Mostrando entradas con la etiqueta Asemblea Sen Papeis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asemblea Sen Papeis. Mostrar todas las entradas

20 dic 2012

Contra a represión e polos dereitos sociais, UNIDADE

Concentración da da Alianza Social Galega, celebrada hoxe diante do Edf. Adm. da Xunta de Galicia, baixo o lema "Na defensa dos dereitos civís e unha saída ao sistema capitalista" 

É difícil calcular a xente que se puido dar cita, pero serían en torno a 500 persoas. 

Foi agradable ver a UNIDADE social, sindical e das forzas políticas de esquerda, e máis nestes momentos duros de represión social na que teremos que "radicalizar" as nosas protestas en Lexítima Defensa. 

Á Concentración sumáronse @s compañeir@s da CNT e de FORXA, que viñan de celebrar unha concentración diante da oficiña que "Bancaja" ten na Praza de Armas, co lema "Contra os abusos da banca e a ditadura dos mercados". Pese a non estar integrad@s na Alianza Social Galega, decidiron participar e manifestar a súa indignación, de feito foron os que deron "cor" a esta, o lema máis coreado foi  "Dende Grecia a Portugal, Folga.. Folga.. Folga Xeral,".

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

31 ago 2012

FLASHMOB DENUNCIA: CONTRA A EXCLUSIÓN SANITARIA DA POBOACIÓN INMIGRANTE SEN PERMISO DE RESIDENCIA

Hoxe a Asemblea Sen Papeis de Ferrol, realizou na Praza de Armas, un "Flashmob" co fin de denunciar a ideolóxica reforma sanitaria, xa tristemente coñecida como “Apartheid sanitario” , ao remate deuse lectura do Manifesto rexeitando os inxustos reais decretos e instando ao goberno Estatal a que recapacite e instaure a sanidade universal para tódalas persoas.

O "Flashmob" foi unha posta en escena na que interviron un grupo de supostos inmigrantes en situación irregular, un doutor, e membros do desgoberno do P€P€. Un dos inmigrantes tiña unha forte dor e acudía ao doutor, este ollaba para os membros do P€P€, que cun vago movemento de cabeza negaban a asistencia sanitaria. Seguidamente o grupo de inmigrantes comenza a morrer un a un, e os mesmos políticos que negaban a asistencia son os que os tapan cunha faixas escritas con frases como esta "Os recortes en sanidade, encheran os cemiterios"...




Mañá sábado, 1 de setembro do 2012 , entran en vigor as normas que exclúen á poboación inmigrante que non contan con permiso de residencia, da atención médica e sanitaria do sistema público de saúde. A Asemblea Sen Papeis de Ferrol, xunto a outras organizacións sociais, Asociacións de inmigrantes e de defensa dos dereitos humanos, instamos ao goberno de España, á derogación inmediata do RDL 16/ 2012 e 1192 / 2012 que supoñen un ataque frontal contra o dereito á saúde, tanto da poboación migrada como da autóctona.


MANIFESTO ASEMBLEA SEN PAPEIS
DESATENCIÓN SANITARIA. Venres 31 de Agosto do 2012


Benqueridos amigos, benqueridas amigas:

Mañá sábado, 1 de setembro do 2012, pasará á historia coma o día no que o Goberno do Estado Español aplicará as normas que exclúen ás persoas inmigrantes, sen permiso de residencia, do Sistema Público de Saúde.

Os Reais Decretos 16/2012 e 1192/2012 supoñen un ataque frontal contra os dereitos fundamentais do colectivo, pero tamén, da poboación autóctona. Nestes decretos se instaura o repago farmacéutico, incluíndo ás persoas pensionistas, se exclúe do sistema público de saúde á poboación autóctona que non cumpre requisitos para seren aseguradas ou beneficiarias, se abonan prestacións, anteriormente gratuítas coma por exemplo o transporte hospitalario non urxente. En definitiva, se precariza un sistema sanitario, considerado dentro dos seis mellor valorados do mundo.

Nas últimas semanas fumos partícipes, a través dos medios de prensa, de decisións improvisadas tomadas polo goberno, de forma unilateral e con argumentos contraditorios. Se falou de crear un sistema sanitario paralelo, asistindo ás persoas inmigrantes en situación administrativa irregular dende as ONGs, posteriormente se falou dunha cuota anual, cuxo importe é superior ao da maioría dos seguros sanitarios privados, tamén se falou de cobrarlle aos países de orixe da poboación estranxeira, cando España só ten firmado tratados con 6 países e estes cubrirían unicamente á poboación que posúe a condición de asegurado/a. Estas propostas carecen de base legal para ser aplicadas e incrementan a incertidume.
O Goberno non tivo en conta o custo que a desatención sanitaria da poboación inmigrante en situación irregular, pode ter para a economía Estatal , xa que a atención en urxencias duplica e incluso triplica o custo da atención primaria. En términos de saúde pública, estas medidas poden diseminar enfermidades infecto-contaxiosas e infecto transmisibles, incrementando o número de casos, as hospitalizacións e as mortes por estas enfermidades.

É certo, que algunhas comunidades manifestaron que non aplicarán a normativa que deixa sen atención a poboación inmigrante, e que atenderán a este colectivo. Nembargantes descoñecemos se a cobertura sanitaria será parcial ou completa, ou incluso se realmente se aplicará. Estas regulacións aumentan as desigualdades territoriais, no ámbito da saúde, e pode favorecer o éxodo cara as comunidades onde si se presta atención e o colapso das áreas sanitarias onde se de cobertura ás persoas inmigrantes, sen permiso de residencia.

Non queremos deixar de mencionar aos profesionais sanitarios que manifestaron a súa intención de obxectar, nos congratulamos por esta reacción rexeitando medidas inxustas. Ninguén mellor que estes profesionais, coñece as consecuencias que implica a desatención sanitaria. Nembargantes temen as consecuencias que a súa obxección lles poda carrear a nivel laboral e legal. Nós, estaremos cos e cas profesionais comprometidos cas persoas.

Estamos convencidos e convencidas que estas medidas recortan o dereito á saúde, e vulnera dereitos fundamentais ao colectivo de persoas inmigrantes en situación irregular . Ademais estas normativas incumpren tratados internacionais, asinados polo Estado Español sobre atención sanitaria e dereitos humanos.

Por último, dende a Asemblea Sen Papeis, afirmamos que as citadas normas, non obedecen a criterios de aforro económico, nin a políticas de austeridade. Baixo este ambiguo paraugas, se esconde unha ideoloxía racista, xenófoba e discriminatoria , que xerará un alto custo económico , social, e máis enfermidade e morte.

Non as políticas inxustas. Sanidade Universal e gratuíta para todas e todos!

Pódese contactar coa Asemblea Sen Papeis, no correo: senpapeisferrol@gmail.com



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

30 jun 2012

I Festa Intercultural da Asamblea Sen Papeis

Hoxe tivo lugar a I Festa Intercultural da "Asemblea Sen Papeis", previo a festa tivo lugar una mesa redonda para tratar a actual situación do colectivo de inmigrantes, esta estivo dirixida por
Laura Bugallo, (recoñecida activista en Inmigración), Carlos Varela, (Pte da Asociación Lazos Pro Solidariedade), e por María Teresa Bustamante, (Avogada).

Ao remate da mesma procedeuse a degustar un xantar comunitario que correu a conta do colectivo de persoas que conforman a Asemblea Sen Papeis.

Xa na sobremesa, uns "Traceurs" fixeron unha exhibición de "Parkour", (disciplina deportiva urbana de moda, que consiste en salvar os obstáculos físicos naturais ou artificiais da forma máis fluída e espectacular posíbel). Tampouco faltaron imitadores que facendo gala do bo humor atrevéronse a "facer o pino" (a mesma disciplina pero de "andar por casa", esta entraña aínda máis riscos)

A música, cervexa e boa compaña fixeron o resto, eso si, coa boa música de Manolo Bacallao, Luis Culshaw, Bitxo Bola, ritmos de timbais africanos e outros espontáneos.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio