Mostrando entradas con la etiqueta Jetas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Jetas. Mostrar todas las entradas

20 mar 2014

O VOCEIRO da "Terra Media".

O pasado martes, día 18 de marzo,  en Compostela, facíase a entrega no Parlamento Galego, das firmas para a ILP promulgada polas PAHs estatais, entre ela a PAH de Ferrol. 

O acto consistiu nunha concentración diante do Parlamento, e vari@s compañeir@s das PAHs, PROMOTORES dá ILP entrarían a rexistrala. Pero unha persoa malintencionada, ávida de protagonismo e ansiosa de falar os micrófonos, "cóase" no lugar e asina en vez da PAH. Este "Sr. voceiro" non é outro que Inácio M. O.

@s tres compañeir@s que ían en representación da Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Ferrolterra sentíronse ningunead@s, e humillad@s. 
Como dicíame unha compañeira; 
"Non imos consentir "que se secuestren o noso traballo e identidade"

Lembremos que a Asociación PAH Ferrolterra, aglutina o 100% d@s afectad@s, dá cobertura legal e gratuíta ao 100% d@s afectad@s, e que xestiona "Alimentos Solidarios Ferrolterra" (Dando alimentos e roupa a familias moi necesitadas) 



Os intereses que teñen os "Habitantes da Terra Media", é o de secuestrar as loitas sociais de Ferrol, con varias finalidades;

- Erixirse como voceiros de afectados, tutelando, dirixindo, adoutrinando, e decidindo todo por eles.

- Saír na fotografía para saciar os egos persoais, aspiracións políticas, e adquirir notoriedade como asociacións.

- Réditos políticos, e facer trepar os seús achegados. A "porta de entrada" son os partidos de esquerda, en vista de cos sindicatos fai tempo que decataronse da súa catadura moral. 


Do "Sr. Voceiro":

Baixo ese "perfil" de asembleario, e ese discurso Altermundo, non hai outra finalidade máis que a política, veuse nas súas continuas rabechas, e impugnacións, a última delas foi a unha decisión da Coordenadora Nacional de Anova. É o que busca, posicionarse xunto cos seus en Anova. 

Como vulnerou un acordo asembleario no escrito realizado por esta persoa, baixo o pseudónimo de "Xan do Couto", publicado na a revista que vende Fuco Buxán, "Razón Socialista". 

Nesa mesma denuncia, contei a manipulación feita por este Sr. no desafiuzamento en Cabanas

Como este mesmo "Sr." manipulou a información referida ao -Ciclo de Conferencias; "Ferrol Rexeneración Urbana e Recuperación Económica", organizado pola Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol, Roi Xordo, e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.



En vista de que seguía facendo comunicados públicos en nome de "Stop Desafiuzamentos Ferrolterra" publiquei isto:

As PAH son as únicas asociacións lexitimadas para falar por e en nome dos afectad@s.


"Stop-Desafiuzamentos" son todos aqueles/as que se boten á rúa cando existe un chamamento de emerxencia social para parar un desaloxo.

Calquera cidadán, colectivo ou asociación, está lexitimado a portar unha pancarta que poña "Stop Desafiuzamentos", pois é un berro social.

Ningún cidadán, colectivo ou asociación, está lexitimado a decir que eles son "Stop Desafiuzamentos". (Excepto no caso das plataformas de afectad@s que decidisen usar esta definición).


Conformación do "DESencontro Social":

O primeiro desafiuzamento público que vaise realizar en Ferrol é o de Gabi, membro da acampada 15 M, seus compañeir@s xa tiñan preparada unha resposta para intentar paralizar ese desaloxo. Ao momento de decatarme de isto contactei con Jesús Díaz, e empezamos a telefonar a compañeir@s de distintos partidos, sindicatos, e colectivos. Deste xeito, e por primeira vez en Ferrol actívase "Stop-Desafiuzamentos". Participando xentes a título persoal, membros do BNG, CC.OO, CIG, CNT, EU, FORXA, PSOE, UGT, USTG, UL, e unha morea de asociacións e colectivos, ou calquera cidadán que viñese a parar un desafiuzamento puntualmente. 

Entón pódese dicir que "Stop-Desafiuzamentos" era unha resposta social de desobediencia civil .

A partir dese momento, case sempre, as alertas producense do mesmo xeito que no primeiro desafiuzamento, e a resposta é sempre unitaria por parte de tod@s. 

ATA QUE.... De tantas loitas en común, e de ver como se perdían dereitos cada día, despois de celebrarse o Foro Social, traballouse para conformar o "Encontro Social", lugar de encontro e debate, dende o que poder entre tod@s construír alternativas e respostas sociais. 

Nun principio empezou todo ben, contando ata coa participación de forzas políticas de esquerda. Fixéronse algunhas cousas, como foi o roupeiro de Caranza, e asembleas, asembleas, asembleas.... Outras cousas xa construídas e en funcionamento, SECUESTRARONSE! coma si estas fosen feitas polo "Encontro Social", tal como foi o blog Axenda Aberta (con máis dun ano en funcionamento), as Hortas Comunitarias de Caranza (propulsadas pola Asemblea de Desempregados da CIG), Alimentos Solidarios, e o que xa era o colmo, secuestrábase un berro social "Stop-Desafiuzamentos". 

A partir daquel intre, e unha vez conformado o "DESencontro Social", eríxense como voceiros de "Stop Desafiuzamentos", deste xeito é como tutelan este "movemento de indignación e acción cidadán". Todo isto sen estar conformados como asociación de afectad@s.

E ahí tedes o DESencontro Social - Rede de Apoio Mutuo - Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna.


A Terra Media:
Conformábana dúas tribos, a dos "Orcos" e a dos "Trollos", malia convivir en paz entre elas, ambas as dúas eran moi mal avidas. Cada tribo constaba de dous líderes, que eran protexidos fielmente polos seus "Escudeiros"... Hai dous anos, decidían enterrar o machado de guerra e poñer fin a tantos anos de repudio común... Todo discorría en paz... E chegaron as neves, os plátanos, alimento principal da súa dieta, desapareceron, non quedaba outra que aliarse e comezar  xuntos a recolleitar froitos.... Sobreviviron ese inverno, e vendo que íalles ben, decidiron mestizarse, así naceron os "Picaflores", estes eran usados polos líderes para asistir a todas as reunións e eventos organizados polos habitantes do "Bosque Frondoso"...

Continuará.........

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.