Mostrando entradas con la etiqueta rafael pillado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rafael pillado. Mostrar todas las entradas

30 dic 2014

Badaladas de Fin de Ano en CC.OO de Ferrol

Como sabedes, dende o pasado 20 de outubro, vari@s compañeir@s de CC.OO veñen mantendo un encerro na sede do mesmo, supostamente este é orixinado por un conflito coa asesoría xurídica e polo cesamento do avogado Gumersindo Cartelle, pero isto é só a disculpa que utilizan uns poucos para intentar facerse co poder dentro do sindicato.

O avogado Sr. Cartelle, tiña e ten un salario de Navantia, e co consentimento de CC.OO embolsábase dous soldos máis o diñeiro das costas procesuais, cando noutros sindicatos ese diñeiro repercute no sindicato, nunca no avogado.

Dende a dirección de CC.OO deciden poñer fin a tantos anos de privilexio do avogado, e é entón cando este se ofrece a cambiar as súas condicións laborais e económicas. Sendo esta proposta desestimada pola dirección sindical.

Automaticamente, vari@s compañeir@s, uns de boa fe, outr@s confus@s, e outr@s mal informad@s, deciden iniciar unha campaña (lexítima) para paralizar este despedimento, pero sen decatarse de que están a ser dirixidos polos carroñeiros correspondentes. Convertendo a defensa de Cartelle nunha caza de bruxas contra Auri Vázquez (actual secretaria comarcal), insultando e maldiciendo doutr@s compañeir@s, e trasladando o que debía ser un debate interno ao resto da sociedade e aos medios de manipulación.

O que non entendese é como os estes "Críticos" co mal facer sindical en Madrid deixanse tutelar, manipular e adoutrinar por catro indesexables, envorcando agora as súas iras contra o resto de compañeir@s de Ferrol, convertendo CC.OO nunha auténtica comparsa. Entre estes "Críticos" encóntranse algúns dos compañeiros máis preparados, pero estes están a "gardar a roupa" ocupando un segundo plano e ofrecendo unha faciana ambigua e silenciosa.

Nesta batalla interna xa houbo equívocos de difícil resolución (por ambas as dúas partes), os cales orixinaron uns "danos colaterais", algunha destitución, falta de confianza, e o que é peor, xente pasándoo mal por toda esta merda.

O pasado 13 Decembro COMETEN O MAIOR DOS SEUS ERROS, aceptan e dan pábulo nunha charla dentro do sindicato a Rafael Pillado, (ao meu xuízo e ao de moitos) unha persoa con graves problemas caudillistas, e de ego persoal. Todos sabemos que este Sr. busca estar de novo no candeeiro, colocar no sindicato o maior número de afíns a el, e que estes sigan sendo os seus vasalos e escudeiros.

Xa sabedes, se este fin de ano non podedes ver ao Gran Wyoming dando as badaladas en TV.... 
pasarvos por CC.OO.... igual vedes a Rafael Pillado contando ata doce!!

Eu quedo co Gran Wyoming!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 abr 2012

A UNIDADE SOCIAL PAROU O DESAFIUZAMENTO

Hoxe ás 12:00 h, tivo lugar unha concentración diante da oficina central do BBVA, na Praza do Callao (Ferrol) para evitar o inxusto desafiuzamento do café bar O Carballo.

Recordemos que a devandita entidade adquirira un compromiso verbal cun dos seus empregados, Pedro Bastida, polo cal se comprometían a venderlle o negocio se este ingresaba o diñeiro da hipoteca, cantidade que Pedro conseguiu mediante un crédito con outra entidade, chegando a hipotecar a súa vivenda. Hai uns días Pedro decatábase de que o BBVA se retractaba do compromiso adquirido e decidía proceder ao desafiuzamento, este embargo levaríase por diante catro postos de traballo.




Ao final a solidariedade e a presión social lograron que o BBVA cumprise a palabra dada por parte do Director da sucursal a Pedro, non lles quedou outra que aceptar o talón bancario por valor de 66.000 €, que saldaban a débeda con esta entidade.

Dende esta bitácora quero felicitar a todas as persoas, asociacións, colectivos, partidos políticos e sindicatos que arrouparon Pedro e o resto de empregad@s nesta loita digna e lexitima. Así como Felicitar a Patricia Hermida, xornalista do Correo Galego, e ao Diario de Ferrol polas súas crónicas e difusión desta inxustiza.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

7 mar 2012

Colóquio: Março 72: Expetativas da classe obreira galega 40 anos depois

Com motivo do quadragésimo aniversário dos acontecimentos de Março do 72, onde primeiro na nossa cidade e depois em Vigo emergiu a classe obreira como protagonista na luita popular, na Fundaçom Artábria queremos contribuir para a comemoraçom das grandes jornadas de luita ocorridas na nossa comarca e nas quais fôrom abatidos os trabalhadores de Bazán Amador Rei e Daniel Niebla, vítimas dos disparos da polícia fascista.

É por isso que organizamos umha série de atividades para dar conteúdo à nossa humilde homenagem à Classe Obreira Galega.

Os atos darám começo quarta-feira, 7 de março às 20.30hs com um Colóquio sobre a legenda Março do 72: expetativas da classe obreira galega quarenta anos depois, no qual contaremos com as seguintes participantes: Jesus A. Lopes Pintos (CIG); Xávi Porto (CNT); Xaquín Garcia Sinde (O Militante) e Rafael Pillado, ex-sindicalista.

Já no sábado 10 de março, daremos continuidade aos atos com um Jantar Popular no nosso Centro Social. A ementa estará composta de: churrasco, crioulo e pam a um preço de 6,50 euros e salada a 1,50 euros.

À noite, a partir das 22.30hs, poderemos desfrutar da música do cantor-punk ferrolano, Bitxobola. A entrada será gratuita.

Também nas próximas semanas poderá ver-se no nosso café-bar umha exposiçom fotográfica sobre a luita do naval na Comarca.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

26 feb 2012

"O latexo da vida e da conciencia"

O venres, 9 de Marzo, no Salón de actos do Vicerreictorado de Esteiro, terá lugar a presentación do Libro Biográfico da vida de Rafael Pillado.

"O latexo da vida e da conciencia"

Coa edición deste libro a ÁS Fuco Buxán quere render unha homenaxe a todos os traballadores e ao Movemento Obreiro de Ferrol Terra, en conmemoración do 40ª Aniversario dos Sucesos do 10 de Marzo de 1972, no que a policía Franquista disparou contra unha manifestación dos traballadores do naval, dando morte a Daniel Niebla e a Amador Rey

As duas mortes e a morea de feridos polo ataque policial provocaron unha resposta fulminante e unánime dos ferroláns e ferrolás, un rexeitamento a aquelas accións fora de toda medida. O réximen pretendía producir unha grande conmoción a sangue e lume que xustificase despedimentos e cadeas para desfacer a organización opositora dos traballadores. O réximen daba por perdido o seu control sobre esta comarca, como recoñecía o xefe do servizo secreto, Coronel San Martín, e quería reprimilo custase o que custase.
Por estes feitos acaecidos en Ferrol, conmemorase o 10 de Marzo o Día da Clase Obreira Galega

RAFAEL PILLADO LISTA, Foi un destacado militante do Partido Comunista cando esa formación aínda estaba na clandestinidade durante a ditadura de Franco, formación da que foi elixido Secretario Xeral en 1979, foi tamén un dos fundadores de Comisións Obreiras de Galicia. A súa militancia obreira custoulle ser procesado en 1972 no chamado "Xuízo dos 23", o último dos grandes procesos realizados polo Tribunal de Orde Pública (TOP), unha instancia xudicial do Franquismo tardío. Foi condenado en 1975 e amnistiado en febreiro do ano seguinte.

Actualmente é directivo da Asociación Cultural Fuco Buxán, membro do Comité de Emerxencia Cidadá para a Ría de Ferrol, creador das Mesas de Converxencia Social en Galicia e un longuísimo historial de loita social.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

11 mar 2011

"MARZO 1972. UNHA FERIDA SANGRANTE"


Artigo de Rafael Pillado,publicado onte no Diario de Ferrol
MARZO 1972. UNHA FERIDA SANGRANTE
Estamos diante dun novo aniversario dos sucesos de marzo de 1972. Xa pasaron 39 anos desde aqueles acontecementos que estremeceron Galicia, España e deron a volta ao mundo. Un fito na historia do movemento obreiro galego e español.
É momento de recordar a cantos compañeiros quedaron no camiño e as súas familias, especialmente de Amador e Daniel. Pero tamén dos moitos feridos, despedidos, encadeados, etc. E pese a todos os sacrificios, alcanzamos as liberdades democráticas e autonómicas.
Segue sendo ocasión para a reflexión de cantos sentimos a necesidade de loitar polo avance do mundo do traballo, e da sociedade enteira. Máis aínda, cando estamos diante dunha agresión histórica ás conquistas sociais e ao desenvolvemento democrático, camiño de arrumbar o que coñecemos como “Estado do benestar”, se non o remediamos todos xuntos. É ocasión tamén para aprender das limitacións do movemento obreiro hoxe. Porque, pese a ter enriba a ditadura no 72, os traballadores camiñamos xuntos, afrontamos a defensa dos nosos dereitos e reivindicacións, e xuntos estivemos contra a represión.
Os sucesos do 72 formaban parte do combate contra da ditadura dos diversos pobos de España. Tiña en común o combate do mundo do traballo por mellorar as condicións de vida e conquerir a Democracia. Era tamén a expresión de clase do movimiento obreiro a escala mundial.
E hoxe teremos que afrontar esas agresións, e tamén combatir os intentos de reescribir a historia.
É o caso da reportaxe que, no Diario de Ferrol publicaba o domingo 6 de marzo Rosa Cal. Aparentemente, intenta presentarnos a súa ”investigación” como un canto aos sucesos de marzo de 1972 en Ferrol. Mais, se un repara no que dí, inmediatamente atopa a deformación dos feitos históricos.
Moi “preocupada” pola información que reciban as novas xeneracións, dí o seguinte: “había una infraestructura clandestina de partidos de izquierda y dentro del sector católico en la ciudad había Jocistas, Hoacistas y una decena de curas sociales, activistas que apoyaban a los obreros”. “En la ciudad salía un periódico local desde 1969, Ferrol Diario, dirigido por Eugenio Pontón…”. “Pero la información más clara, contundente y comprometida era la clandestina”.
Agrega: “voy a reproducir unos párrafos de un informe de la UPG (Unión do Pobo Galego), firmado por Xosé Ramón Revoiras (Moncho Revoiras), que años después, fue muerto en un portal de la calle de la Tierra”. Non ten desperdicio a referencia. En primeiro lugar, porque Moncho Reboiras non “fue muerto”, foi asasinado pola policía franquista sen ningunha contemplación. Pero Moncho Reboiras nada tiña que ver nin co movimento obreiro ferrolán nin cos acontecementos que comentamos. En segundo, que en Ferrol tamén había edicións de El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, etc., que deron referencia dos acontecementos. En terceiro, se había “una estructura clandestina de partidos de izquierda”, ¿terán nomes e apelidos?
Ó parecer, estaba so a UPG, á que a señora Cal fai referencia ao seu informe e non recolle ningunha outra aportación.
Na súa “investigación” non existían as Comisións Obreiras, a única estrutura sindical que dirixiu o movimiento obreiro durante todos esos anos, nas que participaban diversas sensibilidades da esquerda. Non existían dirixentes obreiros, con nomes e apelidos. E non existía un informe das CCOO que tamén percorreu o mundo.
¡E claro que existía un movemento cristián, e un grupo de curas que colaboraba coas Comisións Obreiras! Pero non era “que apoyaban a los obreros”. ¡Era un apoio ó movemento obreiro organizado, con dirixentes propios!
¿Tampouco existía o Partido Comunista de Galicia, fundado no ano 1968, continuando a loita dos comunistas, que viña de lonxe, e peza clave da oposición?
E por último, a señora Cal dí que foron detidos diversos persoeiros. Todos eles alleos a Bazán, salvo Toxo e Paco Balón.
¿Onde estaban Aneiros, Filgueiras, Amor, Riobó, e tantos outros que dirixían aos traballadores e que acabaron cos osos na cadea? ¿Cómo pode chamarse “investigación” a reportaxe de Rosa Cal, se desoñece o que tantos ferroláns saben? Lamentable, coño.
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

8 jul 2010

"Se eu fose un traballador"

Rafael Pillado*
Se eu fose un traballador, miraríame no espello da historia do traballo. Porque, ó voltar a vista atrás vería que as conquistas son froito do esforzo de moitas xeracións.
Precisamente, días atrás, Manolo Rivas felicitaba a David Cameron, Premier británico, por pedir perdón polos asesinatos do exército británico en Irlanda do Norte, no ano 1972. E apuntaba que estamos esperando que alguén o faga polos asesinatos en marzo do mismo ano.
Por iso, se estivese en paro, reclamaría un posto de traballo digno, con salario razonable; a dignidade que merece todo ser humán. Sabendo quen son responsables fundamentais da crise. A solidaridade consiste en facer que aporten máis os que máis teñen. Non para unha esmola. Para facer xustiza.
Se fose inmigrante, amáis de reclamar a miña regularización, traballaría para conquerir a integración con tódolos traballadores, en termos de igualdade.
Se fose funcionario, rexeitaría o desconto do 5% do noso salario. Reclamaría que ese 5% se conquerise na persecución do fraude fiscal, do diñeiro negro.

Se fose xubilado, denunciaría a conxelación das pensións. E que o seu importe, se buscase nas fortunas dos “grandes” da banca, do sector financieiro e das sumas escandalosas que manipulan e reciben.
Se traballara na Banca, mobilizaríame para que as Caixas sigan sendo institucións financieiras públicas de carácter social, impedir o peche de sucursais e a liquidación de postos de traballo. Porque, cando se dí “despolitizar”, quérese decir privatizar.
Se laborase no sector naval, mobilizaríame para impedir a reducción salarial, esixiría que os das compañías se integrasen nas empresas principais. Reclamaría estabilidade no emprego.
Se o meu oficio fora da construcción, reclamaría condicións de traballo seguras e dignas, contra as xornadas infinitas, contra dos salarios miserentos.
Se a miña función fose de mestre, traballaría polos dereitos laborais conqueridos, seguridade no emprego, e a calidade do ensino. Porque a dereita soamente ve negocio cando se fala de dereitos sociais.
Se me dedicara a sanidade, amáis de defender os logros alcanzados, combatiría as políticas de privatización practicadas pola Xunta e a degradación dos servicios.
Se fose policía, entendería as reclamacións dos meus concidadáns e defendería as miñas reivindicacións.
Se eu fose un traballador, estaría preocupado non só polo meu, senón polo de calquer asalariado ou cidadán. Porque a súa debilidade é a miña. Porque a agresión a outros, aféctame a mín. Porque as medidas regresivas que tomou o Goberno veñen impostas polos poderes financieiros que nunca foron elixidos. E polo que se ve, esto é só o principio que leva a uns recortes xeneralizados do que se coñece como “Estado do Benestar”.
Porque hai quen dí que os poderes financeiros queren resarcirse da crise que eles mesmos provocaron, recuperando os fondos da economía social e pública, despois de debilitar ós poderes democráticos elixidos.
Se fose un traballador, esixiría a inversión pública para recuperar a economía, os impostos progresivos, a persecución do fraude fiscal, para reducir as desigualdades sociais, defendería a sanidade, o ensino, as pensións públicas, frente a pretensión de privatizalos.
Se o meu medio de vida fose o traballo, defendería ós sindicatos, porque son a última barreira que pode impedir a marcha atrás da historia, e que pretenden derrotar.
E ó fin e ó cabo, como me considero un traballador, acompañarei, traballarei codo a codo con tódolos traballadores para conquerir que o camiño hacia a folga xeneral do 29 de septiembre, sexa un éxito.


Rafael Pillado Lista, sindicalista e político, é hoxe Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

9 mar 2010

"Marzo na Memoria" de Rafael Pillado

Pasaron xa 38 anos desde aquela madrugada do 72 no que o réxime de Franco quixo cobrar caro o atrevemento dos traballadores ferroláns de reclamar os seus dereitos económicos, sociais e políticos. E deixaron no chán unha morea de feridos e mortos a Amador e Daniel.

Repetíase así unha experiencia histórica do movemento obreiro mundial, nada se nos regala, temos que conquerilo coa nosa forza orgaizada e coa nosa intelixencia, pasando por retrocesos e avances, camiño da democracia plena, do socialismo.

O 10 de marzo, supoñía un momento álxido na loita pola Democracia e que albiscaba as movilizacións que durante ese ano recorreron Galicia, sobre todo en Vigo.

Foi o esforzo e dedicación para atender os mais pequenos problemas, orgaizar núcleos de traballadores desde a pequena á gran empresa; para desenrolar a solidaridade entre elas, diante de cada problema por pequeño que fose, e dos traballadores con outros sectores sociais. Foi, en definitiva, un esforzo por dotar aos traballadores de instrumentos políticos e sindicais capaces de conquerir triunfar sobre da ditadura. Entre elas, as CC.OO.

E tivo un coste alto, á morte de Daniel e Amador hai que engadir os moitos feridos, despedidos, detidos e encadeados.

Pero nada poido parar aqueles anceios de liberdade e Democracia.

É momento de recordar tamén a compañeiros e compañeiras como Xulio Aneiros, Paco Filgueiras, Xulio Perez de la Fuente, Balbina Valcarcel (A Carbonera), Bárez, Mourente, Manuel Pillado, etc. E tantos outros.

E hoxe, sobre todo, a Manolo Amor e Xosé María Riobó, con quenes compartín algúns anos de encerro.

Na actualidade, os problemas son de outras características. Máis, os problemas de fondo persisten. E son moitos os traballadores e traballadoras que padecen a precariedade no traballo, as longas xornadas e sobre de todo o paro. Época na que unha minoría pode provocar unha crise global do sistema, coa pretensión de que sexan os traballadores quenes a paguen.

Mesmo na nosa comarca afecta gravemente a moitos traballadores e pequenas empresas, a práctica totalidade da sociedade.

E por eso, as ensinanzas de marzo do 72 deben valer para potenciar a unidade de acción sindical, a solidaridade e a movilización de todos os asalariados.

En calquera caso, a Asociación Cultural “Fuco Buxán” a que pertenzo, chama a participar en cantas movilizacións sexan convocadas nesta comarca.

Ferrol, 9 marzo 2010

Rafael Pillado
Creative Commons License
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Wikio

1 nov 2009

La Coz entrevista a Rafael Pillado

Es el último gladiador de aquel trío Pillado-Amor y Riobó, símbolos (ahora lo defino yo) de la lucha de los obreros de Bazán. Da gusto hablar con él ahora porque lleva meses preparando su libro de memorias, que puede ser continuación de las de su padre: tiene los datos en la punta de la lengua. Fechas, hechos y recuerdos refrescados, a veces, por su mujer. Recuerda hasta el nombre falso que figuraba en el primer pasaporte, también falso, con el que cruzó Europa clandestino: Roberto Freire. En 1964 entró pasando un río en la extinta RDA, la Alemania del Este, para hacer un curso de formación política.

Cuando lo jubilaron de Bazán se enfrascó en denunciar el problema del amianto, en un momento en que nadie le creía, «fíjate ahora, ya somos cerca de tres mil afectados».

Emprendió la lucha contra la planta de gas de Mugardos: «En Fuco Buxán [la asociación a la que dedica ahora su actividad] ya ganamos tres sentencias en el TSXG y esperamos ganar en el Supremo, conseguiremos que la trasladen».


22 oct 2009

ipnaron.tv entrevista a Rafael Pillado


Esta nueva televisión de reciente creación la encontrareis en Internet su pagina es http://www.ipnaron.tv/
Esta Tv viene denunciando públicamente los problemas diversos que afectan a la comarca de Ferrolterra,mediante entrevistas con responsables de distintas áreas, asociaciones y colectivos.

Hablando con su presentador José Manuel,me encontré a un hombre preocupado socialmente.y tanto el como su equipo pese a las adversidades que se encuentran,presiones,falta de recursos etc,están decididos a realizar en la comarca un espacio plural y denuncia social.
(Un medio que trata de escapar de la dinámica de los medios de idiotización )

En breve emitirán una entrevista con Rafael Pillado en la que se abordan todo tipo de temas,también se vuelve la vista atrás recordando los acontecimientos trágicos del 72.


Creative Commons License
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

7 may 2009

Rafael Pillado contesta al BNG y PSOE

Articulo de Rafael Pillado en el Diario de Ferrol,contestando a la actitud del BNG y PSOE en la votación sobre el estudio de impacto ambiental en la regasificadora ilegal.

14 nov 2008

Declaracións de Rafael Pillado

En consecuencia, Pillado exclamó "qué poco aprendimos de aquella experiencia" y, después de enfatizar los daños "gravísimos, casi irreparables" del Prestige, consideró que "no son menores" los que genera el "continuismo" de la actual Xunta.

A modo de ejemplo, se refirió al acto conmemorativo que presidirá el titular de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, en Vilagarcía de Arousa, y lo enmarcó dentro de "un ritual cínico". "Sólo se echa la vista atrás para seguir sacando provecho de aquella tragedia", interpretó, y cargó contra el Gobierno gallego por "seguir apostando por un vergonzoso continuismo".


Entre otros ejemplos, aludió a "rellenos injustificados" en las rías, a la aprobación del "devastador" Plan Acuícola, al Plan eólico "diseñado para los intereses empresariales", al Plan Vigo Integra "creado para los constructores", o a la aprobación de las Directrices de Ordenación del Territorio "sin contar con la participación de los ciudadanos".


También criticó la proliferación de polígonos industriales "sin planificación", el cultivo del "clientelismo electoral", o el mantenimiento de industrias peligrosas, como Reganosa, Ence, Endesa, Elnosa, Sogama o Meirama. Frente a esto, exigió a la Xunta "un cambio de rumbo inmediato" de cara a poner la sostenibilidad y la justicia social "en el centro" de sus políticas


(enlace)