Mostrando entradas con la etiqueta Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos. Mostrar todas las entradas

12 abr 2014

José Manuel Rey Varela, DESgobernando con Desvergonza

Unha parella que vive na indixencia no edificio abandonado situado no aparcadoiro do Sánchez Aguilera, arranxou onte por segunda vez as fochas do aparcadoiro. Anteriormente o colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos",  xa traballara na zona facendo ese mesmo traballo.

Non encontramos cualificativos para definir a falta de vergoña do Rexedor local, que malia malgastar millóns na Semana Santa de Ferrol non ofrece aos visitantes zonas para poder aparcar. 

Desta forma a xente que achegase á cidade, así como os cidadáns que a transitamos, vémonos inmersos nun caos circulatorio total. 

Eu non pago a rodaxe para que ás rúas sexan copadas por cachos de madeira adornados con velas e mantóns millonarios, e se queren que así sexa, que faciliten ao resto de veciñ@s o transito.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 nov 2013

Presentación do documental realizado por Xosé Bocixa, que recolle a acción popular "Carga de Dignidade"

O Venres, 29 Novembro, ás 19:00 h. na Galería Sargadelos. presentación do documental realizado por Xosé Bocixa, que recolle a acción popular "Carga de Dignidade" Ese mesmo día, ás 21:00 h concentración na Praza de Armas, onde terá lugar un samaín reivindicativo, decorade as vosas cabazas indignadas

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 ago 2013

Por fin este sábado realizarase o "ApocaCRISE ZOMBI"

Despois de suspenderse polo tráxico accidente de tren en Compostela, por fin este sábado realizarase o "ApocaCRISE ZOMBI"

Os "Mortos Viventes" nos que nos queren converter, tomaremos a rúa e faremos ver que nos quedan forzas, que aínda que sexa arrastrándonos seguiremos loitando por recuperar a dignidade secuestrada.

Invitamos a toda a cidadanía a disfrazarse de Zombis, o próximo sábado, 17 de agosto. Recoméndase traer moito sangue, sucidade, humor e indignación.

A marcha Zombi partirá dende as "catacumbas" do derruído casco histórico de Ferrol Vello, fronte o peirao de Curuxeiras, ás 12:00 h. e percorrerá a rúa de San Francisco, Praza de Amboage, e rúa Real, para chegar finalmente á Praza de Armas, onde o polifacético compañeiro, Guillermo Ferrán, poñerá voz aos "Mortos Viventes" dando lectura a un Manifesto de Indignación.

ANIMARVOS!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 jul 2013

"Apocacrise Zombi" e 1º aniversario de Acción Directa

O colectivo cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, cumpriu onte domingo, día 21 de xullo, o seu primeiro ano de traballos en espazos públicos da cidade.

Estes traballos foron moi diversos; de acción no patrimonio (por exemplo; Catillo de San Cristobal, Castelo de San Carlos, Dique Civil da Cabana, antiga muralla de Canido, etc...) en espazos naturais (por exemplo; Río Sardiña, Praia de Cariño, Regatos de Doniños e Covas, etc....), en xardíns públicos, (por exemplo; erradicación de Plumeiro da Pampa en Caranza, xardíns na Cabana, Parque Torrente Ballester, ámbito do miradoiro de San Cristobal etc....), e outro tipo de accións usando a creatividade como inspiración, como foron o Flasmob das fochas de Ferrol, a "Cabalgata de vos Reis Vagos", I Campionato do Mundo de Pesca de Neumáticos, ou mesmo a participación activa no acto creativo de Radio Buguina, "Carga de Dignidade".

Á parte destas accións, este colectivo sinalizou con carteis os castelos da ría e a batería defensiva de Outeiro en Doniños.

Actualmente varios membros levan traballando case un mes en descubrir a empedrada do chan no Castelo de San Cristobal, mentres outros preparan o acto "Apocacrise Zombi", que tal como indica o xogo de palabras utilizado se trata dunha acción de indignación popular contra todas as agresións sociais que estamos a padecer.

Os "Mortos Viventes" nos que nos queren converter, tomarán a rúa e intentarán facer ver que aínda nos quedan forzas, que aínda que sexa arrastrándonos seguiremos loitando por recuperar a dignidade secuestrada. Invitamos a toda a cidadanía a disfrazarse de Zombis, o próximo sábado, 27 de Xullo. Recoméndase traer moito sangue, sucidade, humor e indignación.

A marcha Zombi partirá dende as "catatumbas" do derruído casco histórico de Ferrol Vello, fronte o peirao de Curuxeiras, ás 12:00 h. e percorrerá a rúa de San Francisco, Praza de Amboage, e rúa Real, para chegar finalmente á Praza de Armas, onde o polifacético compañeiro, Guillermo Ferrán, poñerá voz aos "Mortos Viventes" dando lectura a un Manifesto de Indignación.

Fonte:  http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2013/07/apocacrise-zombi-e-1-aniversario-de.html

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 jun 2013

12 de xuño "Carga de Dignidade" para a bisbarra.

Hoxe lúns, 10 de xuño, ás 11:00 h. Invitados por Radio Buguina, os centros de ensino, e os colectivos que realizaron pancartas que anunciaban o evento "Carga de Dignidade" penduraron estas no enreixado de Navantía que quedou "espido", (ao final da Avda. de Esteiro) á parte de cargar de dignidade esta zona do enreixado, pretendemos concienciar a toda a cidadanía da importancia que ten para toda a bisbarra de Ferrolterra, a Folga Xeral, convocada para o día 12 de xuño.

Na mesma estiveron presentes membros do comité de empresa e auxiliares de Navantia, que agradeceron esta mostra de solidariedade por parte do C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro, Instituto Concepción Arenal, CEIP San Xoán de Filgueira, CIP Recimil, Conservatorio de Música Xan Viaño, e Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos

Ás poucas horas, membros da Armada procedían a retiralas. Inmediatamente realizamos varias xestións, e adquirimos o compromiso por parte do oficial de garda do Arsenal Militar,de devolvernos mañá estas en perfecto estado, estas serán colocadas de novo, pero esta vez na porta do Estaleiro, lugar onde deu comezo a acción popular "Carga de Dignidade".


Fonte: http://cargadedignidade.blogspot.com.es/
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/estudiantes-ferrol-piden-carga-dignidade-naval/idEdicion-2013-06-10/idNoticia-811093/
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

4 jun 2013

Centos de persoas se "Cargan de Dignidade"

Dende onte, as reixas dos estaleiros, locen ao vento as roupas que representan a indignación da bisbarra. Cada peza ten detrás unha historia propia, tan como dicía Pepe Barro, un dos membros do colectivo Radio Buguina. Tamén dixo que sería un monumento efémero no tempo, opinión que non comparto, penso que é unha obra en continua construción, moitos serán @s cidadáns que se acheguen a deixar a súa pegada. 

Nunca é tarde para a indignación!! 

Autor: Xosé Bocixa


O correo cargadedignidade@gmail.com habilítase para que facilitedes as vosas fotografías, vídeos, breves textos ou poesías alusivas á acción popular "Carga de Dignidade". Todo o material recompilado se subirá a o blogue creado para o evento http://cargadedignidade.blogspot.com.es/, Farase constar a autoría de todo o material cedido.

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 may 2013

"Acción Directa" convirte un espazo público abandonado polo Concello nun espazo de lecer

O colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" restaurou por completo a fonte e o lavadoiro da Barca en A Cabana.

Coa achega de 100 euros doados pola AVV da Cabana, e a doazón por parte duns veciños dunhas lousas para a cuberta da fonte, e madeira para a varanda.

Este espazo público abandonado polo Concello de Ferrol converteuse nun espazo de lecer para todos os veciñ@s da Cabana, este fin de semana estaba cheo de nenos xogando na zona.

Tamén fíxose limpeza do cano e canalización das augas, estas foron repobladas con anfibios,peixes, e algunha especie vexetal.

O único que o concello fixo neste espazo, foi desbrozar hai moitos anos, á parte de colocarlle un letreiro de "Auga non potable", na presente lexislatura non se limpou nunca. A última obra de recuperación na zona, foi feita polos veciños no ano 1973.

En breve, e en resposta ao malgasto na obra da Praza de España por valor de 812.000 euros, comunicámoslle ao Goberno municipal, que facendo valer os nosos dereitos como contribuíntes dese diñeiro público que van malgastar, exerceremos unha presión activa e máis visible, para impedir que esa obra se execute.



Blogue do colectivo cidadán: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/


Mapa dos traballos realizados dende o 21/07/2012

Ver Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos en un mapa más grande

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 ene 2013

O P€P€ de Ferrol non pode seguir ocultando á ciudadania a súa ineptitude

O pasado sábado, o colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" acometeu a limpeza doutro espazo público en estado de abandono por parte do goberno municipal, o lugar elixido foi o río Sardiña, na enseada da Malata, no que realizaron a limpeza das canles deste. 

Do mesmo rescataron uns 500 kg de residuos sólidos, entre os cales se encontraban valados metálicos propiedade do Concello. 

NOTA DO COLECTIVO:
Queremos deixar constancia das irregularidades que se veñen cometendo neste espazo natural, ao lado deste encóntrase a FIMO, baixo responsabilidade do Consorcio Pro-Feiras e Exposicións de Ferrol, e do propio Concello, este recinto dispón dun punto limpo a escasos 15 metros da canle do río, co conseguinte risco que entraña, pero o máis grave é o vertedoiro incontrolado que teñen no interior do recinto, e outro que utilizaban indiscriminadamente na mesma canle do río, moitos dos residuos atopados pertencen ás prácticas do carné de conducir, conos, fitas plásticas, etc. 



Comunicamos e instamos a todas as entidades ecoloxistas de Ferrol a que tomen nota e procedan a efectuar as correspondentes denuncias se houbese lugar a elo.



Onte o colectivo facía saber que o Concello ordenou unha limpeza simbólica na zona, uns operarios realizaban tarefas na cauce do río. 


Parece que ao Sr Alcalde e aos seus dous concelleiros (principais irresponsables) Pablo Cal e Guillermo Evia, non lles fai graza ver como continuamente estes cidadáns lles quitan as cores e avergoñan a súa ineptitude publicamente.

O sábado, á tarde e antes da Cabalgata de Reis, dende este colectivo tamén organizaron unha pequena homenaxe aos tres "mosqueteiros", cun peculiar FLASHMOB sobre OS REIS VAGOS, que tivo unha ampla difusión e un maior seguimento. 




 
 Video 
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

4 ene 2013

Cabalgata dos "REIS VAGOS"

Este peculiar “Flashmob” parodia os 16 meses de nefasto goberno de Rey Varela. 

SAÍDA ÁS 16:00h DA PRAZA DE ARMAS 

A cabalgata percorrera varias rúas de Ferrol lanzando caramelos e repartindo unha pequeña octavilla informativa sobre o malgasto de cartos públicos que pretende acometer o actual goberno do Concello de Ferrol. 

A Cabalgata contará coa participación dos tres Reis, que estarán acompañados cos seus respectivos paxes.  



Sabías que os “Reis Vagos”… 

Non nos arranxan as fochas nin beirarrúas, non coidan o patrimonio histórico, nin realizan mantemento dos espazos públicos da nosa cidade… 

Pero para malgastar o noso diñeiro público si que teñen 

Na Praza de España pretenden facer unha zona verde por valor de 916.000 euros. 
No Parque Municipal teñen prevista unha obra por valor de 450.000 euros. 

O montante total deste despilfarro equivale a: 1.366.000 euros (227.283.276 das antigas pesetas) 

Coa que está a caer, co padecemento de familias, desafiuzamentos, colas nos comedores sociais, e con máis de 20.000 desempregad@s na bisbarra, e o PP de Ferrol tira polo desaugadoiro un diñeiro imprescindible para paliar estas situacións. 

Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar. 

Organizan e colaboran: “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos”, “Plataforma contra o Malgasto” e a “Asociación Veciñal de Esteiro”

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

3 ene 2013

Limpeza do río Sardiña

O sábado día 5, acometeremos a limpeza doutro espazo público en estado de abandono, está vez o lugar elixido é o río Sardiña, na enseada da Malata, no que realizaremos a limpeza das canles deste. 

Esta limpeza púxose en coñecemento de todas as entidades ecoloxistas da bisbarra invitándoos a participar na limpeza, ou ben, que se acheguen á zona para controlar ou asesorar in situ sobre estas labouras, que en todo momento se realizarán co maior dos respectos cara á flora e fauna existentes na zona. 

Para a xente que queira participar nesta xornada ecolóxica e reivindicativa, o punto de encontro será ás 9:00 h no aparcadoiro do estadio de fútbol da Malata. (Fronte a ponte peonil que cruza o río) 

Con estas xornadas queremos evidenciar o estado de abandono do patrimonio, espazos públicos, e espazos naturais de Ferrol, cun obxectivo común, a paralización do malgasto de 916.000 euros de carto público na Praza de España. 

Os cidadáns que participamos no colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" xa realizamos ata o día de hoxe as seguintes actuacións: 

22 dic 2012

"FLASHMOB" DANDO "USO ÁS FOCHAS DE FERROL"

Mañá domingo, Bob Esponxa e os seus amigos escenificarán e darán USO ás Fochas de Ferrol, estes sairán ás 11:00 h. dende o Cantón (Altura da fonte) e finalizarán no barrio de Caranza, no que terá lugar unha degustación gratuíta dunha boa Queimada.

Con este "FLASHMOB" queremos facer visible o estado de desleixo das nosas rúas, así como impedir o malgasto millonario en obras ridículas por parte do actual goberno do PP. 

Como a obra proxectada para a Praza de España, prevista inicialmente nun valor de 700.000 euros, e que antes de ser executada xa nos anuncian que se incrementa en 216.000 euros, para situarse en 916.000 euros. Aos que hai que sumar os 56.000 euros que costou o proxecto. 

Coa que está a caer, co padecemento de familias, desafiuzamentos, colas nos comedores sociais, e con máis de 20.000 desempregad@s na bisbarra, e o PP de Ferrol tira polo desaugadoiro un diñeiro imprescindible para paliar estas situacións. Instamos o Goberno do Sr José Manuel Rey Varela, a que recapacite e dea marcha atrás neste proxecto. Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.  

Organizan e colaboran “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos”, “Plataforma contra o Malgasto” e a “Asociación Veciñal de Esteiro” 

Convidase a participar a toda a cidadanía

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

17 nov 2012

Cidadáns facendo o que non fai o desgoberno do P€P€.

O colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" continúa a recuperar espazos públicos en estado de abandono por parte do desgoberno local e autonómico do P€P€, desta volta foi nun solar propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Soo, o mesmo estaba cuberto dunha planta invasora.

Finalizamos os labores en Caranza, a pesar da persistente chuvia, dimos rematado o traballo, que consistiu na roza do Plumeiro da Pampa (Cortadeira selloana), Agora tócalle ao Concello de Ferrol esixir ao Instituto Galego de Vivenda e Soo, a recollida de restos e efectuar neste soar unha acción con maquinaria agrícola para erradicar definitivamente esta especie invasora. 

Durante a semana pasada, o colectivo de Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, encargouse da queima dos restos retirados na fortaleza de San Cristovo, en vista da pasividade amosada por parte da Autoridade Portuaria e do Concello de Ferrol, decidimos solicitar os oportunos permisos na Xunta de Galicia, permisos que nos concederon sen ningún tipo de impedimento.

Xa temos decidido onde acometeremos a seguinte acción de recuperación doutro espazo público da nosa cidade. Non desistiremos no noso empeño de parar o despilfarro previsto para a Praza de España de 700.000 euros de diñeiro público. 

Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar. Eses 700.000 euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación dá natureza, paraxes e patrimonio dá cidade, á parte de xerar un beneficio adicional para o comercio dá nosa cidade, que ben necesitado que está.



Apúntate!! 
e-mail: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com 
Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497 

  Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 oct 2012

Ferrol á vangarda do cambio social

Dúas iniciativas moi boas están tendo lugar en Ferrol, unha é a Horta Comunitaria de Caranza e a outra é "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos", ambas teñen un denominador común, a recuperación dos espazos para a cidadanía.

A Horta Comunitaria de Caranza; Recupera un espazo abandonado polo Concello e a Autoridade Portuaria no paseo marítimo de Caranza, uns terreos que estaban comidos polas malas herbas, e que agora serven para que desempregad@s e cidadáns teñan unha pequena horta con produtos de primeira necesidade. Aparte todo o cultivado carece de tratamentos químicos, nin se usan sementes modificadas xeneticamente (os coñecidos como Transxénicos). Estes cidadáns fomentan o cooperativismo, compañeirismo e solidariedade, cualidades imprescindibles nunha comunidade.
  

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos"; O nome do colectivo cidadán define o mesmo. Trátase de cidadáns concienciad@s co valor natural e patrimonial de Ferrol, e outr@s en situación de desemprego, que traballan na recuperación para a cidadanía destes espazos que se atopan abandonados por parte do Concello de Ferrol.

Estes traballos de recuperación destes espazos os fan tamén con outro obxectivo; paralizar o investimento de 700.000 euros na Praza de España, piden que ese carto SE GASTE na contratación de desempregad@s para a recuperación limpeza e saneamento deses espazos, e cun matiz, que eses contratos sexan de media xornada para repartilo no maior número de xente posible, e contratar en función da carga familiar ou estado de precariedade que estean a pasar as familias.



Blogue do colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos

 Isto é recuperación da participación cidadán, recuperar os espazos públicos e evitar que a clase política despilfarre os nosos cartos.
  
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

27 ago 2012

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" na Batería de San Cristovo

Publicado en http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2012/08/ii-xornada-de-traballo-na-bateria-de.html

Nesta segunda xornada de traballo na Batería de San Cristovo, centramos a limpeza na parte central da fortaleza, e na muralla exterior ao mar.

Os traballos nesta ocasión, a pesar de ser máis xente que nunca, e de dispor de máis rozadoras, foi moi lento. Hai toxos que o cobren todo, case parecen árbores. Unha veciña comentaba, que fará 4 anos dende a última vez que se limpou algo a zona.
Teremos que ir con sumo coidado nos labores, pois as hedras que deixaron crecer ao seu antollo, cobren por completo as murallas e actualmente forman parte da estrutura e axudan na suxeición das pedras.

Salientar que tivemos incorporacións novas, unha rapaza en situación laboral, unha veciña de San Cristovo, e dous nenos pequenos que traballaron como o que máis

Esiximos ao grupo de goberno municipal, que saiba estar á altura das circunstancias e que recapaciten sobre o malgasto de 700.000 euros para a Praza de España, eses cartos poden axudar a paliar as necesidades de moitas familias da comarca. Exiximos a creación de cuadrillas de traballo contratadas directamente polo Concello para a reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos.

Na páxina web do Concello pon:

La importancia histórica y cultural del conjunto formado por los castillos de la ría de Ferrol y del Arsenal Militar, fruto de la racionalidad de la Ilustración, es de sobra conocida por todos los ferrolanos. Estas instalaciones constituían, en el siglo XVIII, la mayor base naval militar de Europa y hacían de la ría un fortín inexpugnable desde el mar, tal y como ponen de manifiesto las infructuosas incursiones inglesas.

http://www.ferrol.es/contenidos.aspx?id=74

"Esta vez as malas herbas lograron acabar con esa fama de inexpugnables que nos deron os ingleses"

Grazas a tod@s e ata a seguinte, que será a III Xornada de traballo na Batería de San Cristovo

Vídeo en V Televisión: http://www.vtelevision.es/informativos/2012/08/25/0031_24_150329.htm





Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

24 ago 2012

Apúntate á II xornada de traballo na Batería de San Cristovo

Mañá sábado, día 25 de agosto, terá lugar a II xornada de traballo na Batería de San Cristovo. O horario será de 09:00 a 14:00, (Aínda que a xornada de traballo é libre, en función do tempo de que dispoña cada persoa).

As persoas interesadas, pódense inscribir no correo electrónico: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com, nos teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497, ou ben acudir directamente á zona ou ao aparcadoiro da Feira de Mostras o sábado ás 8.45 horas.

+ Info no bloge do Colectivo
Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos


Traballos acometidos:


Traballos en Ponzos-Covas

Resumo da I xornada de traballo na Batería de San Cristovo

"Acción sorpresa", limpeza e recuperación dun lavadoiro na zona de A Cabana


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio