Mostrando entradas con la etiqueta fucobuxan. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fucobuxan. Mostrar todas las entradas

9 abr 2016

Actos en Ferrol en torno ao 14 de abril, conmemorando o 85º aniversario da proclamación da II República

A *Plataforma pola República.

Organiza os seguintes Actos en torno ao 14 de abril, 85º aniversario da proclamación da II República 

- Luns 11 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “O segredo da Frouxeira”. Documental dirixido por Xosé Abad que narra os efectos da represión sobre catro familias ferrolás a de Alejandro Porto Leis, ultimo alcalde republicano de Serantes “paseado” xunto a tres veciños en 1938. Unha familia dividida pola súa ideoloxía, catro familias rotas por un crimen político e setenta anos de medo (www.osegredodafrouxeira.com)

- Xoves 14 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “Crónicas Republicanas”. Peza audiovisual que mezcla teatro, radio e imaxe, nun percorrido por sucesos socio-políticos ferroláns dende a II República ate hoxe. Dirixida por Miguel Castro sobre guión del mesmo e de José Torregrosa. - Encontro, a continuación, onde Carlos Etchevarría, cofundador e Ex-Presidente do Ateneo Republicano de Galicia, falará en nome da Plataforma pola República.


A pola Terceira!! unha Terceira República en Paz, Xustiza e Progreso.

*Constituída polas asociacións: Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, e por Anova, Decide En Común, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Psdeg-Psoe e Terra Galega.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

3 sept 2014

Liberdade de Bastida, coa axuda de tod@s obxetivo cumplido

No nome do CCE ¡ 
GRAZAS! 
A axuda solidaria impedíu a entrada de Bastida no cárcere O CCE manifesta o seu agradecemento a todas as persoas, que de forma individual, e a todas as formacións políticas e entidades cívicas (EU, Anova, Espazo Ecosocialista, A Revolta de Trasancos, Fuco Buxán, Colectivo Artabra 21, Adega, Plataforma de veciños “O Cruceiro de Mehá”), que de xeito colectivo, contribuiron coa súa axuda solidaria, a alcanzar os 4.995,25 €, cos que se cubríron con creces os recursos necesarios para impedir que Bernardo Bastida entre no cárcere.

O CCE promoveu, en maio do 2007, a acción pola que foi condenado Bastida, o bloqueo da entrada na Ría do primeiro gaseiro cargado con GNL, nela participamos centos de persoas e a través da cal transcendeu mais aló da nosa comarca a barbaridade da planta de Reganosa, rompéndose os muros de silencio que invisibilizaban a nosa loita. Unha loita colectiva non podía admitir a condena dun só compañeiro, así o entenderon as persoas e entidades que mostraron a súa corresponsabilidade en apoio solidario.

Catorce anos de loita, de mobilización permanente en defensa da vida, da legalidade e da Ría. O caso da Planta de Gas de Reganosa é un proceso continuado de corrupción política-financieira. O pasado 18 de Xullo, celebrábamos a 8ª Marcha a Pé a Mugardos baixo o lema “ Móvete contra a impunidade”. Rexeitada polo Tribunal a autoinculpación de decenas de persoas que participamos no bloqueo da Ría, é indignante observar a condena de Bastida, namentres os corruptos, os responsables de tamaña barbaridade campan con total impunidade. Algúns son premiados incluso, como Jose Luis Mendez ex-Presidente de Caixa Galicia, no Consello de Administración de Reganosa.

Nestes últimos tempos o Comité Cidadán de Emerxencia, ten que facer fronte a outra dificultade engadida. O Goberno do PP, de Rajoy e de Gallardón, promoveron una contrarreforma xudicial ( novas taxas etc…) coa que tentan impedir o acceso da cidadanía á xustiza e favorecer así a impunidade das grandes empresas e corporacións, como é o caso de Reganosa. O CCE, que promove a mobilización permanente, con concentracións a cada entrada de gaseiro cargado con GNL na Ria, ten interpostos varios contenciosos xudiciais contra a planta de gas de Reganosa. O seu sostén require agora de máis recursos económicos, de aí que prosigamos coa campaña para a obtención dos mesmos e o sobrante do recaudado para salvaguardar a liberdade de Bastida se destine a este fin.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

21 may 2014

O Encontro Social de Ferrolterra debe a un compañeiro 332 € hai máis de ano e medio

O compañeiro afectado é o Sr. Maceira, que adiantou no seu día esta cantidade de diñeiro para o cambio dunhas pechaduras. Baixo o compromiso de que este diñeiro repoñeríaselle en breve, pero pasado máis dun ano e medio aínda non lle deron nin 1 €.

Dende o Encontro Social, actualmente composto pola a.C Fuco Buxán, A Revolta de Trasancos, e o Colectivo Ártabra21, o Sr. Inácio dille; que ese diñeiro o ten a Sra María Xesús, (actualmente desactivada da loita social) e ela alega que soamente ten 100 € que se recadaron.

Non entendo como o Encontro Social non repón esta débeda, como tampouco entendo que fai esta Sra cun carto que non lle pertence, soamente espero que a este bo compañeiro repoñaselle a cantidade integra que se lle adeuda.

Anexo (7-06-2014): 
A Sra María Xesús acaba de darlle a este compañeiro 130 € que pertencian ao "Encontro Social".

Só quedan 202 € por repoñer, agardemos que sexa máis pronto que tarde!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 may 2014

Resumo do 1º de Maio en Ferrol

Dúas manifestacións case parellas pero cada unha polo seu lado, a da CIG reuniu sobre 3.000 manifestantes, e a convocada por CC.OO, UGT, e USTG pouco máis de 3.000. Agora tócalle aos sindicatos realizar unha valoración destas, ao meu modo de ver a da CIG estivo algo máis animada que en anos anteriores, e a dos outros tres sindicatos, sentíndoo moito, foi un auténtico fracaso.

Á conclusión da manifestación de CC.OO, UGT, e USTG, dous
membros da a.C Fuco Buxán, megáfono en man, Rafael Pillado Lista, e Manuel A. Rodríguez Carballeira (Lalán), dirixíronse aos asistentes anunciando que ían protagonizar unha protesta cidadá, que ía consistir en rodear o Concello portando velas, e que esta se mantería durante todo o día.

Este acto anuncieino como unha convocatoria das "Marchas pola Dignidade", pero tal como me confirmaron hoxe varios compañeiros que participan nestas, PARA NADA ten que ver coas "Marchas".




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 feb 2014

Resumo da Asemblea "MARCHAS DA DIGNIDADE 22 M"

Pequeno resumo da Asemblea.

Nesta démonos cita unhas 50 persoas de distintos colectivos e ideoloxías, á parte doutras a título persoal.

VIAXE:

O compañeiro Daniel, que participa a título persoal, expuxo a única opción coñecida ata o momento, esta sería partir nun tren dende Coruña, o custo do billete 50 €, co inconveniente de que habería que sumar o desprazamento Ferrol-Coruña-Ferrol, sobre 18 € en caso de facelo en autobús.

Outra das opcións é fretar autobuses dende Ferrol, pero a día de hoxe ninguén realizou esa consulta, (en breve poderemos dar datos a este respecto).

Houbo un par de ideas para intentar sufragar ou rebaixar o custo do desprazamento; 


A primeira delas realizouna Lupe Cés, de A Revolta, dicindo que se podía contactar con xente que estivese concienciada coa Marcha a Madrid, pero que non puidese desprazarse, para que estes "apadriñasen" a viaxe doutra persoa que quere ir.

A segunda faina Daniel, o compañeiro que realizou ao principio da Asemblea a pequena introdución, e expuxo que existe a opción "proposta na rede" de comprar camisetas do evento a 3,50 € para vendelas e acadar financiamento.

Referente a esta opción, propuxen, e "propoño de novo", que calquera colectivo que opte por este método de financiamento, baixese os logos da rede e que encargue as camisetas en imprentas da bisbarra. Sería indecente compralas en Vigo cando temos en Ferrolterra empresas que realizan ese traballo e o están a pasar moi mal.

MANIFESTACIÓNS DOS DÍAS 26 E 27 DE FEBREIRO EN APOIO ÁS MARCHAS DA DIGNIDADE:


Neste sentido pecháronse algúns puntos:

O primeiro deles, aprobado por unha votación unánime, foi realizar unha pancarta unitaria co lema usado no Manifesto das Marchas.


PAN, TRABALLO E TEITO!!
MARCHAS DA DIGNIDADE 22 M TOD@S A MADRID!!

O segundo é no referente á publicidade do evento, este correrá a conta de cada colectivo, realizando fotocopias do Cartel. Neste senso, Suso Basterrechea, de EU, ofreceuse a facilitar uns carteis que recibirán en breve.

O terceiro foi sobre a información a repartir, mentres un compañeiro se decantou por dar o Manifesto elaborado a nivel nacional, Lupe Cés propuxo, acertadamente, que se repartise un pequeno panfleto informativo sobre as Marchas, e como apuntarse a elas, xa que o Manifesto xa ía ser lido para tod@s.

Referente o audio, Pablo Portero, de Fuco Buxán, dixo que pono esta Asociación.

**A próxima xuntanza terá lugar o luns, 3 de marzo, ás 18:30 h no Centro Cultural Carvalho Calero (Inferniño). Acaban de comunicarme que mudouse o lugar e a hora, para o mesmo día, luns 3 de marzo,  pero no Centro Cívico de Caranza, ás 18:00 h 

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

6 dic 2013

Os Habitantes da Terra Media II

Onte quedei atónito ao ler este artigo no Diario de Ferrol, no que faise unha crítica os sindicatos. A persoa que asina o mesmo pertence a unha asociación "cultural" moi coñecida, pero vinda a menos, dende a mesma levase tempo intentando escribir a "Folla de Ruta" a seguir por parte dos sindicatos e partidos de esquerda, sen obter froitos, pois todos son coñecedores das súas dúas cabezas pensantes, e principais adoctrinadores desta asociación, ambos ex-afiliados ao PSOE.


Estas son algunhas das afirmacións e interrogantes vertidos nese artigo (traducidas do castelán): 


"As manifestacións estanse a converter en meros paseos e o encerro no Concello está sendo descafeinado" 

"A sensación de derrota estana a vender moi ben" 

"Creo seriamente que esta loita xa a deron por perdida" 

Acaso non lles están a chegar ideas, propostas de determinados colectivos? 

Estanse a ter en conta? 

Estanse a deixar axudar? Eu creo que non. 

En vista destas declaracións, e para entendelas, cumpre contar o seguinte:

Hai uns meses convocaban concentracións de pre-xubilados do naval, alegando que estes estaban deixados da man dos sindicatos, pero ao mesmo tempo, estaban a realizar un "traballo de cloacas" que consistía en   reunións con traballadores en activo, para segundo eles espertar os sindicatos. Nesas reunións elaborouse un borrador, que logo de ser aprobado polos alí reunidos debaterían como difundilo, ben por un escrito aos medios, facéndoo chegar aos sindicatos, ou mesmo repartilo en panfletos.

Por que agora cos sindicatos veñen realizando conxuntamente as mobilizacións, os "columnistas" desta asociación dedícanse a criticar na prensa???......
A resposta a isto pode ser que están invitando ós partidos de esquerda a unha reunión, o obxectivo desta é poñer en marcha unha especie de "Plataforma conxunta".

Con que finalidade?.... 
Sinxelo, darlles a "Folla de Ruta" previamente establecida, colgarse como sempre as medallas, e erixirse como os artífices da loita social de Ferrol. Todo polo EGO destas dúas persoas.

Adiantolles un estrepitoso fracaso, porque ninguén os pode nin "ulir".

Por que esta asociación, si tan descontenta está, non solicita unha reunión cos sindicatos por medio da Alianza Social, á cal está adscrita? 


Falan de unidade pero:

Lembrar co pasado venres, 29 de novembro, a cidadanía botabase á rúa para "escribir co lume das velas" dignidade para Ferrol, ese mesmo día esta asociación facía unha contra-programación, proxectando o documental de Man, no Ateneo Ferrolán. Tamén ese mesmo día, e previa a esa participación cidadá na rúa, máis de trinta colectivos participaron na presentación do Filme "Carga de Dignidade", na Galería Sargadelos, e esta asociación "participaba" neste, malia iso preferiron seguir adiante coa contra-programación e non asistir ao mesmo.

Despois de ler o que acabo de escribir botaranse as mans á cabeza, preguntaranse quen é a persoa que me filtra tanta información, ou mesmo como xa fixeron anteriormente, dedicaranme reunións monotemáticas para insultarme.


Tal como prometinlles a moit@s dos que foron testigos mudos e cobardes destes insultos, tocaríame a min falar, e igual que fágoo aquí fareino na jeta dos que gratuitamente o fixeron conmigo polas costas. 

Que non colla de sorpresa a ninguén que denuncie isto, pois é a forma de actuar que teñen con tod@s vós.



 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 nov 2013

Presentación do documental realizado por Xosé Bocixa, que recolle a acción popular "Carga de Dignidade"

O Venres, 29 Novembro, ás 19:00 h. na Galería Sargadelos. presentación do documental realizado por Xosé Bocixa, que recolle a acción popular "Carga de Dignidade" Ese mesmo día, ás 21:00 h concentración na Praza de Armas, onde terá lugar un samaín reivindicativo, decorade as vosas cabazas indignadas

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 may 2013

"Carga de Dignidade"

Parte do colectivo de artistas e creadores que levaron a cabo a “Burla Negra” pola catástrofe do Prestige, agrupados agora en “Radio Buguina” estarán o próximo domingo na porta principal de Navantia Ferrol, no barrio de Esteiro, para organizar, de 11 a 14.00 horas, unha "acción artística popular". 

Trátase de seguir o exemplo daqueles traballadores/as dos Astaleiros, que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría. 

Por todo isto, ante a crise e ataques sociais que padecemos, decidimos rematar este “Monumento á Dignidade”, chamando a toda a cidadanía galega e de Ferrolterra, a pendurar súas pezas de roupa na reixa da factoría. 

O acto estará retransmitido en directo por Xurxo Souto para Radio Buguina, que fará de locutor - animador do evento, realizando entrevistas ao vivo.

Tamén se amenizará o mesmo con distintas actuacións, tanto poéticas coma musicais.

Organizan:

Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar. 

Sindicatos: 

Comisiones Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT). 


Partidos políticos:

ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Compromiso por Galicia (CxG), eQuo, Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal),Esquerda Unida (EU-IU), Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).


Outros colectivos sindicais e movimentos políticos:

Asociación Unificada de Militares Españois (AUME), Mocidade Nacionalista Galega (MNG), Sindicato de Estudantes,Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG).


Asociacións e Colectivos:

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), A. C. Fuco Buxán, A. C. Lefre de Caldereta, A. C. Lendo Poesía, A. C. Medulio, Asociación Galega de Vitimas do Amianto (AGAVIDA), Asociación Memoria Histórica Democrática, Ateneo Ferrolán,Colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, Federación Veciñal de Ferrol (Roi Xordo), Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública Ferrol, Rádio FilispiM.

Manifesto



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

21 feb 2013

CANCELADA a presentación do libro “Jueces: la presencia del franquismo” e conferencia do seu autor Carlos Jiménez Villarejo, Ex-Fiscal Anti-corrupción

Este acto suspéndese, parece ser que Carlos Jiménez non puido coller o voo debido á folga existente no aeroporto!!!!

Mañá, venres, 22 de febreiro, ás 20:00 h. no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño) terá lugar a presentación do libro “Jueces: la presencia del franquismo”, na que intervirá o seu autor: Carlos Jiménez Villarejo, Exfiscal anticorrupción. 

 * “El franquismo y sus fundamentos autoritarios y antidemocráticos continúa estando presente entre nosotros (…) La derecha que gobierna España tiene fijado un horizonte de autoritarismo que irá haciendo efectivo y patente si la reacción social y política no tienen la realidad y la fuerza necesaria para impedirlo (…) La actual deriva autoritaria necesitará, y contará sin duda, de la colaboración del Poder Judicial” 
*(epílogo do libro)

Organiza:
Asociación Cultural Fuco Buxán

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

20 dic 2012

Contra a represión e polos dereitos sociais, UNIDADE

Concentración da da Alianza Social Galega, celebrada hoxe diante do Edf. Adm. da Xunta de Galicia, baixo o lema "Na defensa dos dereitos civís e unha saída ao sistema capitalista" 

É difícil calcular a xente que se puido dar cita, pero serían en torno a 500 persoas. 

Foi agradable ver a UNIDADE social, sindical e das forzas políticas de esquerda, e máis nestes momentos duros de represión social na que teremos que "radicalizar" as nosas protestas en Lexítima Defensa. 

Á Concentración sumáronse @s compañeir@s da CNT e de FORXA, que viñan de celebrar unha concentración diante da oficiña que "Bancaja" ten na Praza de Armas, co lema "Contra os abusos da banca e a ditadura dos mercados". Pese a non estar integrad@s na Alianza Social Galega, decidiron participar e manifestar a súa indignación, de feito foron os que deron "cor" a esta, o lema máis coreado foi  "Dende Grecia a Portugal, Folga.. Folga.. Folga Xeral,".

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

23 jul 2012

Homenaxe “Os nosos veciños en Mauthansen”.

O vindeiro xoves, 26 de xullo, terá lugar a Homenaxe “Os nosos veciños en Mauthansen”.

Ás 19:00 h. comezarán os actos dá homenaxe na “Casa dá Xuventude” de Ares, coa inauguración dá “Exposición Fotográfica” e Proxección dá documental “Galegos en Mauthansen” do Director Xosé Abad, (a duración é de 15 m.) feita de forma totalmente desinteresada por parte de Xosé e Sandra García Rey.

Ás 20:00 h. no Parque Rosalía de Castro, terá lugar a inauguración do monumento conmemorativo. Trátase dunha vía do tren que sube o ceo como unha escaleira, nela van os nomes dos Ferrolterráns que estiveron no Campo de Concentración.


O venres, 27 de xullo

Ás 19:30 h. e como colofón de cerre dás xornadas, terá lugar unha Conferencia Coloquio non antigo local de “Alianza Aresana”, esta charla a dirixe Ana María Sánches Alcubierre, dá “Asociación Amicale de Mauthansen”, e Enrique Barrera Beitia, Secretario dá “Asociación Memoria Histórica Democrática”.

Ao remate dá mesma obsequiarase aos presentes o libro “Galegos en Mauthansen”.



Organizado por: Concello de Ares, Asoc. Memoria Histórica Democrática e Asoc. Cultural Fuco Buxán,
coa colaboración de: Deputación de A Coruña, Asoc. Amicale de Mauthausen, EAF Produccións, e os Concellos de Ferrol, A Capela, Cedeira, Fene, Miño e Monfero.


http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com/2012/07/13/homenaxe-de-ferrolterra-os-nosos-vecinos-en-mauthansen/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

21 may 2012

Acto UNITARIO na defensa do galego.

Onte celebrouse na Praza Rosalía de Castro (San Xoán) a homenaxe e ofrenda floral na figura da ilustre escritora galega.

Neste acto participaron distintas Asociacións e colectivos de Ferrol, entre eles; Toxos e Froles, Fundaçom Ártabria, Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural Fuco Buxán,Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, Asociación Lazos Pro Solidariedade, e a Asociación Sociocultural López Bouza.

O QUE NON SE PODE SILENCIAR..
Non se entende como o BNG non participou deste acto, e non o digo neste caso puntual, acontece nunha chea de ocasións. Actos no que o referente é de marcado carácter GALEGO, e co partido nacionalista lles da as costas.

Cumpre que fagan unha ampla reflexión interna, e máis cando un partido de ámbito estatal como é Esquerda Unida ven participando deles, a pesares de non ter o número de militantes co que conta o BNG en Ferrol.


Estes actos son capaces de dar posto de acordo a asociacións e colectivos dispares entre si como os que fixeron o acto, e todos cunha finalidade en común, a defensa do idioma galego e a identidade como pobo.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

18 may 2012

1ª XORNADA COMUNITARIA POLO FUTURO DO NOSO MERCADO

Sábado 19 de maio, de 11:00 a 1300, no Mercado de Caranza

1ª XORNADA COMUNITARIA

PASADO, PRESENTE E FUTURO DO NOSO MERCADO


Mañá, sábado vaise desenvolver a 1ª Xornada comunitaria para a posta en valor e visibilización da problemática do Mercado de Caranza, tendo como protagonistas aos veciños e veciñas do barrio, aos propios operadores e operadoras, e contando co asesoramento técnico do Colexio de Arquitectos. Esta dinámica comunitaria pretende desenvolver solucións viables, a este espazo público que desde hai tempo se encontra nun estado lamentable e infrautilizado. Quérese despertar o interese tamén da institución municipal, para efectivizar unha intervención da mesma neste espazo, pero que esta teña en conta as reflexións, necesidades e alternativas elaboradas polos veciños e veciñas.

Esta 1ª Xornada desenvolverá o seguinte programa:

Visita-charla-debate cos arquitectos:

Toni García.
Miguel Raimúndez.


*Proxección de documentais:
A VIDA NO MERCADO

*Panel de ideas
*Exposición de traballos escolares


Lugar: Mercado de Caranza
Horario: de 11 a 13hs

Colaboran:
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Asociación de Vendedores e vendedoras do Mercado de Caranza

Organizan:
Asc. Sociocultural López Bouza
Asc. Cultural Fuco Buxán
ANPA IES Carvalho Calero
ANPA CEIP Manuel Masdias
Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos

Despois da última Asemblea de Barrio de Caranza, cinco entidades de Caranza acordamos encetar un camiño en conxunto de dinamización do barrio, MOBILIZACIÓN SOCIAL e posta en valor dos seus recursos, urbanísticos, de servizos, comerciais, paisaxísticos, humanos, culturais, ... é por iso polo que entre outras actividades, das cales daremos puntual información, acordamos celebrar esta 1ª Xornada Comunitaria sobre o Mercado de Caranza e os Espazos Públicos.

Pregamos Difusión. Moitas Grazas.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

27 mar 2012

Asemblea participativa cara a unha cidade mellor

Hoxe tivo lugar unha Asemblea Aberta para debater, suxerir e formular propostas nunha asemblea participativa cara a unha cidade mellor, e contra as agresións sociais por parte do Goberno Local do PP.

A convocatoria foi feita por:

A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC); A. Veciñal de Covas; A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S. Pablo-Catabois; A.Veciñal O Rosario- Inferniño; A.Veciñal Prioriño; A. Veciñal S.Xoán- O Bertón; A.Veciñal Stª. Mariña; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra21.

Na mesma estaban presentes compañeir@s do; BNG, CC.OO, CIG, EU, UXT, Mesas de Converxencia, 15-M, e moit@s outr@s preocupad@s pola política de privatización e despilfarro a base de recortes sociais.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

HOXE ASEMBLEA CIDADÁN ABERTA

A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC); A. Veciñal de Covas; A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S. Pablo-Catabois; A.Veciñal O Rosario- Inferniño; A.Veciñal Prioriño; A. Veciñal S.Xoán- O Bertón; A.Veciñal Stª. Mariña; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra21, varias persoas a título individuais, acordan ;

REXEITAR A ACTUACIÓN concreta de gastar máis de 700.000 € para a Praza de España coa desculpa de crear un pulmón verde.

Temos coñecemento de que o goberno local proxecta unhas supostas melloras da Praza de España, onde como ven sendo habitual os cidadáns non fomos consultados e descoñecemos como vanse investir estes 700.000 €, o cal nos parece unha cantidade excesiva e unha desmesura.

Este mesmo goberno tiña proxectado no seu anterior mandato un edificio comercial de 21 mts de altura, que supoñía privatizar unha parte da Praza de España. Recuperar ese espazo, custounos ós cidadáns 6 millóns e euros.

Doutra banda, parécenos unha cifra esaxerada cando temos nesta cidade outras necesidades máis importantes e outras prioridades, estamos vendo como recortan dereitos sociais e se pechan comedores sociais e outros que estaba previsto abrir non se fala deles.

Estanse recortando, de maneira esaxerada, as subvencións a entidades de carácter asistencial e se queren tirar outros 700.000 euros na Praza de España

Queremos lembrar que houbo un acordo de participación cidadá para destinar un dos edificios a ser un FORO CIDADÁ con contidos de caracter social e cultural como charlas, asembleas, sala de exposicións, lectura e lugar de encontro cidadá.

Por este acordo, faise unha AUTOCONVOCATORIA a TODA A CIDADANÍA e ENTIDADES SOCIAIS para HOXE DÍA 27 DE MARZO (Martes) ás 19:30 h da tarde na Praza de España- Porta Nova para debater, suxerir e formular propostas nunha asemblea participativa cara a unha cidade mellor.

26 feb 2012

"O latexo da vida e da conciencia"

O venres, 9 de Marzo, no Salón de actos do Vicerreictorado de Esteiro, terá lugar a presentación do Libro Biográfico da vida de Rafael Pillado.

"O latexo da vida e da conciencia"

Coa edición deste libro a ÁS Fuco Buxán quere render unha homenaxe a todos os traballadores e ao Movemento Obreiro de Ferrol Terra, en conmemoración do 40ª Aniversario dos Sucesos do 10 de Marzo de 1972, no que a policía Franquista disparou contra unha manifestación dos traballadores do naval, dando morte a Daniel Niebla e a Amador Rey

As duas mortes e a morea de feridos polo ataque policial provocaron unha resposta fulminante e unánime dos ferroláns e ferrolás, un rexeitamento a aquelas accións fora de toda medida. O réximen pretendía producir unha grande conmoción a sangue e lume que xustificase despedimentos e cadeas para desfacer a organización opositora dos traballadores. O réximen daba por perdido o seu control sobre esta comarca, como recoñecía o xefe do servizo secreto, Coronel San Martín, e quería reprimilo custase o que custase.
Por estes feitos acaecidos en Ferrol, conmemorase o 10 de Marzo o Día da Clase Obreira Galega

RAFAEL PILLADO LISTA, Foi un destacado militante do Partido Comunista cando esa formación aínda estaba na clandestinidade durante a ditadura de Franco, formación da que foi elixido Secretario Xeral en 1979, foi tamén un dos fundadores de Comisións Obreiras de Galicia. A súa militancia obreira custoulle ser procesado en 1972 no chamado "Xuízo dos 23", o último dos grandes procesos realizados polo Tribunal de Orde Pública (TOP), unha instancia xudicial do Franquismo tardío. Foi condenado en 1975 e amnistiado en febreiro do ano seguinte.

Actualmente é directivo da Asociación Cultural Fuco Buxán, membro do Comité de Emerxencia Cidadá para a Ría de Ferrol, creador das Mesas de Converxencia Social en Galicia e un longuísimo historial de loita social.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

18 oct 2011

AO FIN IMOS CONVERXENDO POLA DIGNIDADE SOCIAL.

Todo un exemplo de Converxencia Social o que tivo lugar hoxe na Praza Amada García. A concentración na defensa do ensino público convocada pola Federación de Anpas de Ferrolterra asistiron compañeir@s dos sindicatos, partidos políticos, e varios colectivos da comarca; CIG, CC.OO, UXT,CNT, EU, BNG, PSOE, 15M, Mariscadores/as, Fuco Buxán, Colectivo Ártabra21, Rede de Converxencia Social, Refundación da Esquerda, e un amplo etc de DIVERSIDADE... (a todo isto, matizar que non digo que fixeran convocatoria, pero moit@s ESTABAN).


Todo un exemplo a seguir para as vindeiras movilizacións que se aveciñan pola defensa do público, do traballo, e da DIGNIDADE SOCIAL.
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

11 may 2011

FERROL, GALEGO...GALEGO

Xoves,12 de Maio,ás 20:00h,no Cantón de Molins – (Praza da Constitución)


Música do Grupo Tradicional “Airiños do Campito”
Lectura de poemas por parte de:


Mesa Pola Normalización Lingüística da Comarca,Fuco Buxan, Comite Cidadán Emerxencia, e Eduardo Hermida (Centro Cultural A Estrela de Canido)


Botaranse ao vento "Letras Colgadas en Globos que simbolicen o Manifesto de Lois Pereiro"


Lectura Manifesto por parte de Eliseo Zaera (Presidente do Ateneo Ferrolán)


Ante a convocatoria aberta da seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde.
Organiza Ateneo Ferrolán


Sábado,14 de Maio,as 12:30h,Ruada Reivindicativa.
Baixo a lenda "TODO O ANO EM GALEGO", que sairá da Praza do Himno Galego,e percorrerá o bairro da Madalena,a Ruada rematará no local Social da Fundaçom Artábria


Ao remate da mesma haverá um xantar popular no mesmo Centro Social.
Organiza Fundaçom Artábria


Sábado,14 de Maio,as 20:30h,no Teatro Jofre,Acto Cidadán do Día das Letras Galegas,Homenaxe a Lois Pereiro.


Domingo,15 de Maio,as 12:00h,Paseo Marítimo pola ría de Ferrol


Letras Galegas 2011
Mareando as nosas letras
O mar é o noso patrimonio
Poesía e Música do Mar
A Lancha de Mugardos dará unha volta pola ría, cargada de música e poesía do mar,coas intervencións de:
Antón Cortizas 
Guillermo Ferrández
Xurxo Souto
Karlotty
Xosé Leira
María Manuela
Xurxo Varela
Manolo Rivas
Antón Varela


Martes,17 de Maio,as 12:00h,na Praza do Himno Galego (Esteiro)
Acto do Día das Letras Galegas
Baixo o lema ¡PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

29 abr 2011

Plagio y Manipulación

Atónito me he quedado al ver como un blog (estacionatlantica.blogspot.com) roba una foto de mi propiedad,cedida para la Asociación Memoria Histórica Democrática ,y encima manipula la información a su antojo.
La Sra que realiza esta acción parece desconocer los derechos de autor,la entrada la firma;Mª José Barreiro López de Gamarra,el sábado,26 de marzo,del 2011 Este es el plagio acompañado de la manipulación de la noticia

Así publica la noticia esta Señora
1)-En todo momento omite que se permite el uso de las imagenes,citando la propiedad de las mismas


2)-Esto no tendría mayor importancia,si la foto no fuese manipulada con malicia.Recorta de la misma a los miembros de la Asociación Memoria Histórica Democrática y de la Asociación Fuco Buxán.


Esta es la foto original
3)-Aparte de no bastarle con esto,esta Señora,omite y manipula la INFORMACIÓN OFICIAL de dichas jornadas,que en realidad son organizadas por: el Concello de Ferrol, en colaboración con las asociaciones Fuco Buxán y Memoria Histórica Democrática.

4)-La Ofrenda Floral de la que se atreve a hablar,es un acto realizado ÍNTEGRAMENTE por la Asociación Memoria Histórica Democrática.

Esta noticia será enviada a esta Señora,junto con el debido requerimiento para que corrija de inmediato la noticia manipulada,o proceda a la eliminación de la misma.

LA ASOCIACIÓN ,MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA,PERMITE EL USO DE SUS IMÁGENES,SIEMPRE QUE SE REALICE SIN ANIMO DE LUCRO,NI MANIPULACIÓN DE LAS MISMAS


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

29 mar 2011

“NON Á GUERRA IMPERIALISTA”

Audio do chamamento de Radio Filispím
Gran parte da diversidade da esquerda galega,dase cita mañá na Praza de Armas,para rexeitar a intervención do estado español contra o pobo libanés.
Diversas forzas politicas,sindicais e Asociacións,sumaronse xa a concentración.UL, CNT, BNG, EU, Colectivo Ártabra21, A.C.Fuco Buxán, etc... 

Martes,29 de Marzo,as 20:00h,na Praza de Armas-Ferrol
A "Asamblea Popular contra a Guerra" manifesta e denuncia:

Libia: un país que posúe o 3,3% das reservas de petróleo do mundo, e que se atopa xeoestratéxicamente situado en medio de países con recentes e importantes cambios políticos, está sendo atacado por unha coalición de países ricos.

Unha vez máis, atopámonos que ante as revoltas que están a suceder nunha parte do mundo (esta vez, o Norte de África) as potencias occidentais emerxen coma xuices do planeta e, abanderados por Estados Unidos, co Premio Nóbel da Paz á súa cabeza, optan optan por exercer o control sobre estes levantamentos para así defender os seus propios intereses.

O método: a intervención armada. A excusa que elexiuse deixa ver a hipocresía dos gobernos que a promoven: a axuda humanitaria. Nunca se viu que a maneira de protexer aos civís sexa bombardeando ao pobo.

Unha segunda guerra líbrase actualmente nos medios de comunicación, onde os interesados lograron unha polarización da nova, dándose a entender que se non estás a favor desta guerra "legal" estás a favor do dictador Gadaffi. A realidade non é esta.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio