Pequeno resumo da Asemblea.
Nesta démonos cita unhas 50 persoas de distintos colectivos e ideoloxías, á parte doutras a título persoal.
VIAXE:
O compañeiro Daniel, que participa a título persoal, expuxo a única opción coñecida ata o momento, esta sería partir nun tren dende Coruña, o custo do billete 50 €, co inconveniente de que habería que sumar o desprazamento Ferrol-Coruña-Ferrol, sobre 18 € en caso de facelo en autobús.
Outra das opcións é fretar autobuses dende Ferrol, pero a día de hoxe ninguén realizou esa consulta, (en breve poderemos dar datos a este respecto).
Houbo un par de ideas para intentar sufragar ou rebaixar o custo do desprazamento;
A primeira delas realizouna Lupe Cés, de A Revolta, dicindo que se podía contactar con xente que estivese concienciada coa Marcha a Madrid, pero que non puidese desprazarse, para que estes "apadriñasen" a viaxe doutra persoa que quere ir.
A segunda faina Daniel, o compañeiro que realizou ao principio da Asemblea a pequena introdución, e expuxo que existe a opción "proposta na rede" de comprar camisetas do evento a 3,50 € para vendelas e acadar financiamento.
Referente a esta opción, propuxen, e "propoño de novo", que calquera colectivo que opte por este método de financiamento, baixese os logos da rede e que encargue as camisetas en imprentas da bisbarra. Sería indecente compralas en Vigo cando temos en Ferrolterra empresas que realizan ese traballo e o están a pasar moi mal.
MANIFESTACIÓNS DOS DÍAS 26 E 27 DE FEBREIRO EN APOIO ÁS MARCHAS DA DIGNIDADE:
Neste sentido pecháronse algúns puntos:
O primeiro deles, aprobado por unha votación unánime, foi realizar unha pancarta unitaria co lema usado no Manifesto das Marchas.
PAN, TRABALLO E TEITO!!
MARCHAS DA DIGNIDADE 22 M TOD@S A MADRID!!
O segundo é no referente á publicidade do evento, este correrá a conta de cada colectivo, realizando fotocopias do Cartel. Neste senso, Suso Basterrechea, de EU, ofreceuse a facilitar uns carteis que recibirán en breve.
O terceiro foi sobre a información a repartir, mentres un compañeiro se decantou por dar o Manifesto elaborado a nivel nacional, Lupe Cés propuxo, acertadamente, que se repartise un pequeno panfleto informativo sobre as Marchas, e como apuntarse a elas, xa que o Manifesto xa ía ser lido para tod@s.
Referente o audio, Pablo Portero, de Fuco Buxán, dixo que pono esta Asociación.
**A próxima xuntanza terá lugar o luns, 3 de marzo, ás 18:30 h no Centro Cultural Carvalho Calero (Inferniño). Acaban de comunicarme que mudouse o lugar e a hora, para o mesmo día, luns 3 de marzo, pero no Centro Cívico de Caranza, ás 18:00 h
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.