Mostrando entradas con la etiqueta DESGOBERNO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DESGOBERNO. Mostrar todas las entradas

30 jun 2017

Vergoñenta proposta turística do Concello de Ferrol

A nova proposta turística do Concello de Ferrol sáese. Ofrece percorrer a costa ferrolá en taxi. 

Saídas desde a praia (NON APTA PARA O BAÑO, NIN AGORA NIN EN 30 ANOS) de Caranza (ata a praia de Ponzos 

Trátase dun convenio de "colaboración" con "Radio Taxi", Máis ben é un convenio de LUCRACIÓN con este colectivo afín o P€P€, tal como acreditaron coa súa presencia moitos deles asistindo o acto de campaña electoral de Feijóo na Malata

Se falásemos dunha ruta en transporte público e a prezos dignos, sería algo moi distinto, pero isto é unha aberración.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

17 may 2017

"En Galego sen límites" e sen @s de Ferrol

Premer para ver as fotos
"En Galego sen límites"

Ese era o lema da manifestación celebrada hoxe en Compostela, co fin de reivindicar o dereito para usar o noso idioma.

Como sucede todos os anos a praza estaba petada, pero con notables ausencias.

A coalición electoral que goberna Ferrol, FeC non tivo representación algunha, (a non ser que designasen ao Sr. Cebrales para exercer tal función).

Sei dun concelleiro que estivo nos actos do día das Letras Galegas en San Xurxo, e dunha concelleira que lle foi imposible por problemas personais.

Pero o resto deles qué facían???......

Igual algún deles estivo ocupado cos seus quefaceres institucionais, promocionando ao Parrulo de Futbol sala, ou tentando pelotear ao Presidente do club de baloncesto feminino "Universitario" , ( ex concelleiro de IF con Juan Fernández, e critico opositor á esquerda como tertuliano en Radio Voz).
E vou supoñer, que outro dos poucos que quedan pasou o día buscando un raro compositor moldávio descendente de pais escandinavos, especialista en tocar castañuelas checas coas orellas, porque o raro e rebuscado parece cultura e véndese mellor.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

29 abr 2015

Mañá á tarde Manifestación do Naval

A Manifestación do Naval parte ás 18:15 das portas do astaleiro, e faise coincidir coa celebración do Pleno Municipal. 

Esperemos que @s representantes sindicais desenvolvan o traballo polo cal foron elixidos e poidamos escoitar dunha vez un manifesto curto, conciso e cun ultimátum para o desgoberno Central, Autonómico, e Municipal do P€P€.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

19 jun 2014

Manifestación na defensa dos postos de traballo en Correos

A plataforma de carteiras de Ferrol convoca a cidadanía a unha manifestación para o vindeiro xoves día 26 de xuño, ás 19.30 h. na Praza de España, a mesma é para protestar polos recortes de persoal, que pode chegar a afectar a un 25% d@s traballadores/as. Aparte dos despedimentos vanse executar xubilacións anticipadas e eliminar os postos vacantes que se viñan cubrindo con persoal temporal.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 may 2014

Marcha do Naval esixindo o traballo prometido, e pedindo a construcción do dique flotante.

Os traballadores/as do naval de Ferrol botáronse de novo á rúa, esta vez tratouse dunha marcha ata o edificio administrativo de Facenda, situado no barrio das Telleiras, este permanecía fortemente custodiado por varios furgóns dos antidisturvios.

A marcha transcorreu coa habitual rutina e normalidade que adoita caracterizar estas protestas. Unha vez na sede de Facenda, varios traballadores fixeron unha maqueta en metal dun buque, que deixaron na mediana da estrada  de acceso a Caranza, como símbolo de reclamo de carga de traballo para o sector.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

28 abr 2014

SI A PALABRA ESCOCE, POESÍA COMPAÑEIR@S!!

Tras 48 horas case ininterrompidas de poesía e música, finalizaba o pasado domingo a VII Edición da Semana da Poesía Salvaxe. Esta iniciativa foi xerada fai sete anos de man de: Juan Carlos Valle "Karlotti", e Guillermo Ferrández. Xa convertida nunha cita referente para poetas a nivel estatal, e nos últimos anos esquencida e abandonada por parte das institucións, das que non reciben nin un só euro. O máis grave é que enriba o desgoberno do P€P€ a intente boicotear, negando a autorización para realizala en espazos públicos da cidade, tal como se fixo durante todos estes anos, malia ter solicitada esta autorización nos prazos regulamentados.

Será que ao P€P€ "escocelle a PALABRA"?...

A Poesía Salvaxe está a anos luz doutras iniciativas, tal como "As Meninas de Canido", que empezou sendo un acto de denuncia popular e reivindicativo, e converteuse nun acto de enxalzamento do desgoberno local e do ego do seu "promotor", que ben contento debe estar coa cada vez máis substanciosa subvención do Concello (Sobre 9.000 euros).

*Esta crítica fágoa co maior dos respectos para todos @s artistas e anónim@s, que cobren coas súas cores e a súa arte as vergonzas de Ferrol.

De feito o P€P€ xa presentou na última edición do "Congreso Europeo de Turismo Industrial e do II Crossroads of Europe" ás "Meninas de Canido" como parte da ruta turística da cidade. Pode sentirse orgulloso o desgoberno local, arte tapando o desleixo.

Tamén cabe preguntarse onde está a "xente dos sindicatos", e dos partidos de esquerda? Ningún veu a arroupar os compañeiros "Karlotti", e Guillermo, malia que estes sempre participan nas loitas sociais, e prestan a súa axuda cando son requeridos.

Xa non vou entrar no tema das asociacións que se denominan culturais e quedan á dereita da cultura.




Malia os imbéciles e escuros, esta edición da Poesía Salvaxe contou con maior número de poetas e participación popular que nunca.


Parabéns a tod@s!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 abr 2014

José Manuel Rey Varela, DESgobernando con Desvergonza

Unha parella que vive na indixencia no edificio abandonado situado no aparcadoiro do Sánchez Aguilera, arranxou onte por segunda vez as fochas do aparcadoiro. Anteriormente o colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos",  xa traballara na zona facendo ese mesmo traballo.

Non encontramos cualificativos para definir a falta de vergoña do Rexedor local, que malia malgastar millóns na Semana Santa de Ferrol non ofrece aos visitantes zonas para poder aparcar. 

Desta forma a xente que achegase á cidade, así como os cidadáns que a transitamos, vémonos inmersos nun caos circulatorio total. 

Eu non pago a rodaxe para que ás rúas sexan copadas por cachos de madeira adornados con velas e mantóns millonarios, e se queren que así sexa, que faciliten ao resto de veciñ@s o transito.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 feb 2014

Entre 2.500 e 3.000 persoas, saen en Ferrol na defensa do Naval

Case tres meses despois da última acción levada a cabo na defensa do sector Naval, os comité de empresa e os sindicatos volven de novo á carga. Desta volta entre 2.500 e 3.000 persoas, visto que a maioría delas eran traballadores/ras en activo, dan unha clara visión do fracaso organizativo e de difusión por parte dos convocantes.


Só est@s traballadores/as traballarían na construcción do flotel
@s traballadores/as que van traballar na construción do flotel para a empresa mexicana, Pemex, puxéronse tras unha corda, para facer ver o número de traballadores da plantilla actual, que quedarían sen actividade.

Os grandes ausentes foron @s representantes locais do PSOE, parece que as súas loitas internas non lles permiten atender o que é prioritario.

Non foi sen tempo, a última gran concentración tivo lugar o 8 de decembro do 2013, parece mentira que con máis de 17.000 desempregados en Ferrol, teñamos que esperar a polo Naval, e que estes non sexan capaces de prender a chama que dea paso a mobilizacións máis subas de ton. As mentiras por parte dos desgobernos, central, autonómico e local (todos eles do P€PE) teñen que ter respostas e compromiso por parte de todos.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

30 may 2013

Non hai un sen dous, "Pleno" do P€P€.

Traballadores/as do naval, Plataforma contra o malgasto na Praza de España, Plataforma Stop Desafiuzamentos, Plataforma contra a lei do aborto, afectad@s polas preferentes, etc.. impediron que se realizase o Pleno de hoxe no Concello de Ferrol.

Supostamente, hoxe entraría en funcionamento o torno que impediría a libre entrada ao Concello, obrigando a todas as persoas que accederan ao edificio a identificarse. Deste xeito aplicarían a nova normativa municipal imposta polo P€P€, de limitar o aforamento de acceso ao salón de plenos.

Ao non se cumprir estas previsións, e unha vez xa se encontraban dentro moitos colectivos, o desgoberno municipal deu orde á policía local de impedir o libre acceso, pechando as portas nos narices do traballadores/as do naval. A porta soamente se abría para a prensa ou para os concelleiros. Aproveitando un descoido, varias persoas empurraron a porta e lograron coarse para dentro, pero a gran maioría seguía forcexando ás portas con dous policías que a custodiaban. Foi nese intre, cando un mozo que pasara anteriormente, volveu sobre os seus pasos e querendo axudar aos seus compañeir@s do exterior, zarandeou os dous policías, producíndose a rotura dun dos cristais, resultando un axente ferido cun corte nunha man.

Deste xeito producíase a avalancha humana que enchía por completo o Manifestódromo do P€P€.

Berros de:
“O amigo de Marcial, afunde ao naval”, “Nin xente sen casas, nin casas sen xente”, “Ao naval, DIQUE si”, “Alcalde dimisión”, “Ilegalizar o partido popular”, e outras consignas en contra do Desgoberno foron as únicas voces que se escoitaron.

Sinto de veras non poder poñer voces á indignación no pleno, tiña ganas de escoitar a intervención dos meus compañeiros. Así como lamento a agresión ao axente local, e que este sufrise a ira de quen padece a merda e sarta de mentiras de Rei Varela e do amigo do NARCO.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 may 2013

Resumo da concentración en demanda da adxudicación e entrega das vivendas baleiras de Recimil

A concentración realizada hoxe na Praza de Armas, en demanda da adxudicación e entrega das vivendas baleiras de Recimil, salvouse grazas á presenza de membros de Stop Desahucios, e diversos partidos políticos, á parte tamén contou cunha gran cobertura dos medios de comunicación. 

A resposta por parte dos afectad@s foi case nula, apenas unha ducia deles. Ao final eran persoas do tecido asociativo de Ferrol as que portaban os carteis en demanda das vivendas. Creo sinceramente que esta imaxe confunde, e non é a que ten que percibir a cidadanía. 

Pensei que Stop Desahucios colaboraría coas 114 persoas afectad@s, orientándoos e ayudándolos a que camiñasen sós, iso si, contando co apoio desta plataforma. Isto a día de hoxe dista moito da realidade, e parece estar lonxe o conseguir que esta xente se mobilice polos seus dereitos. Non sei si o que falla son as canles de comunicación cos afectad@s....  aínda que parece máis ser obra do P€P€, que  vai un paso por diante e estivo a realizar promesas ás persoas da lista para desmobilizalas.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

21 may 2013

Mañá mércores, Concentración para que o DESgoberno municipal adxudique e entregue as vivendas do barrio de Recimil.

Este Mércores 22 de Maio de 2013, ás 11:30hs, Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, convoca á cidadanía, diante do Pazo Municipal de Ferrol, a unha concentración de apoio ás 114 familias que están esperando a que o goberno municipal lles adxudique e entregue unha vivenda no barrio de Recimil.

Unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por membros da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, despois de case un mes de espera e ter que reiterar a solicitude, mantivemos unha xuntanza co Sr.Alcalde e a responsábel de Benestar Social, o pasado 10 de maio. O Sr. Alcalde, na reunión, non chegou a ningún compromiso con nós, non admitiu, a súa desidia nin despreocupación, só dixo que el era a máxima autoridade no Concello e que iría entregando algunhas vivendas, mais nunca nos prazos que nós marcabamos e menos comprometerse a un calendario concreto. Manifestou que entregar vivendas ás persoas que estaban na lista, sería aumentar o problema social que xa de por si ten o propio barrio.

Polo de agora só entregaron dúas vivendas, sen quentador nen cociña e unha delas en non moi boas condicións de habitabilidade. O que quere dicir que o Concello estivo todo este tempo "a velas vir", non estaba habilitando nengunha vivenda, só comezaron ao mobilizar-nos. Non pode ser tanta desidia e tanto engano. Este é un maltrato deste goberno municipal coas familias que están agardando pola vivenda.

As 114 familias que agardan por unha vivenda protexida, son persoas afectadas, porque a falta de sensibilidade, a falta de preocupación e o non asumir, o goberno municipal, as súas responsabilidades, provócanlles un grande prexuízo económico e social. Algunhas familias están pagando alugueres por encima das súas posibilidades reais, outras xa deixaron de pagar, outras viven amontoadas con outros familiares, outras viven en condicións de insalubridade, todas agardando por unha vivenda municipal en Recimil.

As nosas accións están encamiñadas a conseguir unha morada onde poder vivir, demandamos unha solución xa.

Mobilizamo-nos para:

Queixar-nos da desidia do goberno municipal á hora de poñer a disposición da cidadanía o parque de vivendas municipais baleiras e en condicións de ser habitadas.

Queixar-nos de que non tiveran elaborado, aínda, o censo de vivendas municipais baleiras do barrio de Recimil.

Queixar-nos de que unha vez baremadas as persoas e elaborada unha listaxe definitiva de 116 persoas admitidas, das 267 presentadas, non se puxeran a exposición pública até un ano despois a citada listaxe.

Queixar-nos de que desde o 10 de xullo do pasado ano 2012 que rematou o prazo de exposición pública e da publicación definitiva da listaxe, non se adxudicara nin entregara ningunha vivenda, até que nos comezamos a mobilizar e denunciar ao goberno municipal pola súa desidia e xogar cos dereitos e vida das persoas.

Demandar ao Concello o cumprimento das ordenanzas municipais en materia de vivenda, en canto ao deber de conservación dos inmóbeis da súa titularidade. Poñendo a disposición medios económicos suficientes (modificación orzamentaria se fose necesario), propios ou en convenio con outras administracións, para habilitar o parque de vivendas municipais.

Demandar do Concello que exerza as facultades públicas de deslinde e determine dunha vez a situación exacta do parque de vivendas públicas municipais, e a posta en condicións de uso inmediata, como se dixo, das que recupera en canto quedan baleiras.

Demandar a adxudicación e entrega das vivendas xa, segundo o disposto no punto 7 do Artigo 2.- do Regulamento sobre o procedemento de adxudicación das vivendas protexidas do barrio de Recimil. Vivenda que quede baleira debe ser adxudicada, e posteriormente entregada cando estea en condicións de habitabilidade.

Demandar ao Goberno Municipal un calendario de entrega de vivendas, 30 antes de finalizar Xuño deste ano e o resto antes de comezar o curso escolar no mes de setembro.

Demandar ao Goberno Municipal a constitución dunha Comisión de Seguimento, onde podamos estar representadas as persoas afectadas a través da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

PARTICIPA !!
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

16 may 2013

Os traballadores/as do Naval queiman monigotes de Feijóo e Rey Varela na sede do P€P€

Recollo o texto do xornal local, o Diario de Ferrol que describe perfectamente o acontecido.

Os traballadores de Navantia ditaron a súa sentenza esta mañá e enviaron ao cadafalso o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela. Bonecos coas súas caretas e senllos carteis nos que podía lerse "Flotel, culpable" e "Dique, culpable" encabezaron a manifestación desta mañá, ambos os dous coa soga ao colo, ata chegar á porta da sede local do PP, onde foron queimados.

Máis de dous mil operarios abandonaron o estaleiro ferrolán ás once da mañá e dirixíronse, primeiro baixo unha lixeira chuvia que despois foi intensificándose, ata a rúa do Sol onde está situado o local do Partido Popular. A manifestación moveuse a distancia do Concello de Ferrol, que estaba fortemente custodiado por cinco furgóns da Policía Antidisturbios e varios coches da Policía Municipal. Finalmente, a manifestación detívose unicamente ante a sede do PP e pasou de longo ante a casa do concello, para regresar á factoría. Parte dos operarios desviáronse, no seu regreso ao tallo, ás portas do edificio da Xunta para expresar o seu apoio aos traballadores do servizo de dependencia da Xunta, que protestaban polo seu desmantelamento.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 may 2013

"Acción Directa" convirte un espazo público abandonado polo Concello nun espazo de lecer

O colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" restaurou por completo a fonte e o lavadoiro da Barca en A Cabana.

Coa achega de 100 euros doados pola AVV da Cabana, e a doazón por parte duns veciños dunhas lousas para a cuberta da fonte, e madeira para a varanda.

Este espazo público abandonado polo Concello de Ferrol converteuse nun espazo de lecer para todos os veciñ@s da Cabana, este fin de semana estaba cheo de nenos xogando na zona.

Tamén fíxose limpeza do cano e canalización das augas, estas foron repobladas con anfibios,peixes, e algunha especie vexetal.

O único que o concello fixo neste espazo, foi desbrozar hai moitos anos, á parte de colocarlle un letreiro de "Auga non potable", na presente lexislatura non se limpou nunca. A última obra de recuperación na zona, foi feita polos veciños no ano 1973.

En breve, e en resposta ao malgasto na obra da Praza de España por valor de 812.000 euros, comunicámoslle ao Goberno municipal, que facendo valer os nosos dereitos como contribuíntes dese diñeiro público que van malgastar, exerceremos unha presión activa e máis visible, para impedir que esa obra se execute.



Blogue do colectivo cidadán: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/


Mapa dos traballos realizados dende o 21/07/2012

Ver Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos en un mapa más grande

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

29 abr 2013

Pleno a porta pechada, e secuestro da democracia por parte do P€P€

O Pleno municipal que tiña lugar hoxe, en sustitución do suspendido o día 25 de abril, tivo que pospoñerse de novo. Como a vez anterior, diversos colectivos de cidadáns asistiron ao mesmo, a presenza destes pareceu incomodar ao P€P€, que decidiu suspendelo provisionalmente, pasada 1 hora dende que os cidadáns abandonasen o salón, o DESgoberno municipal decidía a realización do mesmo, pero esta vez a porta pechada. 

Os concelleir@s do BNG e de IU decidían abandonar os seus escanos, despois de asistir indignad@s a que se dentificase as persoas que querían acceder á sesión plenaria.

Non se entende este secuestro da democracia por parte do DESgoberno de Ferrol, menos tendo en conta que a presenza destes cidadáns transcorría de forma totalmente cívica, e non interfería para nada no normal transcorrer do Pleno en caso de realizarse.

O Concello tiña unhas medidas excepcionais de seguridade, os arredores da Praza de Armas estaban tomados polos vehículos da policía local. Non parece de recibo acaparar desta forma o servizo de policía municipal, en canto o pasado día 25 de abril a cantidade de manifestantes multiplicabase por vinte, e en ningún caso contaban coa metade dos efectivos policiais que había hoxe.

Entrevista a un representante sindical do naval despois da suspensión provisional do Pleno do día 29 de Abril

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Os concelleiros do P€P€ de Ferrol, agazapados da cidadanía

Vídeo recollido o pasado xoves 25 de abril, cando ía ter lugar o Pleno ordinario do Concello de Ferrol, que finalmente foi suspendido. Vemos que o Concelleiro de Cultura, Manuel Reyes García Hurtado, é o máis "activo" e inquedo de todos, dando a impresión de adquirir competencias impropias, pero que outros non asumen, como é o caso do Concelleiro de Seguridade, Pablo Cal Martínez.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Caloroso recibimento e despedida, que outorgou ao P€P€ a cidadanía de Ferrol

Isto sucedía o pasado xoves 25 de abril, cando ía ter lugar o Pleno ordinario do Concello de Ferrol, este foi suspendido antes de empezar.

No vídeo vemos o caloroso recibimento e despedida, que outorgou ao P€P€ a cidadanía de Ferrol, representada no hemiciclo por traballadores/as de; Navantia, Poligal, Maderas del Noroeste, Tecnymo, Sanidade, Ensino, FIMO, CAMF, Afectad@s polas preferentes, Marcha Mundial das Mulleres, Stop Desafiuzamentos, e un longo etc

 
A fuga do P€P€, no Pleno do 25 de Abril from Susete70 on Vimeo.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

11 abr 2013

Afetad@s con adxudicación de vivendas en Recimil organizanse para dar unha resposta ao DESgoberno de Rey Varela

Afetad@s pola desidia da Xunta de Goberno Local de Ferrol, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución a súa situación de falta de vivenda.

Onte, mércores 9 de abril, ás 6 da tarde, tivo lugar unha Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil. No transcurso da mesma escoitaron-se testemuños de situacións dramáticas. Houbo un debate a fondo sobre o que estaba pasando coas vivendas de Recimil desde 2010.

Acordouse presentar un escrito de reclamación das mesmas no Rexistro do Concello de Ferrol, o vindeiro Venres 12 de Abril, ás 11:30 h

Ao tempo acordouse nomear unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por persoas da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, e que estas soliciten unha reunión co polo de agora Alcalde, José Manuel Rey Varela, para reclamar as demandas d@s afectad@s.

SOLIDARIZATE E APOIA ÁS PERSOAS AFECTADAS POLA DESIDIA DO DESGOBERNO MUNICIPAL DO P€P€!!

Máis info en:

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

9 abr 2013

Concentración en repulsa aos novos contratos de explotación do P€P€.

O vindeiro xoves, ás 19:00 h, Concentración na Plaza de Armas

Convoca: CIG

A CIG vén de acordar convocar concentracións en todas as cidades o vindeiro xoves, día 11 de abril, para manifestar a oposición da central sindical ás reformas aprobadas polo goberno no último mes. Reformas como o decreto para a contratación da mocidade; a autorización ás mutuas para dar altas de enfermidade; a das pensións anticipadas, voluntarias ou forzosas e o recorte do dereito ao subsidio para maiores de 55 anos, que considera que provocarán máis pobreza e discriminación entre a clase traballadora.

So pretexto de favorecer a contratación de menores de 30 anos o Goberno de Mariano Rajoy autoriza, con carácter xeral, a contratación de menores de 30 anos con salarios inferiores a 500€ e, en moitos casos, sen dereito á prestación por desemprego.

Non satisfeito con isto, o Goberno ofrece a cambio importantes axudas ás empresas, ás que permite facer estes contratos para os que a CIG denuncia que previamente despedirán a outras/os traballadoras/es por calquera causa. “Poderán substituír a un/unha traballador/a antigo/a e maior por varios novos, precarios e baratos”.

Permite ademais ás ETTs facer estes contratos baratos e pagar con diñeiro público a empresas privadas que os xestionen en substitución do INEM.

Mutuas dando altas por IT

O Goberno xa presentou un borrador de decreto para que as mutuas dean altas nas IT por enfermidade. Deste xeito, o criterio parcial e interesado das mutuas precipitará a alta de persoas que non estean curadas, co risco para a saúde e maior indefensión ante un despedimento, por non estaren en condicións de traballar.

Reforma das pensións

Con esta nova reforma aumenta a idade para xubilarse anticipadamente e penalízanse os coeficientes de tal xeito que o desconto na pensión é moito maior, aínda que non sexa por causa imputada ao traballador ou traballadora. Aquelas persoas maiores despedidas ou afectadas por un ERE de extinción ou peche de empresa que non atopan traballo serán as especialmente castigadas.

Afectará tamén a traballadoras/es dos oficios máis duros e sempre tamén con menor salario que teñen limitacións físicas ou incapacidades e que non poden seguir traballando.

O ano pasado o PP xa reformou o subsidio daquela para maiores de 52 anos, elevouno a 55 e reduciu a cotización para a pensión. Agora deixarán a centos de miles de traballadoras/es se poder cobrar esta prestación e sen cotización para a pensión ao exixírenlles unha renda familiar inferior a 967€.

Para a CIG isto é un ataque “ás/aos pobres, ás/aos desempregadas/os, á clase traballadora, reducindo gasto social para darllo á banca, aos seus amigos, aos ricos, para alimentar a corrupción no seu propio partido”.

Fonte: CIG

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 ene 2013

PERIGO NA ROTONDA DE ALCAMPO!!

Chéganos este vídeo gravado na Rotonda de Alcampo, cráteres na estrada e falta de iluminación. Ben polo Concelleiro de DESurbanismo e polo Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela. O máis grave xa non é que un poida rebentar unha roda ou danar o coche, aquí a integridade da barbela dos condutores pode quedar no volante, e xa non digamos o dano que poden sufrir nen@s pequen@s.

 
Baches na Rotonda de Alcampo from Susete70 on Vimeo.
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio