Mostrando entradas con la etiqueta gas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta gas. Mostrar todas las entradas

13 feb 2013

A Delegación da UE di que Reganosa e a Ría ulen mal


Hoxe unha Delegación da UE, realizou unha visita programada á Ría Ferrol, o motivo era ver "in situ" a ilegal  e perigosa, planta de gas, REGANOSA.

Esta visita responde á Petición 1322/2007 - denuncia contra Reganosa-, presentada polo CCE, Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e IU, ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, a onde se desprazaron en Novembro do 2007

ACLARAR
Esto a pesar de que algún "enterado" falara nos medios fai uns días, dicindo que a Delegación da UE viña polo problema dos traballadores/as do mar (E non o dixo precisamente deste xeito, atreveuse a chamar mentirosa a unha persoa). Efectivamente existe unha denuncia na UE d@s traballadores/as do mar, denuncia interposta o pasado ano 2012.
Que ninguén o esqueza, que a loita d@s traballadores/as do mar é a nosa loita.


A VISITA
Aproveitando esta visita, a Delegación da UE, recibiu ás confrarías de mariscadores durante algo máis de media hora. A continuación un autobús trasladou toda a comitiva ás inmediacións de Reganosa. Alí realizaron unha intervención Luz Mariña, Lalán, Humberto e Bastida. 

A seguinte parada realizámola na Enseada da Gándara, onde puideron ulir máis que ver o estado da ría e os seus desaugadoiros, aparte de recibir información por parte das cofrarías.

E volta para o hotel, onde tivo lugar unha xuntanza sen medios de comunicación.

O RESUMO é que alucinou toda a delegación, incluída a mandada pola Xunta de Galicia, coa única argumentación e disculpa de que "están traballando nelo".




NOTA INFORMATIVA DO COMITÉ CIDADÁN.
O Comité Cidadá de Emerxencia consegue que unha delegación Europea visite a Ria e se informe “in situ” sobre Reganosa.

Nos próximos días unha Delegación do Parlamento Europeo acudirá a Ferrol para coñecer “in situ” a problemática da Planta de Gas de REGANOSA e o estado da Ría. Esta Delegación reunirase cos peticionarios e autoridades. Esta visita responde á Petición 1322/2007 -denuncia contra Reganosa-, presentada polo CCE, Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e IU, ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, a onde se desprazaron en Novembro de 2007.

Amáis da denuncia, tamén foi recabada a constitución dunha Delegación Especial para que, sobre o terreo, a propia Comisión, poidera comprobar e avaliar os fragrantes incumprimentos, tanto medio ambientais como de seguridade, da planta de gas de Reganosa.

Lembrar que unha representación do CCE -en Novembro de 2001- desprazouse a Bruxelas para denunciar o Proxecto de Reganosa diante a Dirección Xeral do Medio Ambiente da Comisión Europea e mantivo entrevistas con membros do Parlamento Europeo. Os representantes do CCE na xuntanza coa Delegación do Parlamento Europeo, demandarán o cese da actividade da planta de gas, logo que, en maio de 2012, o Tribunal Supremo en sentencia inapelábel, anulara a Modificación do Plan sobre a que se sustentaba a construcción da planta de gas.

Comunicarán tamen a esta Comisión, que Reganosa, a maiores de ser unha instalacion ilegal e perigosa, nos custa a cidadanía perto de 60 millóns de euros ao ano. O proceso de regasificación do gas natural acelera a destrución da Ria, ao esterilizar centos de miles de toneladas da súa auga. A perdida de productividade expulsa e condea ao paro aos mariscadores da Ria.

Unha instalación innecesaria, pois os gasodutos que subministraban o gas a Galicia, desde o 2007, manteñen pechada a entrada de gas, cando teñen a capacidade suficiente para subministrar aos ciclos e para uso doméstico e industrial.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

12 feb 2013

Mañá ás 10:00h. concentración diante do Hotel Hesperia,

Mañá, mércoles día 13, ás 10:00 h. terá lugar unha concentración diante do Hotel Hesperia, (Estrada de Castela, cruzamento coa Avda. da Paz). lugar de hospedaxe dos parlamentarios europeos que veñen a facer un estudo sobre o estado da nosa ría. 

O Comité Cidadán de Emerxencia vai solicitar a devandita delegación, que fagan cumprir ao estado español a Sentenza do Tribunal Supremo, que pesa sobre a IL€GAL planta de gas R€GANO$A


Precisamos a resposta cidadán!!


 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

12 jun 2012

ROLDA DE PRENSA PARA AVALIAR O QUE SUPÓN A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO EN CONTRA DA IL€GAL "R€GANO$A".

O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", convida ao tecido asociativo de Ferrolterra e as persoas interesadas a participar na celebración da seguinte:

ROLDA DE PRENSA PARA AVALIAR O QUE SUPÓN A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO EN CONTRA DA IL€GAL PLANTA DE GAS "REGANO$A".

MAÑÁ Mércores, 13 de xuño 2012, ás 17:30 h. no local da A. VV. Esteiro, (Rúa Fernando VI, Bloque 1 - Ferrol),

Unha sentenza que é inapelábel e ratifica a do TSXG declarando a ilegalidade da Modificación do PXOM de Mugardos,polo cal a ubicación da Planta de Gas "Reganosa" no interior da Ría de Ferrol é ilegal.

Na mesma estará presente Patricia Gabeiras, Asesora Xurídica do "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol"

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

15 nov 2011

Aprazado o macroxuízo polo bloqueo da ría de Ferrol en maio de 2007

No banco, sentanse nove mariscadores, se lles imputan delitos de coaccións e desobediencia grave á autoridade.

Trátase do bloqueo ao gaseiro 'Galicia Spirit' na entrada á ría de Ferrol, acontecido o 7 de maio do 2007.

A incomparecencia por causas médicas por parte de Bernardo Bastida (ex patrón maior da confraría de pescadores de Ferrol), motivou a suspensión da vista.

O xuízo, queda apr
azado até o próximo 26 de xaneiro do 2012, (que será o día no que a acusación leva os seus testigos), e retomarase catro despois, o 30 dese mesmo mes.

Parece ser que a empresa R€GANO$A, "descoñece", que foi o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" quen plantou cara a posta en funcionamento da IL€GAL e P€RIGO$A planta de GA$ de R€GANO$A.

As embarcacións pecharon á canle de entrada á angosta ría. Nesas embarcacións iba boa parte da cidadanía de Ferrol Terra, até os medios gráficos chegaron a usalas co fin de cubrir a noticia. O 'Galicia Spirit' tentou pasar até en dúas ocasións. Ante a imposibilidade de entrada, dous días máis tarde, o 9 de maio, prohibiuse a navegación na ría e fixose un amplo despregamento de forzas de seguridade. O 27 do mesmo mes, a entrada do buque 'Mourad Didouche' estivo rodeada de novas protestas, que chegaron a provocar a detención de Bernardo Bastida (ex patrón maior da confraría de pescadores de Ferrol) que foi ingresado no penal de Teixeiro durante 17 días.

Días despois, Ferrol foi protagonista dunha manifestación de máis de 10.000 cidadáns pedindo a liberación de Bernardo Bastida

O Comité Cidadán sostén que a instalación da regasificadora en Mugardos é "ilegal, como así ditaminou o TSXG". Consideran que "supón un perigo para a vida de miles de cidadáns", como situación de máximo risco, pero que tamén leva inseguridade a curto prazo: "acelera a destrución da ría, medio de vida de centos de mariscadores e das súas familias".

Desde o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", entidade que agrupa a varias decenas de asociacións cidadás, insístese en que se está a culpabilizar a integrantes dun colectivo amenazado polo deterioro do medio en que se desenvolve o seu traballo, e se lles intenta imputar unhas accións convocadas polo "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", que loita na defensa da Ría e da vida dos seus habitantes.

O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" autoinculpouse dos feitos acontecidos, este alegato foi desestimado.

A Planta de GA$ de R€GANO$A, é IL€GAL, P€RIGO$A e innecesaria.
Foi reubicada no interior da Ría en beneficio dos seus intereses económicos, incumplindo a legalidade segundo manifestou o TSXG, gozan de total impunidade e pretenden duplicar a capacidade da mesma, sin que a súa producción alcance siquera o 40% da actual, co único fin de seguir inlflando a burbulla enerxética e aumentar os seus beneficios a costa da cidadania que fai frente de xeito ao incremento das tarifas do gas e da electricidade.

16 jul 2011

"Reganosa: Vellas mentiras e novos negocios". Nota de Prensa do Comité Cidadán

(Para deter o texto,pór o cursor encima,para que avance de novo o retiramos)


    Diante das novas, sobre Reganosa, aparecidas o pasado día 13 no xornal A Voz de Galicia. O Comité Cidadán de Emerxéncia fai as seguintes consideracións:

    Dende a súa constitución REGANOSA, pola connivencia dos seus socios, faltou á verdade ao respeito da necesidade da planta en Galicia, falseando os datos para acreditar a súa viabilidade económico -financeira.

    Co único fin de cumprir (só formalmente), co 4º requisito necesario para obter a autorización de construción e o preceptivo Vº Bº da CNE, os socios de Reganosa comprometéronse a construir catro centrais de ciclo combinado; Fenosa dous ciclos de 400 MW cada un e Endesa outros dous nas Pontes, con un consumo anual de 1.600 millóns de m³/ano de gas natural, aos que habría que agregar un consumo adicional das empresas de nova creacion do grupo Tojeiro de 500 millóns de m³/ano. A realidade é que o grupo Tojeiro non consume gas, porque as empresas non se fixeron, e os ciclos combinados (700 millóns de euros de inversion)cando non estan parados traballan ao ralentí.

    Despois de case 4 anos de funcionamento, os datos de produción facilitados polo xestor técnico do sistema, ano 2010, falan dun funcionamento tan só do 43%. A planta de Reganosa só aporta o 6% do total do estado. Agora, no mes de xuño deste ano, sofreu unha nova baixada do 28% ao respecto do mismo mes do ano anterior, sendo o ratio de utilizacion do mes pasado só dun 29% da súa capacidade nominal.

    Reganosa foi obxeto de intervencións extraordinarias por parte do xestor do sistema para asegurar os niveis de GNL, mínimo técnico de seguridade nos tanques. A última advertencia foi o pasado 6 de Xullo, vendose obrigada a unha reprogramación, é dicir, foi obrigada a reducir a produción ata que o sistema gasista lograse descargar un gaseiro para subir o nivel nos seus tanques. Hai que engadir a isto que o 25% dos gaseiros tiveron que abortar a súa entrada na data prevista, dadas as condicións metereolóxicas e a singularidade da Ría de Ferrol.

    Agora, preséntannos como unha ventaxa a venda de GNL ao mercado especulador, cargando de novo gaseiros cun gas que orixinalmente era para consumo da nosa comunidade, convertindo a regasificadora como simple depósito para trapichear no mercado do gas.

    As plantas do resto do estado teñen produción de gas regasificado suficinte, non necesitan participar no trapicheo da venda de gas como Reganosa, que almacena gas á espera de que soba o prezo, todo a expensas de incrementar os perigos para a cidadanía. A cidadanía merece información veraz sobre o que está acontecendo en Reganosa e tomar consciencia da irracionalidade das operacións deste trapicheo.

    Por exemplo, o pasado mes de febreiro, o buque gaseiro SCF Polar, carga en Mugardos 68.000 m³ de GNL para transportalos a Italia (La Spezia). Un gas que poucos dias antes descargara o Cheikh el Mokrani procedente de Arxelia.¿Por qué o gas alxerino fai a ruta Orán- Ferrol- Xénova que supón 4540 millas náuticas, cando a distancia de Orán a Xénova só é de 715 millas?.

    Outro caso para a reflexión e a denúncia, a operación realizada polo gaseiro Norman Lady. Este gaseiro, que permaneceu atracado dende o 13 ao 16 de Maio, un dia descargou gas en Reganosa, e, sen abandonar as instalacións, carga outra vez nos seus depósitos ese mesmo gas. ¿É este o futuro de Reganosa? ¿Poñer en perigo a nosa seguridade para trapichear co gas?.

    Temos razóns para a desconfianza. Lembremos que nas instalacións anexas de Forestal, propiedade exclusiva do grupo Tojeiro, xa a finais dos anos 90, descubriuse un xigantesco fraude co gasóleo. Fraude que, por certo, aínda debe estar sendo investigado polo xulgado.

    Sobre o negocio da carga de gas en cisternas, aparte de aumentar os riscos para a cidadanía (lémbrese o accidente dos Alfaques ano 1978), o seu carácter residual non modifica para nada a escasa produción de Reganosa e o seu carácter deficitario.

    Mailo empeño dos cómplices mediáticos, en distraer aos cidadáns, a realidade actual amosa a gran patraña dos promotores de Reganosa como instalación ”estratéxica” para Galicia. Unha instalación que, aseguraban, iba a supor o relanzamento da comarca, creando moreas de postos de traballo, etc etc.

    Reganosa supón unha ameaza para a vida das persoas que vivimos na contorna, e tamén para o noso medio natural, pois destrúe a riqueza da Ría. O que agora pretenden apresentar como unha ventaxa, é a constatación de que Reganosa como proxecto económico, é un fracaso que se inscribe no marco da burbulla enerxética, apoiada institucional e mediaticamente para beneficio dos seus promotores. Unha estafa a toda a cidadanía, que está a pagala a través das axudas a Reganosa por parte da Xunta de Galicia e da suba das tarifas eléctricas e do gas.

    Os gasoductos de Tui e Llanera, sin actividade de entrada desde a posta en servicio de Reganosa, teñen capacidade suficiente para suministrar gas; tanto para as centrais de ciclo combinado como para o consumo convencional.

Estamos a pagar 60 millóns de euros cada ano a REGANOSA, unha instalación ILEGAL, PERIGOSA, DEFICITARIA E INNECESARIA.. Non existe pois motivo algún que poida xustificar manter operativa unha perigosa planta de gas como a de Reganosa, que supón ademais dunha ameaza para a poboación, e un alto coste medioambiental, económico e social.


¡ Planta de gas Fora da Ría!


Ferrol a 15 de Xullo de 2011


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol






Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

24 feb 2011

A planta de gas esta por debaixo do mínimo técnico de seguridade

NOTA DE PRENSA DO CCE
Estrañas manobras co gas na planta de regasificación de Reganosa
REGANOSA exporta gas a Italia contradicindo o plan de aforro enerxético do goberno.
En plena crise do Magreb, cos prezos dos combustibles subindo ata as cotas máis altas dos últimos tempos; cun alto risco de desabastecemento que leva ao goberno a aprobar un plan de aforro enerxético , prodúcense na planta de Reganosa unhas sospeitosas manobras co gas natural. Reganosa baleira os seus tanques por baixo do mínimo técnico de seguridade, quedando con 38.000m3 cando o mínimo técnico son 50000m3.
SCF Polar, 42 anos de antigüedade

O pasado día 14 de febreiro chega á planta de Reganosa o buque Cheikh el Mokrani procedente de Alxeria. Na planta de regasificación se procedeu a descarga do gas. O buque abandona a planta de Mugardos o día 18. Este día entra en REGANOSA o buque gaseiro SCF Polar, un barco con mais de 42 anos de antigüedade, que levaba 7 días merodeando as costas galegas esperando a poder cargar 68.000 m3 deste mesmo gas con destino a Xénova, cantidade que equivale a 2.720.000 bombonas de uso caseiro.

¿Por qué o gas alxerino fai a ruta Orán- Ferrol- Xénova que supón 4540 millas náuticas, cando a distancia de Oran a Xénova só é de 715 millas? Que escuros negocios se esconden detrás destas manobras?

Existen razóns para sospeitar. Lembramos que nas instalacións anexas de Forestal, propiedade exclusiva do grupo Tojeiro, xa a finais dos anos 90, descubriuse un xigantesco fraude co gasóleo, que por certo aínda debe estar sendo investigado polo xulgado.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol quere chamar a atención dos poderes públicos e da cidadanía, non só sobre os movementos económicos do grupo promotor de Reganosa, que como temos denunciado diante da Xustiza, ten unha longa historia de práctica empresarial corrupta, senón tamén afirmar unha vez máis, que cada unha destas manobras, está a pór en perigo a vida de máis de 100.000 persoas nesta comarca.

Ferrol a 23 de Febreiro de 2011-
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol




Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

13 feb 2011

Unha bomba paseando polas nosas costas

Tres días sen poder entrar na ría de ferrol,é o tempo que este gaseiro (Cheikh el Mokrani) leva dando "tumbos" polas nosas costas.Fai soamente uns intres cruzouse perigosamente co mercante "Ciudad de Cadiz".

A planta de gas supón un risco innecesario nas nosas costas,aparte do risco que entraña de por sí,o tela no interior da ría de Ferrol.
A imposibilidade de entrar na ría os gaseiros,supón un posterior desembolso económico por parte de tod@s nós nas facturas de gas e electricidade

Na foto podedes ollar a ruta feita hoxe polo gaseiro,actualmente atopase nas coordenadas N43º53'11" - W8º44'18"


máis info:
http://cociudem.wordpress.com/2011/02/13/un-risco-innecesario/

http://artabra21.blogspot.com/2011/02/e-xa-son-20-as-veces-que-un-gaseiro.html
http://canariodopenedo.blogspot.com/2011/02/o-gaseiro-de-onte-non-entrou-e-van-19.html

¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

11 sept 2010

¡¡EXPLOTA COJONES!!

Al menos seis personas muertas por la explosión de un conducto de gas,en San Bruno, zona cercana a unos 3 kilómetros del aeropuerto de San Francisco-California,(EE.UU)

Es posible que "aumente" la cifra de víctimas por la explosión y posterior incendio de una tubería de la empresa "Pacific Gas and Electric".Blair Jones, portavoz de la empresa PG&E, dijo hoy a la CNN que el accidente pudo deberse a la ruptura de una tubería de gas, si bien se ha iniciado una investigación para determinar las causas del suceso.

El incendio destruyó al menos 53 viviendas y dañó otro centenar de edificios. Más de cuarenta heridos, algunos en condiciones graves,y hay un número no precisado de desaparecidos.

En un principio las llamas impidieron a los bomberos acercarse al tubo de gas averiado para cerrarlo, agregó el jefe de bomberos. La explosión provocó un cráter de grandes dimensiones y un temblor que pareció un terremoto, además de desencadenar una bola de fuego de más de 100 metros de altura, según testigos.

El vicegobernador de California, Abel Maldonado, dijo hoy que parecía "como si hubiese estallado una bomba". "Había escombros por todas partes", añadió la autoridad quien describió la explosión como "una tragedia horrible que se ha abatido sobre San Bruno".
Que tomen buena nota los corrupto-politicos que han legitimado irregularmente la construcción y funcionamiento de la ilegal y peligrosa planta de gas "Reganosa" en el interior de la Ría de Ferrol.
Pedimos la maxima celeridad al Tribunal Superior de Justicia ,para que dicte de una vez sentencia en contra de esta salvajada.(Recordamos que hay dos sentencias en el máximo tribunal,pendientes de resolución)

Leer en El País
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

9 feb 2010

Explosión letal en EE. UU.

El tremendo estallido en UNA TUBERIA DE GAS registrado en Middletown (Connecticut) en una central eléctrica de ciclo combinado de 650 megawatios, que iba a inaugurarse en primavera o verano, se sintió como un terremoto en Middletown e hizo temblar las casas en un radio de 50 kilómetros.
Al menos cinco personas murieron y 12 resultaron heridas

Que tomen nota los políticos que han consentido,amparado,legalizado,la BOMBA que supone la planta de gas R€GANO$A en el interior de la ría de Ferrol.
Distante con Ferrol en 1200m,y a 300m de Mugardos.

Creative Commons License
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Wikio

1 jul 2009

Condolencias del Comité Ciudadano de Emergencia

Este CCE, desde el sentimiento de condolencia con los afectados, no puede por menos que Reflexionar sobre las proporciones del siniestro, causado por dos vagones cisterna y compararlo con lo que originaría un buque gasero de 60.000 T, o los dos depósitos de Reganosa que suman 300.000 T.

LA TRÁGICA NOTICIA

Dos vagones cisterna cargados de gas explotaron en la estación de Viareggio, cerca de Florencia (Norte de Italia).

Se desconocen por el momento las causas que originaron el accidente, ocurrido poco después de la medianoche del 29 al 30 de junio, en las proximidades de la estación ferroviaria de esta ciudad de 50.000 habitantes.

El "efecto bomba" ha causado una onda expansiva que ha afectado a varios edificios vecinos que se han derrumbado, mientras que otros se han visto envueltos en llamas,.

15 personas han muerto y 50 han resultado heridas y hay 30 personas desaparecidas

Los muertos y los heridos son todos ellos civiles y han resultado afectados en una zona residencial de 300 metros próxima al área de la explosión.

Pocos minutos después de la explosión, Protección Civil declaró el estado de emergencia regional e hizo confluir en el lugar a los bomberos de Toscana y Liguria.

Gente escapando :Los testimonios de la tragedia se multiplican: "He visto gente que se escapaba de los coches incendiados quitándose la ropa en llamas, verdaderas antorchas humanas”

Un millar de personas han sido evacuadas.

Según Ferrovie, los controles realizados no habían detectado ninguna anomalía.

Los bomberos están trabajando para asegurar los otros 13 vagones-cisterna llenos de Gpl, que podrían todavía explotar por la propagación del calor, al cesar el sitema de refrigeración.

10 may 2009

Sr Pita..¡EL GAS ARDE COJONES!

Un gasoducto explotó en el sureste de Moscú en la madrugada de este domingo , levantando llamas de 300 metros de altura e incendiando edificios y vehículos.

El calor que ha producido la deflagración se siente a un kilómetro del lugar del suceso.

más

Ahora que el "traidor politico" el señor Pita (BÑG de Ferrol) siga amparando las ilegalidades continuas de la planta regasificadora (Reganosa).

19 ene 2009

O gas exipcio de Fenosa acende a guerra entre Gas Natural e ENI


Unión Fenosa Gas (UFG) vai camiño de converterse nun dos puntos de máxima fricción do mapa enerxético español. O capital de UFG, froito do acordo de colaboración en gas ao que chegaron ENI e Fenosa fai cinco anos, repártese ao 50% entre ambos os grupos.
Pero coa compra de Fenosa por Gas Natural ábrese a porta a que un dos socios quede coa totalidade da compañía, ou ben a que esta se trocee e reparta.
Lonxe de chegar a un acordo amigable, os ánimos entre ENI e Gas Natural caldeáronse, e a situación desembocou nunha guerra.

24 dic 2008

Créase a OPEP do gas

Os principais países exportadores acordaron a constitución dunha organización formal para defender os seus intereses e influír nos mercados.
Rusia, Irán, Arxelia, Venezuela e Qatar controlan dous terzos das reservas mundiais de gas e máis do 42% da súa produción. Agora, estes países, xunto con Bolivia, Brunei, Exipto, Indonesia, Libia, Nixeria, Trinidad e Tobago, Malasia e os Emiratos Árabes Unidos conformarán unha organización de países exportadores de gas.