Mostrando entradas con la etiqueta Toma a rúa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Toma a rúa. Mostrar todas las entradas

11 may 2012

Xornada de Indignación mundial

Mañá farei un resumo do que aconteza en Ferrol na xornada #12M, coma sempre asistirei Ceibe e Indignado.

Mañá 12 de maio, a cidadanía sairá á rúa para reclamar un sistema xusto onde todas e todos poidamos ser parte da toma de decisións políticas, económicas e sociais. Baixo a escusa da crise, a pouca soberanía que tiñamos, estase a ver sacrificada en aras do poder económico. O 12M nos mobilizamos polos dereitos e liberdades, contra o recortes, e porque nós non creamos a crise e non pensamos seguir pagando-a. Non nos vamos resignar! E por todo isto, reclamamos:

Democracia directa, participación e asemblearia. Que os nosos dereitos vaian a máis, nunca a menos.
Nin un euro público máis para a banca. Auditoría cidadá da débeda pública.
Educación, sanidade e servizos sociais públicos, gratuítos de calidade e laicos. Non aos recortes no gasto público e á privatización destes servizos.
Reparto do traballo, salario digno e retirada da reformas laborais.
Dereito á vivenda digna, dación en pago retroactiva, parque público de vivendas en alugueiro social.
Reforma fiscal que redistribúa a riqueza que producimos entre todas. Que as necesidades básicas estean garantidas de xeito universal.
Estas son só parte das nosas esixencias, e este 12M, CONVIDAMOS-VOS A PARTICIPAR coas vosas, na PRAZA DE ARMAS EN FERROL, nunha XORNADA GLOBAL de xustiza social, onde todos os colectivos e persoas esteamos xuntas na rúa.

12M FEIRA DE COLECTIVOS

Trata-se dunha xornada na que dende las 12:00h. e ata a hora que queiramos, cun xantar popular polo medio de 14:00h. ás 16:00h, dedicaremos-nos a mostrarlle a todos aqueles que aínda o descoñecen, as alternativas que temos ao fracasado sistema no que vivimos, e consistirá nunha serie de POSTOS INFORMATIVOS MONTADOS POLOS DISTINTOS COLECTIVOS ou a nosa colaboración, e especializados cada un nun tema, que informarán das distintas maneiras, xa existentes, para participar na construción dunha sociedade xusta e solidaria. Tratase de atraer a atención da xente nos tema das mesas e crear grupos de debate temáticos, tratando de implicar a xente activamente, traballar as accións concretas e proporcionar os recursos para levalas adiante.

12M MOBILIZACIÓN

Ás 18.00h., comezará a MOBILIZACIÓN na Praza de Armas, e no remate da mesma, haberá unha asemblea a micro aberto. Se anunciarán as asembleas temáticas situadas nas mesas e se explicará a problemática e as alternativas que se presentan.

Algúns dos temas propostos para participar en toda a xornada xiran entorno a: desemprego, educación, sanidade, inmigración, feminismo, medio ambiente, sostenibilidade, medios de comunicación e software libre, desenvolvemento da cultura e lingua galega, economía e política, agricultura e soberanía alimentaria, participación cidadá, e outros temas e accións dos moitos que todos vos estades a levar adiante e seguro que queredes plantexar.

Proporemos a realización de actividades como teatro social, pasarruas, música en vivo ou monólogos e se queredes sumar-vos, convidaremos-vos dende a asemblea a continuar cunha agradable velada na praza.

Facemos un chamamento xeral a tódolos colectivos interesados en participar e agradeceriamos que acheguedes unha confirmación COAS VOSAS POSIBILIDADES OU DESEXOS DE PARTICIPACIÓN ata o xoves desta semana, sen pechar que vos acheguedes alí mesmo, no 12M, en calquera momento do dia.

MESAS REDONDAS 13M, 14M E 15M.

Tamén vos animamos a participar nas mesas redondas que temos organizado para os dias 13, 14 e 15 de maio as 18 horas na Praza de Armas nas que se trataran os seguintes temas:

13M “Recortes dos dereitos laborais e civís, e democracia participativa”
14M “Recortes sociais, sanidade, educación, feminismo, emigración.”
15M “Sostenibilidade e alternativas ao desenrolo”

SAE A RÚA FAITE OÍR XUNT@S PODEMOS!!!!!!

http://tomaarua.blogspot.com.es/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

12 nov 2011

Xogando a "Pita Cega"

O discurso fundacional do 15 M dende o primeiro día, puido parecer ambiguo para moit@s dos que cremos ter as cousas claras, pero nada máis lonxe da realidade, foi un traballo de elaboración de meses, no que o márquetin primou dende o principio.

O discurso que nos asustaba “Non somos nin de esquerdas nin de dereitas”, tiña unha finalidade, captar a tod@s @s “Indecis@s” posibles cidadáns sen formación nin vocación político-sindical, que nunca trataran antes estes temas, pero que na realidade lles afectaban tamén.

O márquetin era primordial, sabendo “colocar” algunhas frases nun discurso fácil e asumible. Estivo moi ben estruturada a "fórmula", unha vez se lle abren os ollos aos “Indecis@s” nada os faría dar marcha atrás nesta loita, o "chiscadela" estaba feito.

Esas frases falaban de; “Consumidores infelices”, “Felicidade das persoas”, “Benestar da sociedade”.A palabra “Progreso” utilizouse 2 veces, “Desenvolvemento” outras 2, “Sociedade” utilízase en 5 ocasións, e tamén se di “Social” 2 veces.“Unha sociedade mellor”, “Prioridades de toda sociedade avanzada”, “Procurando o maior beneficio para o groso da sociedade”, “Benestar da sociedade”.

Un éxito, @s “Indecis@s” xunto con milleiros de cidadáns que levaban tempo loitando desde distintas frontes sociais xuntáronse na Praza de Sol. O márquetin funcionou, foi un éxito, “inventouse” a figura d@ “Indignad@”

Este discurso, trasladado á Praza de Armas, en Ferrol, non gustou moito entre a xente que viña loitando hai tempo pola dignidade social. As persoas que levaron as rendas nun principio quizais non foron as idóneas. Estaba unha procuradora dos xulgados, un ex empresario con “moito pasado”, e tamén estaba o ex presidente da AVV de Ferrol Vello, entre outr@s, pero é o que había. En cambio algo novo se movía, e podía valer a pena TENTALO.

@s que nos cremos de esquerdas permanecemos na periferia do movemento, algúns sumábanse a pés xuntillas, con medo a tanta ambigüidade, @s de esquerdas pensabamos a “Revolución”. Pero bo, a “falla de pan”, tampouco viña mal quitar o poder “democráticamente” aos neoliberais do P€P€-P$O€.

Os Anarquistas, aínda viron máis ambigüidade, ao fin e ao cabo, soamente se falába de “reformas”, para nada cumprían as expectativas libertarias. Creo que o único que lles gustou, foi o sistema aberto e asembleario do 15M.

Pero tod@s INDISTINTAMENTE das nosas tendencias, estabamos con eles, tod@s eramos uns/has “Indignad@s” máis, e fómonos aproximando a este movemento. A rúa tiña vida, debate e política por todos os lados, até creo que se facía un labor terapéutico psicolóxica con moita xente que se sentía en soidade e necesitaba comunicarse. Era difícil eses días non falar do “15 M”.

Uns preferimos participar distantes, outr@s esporadicamente, e outr@s involucrámonos en maior ou menor medida neste proxecto. Fixéronse charlas moi interesantes, sobre a “vivenda”, “banca”, “idioma”, “experiencias de ocupación”, “reforma laboral”, “morte digna”, “pacto do euro”, e algunha que outra máis. Á parte de tratar todo tipo de problemas que nos expón o “estado do malestar”, “sanidade”, “educación”, “Reganosa”, etc..

¿Por que non arrinca en Ferrrol o 15M?
O márquetin.
Non souberon abrirse á realidade social, pensaban que tendo 1.252 seguidores no Facebook xa bastaba para mobilizar á xente, pero precisamente nas redes sociais viñan os problemas, era onde estaban a facer máis debates que na propia Praza.

A rede social soamente tería que usarse con fin informativo, dinamizador, soamente debíase publicar o aprobado e consensuado.

A realidade social actual, é que somos maioritariamente CONSUMIDORES. Nesta sociedade de consumo somos mercadoría e rexémonos como autómatas.

E o “Producto 15M” chegaba ao consumidor/ra “enzoufado”

O idioma.
En Ferrol, tardouse case 4 meses en facer do 15M un movemento realmente bilingüe, en ningún momento souberon ver que as agresións ao galego eran un conflito social e un tema de especial sensibilización para a esquerda. Algúns facían un esforzo grande para conciencialos, e utilizábano sempre. Pero tiveron que pasar eses 4 meses para poder ver recollidas as actas tamén en Galego

A división
Por unha banda quedaron @s acampad@s, que realizaban as asembleas na praza, e doutra banda estaban @s que se denominaban “Democracia real xa”, estes utilizaban cafetarías para ter os seus encontros, nun principio eran os mal chamados “precursores” (A procuradora, o ex empresario, o ex presidente veciñal e outros poucos), aos que se foron sumando outr@s poucos máis, esta xente xa tiña máis capacidade de entender a realidade social na que nos movemos. E a poucos, foron gañando o terreo aos “precursores” que ou retiraronse ou participan en menor medida.Pero sen dúbidas, o “15M” xa se partira en dous. Mesmo no Facebook a Acampada Ferrol tivo que facer a súa propia páxina.

Dividir.
Como o debate se viu trasladalado na súa maioría a internet, creáronse ferramentas de comunicación novas, esas ferramentas obrigaban moitas veces a ter que rexistrarse. Creando á forza unha exclusión participativa.

Falta de captación e estructuración.
Moita xente da que participou na praza deixoulla escapar, xente con discurso político, coas ideas moi claras. Non souberon facel@s parte disto, darlles un papel.
Á hora de conformar os grupos de traballo, estes creáronse apuntándose a man alzada en asembleas. Asembleas ás que non podía asistir toda a xente. Había xente que se apuntaba a catro grupos de traballo e outros que non se apuntaban a ningún. Formáronse grupos de traballo, que ían desde un grupo con 7 persoas a outro con 2 soamente. Non se expuñan o crear un Mapa de Conflitos e cubrilo coas necesidades acordes para que cada grupo de traballo puidese funcionar autónomamente.

Ese Mapa de Conflitos chegouse a realizar, á hora de ir estudalo e aprobalo, soamente asistiron 5 persoas.

MÁIS CONCLUSIÓNS PERSOAIS

Desde o primeiro momento algunha xente pensou que o “15M” eran eles, algún/ha ainda o pensa. Pensaron que @s “Indignad@s” soamente eran os que se vían as caras todolos días.

“Que non veñan estes”, “Que non veñan aqueles”, “Que non se fagan con isto”, “Que non digan”, “Que non..que NON”

E nada máis lonxe da realidade, cando a Praza tivo realmente vida foi cando dende distintos colectivos, asociacións, sindicatos, e atrévome a dicir que até partidos políticos, fixeron ese chamamento á CONVERXENCIA

É PRECISA ESA CONVERXENCIA SOCIAL POLA INDIGNACIÓN, E PODER XUNTARNOS TODOS BAIXO O PARAUGAS DO “15M”, NUNHA LOITA COMÚN POLA DIGNIDADE SOCIAL.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

11 oct 2011

O sábado, 15 de Outubro, TOMA A RÚA!!

Convocatorias de diversas asociacións e colectivos sumanse o chamamento global do movimento 15M. A concentración terá lugar o sábado, 15 de Outubro ás 18:00 h , na Praza de Armas.

Walter César co 15M Ferrolterra from Susete70 on Vimeo.


Video con música do cantautor uruguaio Walter César, canción composta expresamente para o evento.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

19 jul 2011

PAREMOS UN DESAFIUZAMENTO !!

Neste caso o desafiuzamento levaríase a cabo por parte da Xunta de Galicia, pois a vivenda é do Instituto Galego dá Vivenda e ou Só (IGVS). A afectada é unha familia de dez membros, incluídos cinco menores, que vive no barrio de Caranza, sen contrato desde fai sete anos.

O "Movemento 15-M", "Mesas de Converxencia", "Refundación da Esquerda en Ferrolterra", asociacións,colectivos,e sindicatos, fan un chamamento a cidadanía para impedir o desafiuzamento:


 Mañá mércores, ás 10.30 horas, no bloque 47, portal 55, da Rúa Emilia Pardo Bazán,en Caranza


Cónstame que o Alcade de Ferrol, "Don" Jose M. Rei Varela,ofreceuse como mediador do conflito, pero ao final devolveu os papeis á familia afectada,dicindo que NON PODÍA FACER NADA... ¿?¿?..


Entón será o pobo quen POIDA FACER ALGO, grazas "Don" Jose M. Todos estes paus están a facernos máis fortes e unid@s 

Diversidade en loita por un obxectivo, A DIGNIDADE
Contra os desafiuzamentos 
¡Loita pola Dignidade!!



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

16 jun 2011

Non a violencia,nin a manipulación!!

Unha gravación realizada por un dos manifestantes onte ante o Parlamente de Catalunya revelou a presenza de presuntos axentes de policía (Mossos d'Esquadra) infiltrados.Pódese ver como os manifestantes identifican aos posibles causantes dos disturbios,trátase dun grupo de manifestantes con "pinganillo" incluído,os manifestantes acusaronnos de ser os que dificultaron o acceso de varios políticos cataláns até o interior do Parlament de Cataluña, o que derivou finalmente nunha serie de actos vandálicos como lanzamento de obxectos, zarandeos e pintadas.


No minuto 0:36 do video vese claramente que os que provocan os disturbios levan casco e chaqueta (coa calor que facía). Despois, a partir do minuto 2:04 vese claramente a unha muller da policía secreta (chaqueta negra e pantalón pirata) cun casco dentro da mochila (por exemplo min.2:18 ou 3:06). Cando se están indo, o último dos "provocadores" parece levar outro casco na mochila (minuto 3:58). ¿Para que levaría un policía secreta un casco a unha manifestación? Nunca tal se veu...

No vídeo vese que ningún manifestante real provoca ou se mete con "os policías de paisano"
Calquera discrepancia pódese defender democrática e PACIFICAMENTE , o que non se pode permitir é que se defenda coa violencia ou coacción .

Tampouco se xustifican as agresións no Parlament de Catalunya,nin intentos de agresión a Cayo Lara ,durante o acto de protesta contra o desafiuzamento dunha familia en Madrid,ao que acudiu o coordinador xeral de EU a título persoal.

Fago un chamamento a tod@s para que as nosas protestas sigan desenvólvendose e transcurrindo PACIFICAMENTE.

Fonte "Toma a Rúa Ferrol Terra"

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

9 jun 2011

A maxia de Séchu Sende




... Ou o encantador de verbas encadeadas.... Ironizaba entre sorrisos que se olvidara na casa o Péndulo máxico para facer falar a tod@s en galego,pero non precisou tirar da maxia do Péndulo,entre poesía,anécdotas,ilusións,humor,humildade e sinxeleza...Séchu foise gañando a simpatía e aprecio d@s asistentes-as.

Deixar constancia de que Séchu non quería traer exemplares para a venda,e tamén dubidaba da idoneidade de presentar o libro hoxe.Non quería de ningunha maneira que o seu xesto de solidariedade co Comité Cidadán e con @s compañer@s Indignad@s,puidese interpretarse como unha operación comercial,ía vir igualmente de todolos xeitos.(Se lle insistíu para que o trouxese).


A   beleza da Poesía e Gráficos de Séchu,convertidos nunha  "Ferramenta de denuncia e concienciación social"





A xente regalou a Séchu o mellor que se pode ofrecer nestes tempos, SORRISOS.


Bitácora de Séchu Sende

Animais.
Descripción do autorEspero que neste livro encontres, entre outras cousas, alguns animais que levas dentro. Pode ser um livro de aventuras, um album de cromos, um dossier top secret, umha exposiçom de aguarelas, um tratado de ecologia, umha bitácora da resisténcia, um livro censurado, umha nota na neveira, um post num blog, um tatoo... Um livro escrito para animais, persoas e cousas. Espero que gostes. Irmandinho teu: Séchu Sende ... Através Editora, Galiza, 2010.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

4 jun 2011

Roteiro reivindicativo polo Día Mundial do Medioambente

Saíndo o Peirao de Curuxeiras percorremos a Magdalena,Praza Armas,Praza de España,Ctra de Castela,Ultramar,Tejeras e Avda Castelao,até chegar ao Parque Carmelo Teijeiro,onde fixemos provisión de empanada e bebidas.

Destacar a boa acollida que tivo o evento para ser a 1ª vez que se realizaba,(case 200 camiñantes).

Mándolles uns abrazos a @s compañer@s da acampada "Democracia Real Xa",que nos acompañaron durante todo o percorrido.


O Pte do "Comité de Emerxencia" adicoulles na Acampada unhas verbas de agradecimento,e recoñocemento a loita que están realizando

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

3 jun 2011

¡Parece un delincuente e non o é!

Hoxe ás 10:30h,un mozo de Ferrol,tiña que entregar as chaves da súa vivenda aos representantes do xulgado,procedendo así á sentenza que o deixaría na rúa.


O movimento cidadán "Toma a Rúa" contou coa solidaridade das "Mesas de Converxencia",e co apoio de compañeir@s do eido social,sindical e ata político de Ferrolterra .


Tod@s participaron a TITULO INDIVIDUAL,e as consignas berradas foron as preparadas polos compañeiros de "Toma a Rúa".

¡O chaman denocracia e non o é!
¡Parece un delincuente e non o é!
E un sinfín de berros contra a banca.

O acto estivo mesturado de bo humor e moita ira contida contra a banca.

PAREMOS OS DESAFIUZAMENTOS !!

Fonte: Toma a Rúa

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

28 may 2011

Ferrol di NON ao abuso de autoridade !!

Éxito da concentración espontanea repudiando a actuación e o abuso policial na acampada da Praza de Catalunya,(Barcelona)

Ciudadáns e diversas Asociacións da cidade,sumaronse cos moz@s de "Democracia Real Xa" acampados na Praza de Armas.

Realizouse unha repartición de flores entre os asistentes,e tras a lectura dun comunicado rexeitando o acontecido en Barcelona,recalcando a actitude pacifista de todas as acampadas.


Coreáronse as coñecidas consignas: "Non hai pan para tanto chourizo" e "Chámano democracia e non o é"
Ao final do acto formáronse os xa clásicos coros de debate político-social,convertendo a Praza de Armas nun verdadeiro Parlamento Cidadán.


Logo actuou o dúo "Bucanero" , Pedro Picos e Xosé Bonome, fixeron as delicias dos nen@s e maiores,representado o seu novo espectáculo , "Il Ritorno".

Xa a tarde noite comenzou a música de Olaia Pazos "Aialo Laia",e o "Daniel Royo y su banda",todo un luxo,tod@s eles-as,solidarios,e actuando de balde


Tedes máis información en: Toma a Rúa



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

26 may 2011

É o intre de estar na rúa

Moi bo ambente....Vese que sin estar afiliad@s nin alinead@s a nada,@s rapaces-zas que están nestes intres traballando son xente que está pensando en cambiar o mundo a esquerda.

Penso que e bo intre para que xentes con esperiencia en loitas se acheguen a ter debates con eles-as.
Onte o Foro Social Galego achegouse a solidarizarse con tod@s eles-as,e facer alí a sua xuntanza,co fin de achegar e amosar aos moz@s o traballo deste tipo de asociacións en rede.

Penso que cumpre dar cabida a poñentes especializad@s en temas para enriquecer e informar,de feito xa lles fixen un par de propostas ao respeto.

Quero facer un chamamento a toda a xente,asociacións e colectivos da comarca,para que se solidaricen e enriquezcan o debate,non so é nas asembleas donde se producen os mesmos,este producense en todas as esquinas,bancos e lugares da praza.Aparte o metodo de funcionamento e asembleario e con votación de todas as propostas achegadas.


Veño de crear esta bitácora: Toma a rúa Ferrol Terra  na que realizo un seguimento puntual do movimento "Democracia Ral Xa" en Ferrrol Terra,coa única finalidade de difundir,dinamizar e achegar o movimento aos galeg@s falantes

Iste é o blog do Movimento en Ferrol
Toma la Calle Ferrol Terra

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

23 may 2011

"Os tempos son chegados"

"Toma la calle Ferrol" acaba de ter un importante lavado de faciana.O pasado día 15 eu queixábame de ter asistido a un acto eclesiástico,ao meu modo de ver dirixido,orquestrado e manipulado.Neste acto a miña impresión foi a que contei,aparte de percibir un claro chamamento ao abstencionismo,(Non fun o único que saíu con esa sensación,moitisim@s compañeir@s opinaban como eu,aínda que non se pronunciaron públicamente)
Nas sucesivas convocatorias e asembleas moitos activistas sociais de toda índole preferiron permanecer calados vendo como se desenvolvían os acontecementos.Os que asististes e coñecédelos,puidestes ver como estas xentes  quedaban sempre por fóra das asembleas,como satélites que pasaban polo lugar.


A xente empezou a intervir cada vez con máis énfase ,empezáronse a facer propostas políticas,sociais e ambientais.Non cabe dúbida de que calquera pode intervir e dicir algunha burrada,pero iso tamén é parte da diversidade,gústenos ou non.


Chegado a este punto,a miña sensación nestes intres,é que se empeza a estruturar algo con sentido,xa vai collendo matices políticos,aparte de sentirme aliviado de que ninguén vai poder manexar os tempos ou manipular á xente.@s moz@s e maiores cos que falei téñeno moi claro,isto é un movemento apartidista, pero político,e empezan a entender moitas cousas.


Tamén decir;que vou seguir sendo ceibe de falar,decir e trabucarme eu mesmo cando me de a gaña.





INDIGNATE,TREME,REBULE,LOITA,PENSA,AXITA,ESCOITA,MOVETE,FALA,BERRA,DESPEINATE,INFORMA,DIFUNDE,CREA...


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

19 may 2011

Manifesto elaborado en Madrid,de "Toma la Calle"


MANIFESTO (tirado de Público.es)
Los reunidos en la Puerta del Sol en la noche del miércoles redactaron un acuerdo "plural" en el que sientan las bases de sus reclamaciones.


Autodefinidos como "un grupo de ciudadanos de diferentes edades y extractos sociales" afirman sentirse "cabreados" ante su falta de representación y "las traiciones que se llevan a cabo con el nombre de la democracia". Abogan por una reforma de la Ley electoral "que devuelva a la Democracia su verdadero sentido: un gobierno de los ciudadanos. Una democracia participativa".


"No estamos aquí para reclamar sencillamente el acceso a hipotecas o para protestar por las insuficiencias del mercado laboral", aclaran para advertir de que el movimiento nace "de la rabia", sentimiento que genera "imaginación, fuerza, poder ciudadano".


"La Democracia Real se opone al descrédito paulatino de las instituciones que dicen representarlos, convertidas en meros agentes de administración y gestión, al servicio de las fuerzas del poder financiero internacional", subrayan, al tiempo que sostienen que la democracia actual emana de "corruptos aparatos burocráticos" que impiden la participación ciudadana.


"Es preciso construir un discurso político capaz de reconstruir el tejido social, sistemáticamente vulnerado por años de mentiras y corrupción.
Los ciudadanos hemos perdido el respeto a los partidos políticos mayoritarios, pero ello no equivale a perder nuestro sentido crítico.
Antes bien, no tememos a la política. Tomar la palabra es política. Buscar alternativas de participación ciudadana es Política", añaden.


El manifiesto señala los culpables de la situación actual, aquellos que con su labor contribuyen al descrédito de la política y al rechazo y hastío de la sociedad: el FMI, la OTAN, la UE, las agencias de calificación y, ya en España, partidos como PP y PSOE.


"No llamamos a la abstención, pedimos la necesidad de que nuestro voto tenga una influencia real en nuestra vida", zanjan.
O manifesto fala claramente de "Democracia Participativa".Nel non se fai nengún chamamento a abstención,pola contra pídese que exerzamos.

Sendo así,teremos que ir pensando en "Tomar a Rúa" asambleariamente.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

15 may 2011

"Toma la Calle" se convirtió en Ferrol,en una misa

Un acto carente de finalidad,basado en humo.El acto lo presentaban; un miembro de la AA.VV de Ferrol Vello,el conocido ex-empresario Luis Taboada,una Sra que sé identificó como Procuradora de juzgados (parecía una catequista),y otros que no conozco.

El discurso de estos se basó en desprestigiar a todos los políticos y sindicatos,pero en ningún momento dirigieron los ataques ni al sistema,ni a los poderes financieros.No estructuraron nada con sentido.

Se ofreció la palabra a la gente que quisiese hablar,pero las aportaciones siguieron los parámetros establecidos por los presentador@s.
La verdad es,que la mayoría de la diversidad de la izquierda allí presente se sintió como en una encerrona,yo el primero.

Pude observar como uno a uno, iban desfilando de la plaza al ver el "panorama"
De lo poco que se salvó fueron las intervenciones de Karlotti, (que lo llamaron a intervenir sin que el se prestara) y la intervención de Noela,una compañera de Pontedeume que habló de consumo responsable.

Omito poner fotos de l@s asistentes,porque muchos como yo,se sienten ridícul@s y avergonzad@s.

Tod@s los partidos y sindicatos son una mierda según los presentadores del acto.Espero que tengan el honor de decírselo a la cara a l@s compañer@s que tenemos en común con pertenencia política y sindical,porque son l@s que salen todos los días a LOITAR

Fue un llamamiento a la ABSTENCIÓN ,y no a la insurrección contra la Banca ni contra el "MIERDO SISTEMA MONETARIO INTERNACIONAL" ,y menos mal que se quedó en esto,porque pensé que tendríamos que comulgar tras escuchar hablar a la procuradora

LO ÚNICO DIGNO fue la gente que se atrevió a "DESPEINARSE" por 1ª vez en su vida ,eso fue lo único loable,conseguir echar a la calle a esta gente por 1ª vez.

Espero que en el resto de las ciudades gallegas no tuviesen PREDICADOR@S como sucedió en Ferrol

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio