CONVOCATORIA ABERTA A TODA A CIDADANÍA,ASOCIACIÓNS OU COLECTIVOS
( Luns 14 de Marzo, ás 6 da Tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro.)
O pasado 6 de Marzo de 2011, reunimo-nos en Ferrol nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, en réxime de auto-convocatoria, representantes de varias organizacións e colectivos, así como persoas a título individual, co obxectivo de debater o significado e consecuencias da recentemente aprobada "
Lei de Augas de Galicia" e constituír unha plataforma unitaria de ámbito comarcal, co obxectivo de conseguir a derrogación da "
Lei 9/2010, do 4 de Novembro, de Augas de Galicia".
Logo de varias roldas de intervencións e un construtivo debate acordamos o que segue: