Mostrando entradas con la etiqueta Mesas de Converxencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mesas de Converxencia. Mostrar todas las entradas

10 abr 2012

A UNIDADE SOCIAL PAROU O DESAFIUZAMENTO

Hoxe ás 12:00 h, tivo lugar unha concentración diante da oficina central do BBVA, na Praza do Callao (Ferrol) para evitar o inxusto desafiuzamento do café bar O Carballo.

Recordemos que a devandita entidade adquirira un compromiso verbal cun dos seus empregados, Pedro Bastida, polo cal se comprometían a venderlle o negocio se este ingresaba o diñeiro da hipoteca, cantidade que Pedro conseguiu mediante un crédito con outra entidade, chegando a hipotecar a súa vivenda. Hai uns días Pedro decatábase de que o BBVA se retractaba do compromiso adquirido e decidía proceder ao desafiuzamento, este embargo levaríase por diante catro postos de traballo.




Ao final a solidariedade e a presión social lograron que o BBVA cumprise a palabra dada por parte do Director da sucursal a Pedro, non lles quedou outra que aceptar o talón bancario por valor de 66.000 €, que saldaban a débeda con esta entidade.

Dende esta bitácora quero felicitar a todas as persoas, asociacións, colectivos, partidos políticos e sindicatos que arrouparon Pedro e o resto de empregad@s nesta loita digna e lexitima. Así como Felicitar a Patricia Hermida, xornalista do Correo Galego, e ao Diario de Ferrol polas súas crónicas e difusión desta inxustiza.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

27 mar 2012

Asemblea participativa cara a unha cidade mellor

Hoxe tivo lugar unha Asemblea Aberta para debater, suxerir e formular propostas nunha asemblea participativa cara a unha cidade mellor, e contra as agresións sociais por parte do Goberno Local do PP.

A convocatoria foi feita por:

A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC); A. Veciñal de Covas; A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S. Pablo-Catabois; A.Veciñal O Rosario- Inferniño; A.Veciñal Prioriño; A. Veciñal S.Xoán- O Bertón; A.Veciñal Stª. Mariña; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra21.

Na mesma estaban presentes compañeir@s do; BNG, CC.OO, CIG, EU, UXT, Mesas de Converxencia, 15-M, e moit@s outr@s preocupad@s pola política de privatización e despilfarro a base de recortes sociais.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

18 oct 2011

AO FIN IMOS CONVERXENDO POLA DIGNIDADE SOCIAL.

Todo un exemplo de Converxencia Social o que tivo lugar hoxe na Praza Amada García. A concentración na defensa do ensino público convocada pola Federación de Anpas de Ferrolterra asistiron compañeir@s dos sindicatos, partidos políticos, e varios colectivos da comarca; CIG, CC.OO, UXT,CNT, EU, BNG, PSOE, 15M, Mariscadores/as, Fuco Buxán, Colectivo Ártabra21, Rede de Converxencia Social, Refundación da Esquerda, e un amplo etc de DIVERSIDADE... (a todo isto, matizar que non digo que fixeran convocatoria, pero moit@s ESTABAN).


Todo un exemplo a seguir para as vindeiras movilizacións que se aveciñan pola defensa do público, do traballo, e da DIGNIDADE SOCIAL.
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

19 jul 2011

PAREMOS UN DESAFIUZAMENTO !!

Neste caso o desafiuzamento levaríase a cabo por parte da Xunta de Galicia, pois a vivenda é do Instituto Galego dá Vivenda e ou Só (IGVS). A afectada é unha familia de dez membros, incluídos cinco menores, que vive no barrio de Caranza, sen contrato desde fai sete anos.

O "Movemento 15-M", "Mesas de Converxencia", "Refundación da Esquerda en Ferrolterra", asociacións,colectivos,e sindicatos, fan un chamamento a cidadanía para impedir o desafiuzamento:


 Mañá mércores, ás 10.30 horas, no bloque 47, portal 55, da Rúa Emilia Pardo Bazán,en Caranza


Cónstame que o Alcade de Ferrol, "Don" Jose M. Rei Varela,ofreceuse como mediador do conflito, pero ao final devolveu os papeis á familia afectada,dicindo que NON PODÍA FACER NADA... ¿?¿?..


Entón será o pobo quen POIDA FACER ALGO, grazas "Don" Jose M. Todos estes paus están a facernos máis fortes e unid@s 

Diversidade en loita por un obxectivo, A DIGNIDADE
Contra os desafiuzamentos 
¡Loita pola Dignidade!!



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

23 jun 2011

Ferrol saiu a rúa na defensa do ensino

Concentración celebrada onte diante do Edf. Administrativo da Xunta de Galicia,(Praza Amada García)


"Contra a ampliación do horario lectivo,despidos,e precariedade nos centros públicos de ensino"


Esta reforma antisocial "Vai eliminar máis de cen postos de traballo e haberá mil mestres menos"


A convocatoria foi secundada por todolos sindicatos con representación no ensino galego,aparte de contar co respaldo das AMPAS,estudantes,AA.VV,e Asociacións e Colectivos diversos da comarca.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

22 jun 2011

Concentración contra a reforma antisocial do ensino

Concentración:
"Contra a ampliación do horario lectivo,despidos,e precariedade nos centros públicos de ensino" 
Hoxe ás 20:00 h ,no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia,(Praza Amada García)-Ferrol


Esta reforma antisocial "Vai eliminar máis de cen postos de traballo e haberá mil mestres menos"


ACUDE E DIFUNDIDE!!
Convocan:
Todolos sindicatos con representación no ensino galego
A esta concentración estánse sumando varias AA.VV,Asociación e colectivos da comarca,tamén conta co respaldo do alumnado

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

6 jun 2011

Asemblea Constituinte da Promotora de Mesas de Converxencia Social en Ferrol Terra.

Convocatoria Asemblea Mesas Converxencia en Ferrolterra
  • Para dar unha resposta unitaria ás agresións ao estado de benestar.
  • Para exixir dos poderes públicos que atendan ao interese cidadán.

A Comisión preparatoria, convoca:

Asemblea Constituinte da Promotora de Mesas de Converxencia Social en Ferrol Terra.

Que terá lugar o Martes 7 de Xuño, ás 19:30 horas, no Centro Cultural "Carvalho Calero", na Praza do Inferniño de Ferrol.

A asemblea será pública e aberta a toda a cidadanía, coa seguinte proposta de Orde do Día para o seu debate:

Intervención de Armando Fernández Steinko, sociólogo e membro da Promotora Estatal das Mesas de Converxencia.
Propostas sectoriais:
a) Desemprego.
b) Factura eléctrica. Empresas enerxéticas.
c) Hipotecas. Desafiuzamentos. Abusos da Banca.
d) Empresas de telecomunicacións.
e) Privatización da auga.
f) Privatización da Sanidade.

Accións próximas a emprender.
Denominación da Promotora de Ferrolterra.
O obxetivo desta Asemblea é organizar a cidadanía para a mobilización fronte o abuso das políticas neoliberais

14 may 2011

É o teu deber actuar, propón Lucía F. López Pérez

13 Mayo 2011 | Lucía F. López Pérez

El Catón Compostelano
 
En Teis (Vigo) asistín á reunión da conformación da primeira Mesa de Converxencia Cidadá na cidade olívica. Para o acto desprazáronse dende Ferrol tanto Manuel Ángel Rodríguez Carballeira como Rafael Pillado. Foi un pracer ouvilos. Ámbolos dous son posuidores dunha alongadísima traxectoria no movemento obreiro e sindicalista real: solidarizándose e axudando aos compañeiros de traballo dende a época franquista.


Co acto seguíase o ronsel de varias cidades (Ferrol, Madrid, Puertollano, Valencia…) onde as Mesas xa están presentes e comezan a dar os seus primeiros froitos. Partindo do descrédito actual das organización sindicais e partidos políticos maioritarios é importante sinalar que as Mesas de Converxencia non se identifican con ningunha sigla.


Aos individuos que as conforman úneos a consideración de que o modelo neoliberal (ou capitalista actual) é sumamente inxusto. Así, as mesas nacen coma resposta fronte a ditas inxustizas: recortes sociais, estafas financieiras, submisión dos poderes representativos fronte aos “mercados”… O único denominador común e ideolóxico das membras e membros é a consideración propia de “tratar de converxer”. Parafraseando a Juan Torres López, Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Sevilla “O feito de tratar de converxer é un imperativo moral e da intelixencia política máis elemental.”


As Mesas anceian establecer lazos e unións entre as persoas, rachando o individualismo que resta poder e capacidade de resposta; pártese da base que é o grupo e a unión o que che dá a forza. Persegue catro obxectivos fundamentais: a creación de espazos de comunicación, preocupación-significativación e proposición de solucións ante situacións concretas do entorno local, tentativa de conexión con todas aquelas iniciativas de loita e protesta contra unha saída regresiva á crise á vez que buscan a creación de lazos e complicidades entre as membras e membros.


É de salientar que polo de agora nas localidades onde están presentes apoiaron a algunha das moitísimas familias desahuciada ás que nin sindicatos nin partidos políticos dan resposta (esixindo moratorias de pago aos bancos, revisións das débedas, creando salarios sociais de urxencia, etc.).Estímase que son máis de 300.000 no Estado Español e ao redor de 23.000 na Galiza. Estamos a falar de cifras demoledoras.


Unha nai de familia desahuciada forma parte da Mesa de Vigo que vén de se crear. Ela explicaba que a necesidade de sentirte respaldada é esencial. Cando un ERE che deixa sen nómina coa que respostar á banca e perdes túa casa, sénteste terribelmente culpábel e avergoñada. Criminalízase á víctima nesta sociedade do éxito e ostentación.


O chamamento á converxencia e á acción está colgado na páxina http://www.redconvergenciasocial.org/. Ou tamén a través do Facebook baixo o perfil “Mesas De Converxencia Galicia”.


Creo que debemos tomar parte.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

27 feb 2011

Poñense en marcha en Ferrolterra as "Mesas de Converxencia"

Arranca en Ferrolterra o movimento cidadán dás "Mesas de Converxencia",un movimento novo e innovador na loita contra o avance fascista do neoliberalismo
Esta iniciativa de converxencia unitaria e democrática,non pretende nin debe suplantar as iniciativas de partidos e organizacións políticas, culturais e sindicais contra o neoliberalismo que xa están en marcha. Todo o contrario. Quere potencialas e facelas máis eficaces póndoas en común, fomentando a comunicación entre todas elas, xerando un clima para o entendemento, para a discusión construtiva e para as iniciativas conxuntas
SE ESTAS INTERESAD@ EN CONBATIR ESTAS POLÍTICAS,SE ESTAS DISPOST@ A APORTAR ALGO DE TI.INDISTINTAMENTE DA TUA SI OU NON AFILIACIÓN,PODES CONTACTAR NO SEGUINTE CORREO



Contra dás políticas impostas e aceptadas ,baseadas en dar aos grandes mercados financeiros o que queren.
¿E QUÉ QUEREN?
¡¡TODO!!
Recortes sociais de todo tipo,salariais,laborais,sanitarios,xubilación.Queren que perdamos máis a dignidade!

Convirtiromnos en mercadurias de baixo coste.A banca e as grandes multinacionais,xa son as donas do estado español,¡Xa o teñen todo nas suas mans!,enerxía,autopistas,aeroportos,augas,limpeza,ata as fabricas de armamento pertencen a outros,(vease Santa Barbara en poder de General Dynamics Corporation),ou o buque anfibio que botamos fai uns días en Ferrol,¡CHAPA!,tan so fixemos a chapa,o resto compretarase en terras Australianas.
Nestes intres van pola sanidade,ensino,universidade,correos e todo o que reste en poder público.

PERO UNHA DAS MAIORES AGRESIÓNS,A ESTÁ A ARTELLAR A XUNTA DO PP,A PRIVATIZACIÓN DE TODA A AUGA DE GALICIA
PARA IR FACENDO BOCA;
"TOD@ GALEG@ CUN POZO DA SUA PROPIEDADE TERÁ QUE PAGAR UN CANON"
"TOD@ LABREG@ QUE UTILICE REGADÍOS ARTESANAIS TAMÉN PAGARÁ"
(COMO A SGAE),PODERÁN COBRAR TODA A AUGA,POLO SIMPLE FEITO DE QUE TE CHOVA POR RIBA
ATA É FACTIBLE EXPORTALA,SEN QUE PREVALEZA A NOSA CARENCIA OU NECESIDADE DELA.
AH!! E O RÉDITO DISTE NEGOCIO,PARA UNHA EMPRESA EXTRANXEIRA
Para ollar máis detalladamente iste asunto tedes estas ligazóns
Auditorio Marcelino Camacho-Madrid
http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=1

Ferrol é o primeiro concello galego en pronunciarse a favor da derrogación da Lei de Augas.

¡¡CUMPRE DAR RESPOSTAS,CUMPRE AUNARSE TOD@S!!
Nesta ligazón ollaredes a marcha e asinantes dás "Mesas de Converxencia" (máis de 4.000)

Se premedes o botón,podedes acceder a o "programa de actuación inmediata",proposto,e aprobado en Madrid o pasado 19 de Febreiro,por case 1.000 asistentes


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

21 feb 2011

"Asemblea constituínte dás Mesas de Converxencia"

Encabezamento do manifesto
"Un grupo de persoas pensamos que chegou o momento de impulsar un proceso de achegamento e converxencia de todos os sectores e sensibilidades da esquerda para ir conformando unha resposta unitaria e eficaz á situación que vive o noso país de países"

"O que está a ocorrer é unha inmoralidade flagrante e contraria aos principios máis elementais da democracia e da xustiza social. Pero se se quere evitar non se pode facer fronte a esta situación co silencio, coa desunión entre as persoas que senten comprometidas coa xustiza social e coa dignidade de todos os seres humanos. Non é posible facer fronte a esta situación sen un consenso amplo, coordinado e sen exclusións entre quen se opoñen a ela e sofren as súas consecuencias"
Algúns dos asinates son;
Julio Anguita,Santiago Carrillo,Xosé Manuel Beiras,Cayo Lara,Rafael Pillado,Eligio Hernández,Carlos Berzosa,Viçens Navarro, Francisco Fernández Boi, Almudena Grandes, Ignacio Ramonet, Rosa Regás, José Luís Sampedro,Salce Elvira,José Luís Centella,Francisco Frechoso,Gaspar Llamazares,Inés Sabanés, Gergorio Gordo.....,e máis de 2.000 asinantes.

Tamén hai membros de ATTAC,EU,PCE,PSOE,BNG,CC.OO,UXT,CIG,Esquerda Alternativa,Socialismo 21, Esquerda Republicana, Batzarre,Feministas,Ecoloxistas,......e un cento de asociacións máis

Os intelectuais que promoveron este movemento de "esquerdas e antineoliberal" son Juan Torres López,Armando Fernández Steinko,Tomás Rodríguez Villasante,Viçens Navarro,etc...

O seguinte paso é a constitución de mesas de converxencia en pobos, cidades e comunidades e que só cando haxa un tecido social suficiente constituirase unha dirección de ámbito nacional.
http://mesasdeconvergencia.wordpress.com/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio