Mostrando entradas con la etiqueta Xurxo Cordero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xurxo Cordero. Mostrar todas las entradas

16 jun 2014

"A agresión, ou intento de agresión a Xurxo Cordero, puido ser o detonante que provocou a súa morte".

Á esquerda Xurxo Cordero
Era o comentario do día de hoxe entre @s veciñ@s de Fene e Perlío. Postos a conxecturar cada un pode montarse a súa propia película, e esta será deformada a límites insospeitados.

O que poido contar é a versión dunha testemuña directa dos feitos, é que Xurxo e un mozo tiñan unha acalorada discusión, posiblemente de tráfico, pois dous coches entorpecían a libre circulación do resto de vehículos. O rapaz, que é traballador de Navantia, e tiña un brazo escaiolado, levantou o brazo da escaiola e intentou propinar un golpe na cara de Xurxo, o que a testemuña non ve é se o golpe chega a impactar, ou é ao intentar esquivar o golpe cando Xurxo desequilibrase, caendo ao chan e golpeando a súa cabeza no bordo. 

Segundo a "outra versión" é que houbo un forcexo e que Xurxo foi o que intentou golpear, momento no que se desequilibrou. Parece ser que o rapaz ten un aberto un parte de lesións por un corte no labio. 

Indistintamente de cal sexa a resolución do caso, ninguén podía imaxinar que unha rifa tan parva derivase nun desenlace tan tráxico. 

Nesta entrada irei engadindo toda e canta información me chegue referente a esta 

^^O que non entendo é porque ningún medio cita esta información, pois constame que son coñecedores de que houbo un altercado previo aos fatídicos feitos.^^ 

Vídeo da intervención de Xurxo Cordero, na homenaxe de Anova a Daniel e Amador, no monumento "Dez de Marzo"

Autor: Argimiro Cernadas Paz 
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

15 jun 2014

Faleceu o compañeiro Xurxo Cordero Novo

Á dereita Xurxo Cordero.
Hoxe, aos 60 anos de idade, faleceu Xurxo Cordero Novo, non puido recuperarse das graves secuelas sufridas hai uns días tras sufrir un accidente. 

Xurxo Cordero, era veciño de Fene, e traballador de Navantia, un compañeiro comprometido na defensa dos dereitos sociais e d@s traballadores/as, afiliado á CIG, e militante de Anova. 

Os que o tratamos podemos dicir que era un gran compañeiro, e malia a súa "teimosía" tiña un corazón moi grande. Unha mostra desa solidariedade é que doou todos os seus órganos


Nunca pasou desapercibido, pois Xurxo acostumaba a dicir sempre as cousas á cara tal como as sentía.


Adoitaba bromear con el, dicíndolle; "Mira que é difícil terte calado, un día imos rematar a ostias". Pero ogallá este mundo estivese cheo de "cabezons" como Xurxo.


O meu máis sincero pésame para toda a súa familia, amigos e compañeiros.


Hoxe ás 19.00 h. no tanatorio Artabria, a CIG realizará un acto cívico de homenaxe a Xurxo.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.