Mostrando entradas con la etiqueta CxG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CxG. Mostrar todas las entradas

30 mar 2014

8.000 cidadáns, e dez indesexables, maniféstanse en Ferrol en defensa do sector Naval.

Manifestación celebrada hoxe en Ferrol en apoio ao sector Naval. A asistencia foi moi inferior ao esperado, case pódese cualificar de pésima, pois non creo que se chegase a 8.000 persoas, o que representa sobre un 10% da poboación total de Ferrol, cantidade da que habería que descontar a asistencia doutras localidades.
Desta vez a "culpa" non pódeselle atribuír á falta de información, pois constame cos sindicatos envorcaronse en publicitala.

Varios deputados decidiron arroupar o acto, entre eles; Juan Manuel Fajardo, e Yolanda Díaz, do grupo parlamentario AGE; Francisco Jorquera, do BNG; e Beatriz Sestayo, do PSOE. E tamén algún alcalde da bisbarra, como Secundino García, alcalde de San Sadurniño.


P€p€ros que participaron
O aínda alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, realizou fai uns días un chamamento sumándose a esta convocatoria, pero non tivo collóns abondo como para aparecer. E máis valeulle, pois varios compañeir@s tiñan pensado mantealo no medio da praza. Os que si tiveron jeta foron outros p€p€ros, entre eles Germán Castrillón, alcalde de Cabanas; e Gumersindo Pedro Galego Feal, alcalde de Fene; (Estes xa non contan, pois son desvergoñados habitualmente).

A lectura do manifesto correu a cargo de Germán Castro, ex director do Diario de Ferrol, que tivo palabras de verdadeiro desacougo sobre situación actual que padece Ferrolterra, dixo que "Nunca viviuse unha situación tan dramática nos astaleiros". Tamén recordou que esta crise destruíu outros miles de traballos doutros sectores, como é o caso do xornalismo.






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 feb 2014

Resumo da Asemblea "MARCHAS DA DIGNIDADE 22 M"

Pequeno resumo da Asemblea.

Nesta démonos cita unhas 50 persoas de distintos colectivos e ideoloxías, á parte doutras a título persoal.

VIAXE:

O compañeiro Daniel, que participa a título persoal, expuxo a única opción coñecida ata o momento, esta sería partir nun tren dende Coruña, o custo do billete 50 €, co inconveniente de que habería que sumar o desprazamento Ferrol-Coruña-Ferrol, sobre 18 € en caso de facelo en autobús.

Outra das opcións é fretar autobuses dende Ferrol, pero a día de hoxe ninguén realizou esa consulta, (en breve poderemos dar datos a este respecto).

Houbo un par de ideas para intentar sufragar ou rebaixar o custo do desprazamento; 


A primeira delas realizouna Lupe Cés, de A Revolta, dicindo que se podía contactar con xente que estivese concienciada coa Marcha a Madrid, pero que non puidese desprazarse, para que estes "apadriñasen" a viaxe doutra persoa que quere ir.

A segunda faina Daniel, o compañeiro que realizou ao principio da Asemblea a pequena introdución, e expuxo que existe a opción "proposta na rede" de comprar camisetas do evento a 3,50 € para vendelas e acadar financiamento.

Referente a esta opción, propuxen, e "propoño de novo", que calquera colectivo que opte por este método de financiamento, baixese os logos da rede e que encargue as camisetas en imprentas da bisbarra. Sería indecente compralas en Vigo cando temos en Ferrolterra empresas que realizan ese traballo e o están a pasar moi mal.

MANIFESTACIÓNS DOS DÍAS 26 E 27 DE FEBREIRO EN APOIO ÁS MARCHAS DA DIGNIDADE:


Neste sentido pecháronse algúns puntos:

O primeiro deles, aprobado por unha votación unánime, foi realizar unha pancarta unitaria co lema usado no Manifesto das Marchas.


PAN, TRABALLO E TEITO!!
MARCHAS DA DIGNIDADE 22 M TOD@S A MADRID!!

O segundo é no referente á publicidade do evento, este correrá a conta de cada colectivo, realizando fotocopias do Cartel. Neste senso, Suso Basterrechea, de EU, ofreceuse a facilitar uns carteis que recibirán en breve.

O terceiro foi sobre a información a repartir, mentres un compañeiro se decantou por dar o Manifesto elaborado a nivel nacional, Lupe Cés propuxo, acertadamente, que se repartise un pequeno panfleto informativo sobre as Marchas, e como apuntarse a elas, xa que o Manifesto xa ía ser lido para tod@s.

Referente o audio, Pablo Portero, de Fuco Buxán, dixo que pono esta Asociación.

**A próxima xuntanza terá lugar o luns, 3 de marzo, ás 18:30 h no Centro Cultural Carvalho Calero (Inferniño). Acaban de comunicarme que mudouse o lugar e a hora, para o mesmo día, luns 3 de marzo,  pero no Centro Cívico de Caranza, ás 18:00 h 

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

6 dic 2013

Os Habitantes da Terra Media II

Onte quedei atónito ao ler este artigo no Diario de Ferrol, no que faise unha crítica os sindicatos. A persoa que asina o mesmo pertence a unha asociación "cultural" moi coñecida, pero vinda a menos, dende a mesma levase tempo intentando escribir a "Folla de Ruta" a seguir por parte dos sindicatos e partidos de esquerda, sen obter froitos, pois todos son coñecedores das súas dúas cabezas pensantes, e principais adoctrinadores desta asociación, ambos ex-afiliados ao PSOE.


Estas son algunhas das afirmacións e interrogantes vertidos nese artigo (traducidas do castelán): 


"As manifestacións estanse a converter en meros paseos e o encerro no Concello está sendo descafeinado" 

"A sensación de derrota estana a vender moi ben" 

"Creo seriamente que esta loita xa a deron por perdida" 

Acaso non lles están a chegar ideas, propostas de determinados colectivos? 

Estanse a ter en conta? 

Estanse a deixar axudar? Eu creo que non. 

En vista destas declaracións, e para entendelas, cumpre contar o seguinte:

Hai uns meses convocaban concentracións de pre-xubilados do naval, alegando que estes estaban deixados da man dos sindicatos, pero ao mesmo tempo, estaban a realizar un "traballo de cloacas" que consistía en   reunións con traballadores en activo, para segundo eles espertar os sindicatos. Nesas reunións elaborouse un borrador, que logo de ser aprobado polos alí reunidos debaterían como difundilo, ben por un escrito aos medios, facéndoo chegar aos sindicatos, ou mesmo repartilo en panfletos.

Por que agora cos sindicatos veñen realizando conxuntamente as mobilizacións, os "columnistas" desta asociación dedícanse a criticar na prensa???......
A resposta a isto pode ser que están invitando ós partidos de esquerda a unha reunión, o obxectivo desta é poñer en marcha unha especie de "Plataforma conxunta".

Con que finalidade?.... 
Sinxelo, darlles a "Folla de Ruta" previamente establecida, colgarse como sempre as medallas, e erixirse como os artífices da loita social de Ferrol. Todo polo EGO destas dúas persoas.

Adiantolles un estrepitoso fracaso, porque ninguén os pode nin "ulir".

Por que esta asociación, si tan descontenta está, non solicita unha reunión cos sindicatos por medio da Alianza Social, á cal está adscrita? 


Falan de unidade pero:

Lembrar co pasado venres, 29 de novembro, a cidadanía botabase á rúa para "escribir co lume das velas" dignidade para Ferrol, ese mesmo día esta asociación facía unha contra-programación, proxectando o documental de Man, no Ateneo Ferrolán. Tamén ese mesmo día, e previa a esa participación cidadá na rúa, máis de trinta colectivos participaron na presentación do Filme "Carga de Dignidade", na Galería Sargadelos, e esta asociación "participaba" neste, malia iso preferiron seguir adiante coa contra-programación e non asistir ao mesmo.

Despois de ler o que acabo de escribir botaranse as mans á cabeza, preguntaranse quen é a persoa que me filtra tanta información, ou mesmo como xa fixeron anteriormente, dedicaranme reunións monotemáticas para insultarme.


Tal como prometinlles a moit@s dos que foron testigos mudos e cobardes destes insultos, tocaríame a min falar, e igual que fágoo aquí fareino na jeta dos que gratuitamente o fixeron conmigo polas costas. 

Que non colla de sorpresa a ninguén que denuncie isto, pois é a forma de actuar que teñen con tod@s vós.



 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 nov 2013

Presentación do documental realizado por Xosé Bocixa, que recolle a acción popular "Carga de Dignidade"

O Venres, 29 Novembro, ás 19:00 h. na Galería Sargadelos. presentación do documental realizado por Xosé Bocixa, que recolle a acción popular "Carga de Dignidade" Ese mesmo día, ás 21:00 h concentración na Praza de Armas, onde terá lugar un samaín reivindicativo, decorade as vosas cabazas indignadas

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

16 jul 2013

Nula resposta sindical e da oposición na visita de Beatriz Mato, Concelleira de Desemprego.

Coincidindo coa visita programada para hoxe, por parte de Beatriz Mato, Concelleira de Desemprego e Malestar Social da Xunta de Galicia, difundiuse un chamamento onte , neste notificouse a visita do aínda alcalde, Rey Varela e desta Concelleira, ao Centro de Formación de Caranza, ás 11:40. 

Cónstame, que TODOS os sindicatos e partidos, recibiron este
aviso, mesmo se fixo chegar a membros do comité de Navantia, de Megasa, e a algunha asociación. Pero debían ter unha axenda moi apertada, ou quizais, non contan con xente no mes de xullo  para dar respostas sociais. Sexa como sexa, non hai desculpa que valla.

Ás as 11:40, cunha puntualidade inglesa, aparecía o séquito do desgoberno municipal e da Xunta, en frete a eles, unicamente un compañeiro do CUO (Comités para a Unidade Obreira), que tivo o que hai que ter, e malia a impotencia que tiña neses momentos, lles lanzou uns berros;


"Traballo para a comarca,... e entrega dos pisos de Recimil.... Carotas,"



Inconcibible, o que tiña que ter sido unha protesta de rubor para o P€P€, converteuse nunhas risas de Rey Varela e este compañeiro.



Acabo de ler que existe unha convocatoria, para en breve protestar diante da sede do P€PE , esta convocase a unha hora non hai NINGUÉN nela. 

Vale a pena berrar ás paredes?..

Terán os sindicatos e partidos tempo e xente para asistir a esta?... 

Porque a oportunidade perdida hoxe vai tardar en repetirse, a Concelleira de Desemprego non vén á cidade tódolos días....


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 may 2013

"Carga de Dignidade"

Parte do colectivo de artistas e creadores que levaron a cabo a “Burla Negra” pola catástrofe do Prestige, agrupados agora en “Radio Buguina” estarán o próximo domingo na porta principal de Navantia Ferrol, no barrio de Esteiro, para organizar, de 11 a 14.00 horas, unha "acción artística popular". 

Trátase de seguir o exemplo daqueles traballadores/as dos Astaleiros, que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría. 

Por todo isto, ante a crise e ataques sociais que padecemos, decidimos rematar este “Monumento á Dignidade”, chamando a toda a cidadanía galega e de Ferrolterra, a pendurar súas pezas de roupa na reixa da factoría. 

O acto estará retransmitido en directo por Xurxo Souto para Radio Buguina, que fará de locutor - animador do evento, realizando entrevistas ao vivo.

Tamén se amenizará o mesmo con distintas actuacións, tanto poéticas coma musicais.

Organizan:

Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar. 

Sindicatos: 

Comisiones Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT). 


Partidos políticos:

ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Compromiso por Galicia (CxG), eQuo, Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal),Esquerda Unida (EU-IU), Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).


Outros colectivos sindicais e movimentos políticos:

Asociación Unificada de Militares Españois (AUME), Mocidade Nacionalista Galega (MNG), Sindicato de Estudantes,Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG).


Asociacións e Colectivos:

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), A. C. Fuco Buxán, A. C. Lefre de Caldereta, A. C. Lendo Poesía, A. C. Medulio, Asociación Galega de Vitimas do Amianto (AGAVIDA), Asociación Memoria Histórica Democrática, Ateneo Ferrolán,Colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, Federación Veciñal de Ferrol (Roi Xordo), Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública Ferrol, Rádio FilispiM.

Manifesto



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 mar 2013

Amador, Daniel, a loita continúa!!

Este ano non asistín á ofrenda floral institucional no monumento 10 de Marzo, monumento que homenaxea os compañeiros Amador e Daniel, asasinados  naquel fatídico 10 de Marzo do 72 .

Paréceme un insulto que a corporación municipal do P€P€ siga tendo o descaro de comparecer en tan digno acto, non se pode esquecer que nunca condearon nin o golpe de estado nin a represión, e seguen sendo os herdeiros do fascismo.

Pero si asistín á Praza de Armas, lugar onde se deu lectura ao manifesto de CC.OO, USTG, e UXT. Así como logo puden achegarme ao monumento 10 de marzo, que foi onde a CIG realizou a súa ofrenda floral e realizou o seu acto.


CC.OO, USTG, UXT



CIG



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

7 feb 2013

II Concentración d@s traballadores/as do Diario de Ferrol

Hoxe pola mañá tiña lugar unha concentración d@s traballadores/as do Diario de Ferrol, a segunda que realizan, con ista mobilización reclaman que se abra unha mesa de negociación, unhas negociacións que non ían ir dirixidas a melloras nas condicións laborais, se non encamiñadas a poder seguir traballando na profesión que lles gusta nunhas condicións laborais dignas. 

@s traballadores/as advirten que; Non cellarán no seu empeño por salvar ao Diario de Ferrol e todos os postos de traballo. 

Entre os moitos asistentes cumpre destacar a presenza de dous alcaldes da bisbarra, Secundino García (BNG, San Sadurniño), e Julio Iglesias (PSOE, Ares). Ademais dos partidos nomeados, puidemos ver membros de Anova, CxG,EU, CC.OO, USTG, UXT, e a persoas pertencentes ao tecido asociativo de Ferrol.

 

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

27 dic 2012

Ferrol bótase á rúa na defensa d@s traballadores/as do xornal local

Tódolos partidos políticos da cidade a excepción do P€P€, Centrais Sindicais e o tecido asociativo de Ferrol, arrouparon hoxe @s traballadores/as do xornal "Diario de Ferrol", que se ven agredidos pola política de recortes e despedimentos. 
Esta agresión leva consigo outras medidas adicionais de recortes que rematarán pola desmantelación do único xornal local que temos. 

O grupo decidiu suprimir en Ferrol a sección de infografía, trasladándoa á central da Coruña, unha medida caprichosa que non supón aforro de custos, senón o empobrecemento dos traballadores afectados. 

A iso súmanse os despedimentos que se produciron no último ano e medio (catro xornalistas) e outras cuestións, como a non renovación da web ou non facer publicidade do xornal, cando si se fan ambas as dúas cousas con outra cabeceira do grupo que ten menor difusión, como é "El Ideal Gallego". 




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

11 nov 2012

Resumo da "Concentración en repulsa aos desafiuzamentos e en solidariedade coas vítimas dá banca".

Hoxe de forma espontánea e convocada a través das redes sociais, celebrouse unha concentración baixo a lema; "Concentración en repulsa aos desafiuzamentos e en solidariedade coas vítimas dá banca".

A convocatoria a pesar de organizarse con apenas 24 horas de antelación tivo un amplo seguimento. Foi un acto cargado de emotividade despois do último suicidio acontecido no País Vasco. Entre os asistentes destacaban membros de ANOVA, BNG, CxG, EU, PSOE, CC.OO, e da "Rede de Apoio Mutuo Ferrol Terra", que é a plataforma cidadá que aglutina a diversas asociacións e partidos da comarca co fin de dar unha resposta unitaria cada vez que se produce un desafiuzamento na bisbarra.


Na concentración deuse micro aberto a quen quixese expresarse, e varias das persoas que falaron sinalaron ao PP e PSOE, como o que son, principais cómplices dos mercados financeiros, e fíxose fincapé na necesidade de apoiar a Folga Xeral do vindeiro mércores, día 14.

A deputada Beatriz Sestayo, presente no acto, non quixo facer uso da palabra, pero si o fixo un dos militantes do PSOE alí presentes, que recoñeceu que o seu partido non fixo nada cando tivo oportunidade, e de que é o momento de facerse autocrítica e tentar emendar erros.


Hoxe sae publicado en diversos medios que o Sindicato Unificado de Policía (SUP) apoiará aos policías que aleguen obxección de conciencia á hora de intervir en desafiuzamentos.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio