Mostrando entradas con la etiqueta corrupción. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta corrupción. Mostrar todas las entradas

15 ago 2017

De FeC a “Ferrol en Coma” Cap. 1

Hai uns días no Grupo de Facebook "Ferrolaneando" realicei unha pregunta;

Sabédes o nome do empresario (afín a IU) beneficiado polo mural feito en Esteiro??...
O pouco iniciouse un debate no que entrou ao trapo o concelleiro Suso Basterrechea, este en todo momento tentou facer ver á xente que eu estaba confuso, que non existía afinidade deste empresario con IU, pois non estivera afiliado nunca ( facilitou o nome do mesmo, así como a empresa beneficiada RUN RUN

Basterrechea, non deixaba de insistir e pedirme que recoñecese que este empresario fora na lista de Marea Ártabra. Cousa sabida, pero para nada desacreditaba a miña afirmación (empresario afín a IU). 

Ao pouco "pintaronlle a cara de rosa" ao consabido Concelleiro. Chamáronlle MENTIREIRO, e con razón, esta é a captura de pantalla...





POLO TANTO, O EMPRESARIO TIÑA AFINIDADE !!!

AGORA QUEDA A DUDA DE SI ESTA EMPRESA ERA A AXEITADA PARA SER ACREEDORA DO CITADO CONTRATO, ou si foi beneficiada para poder facer un "encaixe legal" para facer o mural que querían facer, cos artistas elexidos por eles...

OLLADE ESTAS ADXUDICACIÓNS !!!! 

CONCERTO DE MIGUEL LAMAS QUUARTET NO TEATRO JOFRE O DÍA 09 DE FEBREIRO DE 2017

Importe total 3388 € 
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.


CONCERTO DE "UTE LEMPER" 08 DE ABRIL DE 2017 NO AUDITORIO DE FERROL
Importe total 14520 € 
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L. 

Proxecto de intervención artística de referentes entre a mocidade
Importe total 21598,5 €
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.

CICLO DE MÚSICA "A FEIRA DO XOVES" NO TORRENTE BALLESTER 1º SEMESTRE
Importe total 13068 €
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.

ADXUDICACIÓN CONCERTO DE MADELEINE PEYROUX A REALIZAR NO AUDITORIO DE FERROL EN DATA 19.05.2107 
Importe total 21659 €
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.

Contratación concerto de Andrés Suárez na Praza España-Ferrol o día 21/08/2015 nas Festas de Ferrol
Importe total 21767,9 € 
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.


O tema é serio, aínda que o único que lle preocupaba ao Sr. Basterrechea era que o meu post en Facebook non tivese apenas "LIKES"
Que repare nas estadísticas do blogue !!


NON TIÑAN AFINIDADE !?..........  jajajajaja.... O QUE NON TEÑEN É VERGOÑA!!!
EN BREVE MÁIS NOMES DE EMPRESAS BENEFICIADAS, ETC ETC....



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 mar 2013

Concentración contra o trazado sur do tren ao Porto Exterior

O Colectivo social que está en contra do trazado sur do tren ao Porto Exterior de Ferrol, concentrouse onte diante da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao en contra desta desfeita medioambental.


De levarse a cabo esta infraestructura pola alternativa sur, suporá a desaparición da enseada da Malata como tal.

Está claro que detrás deste proxecto, hai uns escuros intereses e o organismo que promove este proxecto é a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

16 jul 2011

"Reganosa: Vellas mentiras e novos negocios". Nota de Prensa do Comité Cidadán

(Para deter o texto,pór o cursor encima,para que avance de novo o retiramos)


    Diante das novas, sobre Reganosa, aparecidas o pasado día 13 no xornal A Voz de Galicia. O Comité Cidadán de Emerxéncia fai as seguintes consideracións:

    Dende a súa constitución REGANOSA, pola connivencia dos seus socios, faltou á verdade ao respeito da necesidade da planta en Galicia, falseando os datos para acreditar a súa viabilidade económico -financeira.

    Co único fin de cumprir (só formalmente), co 4º requisito necesario para obter a autorización de construción e o preceptivo Vº Bº da CNE, os socios de Reganosa comprometéronse a construir catro centrais de ciclo combinado; Fenosa dous ciclos de 400 MW cada un e Endesa outros dous nas Pontes, con un consumo anual de 1.600 millóns de m³/ano de gas natural, aos que habría que agregar un consumo adicional das empresas de nova creacion do grupo Tojeiro de 500 millóns de m³/ano. A realidade é que o grupo Tojeiro non consume gas, porque as empresas non se fixeron, e os ciclos combinados (700 millóns de euros de inversion)cando non estan parados traballan ao ralentí.

    Despois de case 4 anos de funcionamento, os datos de produción facilitados polo xestor técnico do sistema, ano 2010, falan dun funcionamento tan só do 43%. A planta de Reganosa só aporta o 6% do total do estado. Agora, no mes de xuño deste ano, sofreu unha nova baixada do 28% ao respecto do mismo mes do ano anterior, sendo o ratio de utilizacion do mes pasado só dun 29% da súa capacidade nominal.

    Reganosa foi obxeto de intervencións extraordinarias por parte do xestor do sistema para asegurar os niveis de GNL, mínimo técnico de seguridade nos tanques. A última advertencia foi o pasado 6 de Xullo, vendose obrigada a unha reprogramación, é dicir, foi obrigada a reducir a produción ata que o sistema gasista lograse descargar un gaseiro para subir o nivel nos seus tanques. Hai que engadir a isto que o 25% dos gaseiros tiveron que abortar a súa entrada na data prevista, dadas as condicións metereolóxicas e a singularidade da Ría de Ferrol.

    Agora, preséntannos como unha ventaxa a venda de GNL ao mercado especulador, cargando de novo gaseiros cun gas que orixinalmente era para consumo da nosa comunidade, convertindo a regasificadora como simple depósito para trapichear no mercado do gas.

    As plantas do resto do estado teñen produción de gas regasificado suficinte, non necesitan participar no trapicheo da venda de gas como Reganosa, que almacena gas á espera de que soba o prezo, todo a expensas de incrementar os perigos para a cidadanía. A cidadanía merece información veraz sobre o que está acontecendo en Reganosa e tomar consciencia da irracionalidade das operacións deste trapicheo.

    Por exemplo, o pasado mes de febreiro, o buque gaseiro SCF Polar, carga en Mugardos 68.000 m³ de GNL para transportalos a Italia (La Spezia). Un gas que poucos dias antes descargara o Cheikh el Mokrani procedente de Arxelia.¿Por qué o gas alxerino fai a ruta Orán- Ferrol- Xénova que supón 4540 millas náuticas, cando a distancia de Orán a Xénova só é de 715 millas?.

    Outro caso para a reflexión e a denúncia, a operación realizada polo gaseiro Norman Lady. Este gaseiro, que permaneceu atracado dende o 13 ao 16 de Maio, un dia descargou gas en Reganosa, e, sen abandonar as instalacións, carga outra vez nos seus depósitos ese mesmo gas. ¿É este o futuro de Reganosa? ¿Poñer en perigo a nosa seguridade para trapichear co gas?.

    Temos razóns para a desconfianza. Lembremos que nas instalacións anexas de Forestal, propiedade exclusiva do grupo Tojeiro, xa a finais dos anos 90, descubriuse un xigantesco fraude co gasóleo. Fraude que, por certo, aínda debe estar sendo investigado polo xulgado.

    Sobre o negocio da carga de gas en cisternas, aparte de aumentar os riscos para a cidadanía (lémbrese o accidente dos Alfaques ano 1978), o seu carácter residual non modifica para nada a escasa produción de Reganosa e o seu carácter deficitario.

    Mailo empeño dos cómplices mediáticos, en distraer aos cidadáns, a realidade actual amosa a gran patraña dos promotores de Reganosa como instalación ”estratéxica” para Galicia. Unha instalación que, aseguraban, iba a supor o relanzamento da comarca, creando moreas de postos de traballo, etc etc.

    Reganosa supón unha ameaza para a vida das persoas que vivimos na contorna, e tamén para o noso medio natural, pois destrúe a riqueza da Ría. O que agora pretenden apresentar como unha ventaxa, é a constatación de que Reganosa como proxecto económico, é un fracaso que se inscribe no marco da burbulla enerxética, apoiada institucional e mediaticamente para beneficio dos seus promotores. Unha estafa a toda a cidadanía, que está a pagala a través das axudas a Reganosa por parte da Xunta de Galicia e da suba das tarifas eléctricas e do gas.

    Os gasoductos de Tui e Llanera, sin actividade de entrada desde a posta en servicio de Reganosa, teñen capacidade suficiente para suministrar gas; tanto para as centrais de ciclo combinado como para o consumo convencional.

Estamos a pagar 60 millóns de euros cada ano a REGANOSA, unha instalación ILEGAL, PERIGOSA, DEFICITARIA E INNECESARIA.. Non existe pois motivo algún que poida xustificar manter operativa unha perigosa planta de gas como a de Reganosa, que supón ademais dunha ameaza para a poboación, e un alto coste medioambiental, económico e social.


¡ Planta de gas Fora da Ría!


Ferrol a 15 de Xullo de 2011


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol






Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

19 sept 2009

Al "Capo" Tojeiro se le estan poniendo de corbata

1-Sabido es el fracaso de SU regasificadora en ría de Ferrol ("REGANOSA"),la planta no podrá comprar el gas a precio competitivo,pues los gaseros de alta capacidad que se están usando actualmente no pueden entrar el la ría debido a su calado,recordemos que el transporte de ese gas se puede llegar a abaratar hasta un 40%.

2-La pretroquímica que tiene este individuo contaminando la ría (FORESTAL DEL ATLÁNTICO), le quedan pocos años en la tierra que quema,se le acaba la concesión para contaminar.

3-La gran noticia de hoy:Ponen sobre la mesa la posibilidad de transportar mercancías en tren a Megasa y a Endesa en As Pontes.

Recordemos que este empresario amigo de Fraga (ex presidente de la Xunta de Galicia) es el mayor beneficiario del transporte de carbón desde Ferrol a As Pontes.

UNA PREGUNTA REPETIDA DESDE ESTA BITÁCORA HASTA LA SACIEDAD.
¿POR QUÉ NUNCA SE PLANTEÓ HACER UN VÍA FERROVIARIA A AS PONTES?
¿A QUIEN BENEFICIABA?

Leer noticia


¡¡SOLO ESPERAMOS QUE ESTA INICIATIVA SE FIRME YA!!

14 jun 2009

México y la banda de Los Pinos

Obrador denuncia la mafia instaurada en el gobierno,la banda de los 30 o mafia de Los Pinos,se ajusta a cualquier capítulo de la novela “El Padrino” de Mario Puzo.
Andrés Manuel López Obrador manifestó que la próxima semana presentará una denuncia penal en contra de los 30 capos de la banda de Los Pinos agregó que esta mafia está formada por Carlos Salinas, Vicente Fox, Roberto Hernández, Claudio X González, Felipe Calderón, Diego Fernández de Cevallos y otros más.

Unos ejemplos del gobierno "corruptopolitico" de Felipe Calderón.
  • La violencia del crimen organizado dejó en México más de 8.200 muertos desde enero de 2008,asesinatos en los que el gobierno golpista de Felipe Calderón tiene mucho que contar
No dejéis de ver http://www.oaxacaenpiedelucha.com/

El 5 de Julio se eligen nueve gobernadores,para los estados de: Campeche, Colima, Distrito Federal, Guanajuato, Jalisco, México, Morelos, Nuevo León, Querétaro, San Luis Potosí y Sonora.

11 jun 2009

Mesa redonda "Plan Bolonia"

Una mesa redonda en la que el catedrático de la Universidad de Santiago José Carlos Bermejo Barrera sacó a la luz la CORRUPCIÓN existente en la universidad española.
Intervinieron también Guillermo Ferrández Rivera (Profesor secundaria IES Marqués de Suanzes) e Iria Gómez Corral(Estudiante de Periodismo).
EN BREVE TENDREMOS EN EXCLUSIVA EN VÍDEO ESTE DOCUMENTO ÚNICO Y DIGNO DE SU MÁS AMPLIA DIFUSIÓN.