante, (Avogada).

Ao remate da mesma procedeuse a degustar un xantar comunitario que correu a conta do colectivo de persoas que conforman a Asemblea Sen Papeis.

Xa na sobremesa, uns "Traceurs" fixeron unha exhibición de "Parkour", (disciplina deportiva urbana de moda, que consiste en salvar os obstáculos físicos naturais ou artificiais da forma máis fluída e espectacular posíbel). Tampouco faltaron imitadores que facendo gala do bo humor atrevéronse a "facer o pino" (a mesma disciplina pero de "andar por casa", esta entraña aínda máis riscos)

A música, cervexa e boa compaña fixeron o resto, eso si, coa boa música de Manolo Bacallao, Luis Culshaw, Bitxo Bola, ritmos de timbais africanos e outros espontáneos.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

22 jun 2012

Lumeirada d'A Revolta


Este Sábado 23 de Junho, desde as 18hs. a disfrutar da LUMEIRADA 2012.
Chouriços, Sardinhas, Vinho, Cerveja ... Música. E MOITA FESTA!!!
Donde sempre, na Rua do Moinho de Cartagena.
No Campo de Terra Batida na Ribeira de Caranza.


http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

17 jun 2012

"MAREANDO AS NOSAS LETRAS 2012"

Hoxe tivo lugar o paseo marítimo en lancha pola Ría de Ferrol, acto que organiza a Asociación Lefre de Caldereta.

Un paseo
pola nosa ría no que as poesías e músicas da mar, son sempre as protagonistas.

Desta volta o tempo non quixo acompañarnos, pero a pesar do orballo todo saíu ben.

Este ano mudaron os protagonistas, nin foron @s poetas, nin o magníficos músicos con que sempre nos agasallan @s compañeir@s de Lefre. Os protagonistas foron dous nenos pequenos (de entre 5 - 7 anos) que se ofreceron a recitarnos unhas poesías en galego, ambos estiveron estupendos.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Celebrada a XII Sessiom Vermú de Rádio Filispim Colectivo Opaii

Onte tivo lugar a XII Sessiom Vermú de Rádio Filispim. Desta volta os pinchos, as cervexas e as Galicolas foron amenizadas polo grupo de folk ferrolán "Alén de Ancos", que deron unha autentica exhibición da boa música feita na terra.

Como sempre o programa foi retransmitindo en directo no 93.9 da FM.





Rádio FilispiM, é unha radio do Terceiro Sector da Comunicación, autoxestionada, sen ánimo de lucro e que non emite ningún tipo de publicidade, e que transmite dende agosto de 2005 para a nosa Comarca no 93.9 FM e para todo o mundo vía streamingen: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Bloge do colectivo http://opaii.blogspot.com.es/


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

30 abr 2012

Manifestacións e Festa do Traballo do 1º de Maio

Manifestación da CIG.
Saída ás 12:00 h. Avda. de Esteiro,(local da CIG)e remate no Cantón


Manifestación CC.OO, USTG, UXT
Saída da Praza do Inferniño ás 12:00 h. e remate na Praza de Armas

E como remate desta xornada festivo-reivindicativa, e para celebrar tod@s xunt@s o Día dos Traballadores/as, o "Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos" propón para despois das manifestacións un xantar fraternal e unitario no Parque Pablo Iglesias de Ferrol.

Esta é a ubicación do Parque, situado entre a Avda d'As Pías e a Avda de Esteiro.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

23 dic 2010

Festa Solidaria este Xoves 23 de Decembro

A ONG Axuda en Acción convoca e convida a unha Festa Solidaria este Xoves 23 de Decembro, a partir das 22:00 h no local "El Cafelito de Gloria",Rua do sol nº 199.
“100% das gañancias da noite, destinadas a un Proxecto de Alfabetización Básica"
(mediante creación dun aula, equipamento e material didáctico, batería sanitaria e vivenda e capacitación para docentes) en Bolivia, na rexión de Tacara - Potosí.. Esperamos tua participación, da tua moz@, amig@s,compañeir@s de traballo, veciñ@s e todalas persoas que poidas traer ese dia.
E agradecemos todala disfusión que podades facer ( facebook, mail, traballo... etc)
Teremos música en directo e si queres podes vir coa tua guitarra, caixón ou pandereta... para participar que para iso é unha festa. !!!!!
Para que o teu brindis de Nadal se convirta nunha oportunidade de formación para nenos e nenas de Tacara. Máis información
http://www.humania.tv/noticia_una_nueva_escuela_para_tacara_bolivia_
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

1 oct 2010

Concerto de Jorge Mirancos

O camarada Jorge Mirancos actua este Sábado ás 22h ,na Fundaçom Artábria.
De recibo é ser "reciproco" coa xente con "causa".
Deixo este video para que podades escoitalo os que ainda non o coñecedes

(A entrada é de balde,lembrar que o local está na Travessa de Batalhons nº7 res-de-chao. Ferrol)




Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

23 jun 2010

LUMEIRADA DA REVOLTA 2010

O Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, organizamos, como é habitual desde há já 13 anos umha lumeirada para celebrar o solstício de verám. O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de divertimento, onde celebraremos a chegada do verám, na noite mais curta do ano. Outro dos protagonistas vai ser, nesta ocasión, o Povo Saaraui, pois a recadaçom que se consiga na festa vai ir íntegra para o programa "Vacacións en Paz", programa no que participam algúns integrantes d'A Revolta.

O Solstício de Verám 2010 celebraremo-lo prendendo lume a umha grande fogueira, mas nom faltará a festa com sardinhas, chouriços, pam, vinho, cerveja, danças, música...

Como nom podia ser doutro jeito, a Lumeirada d'A Revolta 2010, vai ter lugar a Quarta-Feira [Mércores], 23 de Junho, na ribeira de Caranza, nas imediaçons da Rua Cartagena, no antigo campo de terra batida, desde as 6 da tarde até a madrugada do dia seguinte.

* Nove veces há que saltar a fogueira recitando os benefícios que queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus poderes na noite meiga.
* Mas também há quem pom o cacho da noite das lumeiradas, ervas medicinais e aromáticas com água, deixadas numha tina ao rocio da noite, para o asseio purificador da manhá.

Nom faltes!
Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos

http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

8 jun 2010

Grazas a tod@s

Grazas a tod@s os que contribuiron a levar a cabo o "Festival solidario:Tod@s paramos o Galicia Spirit"
Premendo aquí podes asinar auto-inculpandote
Os datos non poden ser ollados pola demáis xente.Tamén garantimos que os datos recolleitados tan so serán usados para esta causa
(Vos deixo as fotos en video e o último álbum do evento)




Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

6 jun 2010

¡¡ Tod@s paramos o Galicia Spirit !!

Celebrado o festival solidario cos 60 mariscadores imputados por ter bloqueada a entrada a Ría ao gaseiro ilegal con destino a Reganosa
Premendo aquí poderedes firmar o escrito de autoinculpación que se está ofrecendo a cidadania
Fai uns días ,uns 30 membros do Comité de Emerxencia inculparonse nos xuzgados de Ferrol como participantes no bloqueo ao gaseiro ilegal a nosa Ría.
Premendo nesta ligazón ollaredes a Bitácora creada para cubrir o evento


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

29 may 2010

¡¡ Tod@s paramos o Galicia Spirit !!

Ante a tentativa por parte da fiscalia de meter na cadea a 60 mariscadores,acusandoos de ser os causantes do bloqueo o gaseiro Galicia Spirit .O Comité Cidadán de Emerxencia convida a tod@s a asistencia a un festival de música en solidaridade cos mariscadores,O Comité tamén vai levar adiante un autoinculpamento xunto con entidades veciñais,ecoloxistas,etc. pola sua parte de responsavilidade nos feitos polos que queren encusar aos mariscadores.

Creouse un blog para cubrir o acto
http://todosparamosogaliciaspirit.blogspot.com/


Concerto solidario cos 60 mariscadores
Venres 4 de Xuño de 2010 no Porto de Ferrol, desde as 6 da Tarde.

Actuacións
ZENZAR (rock Cerceda)
OS TRES TREBÓNS (fusión Coruña)
A CUADRILLA DO CAMPO DE CHAO (folc Ferrol)
CANTAREIRAS DE TRASANCOS (folc Ferrol)
PULPIÑO VIASCÓN (fusión)
O SONORO MAXÍN (fusión Ourense)
LA SENTINA (rock Ferrol)
KASTOMA (rock Ordes)
Colaboran:
QUANT,A REVOLTA DE TRASANCOS e mesón O CABAZO
ORGANIZA COMITE DE EMERXENCIA DA RÍA DE FERROL
¡¡PLANTA DE GA$ FORA DA RÍA!


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

10 abr 2009

"VI Conspirando por una Radio Libre".

Celebrado el festival que organiza o Colectivo OPAII para difusión de Rádio FilsipiM
"VI Conspirando por una Radio Libre".