Mostrando entradas con la etiqueta mujeres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mujeres. Mostrar todas las entradas

19 may 2016

A Marcha Mundial das Mulleres conmemora o 24 de Maio o Día Internacional das Mulleres

Este ano A Marcha Mundial das Mulleres conmemoramos o 24 de Maio
 Dia Internacional das Mulleres pola Paz 
presentando a campaña que a Marcha xunto con BDS iniciamos para apoiar e dar a coñecer a acción da Flotilla da Liberdade “ MULLERES RUMBO A GAZA”  na que mulleres de todas as partes do mundo faranse á mar para resaltar o importante papel desempeñado polas mulleres palestinas na loita do seu pobo e as súas resistencias non so ao estado de Israel senón tamén á discriminación e o patriarcado.

É por isto que vos convídamos o próximo martes día 24 de maio ás 19:00h. no Ateneo Ferrolán á charla na que falaremos mulleres da Marcha Mundial das Mulleres e activistas de BDS.

Gustaríanos contar coa vosa presenza para dar especial importancia e relevancia a este proxecto no que por primeira vez as mulleres somos as únicas protagonistas  nunha acción deste tipo.


"As mulleres decidimos"

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

5 jul 2015

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE BEATRIZ

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE BEATRIZ RODRÍGUEZ MARIÑO

Beatriz foi asasinada este venres xunto a Sergio Rodriguez Fernández pola súa ex parella. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar este cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

O LUNS 6 ÁS 20 H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

25 sept 2014

Actos da Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra

A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra convida a toda a cidadanía a sumarse aos actos do 28 de setembro. O Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres conmemórase este ano baixo o lema: ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO

A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra, lembra que o vindeiro domingo, día 28 de setembro, conmemórase o Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres. Este ano ten especial importancia por estar dedicado ao dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade. Baixo o lema ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO terán lugar os actos a desenvolver pola Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra. Con este motivo, a Plataforma ten organizado un pasarrúas e un acto central ao remate, convida a toda a cidadanía da bisbarra a sumarse e a participar neste evento. O pasarrúas saíra do Cantón ás 12 horas e fará un percorrido polos principais espazos públicos da cidade de Ferrol. O acto central será na Praza do Inferniño ás 13h.

SAÚDOS. Plataforma para o Dereito ao Aborto de Ferrolterra

Grupo de traballo da Plataforma Galega polo dereito ao aborto en Ferrolterra.

ABORTO LIBRE E GRATUÍTO, NOS PARIMOS NOS DECIDIMOS

Correo electrónico: dereitoabortoferrolterra@gmail.com

Facebook: Ferrolterra Direito Aborto

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

25 ago 2014

MAÑÁ MARTES CONCENTRACIÓN EN REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MÓNICA LORENZO

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MÓNICA LORENZO en Barro (Pontevedra) 

Mónica foi asasinada este mércores. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Mónica e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo. 

MAÑÁ MARTES 26 DE AGOSTO ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres

mmmferrolterra@gmail.com

www.feminismo.info

https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

twitter.com/MMMGaliza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

31 jul 2014

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE SARA FERNANDEZ CAMIÑA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA:

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE SARA FERNANDEZ CAMIÑA en Pazos de Borbén Sara foi asasinada este mércores. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Sara e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo. O XOVES DIA 31 ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 jul 2014

Faleceu Vicky, compañeira e activista social

Onte foi enterrada a compañeira Vicky, a maioría da xente non se decatará de quen é esta persoa á que fago referencia, e iso é debido a que esta rapaza era unha desas persoas que non están na loita social nin por ego nin por quitar rédito diso. 

Participou activamente na directiva da A. Arco da Vella, da cal dimitiu por discrepancias na política levada a cabo por esta asociación. Malia estas discrepancias, díxolles na cara todo o que tiñalles que dicir, e seguiu o seu camiño e activismo social de forma máis "silenciada", acollendo, curando, e alimentando a "peludos" (así adoitaba chamar aos cans) abandonados, buscandolles un fogar e acubillo, e difundindo nas redes sociais noticias e denuncias baixo esta temática.

Vicky sufría unha grave caída do seu cabalo o pasado venres, acostumaba a levar posto sempre un casco, pero xusto ese día non o puxo, ante a gravidade que revestía un golpe recibido na cabeza, foi trasladada á residencia de A Coruña, onde desgraciadamente a nosa compañeira falecería.

O meu máis sentido pésame ao seu marido, á súa filla, familia, e amig@s.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

25 abr 2014

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA ELENA RODRIGUEZ QUIROGA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA ELENA RODRIGUEZ QUIROGA

María Elena foi asasinada polo seu marido este xoves. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Maria Elena e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo. 


O SABADO 26 ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

"As mulleres decidimos"

www.feminismo.info

nacional@feminismo.info

https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

twitter.com/MMMGaliza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

26 feb 2014

Manifestación do 9 de Marzo en Compostela, co lema "ENCHAMOS A QUINTANA. POLOS NOSOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS."

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, como organización pertencente á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, vos convida a participar na manifestación do 9 de Marzo en Compostela.

Grupo de traballo da Plataforma Galega polo dereito ao aborto en Ferrolterra. ABORTO LIBRE E GRATUÍTO, NOS PARIMOS NOS DECIDIMOS

A PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO CONVOCA MANIFESTACIÓN BAIXO O LEMA

ENCHAMOS A QUINTANA. POLOS NOSOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS.

O día 9 de marzo 2014, ás 12:00 horas da Estación de tren en Compostela.

O grupo de traballo da Plataforma en Ferrolterra pon autobús dende Ferrol que sairá do JOFRE ás 10:00 horas, con parada en Caranza e Fene .

A volta de Compostela é ás 16:00h.

O prezo do autobús é de 5 euros.

A data límite para anotarse é o día 6 de marzo no seguinte teléfono: 607 082 232 atende Eva.

Ao peche da manifestación, teremos festa, onde xa confirmaron a súa participación:

- Artistas: Mercedes Peón, Uxía Senlle, Sés, As Boubas

- Poetas: Susana Aríns, Verónica Martínez

- Presentadoras: Comba Campoi, Mónica Camaño

Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

www.feminismo.info

nacional@feminismo.info

https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

twitter.com/MMMGaliza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

25 feb 2014

Mañá mércores, concentración en repulsa do asasinato machista de María Luisa

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA LUISA JIMÉNEZ JIMÉNEZ

María Luisa, de 37 anos, nai de 6 fillos e embarazada foi asasinada polo seu compañeiro este domingo. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de María Fátima e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

O MÉRCORES 26 ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

www.feminismo.info

nacional@feminismo.info

https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

twitter.com/MMMGaliza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

28 ene 2014

Homenaxe a Amada García, da "Asociación Memoria Histórica Democrática"

O acto tivo lugar hoxe ás 17:00 h., a pé do muro do castelo de San Felipe, tantas e tantas veces testemuña muda do estrondo dos disparos realizados polos rifles dos fascistas

Premer na imaxe para acceder a galería de fotos
Este ano Gabriel tivo unha sorpresa especial, a súa bisneta representou cun violín o Himno Galego.

Ao remate da homenaxe, fomos facer a ofrenda floral ao cemiterio de Serantes, onde repousan os seus restos xunto cos doutr@s moit@s asasinad@s.

Queremos dar as grazas a todas as persoas que participastes nesta sentida homenaxe, así como ás forzas políticas asistentes, e en especial ao mestre gaiteiro, Victor Agulló, que tódolos anos participa desinteresadamente connosco.

Fonte: http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

14 ene 2014

MAÑÁ MÉRCORES, CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE ADELA E MARÍA JOSÉ

MAÑÁ MÉRCORES, 15 DE XANEIRO, ÁS 20H. NA PRAZA DE ARMAS

CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE ADELA E MARÍA JOSÉ

Adela Ramos, de 72 anos e María José Suáres López, de 45 anos foron asasinadas polo seu xenro e compañeiro respectivamente na súa casa de Cervo.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Adela e María José e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo!!.

CONVOCA: COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

www.feminismo.info 
nacional@feminismo.info 
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza 
twitter.com/MMMGaliza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

30 dic 2013

Concentración de repulsa contra o asasinato machista de Isabel

Apenas medio centenar de persoas concentráronse hoxe na Praza de Armas para mostrar a súa repulsa contra o asasinato machista de Isabel, veciña de Marín, Pontevedra.

O sospeitoso do crime xa estivera antes en prisión por un delito de agresión sexual e por ameazas a unha anterior parella, segundo recollen algúns xornais.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

29 dic 2013

MAÑÁ LUNS: CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE ISABEL

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA:

MAÑÁ LUNS 30 DE DECEMBRO ÁS 20:00 h. NA PRAZA DE ARMAS.

CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE ISABEL

Isabel Pérez Fraga, de 45 anos, foi asasinada polo seu compañeiro na súa casa de Marín.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Isabel e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo!!.

Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

www.feminismo.info

nacional@feminismo.info

https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

twitter.com/MMMGaliza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 nov 2013

ACTOS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES INVITA A PARTICIPAR NOS ACTOS QUE TERÁN LUGAR NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL ÁS 20:00 H.

O 25 DE NOVEMBRO PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

"O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións"

Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo autoconvócanse para denunciar o máis profundo rexeitamento das violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres.

Esperamos coma sempre a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista. MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UN MUNDO SEN VIOLENCIA Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!

Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

www.feminismo.info

nacional@feminismo.info

https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

twitter.com/MMMGaliza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

28 sept 2013

XORNADAS "FEMINISMO EN OBRAS"

Á MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DA GALIZA prácenos invitarvos ás xornadas feministas que baixo o título "FEMINISMO EN OBRAS", temos organizado para o próximo sábado día 5 de outubro no Centro de Día Municipal "Manuela Pérez Sequeiros" de Narón.

Consideramos imprescindible nestes momentos de recortes e retroceso ideolóxico abrir un espazo para a reflexión, para coñecer en que punto estamos e para saber cal é o futuro do feminismo. En resumen un espazo para seguir costruindo feminismo entre todas. Adxuntamos o cartaz e o programa das xornadas.

Podédesvos inscribir na páxina da MARCHA feminismo.info ou directamente no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/1eAgv2JxuGp_3TMGyhtA51VAiwRN4PcmRarwM6r4eBm8/viewform Tamén temos un nº de tlf.: 659352044(Esperanza) Ás 14,30h. teremos un xantar por 8€(imprescindible inscripción) para quenes queirades compartilo con nos e coas relatoras das mesas.

MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!!!

Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres www.feminismo.infonacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 may 2013

Concentración polo aborto libre e gratuito

Esta tarde tivo lugar na Praza de Armas de Ferrol, un acto enmarcado na campaña que o BNG está a desenvolver  baixo o lema “O noso corpo, a nosa decisión. Aborto libre e gratuíto”, na defensa do dereito que historicamente as mulleres conquistaron e a exixencia de que as mulleres que o así decidiren poidan realizalos en condicións dignas e cunhas garantías sanitarias óptimas.

O mal tempo e o tardío do acto non sirveu de moita axuda para acadar unha boa asistencia.

Na concentración lanzáronse cánticos contra a Conferencia Episcopal, e berros como; "Nosoutras Parimos, Nosoutras Decidimos"!!! 

Máis tarde se deu lectura ao Manifesto, no cal o BNG se compromete a estar presente en todas as mobilizacións que realice o movemento feminista para parar esta nova agresión contra os dereitos das mulleres. 


Tamén se fixo un chamamento a mobilización nacional prevista para o domingo, 16 de xuño.


Máis info



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

25 may 2013

Fotos do “Rueiro reivindicativo de lembranza” da M.M.M

A Marcha Mundial das Mulleres realizou onte unha xornada de loita feminista, en conmemoración do Día Internacional pola Paz e a Desmilitarización. O acto consitíu nun “Rueiro reivindicativo de lembranza” co que se quixo reivindicar a visibilidade e lembranza das mulleres asasinadas en Galiza pola violencia machista. Ao mesmo asistiron membros do BNG, EU, e PSOE.

O acto, coma sempre, foi enmudecido polos medios de idiotización, sendo cuberto tan só polo Diario de Ferrol.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 may 2013

Mañá terá lugar un “Rueiro reivindicativo" da Marcha Mundial das Mulleres

A Marcha Mundial das Mulleres nun día de loita feminista como é o 24 de maio, Día Internacional pola Paz e a Desmilitarización, QUEREMOS, na cidade de Ferrol, reivindicar a visibilidade e lembranza das mulleres asasinadas en Galiza pola violencia machista.

Ao traveso do que chamamos “Rueiro reivindicativo de lembranza” pola cidade, “imos vestir” os diferentes barrios, cos nomes das mulleres asasinadas, en protesta contra a prohibición da Concelleira de Igualdade, do pintado das súas siluetas na Praza de Armas.


PEDIMOS a implicación da cidadanía nesta reivindicación da Marcha Mundial das Mulleres e que nos acompañen no noso percorrido.


O rueiro comeza na Praza de Amboaxe e remataremos na Praza de Ultramar.

A hora de inicio deste rueiro será ás 18 horas.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

31 mar 2013

CONCENTRACIÓN EN FERROL EN REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA EN LUGO

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA:

CONCENTRACION DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DUNHA MULLER EN LUGO 

Unha vez máis temos que concentrarnos para amosar a nosa repulsa polo brutal asasinato a mans do seu marido dunha muller en Lugo.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar este cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo. O silencio fainos cómplices, non sexamos cómplices.

MAÑÁ LUNS, 1 DE ABRIL, ÁS 20H. NA PRAZA DO CONCELLO

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio