Mostrando entradas con la etiqueta galicia non se vende. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galicia non se vende. Mostrar todas las entradas

8 mar 2013

Concentración contra o trazado sur do tren ao Porto Exterior

O Colectivo social que está en contra do trazado sur do tren ao Porto Exterior de Ferrol, concentrouse onte diante da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao en contra desta desfeita medioambental.


De levarse a cabo esta infraestructura pola alternativa sur, suporá a desaparición da enseada da Malata como tal.

Está claro que detrás deste proxecto, hai uns escuros intereses e o organismo que promove este proxecto é a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

12 oct 2012

O Domingo en Compostela, Manifestación Galiza Non Se Vende

O vindeiro domingo, 14 de outubro, ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela, Galiza Non Se Vende organiza un Xuizo Popular aos responsables da destrucción e o desleixo da nosa terra e o noso mar. 



Estes son os cargos que se lles imputan: 


  • Perda da soberanía alimentar (abandono do sector primario, mar, rural..) 
  • Desastrosa xestión de residuos e contaminación 
  • Minería salvaxe e sobreexplotación dos recursos (ríos, montes, vento…) 
  • Desprotección da biodiversidade 
  • Esfarelamento do territorio (infraestruturas, especulación..) 
  • Abandono do patrimonio cultural 


Polo noso presente, polo noso futuro, polo futuro dos nosos fillos, DEFENDAMOS A TERRA E O MAR Acude a Compostela. 

 NON FALTES !!!


 http://arianonsevende.wordpress.com/2012/10/09/domingo-14-de-outubro-mobilizacion-en-compostela/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

29 feb 2012

Homenaxe ao compañeiro Xosé Reigosa , e posterior xuntanza de "Galiza non se Vende"

Estimad@s amig@s:

O vindeiro sábado 3 de Marzo as 12:00h, celebrarase un acto de homenaxe ao compañeiro Xosé Reigosa Solleiro, presidente da "Plataforma Salvemos Monteferro" recentemente falecido.

O acto será en Monteferro, fronte o monumento á Mariña. A xunta directiva da "Plataforma Salvemos Monteferro", rógavos a asistencia ao acto.

Xa pola tarde as 17:00h, haberá unha reunión da "Plataforma Galiza Non Se Vende", que será aberta ao público e que terá lugar na taberna "Marrucho" en Baiona.

Podedes apuntarvos tamén para comer no teléfono 663710707 ou no e-mail: conciertosmarrucho@gmail.com

Ás 20:00 h, terá lugar un Pasarrúas de disfraces pola Dignidade Indíxena, e ás 22:00 uns concertos

Salvemos Monteferro


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

22 nov 2011

S.O.S DENDE A RÍA DE FERROL

O gaseiro Artic Princess, que partiu onte dende os peiraos ferroláns está a ser asistido por problemas técnicos a escasas millas da costa, concretamente a 7 Millas náuticas.

O gaseiro sufriu unha avaría na máquina do buque que impedíalle navegar a máis de 2,5 nós de velocidade. A inmensa arboladura do barco converteuno nun auténtico buque de vela, anulando totalmente o autogoberno do Arctic Princess, e quedando a merced do vento.



A primeira intención dos técnicos era a de levalo até a ría de Ares, onde largaría áncoras. Pero o capitán do buque considerou que esa alternativa podía resultar perigosa. Os partes meteorolóxicos informaban que a forza do vento ía ser superior, e sobre todo de que se ía a levantar mar de fondo con ondas de entre 4 e 5 metros, e que estas condicións podían facer garrear as áncoras e que o barco quedase de novo á deriva.

Nestes intres dous remolcadores, o Ibaizabal Nove e o Ibaizabal Dous, prestan servizo ao buque, e xunto estes atopase o Sar Gavia (Remolcador de rescate)



A VOZ DE GALICIA INFORMA MAL, pois din co destino deste gaseiro era o porto de Hammerfest, para logo CONTRADECIRSE dando a versión OFICIAL, que conta co gaseiro saíu para efectuar unhas probas.

A versión OFICIAL, conta na prensa que o gaseiro está a 12 millas da costa da Coruña. Debe ser co fin de non alarmar a poboación, pois chegou a estar a 3 Millas da Coruña e Ferrol. (Tal como amosa a fotografía da ruta trazada)



Ao mesmo tempo outro gaseiro, o Barcelona Knutsen, está dando
"tumbos" pola costa agardando que mellore o tempo para poder entrar a descargar en Reganosa.Ambos gaseiros cruzaronse a escasas 2 Millas marítimas .

E para REMATALA, entre a ría de Ares e Sada temos fondeado ao buque gaseiro B Gas Ettrick, cargado milleiros de Toneladas de propileno, que procede de Xixón e tivo que buscar refuxo.


Nesta foto podemos ollar en cor vermello todolos buques cisterna que pasaban a un tempo pola costa galega.

Pois tres van ter que pernoctar esta noite preto da nosa costa. Pois o forte vento, as ondas e a pouca visibilidade non van remitir en todo o día de hoxe.

ACTUALIZACIÓN ÁS 20:00 Hs, o gaseiro que tiña previsto descargar en Reganosa, o Barcelona Knutsen atopase nas costas asturianas.

O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou hoxe súa "105 Protesta Lexitima" contra a ubicación da planta de gas, e contra a navegación de gaseiros cargados con GNL no interior da Ría de Ferrol


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

21 oct 2011

"MAREA NEGRA NOS NOSOS MONTES"

Onte o DESGOBERNO da Xunta do P€P€ anunciou que iban redobrar a vixilancia nos montes.

TEÑEN NARICES, estas medidas consisten na activación de gardas de 12 horas continuadas. Cando a MERDO-XUNTA as había reducido a metade, deixando sen vixiancia aos NOSOS montes polas noites, e todo isto despois de quedar demostrado que o 80% destes lumes eran intencionados e provocados pola noite.

Un delito claro de PREVARICACIÓN por parte dos responsables da Xunta de Galicia

Entre o día 1 e o 19 deste mes de outubro, rexistráronse en Galicia 1.635 lumes, 689 na provincia de Ourense, 377 en Lugo, 348 en Pontevedra, e 221 na Coruña.

Unha catástrofe ecolóxica que xa calcinou máis de seis mil hectáreas.

"UNHA MAREA NEGRA NOS NOSOS MONTES"

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez ao ser perguntado por un medio resposta deste xeito

"Non ía andar eu coa mangueira"

E restou importancia á súa decisión de acudir o pasado martes ao Santiago Bernabéu para ver un partido do Real Madrid, neses intres tiñamos 400 lumes en Galicia.


Feijóo, vinculou a vaga de lumes rexistrada en Galicia nos últimos días "cun problema de delincuencia e de orde pública", e pediu a oposición a estar "á altura" para combater "aos verdadeiros culpables"

¡¡TÓCATE OS PÉS!!
ESTAR A ALTURA DI O MONA ISTE, O QUE HAI QUE ESTAR A ALTURA É PARA PROTEXER A TERRA E DISPOR DOS MEDIOS PRECISOS PARA PROTEXELA.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

1 jun 2011

PAREMOS O VíADUCTO NA RÍA

EVOLUCIÓN DA DESFEITA NA ENSENADA DA MALATA.

XA COMERON 360000 METROS CADRADOS DE MAR

Agóra pretenden facer un viaducto que acabara totalmente coa ensenada



Propostas do tren ao Porto Exterior en PDF



ANTES DO 1950 TIÑA ESTA IMAXE


















Foto 1-Construcción da Ponte da Malata ---- Foto 2-Construcción do Espigón carboeiro
















Foto 1- Ampliación do Espigón carboeiro ---- Foto 2-ISTO É O QUE PRETENDEN

ESTA ENSEADA FUNCIONA ACTUALMENTE E DE FORMA NATURAL COMO UNHA “HATCHERY”(VIVEIRO ARTIFICIAL DE CRÍA DE LARVA DE BIVALVOS,PERO CON COSTOS ELEVADÍSIMOS). DELA SAE TODA A LARVA DE BIVALBO QUE LOGO CRÍA NO RESTO DA RÍA. CUNHA LIMPEZA, DEPURADORA E UN APORTE ADICIONAL DE AREA RECUPERARÍA A SUA PRODUCCIÓN 4.000KGS. DIARIOS COMO SUCEDEU RECENTEMENTE NO BANCO DAS PÍAS.

“OUTRO TREN, OUTRA PONTE, OUTRO RECHEO”, SEGUN O PROXECTO APENAS NAVEGARÁN AS CHALANAS POR EMBAIXO. EN MAIO DE 2010 AS AA.VV. DE FERROL ASOCIACIÓNS CULTURAIS E DEPORTIVAS, CONCELLO , CONFRARÍA DE PESCADORES E ESTACIÓN DE BIOLOXÍA MARIÑA DA UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA , EN TOTAL CORENTA ASOCIACIÓNS , PRESENTAN ALEGACIÓNS SOLICITANDO A MODIFICACIÓN DO PROXECTO E ENTRE OUTRAS ALTERNATIVAS, A DE CONTINUAR O TÚNEL PROCEDENTE DO PORTO EXTERIOR, BAIXO O MAR OS 280 METROS QUE RESTAN , XA QUE A POUCOS METROS HAI OUTRO , TAMÉN SUBMARINO , INCREMENTARÍA A OBRA APROXIMADAMENTE NUN 6%

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

8 may 2011

¡¡Goberne quen goberne,Galiza non se vende!!

Manifestación de hoxe en Compostela,en contra da destrucción do territorio.


Foi das menos concurridas de todalas celebradas polo de agóra,(entre 800 ou 1000 persoas).


Ainda así,e pese ao chaparrón de última hora,o "Comite de Emerxencia para a Ría de Ferrol",fixo acto de presenza,e berrou contra a ilegal planta de gas. 



¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

3 may 2011

Domingo 8 de Maio,manifestación en Compostela de Galiza Non Se Vende

Galiza Non Se VendeO domingo 8 de Maio a rede de colectivos Galiza Non Se Vende sae de novo a rúa convocando umha manifestación nacional en Compostela que saira ás 12:00 da Alameda. Esta mobilizaçom coincide mais unha vez, con o inicio da campaña eleitoral, porque a cidadania ten muito que dicir en periodo de eleizons, e porque queremos denunciar o saqueo social e ambiental a que esta sendo sometida a nosa terra por parte da corrupta clase politica, a banca e as grandes empresas.

Pola tarde, ás 17:00 celebrarase um concerto na Sala Nasa, como peche a III Caravana de Galiza Non Se Vende. Acturan os grupos: Guintervan e GalegoZ presentado polo grupo de teatro Berrobamban. Entrada 5 €.

Os 60 colectivos que forman a rede continúan a diario a loitar, resistir, traballar, arelar, formular, construír, informar, concienciar a favor da nosa terra e na procura de dignidade e equidade. Vente expresar con nós por unha Galiza mellor.

CONTRA O SAQUEO SOCIOAMBIENTAL DA NOSA TERRA

Por unha utilización racional dos recursos naturais
Pola protección do patrimonio natural e histórico
Por unhas rías limpas
Por uns ríos vivos
Pola defensa da nosa soberanía alimentaria
Por un litoral público e natural
Por un urbanismo integrado na natureza e na nosa cultura

Por uns montes ben xestionados
Pola participación da cidadanía na xestión do noso
Por unha xustiza incorruptible
Polo respecto ás outras especies e a protección real da natureza
Por un transporte colectivo eficaz
Por unhas alternativas enerxéticas públicas e conscientes
Por unha xestión responsable dos residuos
Polo fortalecemento do rural e a economía social na Galiza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

13 mar 2011

ÚNETE a "Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga"

CONVOCATORIA ABERTA A TODA A CIDADANÍA,ASOCIACIÓNS OU COLECTIVOS 
( Luns 14 de Marzo, ás 6 da Tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro.)
Información recolleitada do novo blog da Plataforma; http://auga-dereito-humano.blogspot.com/
Para calqueira dubida; augadeferrolterra@gmail.com

O pasado 6 de Marzo de 2011, reunimo-nos en Ferrol nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, en réxime de auto-convocatoria, representantes de varias organizacións e colectivos, así como persoas a título individual, co obxectivo de debater o significado e consecuencias da recentemente aprobada "Lei de Augas de Galicia" e constituír unha plataforma unitaria de ámbito comarcal, co obxectivo de conseguir a derrogación da "Lei 9/2010, do 4 de Novembro, de Augas de Galicia".
Logo de varias roldas de intervencións e un construtivo debate acordamos o que segue:

2 mar 2011

Manifestación contra a privatización da auga

Manifestación contra a privatización da auga
20 de Marzo,ás 12:00h,dende a Alameda de Compostela.
Pola derrogación da Lei de Augas,coa que o actual goberno da Xunta privatiza a auga é os dereitos a ela por parte d@s galeg@s
¡¡A AUGA QUE CHOVE EN GALICIA,É D@S GALEG@S,NON DE NINGÚN GOBERNO NIN EMPRESA!!

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Plataforma Unitaria de Ferrol Terra pola Derrogación da Lei de Augas de Galicia

O pasado Xoves, 24 de Febreiro, no Concello de Ferrol, a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, participou, no pleno municipal para defender a derrogación da Lei de Augas de Galiza "por atentar contra o dereito básico da cidadanía a beber e, por extensión, a viver. Cos votos de PSOE, BNG e EU, a moción presentada por esta última formación política saíu cara a adiante, polo que o Concello de Ferrol se converte no primeiro na Galiza en pronunciarse a favor da derrogación da Lei de Augas".

Para debater este asunto e constituir unha Plataforma Unitaria de Ferrol Terra pola Derrogación da Lei de Augas de Galicia , propomos unha AUTOCONVOCATORIA, para facer unha reunión en Ferrol, o Luns 7 de Marzo, ás 6 da Tarde no Local da Asociación Veciñal de Esteiro, sito na rúa Fernando VI, Bloque I baixo,

máis información en Ártabra21

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

28 feb 2011

4.000 Persoas,berraron onte en Vigo ¡¡A ría non se vende!!

4.000 persoas, segundo a plataforma "A ría non se vende", participaron onte nunha manifestación contra os recheos na ría de Vigo
Xa pasan de 3 millóns de metros cadrados o cimentado e recheado na ría de Vigo ,e parece que non lles abonda que queren seguir cos recheos.
Ao final da marcha tivo lugar un "Xuízo popular" contra os responsables da Autoridade Portuaria.

"A ría non se vende" reiterou a súa petición de que se derruben todas as edificacións que hai en chan portuario e que non teñen relación coa actividade portuaria. Entre elas, o edificio administrativo da Xunta ou o centro comercial da Laxe. Tamén se pediu a desaparición dos portos deportivos ilegais.
Se premedes o botón,ollaredes o acta do "Xuizo Popular"
Para ollar máis info:


http://plataformadefendemos.blogspot.com/2008/11/manifestacin-contra-o-plano-integra-en.html

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

9 feb 2011

Segue a agresión a "O Courel" por parte do P€P€

O Presidente da Xunta de Galicia na rolda de prensa triunfal, posterior o último Consello da Xunta de Galicia, do 3 de febreiro, faltou a verdade no minuto 13:48 da gravación oficial cando se refire o Parque eólico Serra do Oribio como” instalado sen funcionar”,cando o parque está aínda sen instalar. Falou así, supostamente, para dalo xa por feito, sen remedio, sen volta atrás e eludir o gran escándalo e despropósito que suporá instalar, a partires de agora, uns xigantescos artefactos metálicos e un labirinto de pistas e instalación eléctricas, coroando o mellor bosque do Territorio Histórico do Camiño Francés, Patrimonio Mundial, declarado pola UNESCO, e no interior do mellor espazo natural de Galicia, protexido pola Rede Natura, O Courel.

http://www.xunta.es/opencms/system/modules/es.xunta.portal.contidos/elements/visorVideo.jsp?rutaexterna=%2Fc%2Fdocument_library%2Fget_file%3FfolderId%3D346868%26name%3DDLFE-10403.mp3


Por se fora pouco e inmediatamente, a partir do minuto 14:30, pormenoriza e expón extensamente os récords económicos e turísticos do Xacobeo 2010. Durante a súa exposición da a entender que o éxito débese exclusivamente “ á marabillosa xestión” da Xunta, obviando o Camiño, a Catedral e o Apóstolo Santiago, ós que non se refire en ningún momento, polo que supoñemos que a partires de agora o Xacobeo farase cada ano, os peregrinos empaquetaranse todos no ave e obrigaráselle a visitar, antes de nada, o Gaiás.

O Presidente non pode facerse agora o nórdico co tema do Oribio, porque o luns anterior, o 31 de xaneiro, a petición do Goberno Galego, altos cargos da Xunta entrevistáronse cunha delegación do ICOMOS, que viñan de visitar a Serra do Oribio, día en que lle comunicaron tamén, que ían solicitar á UNESCO, a inclusión do Camiño na Lista de Patrimonio en Perigo.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

9 jun 2010

Veciños de Ferrolterra critican a indiferenza da Xunta cos riscos a pé da gaseira

Lonxe de aclarar o acontecido, a postura oficial sobre o incendio en Forestal do Atlántico no mes de abril aumenta a sensación de inseguridade entre a veciñanza.

O pasado mes de abril contabámoslles como o lume no complexo petroquímico contiguo á regasificadora metía outra vez o medo no corpo dos veciños de Ferrolterra: Nova faísca de inseguridade na bomba de reloxería da ría ferrolá titulaba daquela Vieiros.

Esta semana temos noticia á fin, e mes e medio despois do suceso, da xuntanza do director xeral e subdirector de Emerxencia da Xunta de Galicia con representantes da plataforma de veciños mugardesa 'O Cruceiro de Mehá' e con membros do Comité Cidadán de Emerxencia. O obxectivo era aclarar as circunstancias do acontecido a mediados de abril, cando se deu alerta por lume na factoría de Forestal do Atlántico mentres tiña lugar nas proximidades a descarga de máis de 50 mil toneladas do gaseiro 'Madrid Spirit'.

"A nosa preocupación era evidente antes da xuntanza e esa preocupación aumentou tras a mesma", láianse os veciños, advertindo de que os voceiros da Xunta, lonxe de "xeneralidades" e da cualificación do acontecido como incidente de "escasa entidade" evitaron afondar na cuestión, estendendo o "manto de silencio" que cubriu o suceso desde o primeiro momento. "Non nos aclararon o lugar exacto dentro da empresa onde se produciu o incendio", reprochan desde o CCE. De paso, critican que por parte da subdirección de Emerxencia da Xunta se afirmou que "eles non tiñan responsabilidade, nin era tema da súa competencia o risco engadido que representaba o gaseiro que estaba descargando na planta de Reganosa no momento en que se producía o incendio". "E tampouco puideron aclarar o significado das bucinas que en diferente horas ouviron os veciños", avisan. Os responsábeis de Emerxencia comprometéronse a realizar simulacros de emerxencia entre a poboación, "ao que están obrigados e que non fixeron até o de agora".
Noticia tirada de Vieiros

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

18 mar 2010

Manifestación en Santiago,GALIZA NON SE VENDE

GALIZA NON SE VENDE

Compostela, 21 de Marzo de 2010, a las 12 en la Alameda.

Manifestación contra la destrucción del territorio

El Comité de Emergencia ciudadano de la ría de Ferrol,se suma como siempre a esta manifestación,y estará presente apoyando a los demás colectivos y gritando

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!
¡¡Goberne,quen goberne..
Galiza NON se vende!!



Creative Commons License
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Wikio

27 feb 2010

II Caravana concierto

Hoy Sábado, 27 de febrero de 2010 a las 19:00 h en la C.S.O. ( A CASA DA ESTACION)

"pasaruas" y concierto

Concentracion en Pontedeume de la red GNSV (en frente el edificio de FOREMDES,que esta pasada la gasolinera camino de las fragas del Eume


¡ACUDE Y DIFUNDE!







Wikio

3 feb 2010

"III CARAVANA CONCERTO GALIZA NON SE VENDE"









































Sábado 6 de Febrero a las 21:00 en el Centro Social Ocupado “A Casa da Estación”
Actuarán:
  • Inllorfeis HardCore/ Punk desde Corrubedo
  • Los Krasta / Punk desde Ribeira
Esta Caravana, que recorrerá los principales pueblos y ciudades de Galicia, finalizará el 21 de Marzo, con una gran manifestación en Compostela en defensa del territorio.

¡Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende!

¡Planta de gas forá da ría!

http://galizanonsevende.org/