Mostrando entradas con la etiqueta roteiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta roteiro. Mostrar todas las entradas

15 oct 2013

Megasa, unha loita en solitario

Hoxe, martes 15 de outubro, a plantilla de traballadores/as da factoría Megasa, retomou as mobilizacións ante a ameaza de peche da compañía, debido á orde IET/2804/2012, que beneficia as grandes compañías consumidoras de electricidade, provocando deste xeito unha competencia desleal, na que Megasa deixa de ser competitiva no sector, forzando así un peche da empresa.


A marcha protesta, partiu ás 18:00 h. da rotonda da factoría, dirección á sede do P€P€ de Narón, (Alto do Castiñeiro). Algo falla e moitos fallan, pois esta non foi secundada pola cidadanía de Narón nin de Ferrol, de feito poucos familiares d@s traballadores @s acompañaron na macha.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

@s traballadores/as de Megasa farán unha marcha ata á sede do P€P€ de Narón.

Hoxe, martes 15 de outubro, a plantilla de traballadores/as da factoría Megasa, retomará as mobilizacións ante a ameaza de peche da compañía, debido á orde IET/2804/2012, que beneficiou as grandes compañías consumidoras de electricidade, provocando unha competencia desleal, na que Megasa deixa de ser competitiva no sector, forzando deste xeito o peche da empresa.

A mobilización de hoxe é un ha marcha protesta, que partirá ás 18:00 h. da rotonda da factoría, dirección á sede do P€P€ de Narón, (Alto do Castiñeiro).

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 jul 2013

"Apocacrise Zombi" e 1º aniversario de Acción Directa

O colectivo cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, cumpriu onte domingo, día 21 de xullo, o seu primeiro ano de traballos en espazos públicos da cidade.

Estes traballos foron moi diversos; de acción no patrimonio (por exemplo; Catillo de San Cristobal, Castelo de San Carlos, Dique Civil da Cabana, antiga muralla de Canido, etc...) en espazos naturais (por exemplo; Río Sardiña, Praia de Cariño, Regatos de Doniños e Covas, etc....), en xardíns públicos, (por exemplo; erradicación de Plumeiro da Pampa en Caranza, xardíns na Cabana, Parque Torrente Ballester, ámbito do miradoiro de San Cristobal etc....), e outro tipo de accións usando a creatividade como inspiración, como foron o Flasmob das fochas de Ferrol, a "Cabalgata de vos Reis Vagos", I Campionato do Mundo de Pesca de Neumáticos, ou mesmo a participación activa no acto creativo de Radio Buguina, "Carga de Dignidade".

Á parte destas accións, este colectivo sinalizou con carteis os castelos da ría e a batería defensiva de Outeiro en Doniños.

Actualmente varios membros levan traballando case un mes en descubrir a empedrada do chan no Castelo de San Cristobal, mentres outros preparan o acto "Apocacrise Zombi", que tal como indica o xogo de palabras utilizado se trata dunha acción de indignación popular contra todas as agresións sociais que estamos a padecer.

Os "Mortos Viventes" nos que nos queren converter, tomarán a rúa e intentarán facer ver que aínda nos quedan forzas, que aínda que sexa arrastrándonos seguiremos loitando por recuperar a dignidade secuestrada. Invitamos a toda a cidadanía a disfrazarse de Zombis, o próximo sábado, 27 de Xullo. Recoméndase traer moito sangue, sucidade, humor e indignación.

A marcha Zombi partirá dende as "catatumbas" do derruído casco histórico de Ferrol Vello, fronte o peirao de Curuxeiras, ás 12:00 h. e percorrerá a rúa de San Francisco, Praza de Amboage, e rúa Real, para chegar finalmente á Praza de Armas, onde o polifacético compañeiro, Guillermo Ferrán, poñerá voz aos "Mortos Viventes" dando lectura a un Manifesto de Indignación.

Fonte:  http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2013/07/apocacrise-zombi-e-1-aniversario-de.html

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

4 jul 2013

Marcha do naval ao redor da ría de Ferrol.

Con esta marcha @s traballadores/as dos estaleiros seguen co seu calendario de denuncias, en especial sobre as promesas incumpridas polo P€P€, o de construción do dique flotante, e o Flotel para a mexicana Pemex.

O presidente do comité de empresa Navantia Ferrol, Ignacio Naveiras, solidarizouse en nome d@s traballadores/as do naval de Ferrol, cos compañeir@s dos estaleiros privados, que se ven ameazados dende a UE con ter que devolver as axudas tax lease, o que acabaría definitivamente co naval de Vigo.

A marcha percorreu catro municipios da bisbarra, os traballadores/as de Navantia Ferrol saían ás 11:30 h cara á ponte das Pías, ao final da mesma encontrábanse cos traballadores/as do estaleiro fenés, dende alí partian todos xuntos dirección Neda, e logo cara a Narón, onde se fixo un pequeno descanso para tomar un bocadillo. Ao chegar á rotonda próxima a Megasa, a marcha se detivo uns minutos, e leuse un comunicado de apoio e solidariedade cos traballadores/as desta empresa. A marcha chegou de volta a Ferrol ás 16:30 h


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 nov 2012

"Culebra Social" en apoio á Folga Xeral e Xornada de Loita europea do 14N

A culebra, facer unha culebra, saír en culebra... Chámase así nos estaleiros, cando @s traballadores/as van por todos os talleres da factoría chamando ás compañeiras e compañeiros a unha asemblea, a un paro ou folga..

A culebra social a conformariamos as persoas que queiramos ir de praza en praza, coma se foran talleres, por toda a cidade coma se fora a factoría, chamando ás compañeiras e compañeiros a debater, falar, escoitar en asembleas abertas e participar na Folga Xeral.

A cita é o martes, 13 de novembro, ás 9:00 da mañá na Praza de Armas - Ferrol.

-Abrimos unha asemblea onde eleximos a unha voluntaria e un voluntario para moderar os debates, coller as palabras e mirar que nos dé tempo a chegar á seguinte praza.

-Saímos en culebra con música, repartindo panfletos, e todo o que se nos ocurra para chamar a atención, carteis,..

Taller nº1
Ás 9'30 da mañá, Asemblea aberta na Praza do Himno Galego en Esteiro.

Taller nº2
Ás 10'30 da mañá, Asemblea aberta diante do Mercado Municipal de Caranza. (Repoñer forzas con bocatas, café..)

Taller nº3
Ás 12'00 do mediodía, Asemblea aberta na Praza de Porta Nova no Inferniño.

Taller nº4
Ás 13'00 do mediodía, Asemblea aberta na Praza Amada García diante edificio da Xunta - Remate da culebra

Convoca:
Asemblea do Movemento Social en apoio da Folga Xeral do 14N http://ferrolterra-folgaxeral.blogspot.com.es/

Contacto: 
Telefono - 605455340 (André)
Correo-e - andremartinezces@gmail.com

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

24 jul 2011

Resumo da marcha Ferrol >>> Mugardos

Máis de cen Persoas saíron o Venres dende o Parque Carmelo Teixeiro (Caranza), dirección Mugardos, en homenaxe a loita d@s veciñ@s de Mehá contra a ilegal e perigosa Reganosa, e en conmemoración do peche de 111 días no Concello mugardes por parte dest@s.  




Lonxe de "tirar a toalla", tod@s estamos cos coitelos entre os dentes, e seguimos, e seguiremos loitando, e presentando batalla a ilegalidade, ata acadar a xustiza que ata o de agora se nos negou. (Ollando como a xustiza impartida polo TSXG a pasaba polo "forro" o Tribunal Supremo) 



Pola vida, a xustiza, e a legalidade..
¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

4 jun 2011

Roteiro reivindicativo polo Día Mundial do Medioambente

Saíndo o Peirao de Curuxeiras percorremos a Magdalena,Praza Armas,Praza de España,Ctra de Castela,Ultramar,Tejeras e Avda Castelao,até chegar ao Parque Carmelo Teijeiro,onde fixemos provisión de empanada e bebidas.

Destacar a boa acollida que tivo o evento para ser a 1ª vez que se realizaba,(case 200 camiñantes).

Mándolles uns abrazos a @s compañer@s da acampada "Democracia Real Xa",que nos acompañaron durante todo o percorrido.


O Pte do "Comité de Emerxencia" adicoulles na Acampada unhas verbas de agradecimento,e recoñocemento a loita que están realizando

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

8 oct 2009

¡¡FALEMOS EN GALEGO!!


Fotos del "ROTEIRO" en favor del gallego.Más de 200 personas se unieron en este pasa-calles celebrado hoy en las calles de Ferrol.

Una avanzadilla de lo que será la gran manifestación nacional en Santiago el próximo Domingo 18 de Octubre.
En contra de la política fascista y lingüística del P€P€ que pretende matar nuestra lengua
Creative Commons License
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

5 jun 2009

24 may 2009

"Roteiro"

Roteiro contra Reganosa por las calles de Ferrol el Viernes 5 de Junio,a las 20:00 desde o edificio da Xunta de Galiza.