Mostrando entradas con la etiqueta ateneo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ateneo. Mostrar todas las entradas

19 may 2016

A Marcha Mundial das Mulleres conmemora o 24 de Maio o Día Internacional das Mulleres

Este ano A Marcha Mundial das Mulleres conmemoramos o 24 de Maio
 Dia Internacional das Mulleres pola Paz 
presentando a campaña que a Marcha xunto con BDS iniciamos para apoiar e dar a coñecer a acción da Flotilla da Liberdade “ MULLERES RUMBO A GAZA”  na que mulleres de todas as partes do mundo faranse á mar para resaltar o importante papel desempeñado polas mulleres palestinas na loita do seu pobo e as súas resistencias non so ao estado de Israel senón tamén á discriminación e o patriarcado.

É por isto que vos convídamos o próximo martes día 24 de maio ás 19:00h. no Ateneo Ferrolán á charla na que falaremos mulleres da Marcha Mundial das Mulleres e activistas de BDS.

Gustaríanos contar coa vosa presenza para dar especial importancia e relevancia a este proxecto no que por primeira vez as mulleres somos as únicas protagonistas  nunha acción deste tipo.


"As mulleres decidimos"

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 mar 2014

Debate sobre o naval "Aquí facemos barcos"

"Aquí facemos barcos". Presentación do número 4 da Revista LUZES e debate sobre o naval presentado pola xornalista Lorena Bustabad

Intervirán:

Xosé Manuel Pereiro (Luzes) 
Manuel Rivas (Luzes) 
Manel Grandal (Voceiro da CIG Ferrol) 
Yolanda Díaz (Deputada AGE) 
Ignacio Naveiras (Comité de Empresa de Navantia) 
Eliseo Fernández (Ateneo Ferrolán)

No salón de actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202, 204) o mércores 19 de marzo ás 19:30 horas. Entrada libre

Queremos prender unha fogueira de ideas, axuntar vontades e voces e convocar xente do comun ao seu redor, a calor das historias que falan de novos rumbos Queremos ser refuxio para lectores. Un ecosistema de xeneros xornalisticos ameazados de extincion, de novas narracions e de enxertos de poesia no ensaio Aspiramos a ser antidoto do silencio Gustarianos ser un facho que alume entre a neboa que agocha a realidade

LUZES http://www.revistaluzes.com/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 nov 2013

Presentación do documental realizado por Xosé Bocixa, que recolle a acción popular "Carga de Dignidade"

O Venres, 29 Novembro, ás 19:00 h. na Galería Sargadelos. presentación do documental realizado por Xosé Bocixa, que recolle a acción popular "Carga de Dignidade" Ese mesmo día, ás 21:00 h concentración na Praza de Armas, onde terá lugar un samaín reivindicativo, decorade as vosas cabazas indignadas

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 oct 2013

Ciclo de Conferencias; "Ferrol Rexeneración Urbana e Recuperación Económica"

Hoxe no salón de actos do Ateneo, arrancou o ciclo de conferencias sobre o Estado da Cidade que organiza a Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol, Roi Xordo, e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Xornadas que pódense cualificar de sumo interese para os movementos veciñais e o tecido asociativo da cidade.





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

4 jun 2013

Centos de persoas se "Cargan de Dignidade"

Dende onte, as reixas dos estaleiros, locen ao vento as roupas que representan a indignación da bisbarra. Cada peza ten detrás unha historia propia, tan como dicía Pepe Barro, un dos membros do colectivo Radio Buguina. Tamén dixo que sería un monumento efémero no tempo, opinión que non comparto, penso que é unha obra en continua construción, moitos serán @s cidadáns que se acheguen a deixar a súa pegada. 

Nunca é tarde para a indignación!! 

Autor: Xosé Bocixa


O correo cargadedignidade@gmail.com habilítase para que facilitedes as vosas fotografías, vídeos, breves textos ou poesías alusivas á acción popular "Carga de Dignidade". Todo o material recompilado se subirá a o blogue creado para o evento http://cargadedignidade.blogspot.com.es/, Farase constar a autoría de todo o material cedido.

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 may 2013

"Carga de Dignidade"

Parte do colectivo de artistas e creadores que levaron a cabo a “Burla Negra” pola catástrofe do Prestige, agrupados agora en “Radio Buguina” estarán o próximo domingo na porta principal de Navantia Ferrol, no barrio de Esteiro, para organizar, de 11 a 14.00 horas, unha "acción artística popular". 

Trátase de seguir o exemplo daqueles traballadores/as dos Astaleiros, que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría. 

Por todo isto, ante a crise e ataques sociais que padecemos, decidimos rematar este “Monumento á Dignidade”, chamando a toda a cidadanía galega e de Ferrolterra, a pendurar súas pezas de roupa na reixa da factoría. 

O acto estará retransmitido en directo por Xurxo Souto para Radio Buguina, que fará de locutor - animador do evento, realizando entrevistas ao vivo.

Tamén se amenizará o mesmo con distintas actuacións, tanto poéticas coma musicais.

Organizan:

Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar. 

Sindicatos: 

Comisiones Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT). 


Partidos políticos:

ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Compromiso por Galicia (CxG), eQuo, Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal),Esquerda Unida (EU-IU), Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).


Outros colectivos sindicais e movimentos políticos:

Asociación Unificada de Militares Españois (AUME), Mocidade Nacionalista Galega (MNG), Sindicato de Estudantes,Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG).


Asociacións e Colectivos:

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), A. C. Fuco Buxán, A. C. Lefre de Caldereta, A. C. Lendo Poesía, A. C. Medulio, Asociación Galega de Vitimas do Amianto (AGAVIDA), Asociación Memoria Histórica Democrática, Ateneo Ferrolán,Colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, Federación Veciñal de Ferrol (Roi Xordo), Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública Ferrol, Rádio FilispiM.

Manifesto



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

13 dic 2012

O ATENEO FERROLÁ EN MANS DO ATENEO

Conexión cos traballadores do ATENEO FERROLÁ, que entraron hoxe xoves na súa sede na Rúa Madalena, pese aos impedientos do Concello de Ferrol e depregradon unha grande faixa. 

Animan a todos a mover esta nova e pasarse pola súa sede para acompañalos, entre as 17:00 e 19:30 h 

 - Conexión coa Área da Muller da Asoc. FUCO BUXÁN, ante o DEBATE SINDICAL que terá lugar hoxe xoves as 19:00 h. na súa sede en Caranza [CCOO, UGT, CIG, USTG, CNT]. Ao telefone, Susana Alaniz. 

- VENDESEVENDEFERROL. 2ª edición deste mercadiño alternativo de segunda mao, artesanía local e actividades paralelas. Sábado 15 de decembro en Canido. No estudio Laura Cunha. 

- PARADOR DE TURISMO. Ante o anuncio do seu feche e despedimento do seu cadro de persoal. No estudio, Ana Rodríguez, traballadora e representante sindical, CC.OO. 

- AXENDA DIVERTIMENTO. 
 A presentan: 
Ana Lucecú e Pequeno Monstro. 
Sintoniza: Rádio FilispiM, zona Ferrol 93.9 FM Streaming - http://radiofilispim.listen2myradio.com/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

23 ago 2012

Ferrol co Ateneo Ferrolán

Sobre 400 persoas déronse cita hoxe no Festival solidario co Ateneo Ferrolán. Neste evento reivindicativo participou xente da cultura ferrolá e galega. A poesía correu a cargo de Eva Veiga, e do escritor Guillermo Ferrández, no apartado musical, actuaron, o Grupo de Zanfonas de Trasancos, a Agrupación Raparigos, o gaiteiro Tonecho Varela, a cantautora María Manuela, o músico Manolo Bacalhau, etc.



Que tome boa nota o Desgoberno Municipal do P€P€, ter unha maioría absoluta non lexitima ao gañador para impor normas inxustas.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

22 ago 2012

Festival reivindicativo e solidario co Ateneo Ferrolán

Mañá xoves, ás 20:00 h., na praza da Constitución (Cantón), terá lugar o festival reivindicativo e solidario co Ateneo Ferrolán.

Musicas, letras, teatro, artes plásticas .... en APOIO ao Ateneo Ferrolán e a súa sede!

Acude e difunde!



A nova no Diario de Ferrol

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

13 may 2011

"LETRAS AO VENTO,EN LEMBRANZA DE LOIS PEREIRO"

Fermoso acto en lembranza de Lois Pereiro.A música de “Airiños do Campito” acompañou a poesía do autor galego.
Chamou a atención a falla de xentes do nacionalismo,que os había,pero non como deberá ser nun acto destas caracteristicas.Quizas a presenza do Alcalde de Ferrol votou a máis de un para atrás.Pero non é de recibo nin un favor a nosa lingua a ausencia de moit@s.
Felicitar dende aquí aos compañeir@s do Ateneo Ferrolá polo acto e o cariño posto no acto




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

11 may 2011

FERROL, GALEGO...GALEGO

Xoves,12 de Maio,ás 20:00h,no Cantón de Molins – (Praza da Constitución)


Música do Grupo Tradicional “Airiños do Campito”
Lectura de poemas por parte de:


Mesa Pola Normalización Lingüística da Comarca,Fuco Buxan, Comite Cidadán Emerxencia, e Eduardo Hermida (Centro Cultural A Estrela de Canido)


Botaranse ao vento "Letras Colgadas en Globos que simbolicen o Manifesto de Lois Pereiro"


Lectura Manifesto por parte de Eliseo Zaera (Presidente do Ateneo Ferrolán)


Ante a convocatoria aberta da seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde.
Organiza Ateneo Ferrolán


Sábado,14 de Maio,as 12:30h,Ruada Reivindicativa.
Baixo a lenda "TODO O ANO EM GALEGO", que sairá da Praza do Himno Galego,e percorrerá o bairro da Madalena,a Ruada rematará no local Social da Fundaçom Artábria


Ao remate da mesma haverá um xantar popular no mesmo Centro Social.
Organiza Fundaçom Artábria


Sábado,14 de Maio,as 20:30h,no Teatro Jofre,Acto Cidadán do Día das Letras Galegas,Homenaxe a Lois Pereiro.


Domingo,15 de Maio,as 12:00h,Paseo Marítimo pola ría de Ferrol


Letras Galegas 2011
Mareando as nosas letras
O mar é o noso patrimonio
Poesía e Música do Mar
A Lancha de Mugardos dará unha volta pola ría, cargada de música e poesía do mar,coas intervencións de:
Antón Cortizas 
Guillermo Ferrández
Xurxo Souto
Karlotty
Xosé Leira
María Manuela
Xurxo Varela
Manolo Rivas
Antón Varela


Martes,17 de Maio,as 12:00h,na Praza do Himno Galego (Esteiro)
Acto do Día das Letras Galegas
Baixo o lema ¡PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

7 abr 2010

Actos a celebrar en la Semana de la República

Actos organizados pola Asociación Memoria Histórica Democrática en conmemoración do 79 aniversario da proclamación da II República

Día 12 -Actos en colaboración co Ateneo.

As 18,00 Horas – No Ateneo Inauguración da exposición

“LA MEMORIA DE LA TIERRA”

Do foto-periodista y colaborador de A.R.M.H. Eloy Alonso,y presentada por Santiago Macias Vicepresidente da A.R.M.H.
Dita exposición estará aberta a todo o público do 12 ata 24 de abril
ambos inclusive

O día 12 tamén no Ateneo as 20,00 Horas .Conferencia – Coloquio sobor

“OLVIDAR EL OLVIDO”
por Santiago Macias Vicepresidente da A.R.M.H.

Dia 14-Homenaxe a todas as victimas da represión franquista.
As 19,00 Horas –no Cementerio de Canido

Dia 17- Cea conmemorativa do 79 aniversario da II República
a celebrar no restaurante O GALO.As 21,30 Horas

As entradas pódense mercar na Galería Sargadelos ata
o 16 de abril.



Wikio

2 oct 2009

CICLO DE DOCUMENTALES “IMAXES CONTRA O ESQUECEMENTO”


TODAS LAS PROYECCIONES SERÁN A LAS 19:00

EN EL AUDITORIO DEL ATENEO FERROLÁN

Organiza la AS. Memoria Histórica Democrática con la colaboración del Ateneo Ferrolán

10 jun 2009

EL ATENEO SE INUNDA

Acabamos de recibir un S.o.S desde El Ateneo Ferrolan

(Fundado en 1879) www.ateneoferrolan.org

La Junta Directiva RECLAMA LA EJECUCIÓN YA DEL PROYECTO DE REHABILITACIÓN DEL EDIFICIO.
El Ateneo se inunda desde la Biblioteca-Hemeroteca (una joya única en la comarca
de Ferrol) el agua ya llega a las salas de exposiciones ..... aguantará el
edificio más?.










15 may 2009

"As mulleres do mundo cara a cara”

Exposición fotográfica,16 a 30 de mayo en la sala de exposiciones del "Ateneo Ferrolán"

O Dereito a Decidir ....

"O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto"
Ver fotos del acto


12 may 2009

Jornada de información

Viernes 15 mayo en el Ateneo Ferrolan

Mariola Mourelo e Marta Rodríguez da Coordenadora Comarcal da MMM na Coruña. Co-editoras da publicación "O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto" .
Lola Ferreiro, médica e docente do IES Lamas de Abade, coordenadora do Grupo Lúa Crecente. Co-autora do proxecto educativo "Coeducación Afectivo-Emocional e Sexual".


Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres
Escola Fonte do Campo S/N
15500 Fene
Telfs 652201003 - 667685430 - 696732735
www.feminismo.info