Despois de tres meses de "parón".. Currando de sol a sol, e queimado por non poder recoller imaxes da loita social de Ferrol neste blogue.... Encóntrome que a pesar desta "inactividade", nomeóuseme moitas veces (non sei a conto de qué..) Hoxe como filtrador dunha nova a un xornal.
ACLARACIÓNS:
- Malia ser sabedor de; procesos, reunións, treque manexes, acordos, encontros, desencontros, etc.. nunca falei NADA, pois eu non estiven presente en NADA e non son quen de valorar o que NON vivín en primeira persoa.
- Calquera d@s compañeir@s enemistad@s poden acreditar que sempre tratei de quitar ferro e conciliar as persoas. Así como NINGÚN deles/as pediume intervir ao seu favor .
- Nestas eleccións traballei para as tres opcións políticas de esquerdas que lograron representación municipal, e calquera das persoas que trataron comigo en representación destas formacións poden acreditar que nunca falei nada que non fose estritamente laboral, así como velei na confidencialidade dos traballos encargados.
- Se quixese filtrar algo non ía regalar a exclusiva a ningún medio, teño a coraxe de sobra como para facer as cousas de fronte.
Así que vai esta mensaxe a esas persoas ociosas que non fan máis que enzoufalo todo, quen queirame atribuír calquera MERDA co faga en publico e á cara.
Novo inciso Agora sinalan outra persoa como o "filtrador".... O diario dixital; Ferrol 360 convértese nun medio papel couché tras facer publica a filtración e publicando un correo que presuntamente suplanta a identidade de Miguel López. Este medio da á nova cun "toque rosa" como se fose un traballo de investigación xornalística, cando é "palla", pois o borrador filtrado carecía da importancia que queren darlle algúns.
Hoxe moitos ferroláns espertaban con esta noticia no Diario de Ferrol, ANOVA abandoa a "Marea Ártabra". Dende esta formación sinalan que a Marea "non foi quen de percorrer un camiño que o levara a un proceso de participación cidadá" Os visionarios xa auguramos hai meses o fracaso da "Marea" ao abrir á cidadanía un proceso participativo para acadar unha formación electoral con vistas ás municipais. Sabiamos que ían aparecer "os de sempre" para foder todo!!
Premer para ver o fin da "Marea Ártabra"
Os mesmos que converten as "Marchas da Dignidade", nunha pancarta con catro borregos; o "Encontro Social", no Desencontro Social; "Stop Desafiuzamentos", nunha farsa; a "loita dos Furtivos da ría", nun pousado para a foto; e as "protestas dos praceir@s do Mercado de Caranza", en NADA.
Se como asociacións do barrio de Caranza, mirasen de rescatar de mans do P€P€ a AA.VV mellor farían. Pero non, no seu día procuraron “dourarlle a píldora” canto puideron á súa anterior presidenta (agora presidenta na sombra) e así vainos!!.
Parece que teñen cousas máis "importantes" co noso barrio. Están entretidos intentando dar un golpe de estado en CC.OO, comandando a loita contra a Taxa de Saneamento, e pendentes de calquera nova resposta social da que poidan facerse voceiros.
A política non podía estar á marxe deles, reparten aos seus membros tanto en Podemos, Marea, A Nova, PSOE, e en Espazo Eco-socialista. Pero "grazas ao demo", en EU, lograron liberarse deles; en Anova, quédanlles poucos peídos que botar; e no PSOE soamente quedanlles dous membros, para desgraza deles, un é independente e legal ao seu partido, e o outro mantéñeno dentro por mágoa.
Velaí teñen o seu propio "Podemos".Digno de estudo psicolóxico o ego, e o afán destas persoas por "coller cacho". Xa contaremos onde reuníanse estes asemblearios para trazar a súa folla de ruta para a "Marea". (Chama a atención que nestas xuntanzas non houbese pariedade de xénero).
Unha de Reis; Na foto vemos un vehículo histórico, é un "Jaguar", o mesmo está sendo asistido polos bombeiros de Ferrol, por un problema na batería. Nel non vai Ana Mato, vai o Rei Baltasar, cidadán de nacionalidade cubana e residente na cidade, acompáñano un chófer e unha moza. Aparte deste oficio (que desempeña un día o ano) tamén "saltou á fama" e foi coñecido por unha sentencia condeatoria por estafa a unha parella de velliños de Narahío. Actualmente este Sr (do que non sei oficio) vai facendo propostas de negocio moi RARAS, eso sí, precisa cartos por anticipado. Despois dunhas pequenas pesquisas, averiguei que este Sr. foi ex axente dos servicios secretos cubanos e alistouse en 1977 no Centro Superior de Información de Defensa español (Cesid). E xogoulla á propia Garda Civil, o noso "Rei Vago" preparou xunto co semanario "Tiempo" unha falsa operación de narcotráfico para demostrar no citado semanario que a Benemérita retribuía os seus informadores co 10% da droga apresada grazas ao chivatazo. Esta nova saíu publicada no semanario "Tiempo" a primeira semana de novembro de 1984.
É o Concello de Ferrol propietario do "Jaguar" ? ...... ou como se explica que este coche teña "asistencia en viaxe" por parte dos bombeiros de Ferrol!!
En vista de que hai anos que non se celebra a festa d@s traballadores/as e a Clase Obreira:
Ao remate das manifestacións do 1º de Maio, indistintamente da que decidamos participar, aparcaremos as nosas bandeiras e pancartas, e dirixirémonos a tomar unhas canas ao Café Bar O Recuncho, na Rúa San Ramón, en Esteiro (fronte á Facultade de Enfermaría). Ademais das canas ben frías, seguro hai algo preparado para picar. Para amenizar esta quedada da diversidade, entre estes compañeir@s estarán algúns músicos e poetas que xa confirmaron a súa asistencia.
**Oubo un erro nesta noticia, as Marchas DESLIGANSE DESTA MERDO-CONVOCATORIA, é cousa dos "Habitantes da Terra Media" os que manipulan, queren tutelar e van de voceiros de canta loita digna hai.
O 1º de maio as "Marchas pola Dignidade" preparan un acto reivindicativo de 13:00 h a 22:00 h, este trátase de rodear o concello de Ferrol portando velas. Referente a este "digno acto" teño que dicir; que varios individuos que participan nas asembleas das devanditas "Marchas da Dignidade" (Os denominados Habitantes da Terra Media) tiveron ás costas destas asembleas varias reunións secretas nas que se preparaba ocupar o Concello. Isto xerou un crecente malestar entre persoas que digna e inocentemente participan nas devanditas asembleas das Marchas. Descoñezo cales foron os motivos polos que decidiron abortar esa ocupación e realizar este outro evento. O que sei, é que varios "Habitantes da Terra Media", sentense molestos e agredidos por que ese mesmo 1º de maio convoquei aos meus compañeir@s da "Diversidade da Esquerda" a tomar unhas canas nunha cafetaría de Esteiro. Convocatoria que realicei moito antes, e sendo descoñecedor do evento que programaban. Que ten que ver unha cousa coa outra?... Non podemos tomarnos unhas canas e logo que cada un decida?... Como diría (tal como o fixo con anterioridade polas costas) o EX-compañeiro R. P. "Quen collóns é o merda de Susete para facer nada"?...
Ladran, logo cabalgamos!!
Espero que todos estes compañeir@s que participan nas Marchas da Dignidade sexan quen de tomar as rendas e apartar estes imbéciles e escuros.
Outra vez os "Habitantes da Terra Media" parecen confusos!! O pasado mércores, día 26 de febreiro, sacaban á luz un comunicado no que dicían que a plataforma Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra acordou, na súa última xuntanza apoiar ás Marchas da Dignidade. Quen publica esta MERDA, é a mesma persoa que non publicou que a voceira da "PAH de Ferrolterra", pronunciouse en nome d@s afectad@s, apoiando a "Marcha da Dignidade".
Imos aclarar algún punto a estes/as ENTERAD@S: - As PAH son as únicas asociacións lexitimadas para falar por e en nome dos afectad@s. - "Stop-Desafiuzamentos" son todos aqueles/as que se boten á rúa cando existe un chamamento de emerxencia social para parar un desaloxo. - Calquera cidadán, colectivo ou asociación, está lexitimado a portar unha pancarta que poña "Stop Desafiuzamentos", pois é un berro social. - Ningún cidadán, colectivo ou asociación, está lexitimado a decir que eles son "Stop Desafiuzamentos". (Excepto no caso das plataformas de afectad@s que decidisen usar esta definición). (Vaía de exemplo o 15 M, este movemento era toda persoa que se botaba á rúa). Agora vou contar como se empezan a parar os desafiuzamentos en Ferrol. O primeiro desafiuzamento público que vaise realizar en Ferrol é o de Gabi, membro da acampada 15 M, seus compañeir@s xa tiñan preparada unha resposta para intentar paralizar ese desaloxo. Ao momento de decatarme de isto contactei con Jesús Díaz, e empezamos a telefonar a compañeir@s de distintos partidos, sindicatos, e colectivos. Deste xeito, e por primeira vez en Ferrol actívase "Stop-Desafiuzamentos".
Participando xentes a título persoal, membros do BNG, CC.OO, CIG, CNT, EU, FORXA, PSOE, UGT, USTG, UL, e unha morea de asociacións e colectivos, ou calquera cidadán que viñese a parar un desafiuzamento puntualmente. Entón pódese dicir que "Stop-Desafiuzamentos" era unha resposta social de desobediencia civil . A partir dese momento, case sempre, as alertas producense do mesmo xeito que no primeiro desafiuzamento, e a resposta é sempre unitaria por parte de tod@s. ATA QUE.... De tantas loitas en común, e de ver como se perdían dereitos cada día, despois de celebrarse o Foro Social, traballouse para conformar o "Encontro Social", lugar de encontro e debate, dende o que poder entre tod@s construír alternativas e respostas sociais. Nun principio empezou todo ben, contando ata coa participación de forzas políticas de esquerda. Fixéronse algunhas cousas, como foi o roupeiro de Caranza, e asembleas, asembleas, asembleas.... Outras cousas xa construídas e en funcionamento, SECUESTRARONSE! coma si estas fosen feitas polo "Encontro Social", tal como foi o blog Axenda Aberta (con máis dun ano en funcionamento), as Hortas Comunitarias de Caranza (propulsadas pola Asemblea de Desempregados da CIG), Alimentos Solidarios, e o que xa era o colmo, secuestrábase un berro social "Stop-Desafiuzamentos". (Vou deixar o conto por hoxe ata que volten tocar o carallo)
Quede claro os "Habitantes da Terra Media" si non tedes @s afectad@s con vós, non sodes quen de falar por eles, ni sodes voceiros nin sodes NADA!!!! Actualmente a PAH de Ferrolterra, é a única lexitimada para falar en nome d@s afectad@s!!
Onte o compañeiro "Xaime", contábame o seu drama familiar, casado, 43 anos de idade, desempregado sen ningún tipo de prestación, e con tres fillos menores. Pero dicíame que onte non era o seu peor día, pois comeran uns espaguetis con bonito, antonte non puideron comer nada.
Cando nos falan da saudable dieta mediterránea, pregúntome, quen pode mercar aceite de oliva, peixe, ou froitas e verduras?
Cantos non poden levar aos seus fillos ao dentista?
Cantas mulleres non poden tinguirse as canas?
A deterioración persoal está á orde do día, e para rematar coa autoestima persoal, os desempregados van coa cabeza baixa sentíndose unha merda. Cantas voces caladas... canto silencio... cantas neveiras baleiras... canta vergoña............... Cata vergoña, cando os únicos que actualmente berran en Ferrol son os estómagos d@s nen@s que non comen.
Como dicía este amigo; " Suso,tiñas que ver os ollos dos meus fillos cando teñen cen gramos de mortadela para merendar". Xa non podo dar máis de min.......... Sempre defendín a unidade sindical, así como a soberanía dos sindicatos. Defendinos o indicible, e apoieinos máis alá do que moitos se poidan imaxinar, realizando moitas veces un traballo de "subsolo" para evitar agresións contra estes, ataques orquestrados por algúns que se erixen como voceiros de todo. As forzas sindicais actualmente sofren un letargo de máis dun mes, parece que algúns en vez de café almorzan con bromuro.
Actualmente non se pode centrar a loita en defender os intereses de traballadores en activo, negociar convenios colectivos, ou ben para prestar apoio xurídico aos despedimentos. A loita hai que centrala nos 20.745 desempregados de Ferrolterra, dos cales 17.455 corresponden a Ferrol, que ostenta a taxa de ocupación máis baixa das sete cidades galegas (dez puntos por enriba da media galega). O máis grave da situación son os datos que non facilita a Consellería de Trabajo, que non di cantos deixaron de recibir prestaciónes. Cantos fill@s como os "Xaime" pesarán o día de mañá sobre as nosas conciencias???
A comisión Executiva Local da Agrupación Socialista de Ferrol, reunida o día 23 de xullo de 2012, en sesión extraordinaria para analizar a sentenza emanada da Sala do Contencioso do Tribunal Supremo,en relación coa Planta de Gas de REGANOSA, acorda por UNANIMIDADE, os seguintes extremos :
PRIMEIRO.- Solicitar a paralización cautelar da actividade da Planta de Gas ata, no seu caso, coñecer e cumprir integramente a legalidade emanada da sentenza e os efectos legais e executivos que se derivan do cumprimento da mesma
SEGUNDO.-Denunciar a aprobación por parte do Goberno de Mariano Rajoy da Ley de Costas, por Consello de Ministros do 13 de xullo, que conduce a unha absoluta impunidade especulativa urbanística.
TERCEIRO.- Solicitar a constitución no Parlamento Galego dunha Comisión de Investigación sobre a Planta de Reganosa á luz das resolucións xudiciais recaídas respecto desta infraestrutura.
CARTO.-Instar á elaboración, debate e aprobación dunha Lei de Protección da Ría de Ferrol que aborde, entre outras cuestións, o saneamento integral da mesma.
Grazas @s "crític@s". O destes crític@s do PSOE, así como do BNG, ten moito mérito, son xente que malia seguir nestas opcións políticas, defenden as reivindicacións sociais, chámese Reganosa, Ence, Ría do Burgo, Serra do Caurel, A Seiruga, Mos, Monteferro, etc. Así como se posicionan contra as políticas armamentísticas, venda do estado aos mercados financeiros, submisión á U€... etc, etc..
Moitos deles/as permanecen dende o 1er día da loita contra Reganosa "rompéndose" a cara cos seus compañeir@s. Todos eles/as teñen nomes, e penso que incluso "secuelas" por ser consecuentes.
Anos de inxurias e malas caras entre gran parte da diversidade da esquerda galega que pasou unha mala factura a tod@s.
GAÑOU SÓ REGANO$A E O P€P€!!
É hora de recompoñerse tod@s socialmente, os partidos de ámbito estatal que actúan en Galicia, terán que saber revelarse aos ditados de Madrid e saberse NACIONALIZAR GALEGOS, e os de identidade nacionalista ter claro que defender a terra, a identidade, os recursos, o patrimonio e a vida.... é IRRENUNCIABLE.
Pido ao executiva comarcal do BNG que lean as sentenzas ditadas, escoiten a estes compañeir@s, e poñan na "orde do día" a tratar o caso R€GANO$A [con datos oficiais do que rouban, contaminan, riqueza que xeran para Galicia, e perigo que supón].
Quero lembrar unha pasaxe do acontecido o 3 de xuño do 2007, na manifestación pola liberdade de Bastida e Contra a Reganosa. Aínda que organicamente o BNG non se adherira á protesta, o cabeza de lista, Xoán Xosé Pita, e o daquela concelleiro Xaquín Ros e Cristina Amor [da executiva nacional do BNG], estiveron na manifestación. Non faltou ningún dos "Beiristas" ferroláns, entre os que destacaban os ex concelleiros Xosé Lastra, María Luisa Sabio e Mari Carme Parada. Mesmo o daquela deputado nacionalista Francisco Rodríguez mandou unha adhesión que foi lida na praza de Armas en medio de fortes pitadas de protesta.
Chamamento do Comité Cidadán de Emerxencia
Convocamos a toda a cidadanía a asistir ao Pleno Municipal do Concello de Ferrol mañá xoves 26 de Xullo ás 9,00 h.
Co fin de arroupar a intervención no mesmo da compañeira Lupe Ces quen falará en nome do Comité durante a presentación da Moción de Esquerda Unida en relación á Planta de Gas de Reganosa.
O grupo municipal de Esquerda Unida vai levar a situación de Reganosa ao próximo pleno municipal a través dunha moción, na que se reclama unha comisión de investigación para depurar as posibles responsabilidades pola posta en marcha da planta e ínstase a executar o seu peche. A formación dá este paso despois de que o Tribunal Supremo ditase sentencia declarando a nulidade da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos que se realizou no seu día para instalar a regasificadora.
Tamén a Agrupación Socialista de Ferrol, emitiu un comunicado solicitando a paralización cautelar da Planta de Gas e a apertura no Parlamento Galego dunha comisión de Investigación sobre a súa instalación, denunciando a nova Lei de Costas, e instando á aprobación dunha Lei de Protección da Ría de Ferrol. Acaban de comunicarme que o P€P€ atrasou mañá ata as 10:00 h. o inicio do pleno This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
Nova xornada de loita unitaria, hoxe e convocados polo comité de empresa de CC.OO de Mercadona, o hipermercado que ten en San Valentín foi "tomado" de forma pacifica polos representantes das forzas sindicais e algunhas formacións políticas da cidade. (CIG, CNT, EU, USTG, UXT)
Con esta xa fan catro o número de protestas, (tres foron no hipermercado da Gándara)
Salientar que estas accións véñense producindo dunha forma pacifica e cívica, coidando o respecto cos empregad@s e forzas de seguridade presentes.
Desta volta, ao ser en Fene, a xurisdición foi traballo da Garda Civil.
E me pergunto; quen é este persoeiro traxado que adicase a facer fotos @s manifestantes? ...Será traballador de Mercadona? ...Policía Nacional? ... Brigada Político Social? (Estivo tamén presente nas concentracións realizadas da Gándara)
Si é empregado con que fin realiza este servizo? Supoño que se trata dun Policía con exceso de celo pisando o terreo da Garda Civil. Si é deste xeito é ben parvo, pois so ten que ollar as fotos que colgamos na rede.
Entendo que cada un de nós ten un "papel a xogar", pero o que non vou permitir é que ninguén me faga fotos con fins que descoñezo. E máis cando o propio Sindicato Unificado de Policía ven de denunciar o intento de instaurar unha Policía "franquista". Tal como ven recollido na paxina web da Asociación Unificada de Gardas Civís .
Recollo o texto integro e sen traducir para que os que pensan que a democracia son eles.
El SUP protestará en contra del regreso a una Policía "franquista"
FUENTE: PUBLICO FECHA: 30/05/2012
El sindicato aboga por una "Policía civil" y considera que la nueva Ley de Personal que se está negociando supondría volver a las "catacumbas" de la dictadura
EFE Madrid 29/05/2012 21:40 Actualizado: 29/05/2012 22:38
El Sindicato Unificado de Policía (SUP) ha anunciado hoy que convocará para el 15 de junio una concentración frente a la Academia de Policía de Ávila en defensa de una "Policía civil" y en contra del regreso a las "catacumbas" y a los tiempos de una "Policía militar franquista".
El SUP lamenta que la nueva Ley de Personal que se está negociando con los sindicatos recupere la obligatoriedad de que los policías residan en la localidad de destino o que se elimine, según denuncian, el derecho a la negociación colectiva.
Asimismo, el sindicato asegura también que se pretende implantar una nueva uniformidad "descabellada" y "con parafernalia nazi".
"Estos patrioteros de chatarra en la pechera no tienen empacho en promover estas medidas de los tiempos de la policía militar franquista", proclama. El sindicato critica también los errores de gestión en la repatriación desde Yemen del cadáver del policía Antonio Cejudo, quejas expresadas también por su familia. Por todo ello, el sindicato se plantea nombrar personas no gratas al presidente del Gobierno, Mariano Rajoy; al director general de la Policía, Ignacio Cosidó, y al director adjunto operativo de la Policía, Eugenio Pino.
Estas son as fotos da protesta CÍVICA e DEMOCRÁTICA
"Terra da fraternidade..." cantaría o gran Zeca Afonso.
Onte foi unha gran xornada para @s traballadores/as de toda Galicia. En Ferrol, ante o despedimento dun traballador de Mercadona (supostamente este despedimento ven feito pola empresa, por este traballador ter secundado o dereito a Folga do pasado 29M).
Convocados polo comité de empresa de CC.OO de Mercadona, o hipermercado foi "tomado" de forma pacifica por representantes das forzas sindicais e algunhas formacións políticas da cidade. A esta xornada sumáronse @s compañeir@s da CIG, CNT, EU, USTG, UXT.
Quero transmitir meus parabéns a tod@s eles/as por acadar levar a cabo esta acción conxunta, demostrando o grao de madurez política e social acadado despois da gran "Noite de Piquetes" do 29M.(Abelleira, Secretario comarcal de CC.OO, o agradeceu publicamente)
Non imos con isto acadar formar un "Frente Popular" que derroque nas urnas ao P€P€, pero estou seguro de coa presión social conseguiremos mudar as inxustas e antidemocráticas reformas e faltas de liberdade.
Anécdota no Mercadona
Dende detrás da miña cámara (que é miña ferramenta para tentar dar difusión a loita social) onte procedín como sempre a facer a "tirada" de fotografías, lembrar que o pasado día 4, realicei o reportaxe da I Acción de Protesta.
Desta volta algo quíxose interpoñer nesta tarefa. Unha empregada de Mercadona (xeitosa e moi elegantemente vestida para traballar) adicouse a facer fotos d@s manifestantes e de min, eu estaba fotografando dende o "hall" de entrada, a empregada achegóuseme e díxome que non podía estar alí facendo fotos, nese intre xa me sentín realmente agredido, pois dentro do hipermercado os manifestantes, empregados e clientes, estaban gravando con distintos dispositivos.
Sentinme o parvo da "festa", máis, tendo en conta que na anterior xornada de protesta eu permanecín en dito "hall" durante toda a protesta (tal como se pode ollar neste álbum de fotos) Foi entón cando decidín entrar e púxenme a facer fotos dende dentro.
Esta empregada mandoume ao garda xurado, que tentou exercer civicamente a súa función, mentres, ela daba parte aos policías uniformados, tamén se achegou a darlle as queixas a outro non uniformado (que non teño o gusto de coñecer). Intre no que pensei que xa chegaba ben de fotos dende o interior e saín para fora, momento no que aproveitei para retratar a esta empregada e ao suposto encargado, que supostamente exercía a presión sobre o traballador despedido.
Quedoume a dúbida de se tal persecución por parte da empregada, foi por "morbo"? .. ou simplemente é unha máis desta "lexión de encargados fieis"..? (como ben contaba Ártabra21 neste artigo)
Desta persecución foi testemuña un compañeiro dun medio impreso, que incluso chegou a ofrecerme algunha foto no caso de que non me deixasen facelas.
Tamén quero deixar constancia de que non fago públicas as fotos d@s empregad@s nin das forzas públicas alí presentes.
Berro e reclamo liberdade para seguir exercendo libre e democraticamente meu cometido de DIFUSIÓN social !!
Mañá farei un resumo do que aconteza en Ferrol na xornada #12M, coma sempre asistirei Ceibe e Indignado.
Mañá 12 de maio, a cidadanía sairá á rúa para reclamar un sistema xusto onde todas e todos poidamos ser parte da toma de decisións políticas, económicas e sociais. Baixo a escusa da crise, a pouca soberanía que tiñamos, estase a ver sacrificada en aras do poder económico. O 12M nos mobilizamos polos dereitos e liberdades, contra o recortes, e porque nós non creamos a crise e non pensamos seguir pagando-a. Non nos vamos resignar! E por todo isto, reclamamos:
Democracia directa, participación e asemblearia. Que os nosos dereitos vaian a máis, nunca a menos. Nin un euro público máis para a banca. Auditoría cidadá da débeda pública. Educación, sanidade e servizos sociais públicos, gratuítos de calidade e laicos. Non aos recortes no gasto público e á privatización destes servizos. Reparto do traballo, salario digno e retirada da reformas laborais. Dereito á vivenda digna, dación en pago retroactiva, parque público de vivendas en alugueiro social. Reforma fiscal que redistribúa a riqueza que producimos entre todas. Que as necesidades básicas estean garantidas de xeito universal. Estas son só parte das nosas esixencias, e este 12M, CONVIDAMOS-VOS A PARTICIPAR coas vosas, na PRAZA DE ARMAS EN FERROL, nunha XORNADA GLOBAL de xustiza social, onde todos os colectivos e persoas esteamos xuntas na rúa.
12M FEIRA DE COLECTIVOS
Trata-se dunha xornada na que dende las 12:00h. e ata a hora que queiramos, cun xantar popular polo medio de 14:00h. ás 16:00h, dedicaremos-nos a mostrarlle a todos aqueles que aínda o descoñecen, as alternativas que temos ao fracasado sistema no que vivimos, e consistirá nunha serie de POSTOS INFORMATIVOS MONTADOS POLOS DISTINTOS COLECTIVOS ou a nosa colaboración, e especializados cada un nun tema, que informarán das distintas maneiras, xa existentes, para participar na construción dunha sociedade xusta e solidaria. Tratase de atraer a atención da xente nos tema das mesas e crear grupos de debate temáticos, tratando de implicar a xente activamente, traballar as accións concretas e proporcionar os recursos para levalas adiante.
12M MOBILIZACIÓN
Ás 18.00h., comezará a MOBILIZACIÓN na Praza de Armas, e no remate da mesma, haberá unha asemblea a micro aberto. Se anunciarán as asembleas temáticas situadas nas mesas e se explicará a problemática e as alternativas que se presentan.
Algúns dos temas propostos para participar en toda a xornada xiran entorno a: desemprego, educación, sanidade, inmigración, feminismo, medio ambiente, sostenibilidade, medios de comunicación e software libre, desenvolvemento da cultura e lingua galega, economía e política, agricultura e soberanía alimentaria, participación cidadá, e outros temas e accións dos moitos que todos vos estades a levar adiante e seguro que queredes plantexar.
Proporemos a realización de actividades como teatro social, pasarruas, música en vivo ou monólogos e se queredes sumar-vos, convidaremos-vos dende a asemblea a continuar cunha agradable velada na praza.
Facemos un chamamento xeral a tódolos colectivos interesados en participar e agradeceriamos que acheguedes unha confirmación COAS VOSAS POSIBILIDADES OU DESEXOS DE PARTICIPACIÓN ata o xoves desta semana, sen pechar que vos acheguedes alí mesmo, no 12M, en calquera momento do dia.
MESAS REDONDAS 13M, 14M E 15M.
Tamén vos animamos a participar nas mesas redondas que temos organizado para os dias 13, 14 e 15 de maio as 18 horas na Praza de Armas nas que se trataran os seguintes temas:
13M “Recortes dos dereitos laborais e civís, e democracia participativa” 14M “Recortes sociais, sanidade, educación, feminismo, emigración.” 15M “Sostenibilidade e alternativas ao desenrolo”
Hai unha frase de Philip K. (escritor norteamericano) que define perfectamente como se pode manipular a realidade sabendo usar as palabras.
"A ferramenta básica para a manipulación da realidade é a manipulación das palabras. Se podes controlar o significado das palabras, podes controlar a xente que debe usar as palabras".
Esta práctica de distorsionar a realidade manipulando as palabras exércea a extremadereita hai centos de anos.
Na actualidade pódemos comprobar como elixen para as súas asociacións fascistas nomes que para nada definen os seus fins, véxase por exemplo: "Galicia Bilingue", "Manos Limpias", ou seu recente acto na visita papal, definido como "Jornada Mundial de la Juventud".
Tamén recentemente asistimos atónitos, á nova definición que fai Ana Mato, Ministra de Igualdade, sobre a violencia de xénero, ao calificala como "Violencia Doméstica". Calquera podería pensar que nos atacou o noso gato.
Neste xogo de manipular a realidade caeu o Diario de Ferrol, na súa edición de hoxe, un titular chamoume a atención "Ferrol vive unha serie de sucesos de violencia doméstica". Aínda que logo o artigo comeza deste xeito: "En los últimos tres días se han vivido en Ferrol diversos episodios de violencia doméstica y de género de diferente naturaleza y gravedad"
O primeiro dos casos citados é dunha malleira protagonizada por unha muller á súa parella, tamén muller.
O segundo caso é dun home de 26 anos, que propinou unha malleira brutal á súa irmá de 16 anos. Esta malleira foi en vinganza, pois a menor defendera a noiva do seu propio irmán, a quen este golpeara.
O último caso que cita defíneo correctamente, ao cualificalo como violencia de xénero. Un home de 39 anos, agrediu a súa ex-parella, de 41 anos.
Mesturar todo nese titular, da lugar a crear no subconsciente da xente unha DISTORSIÓN das palabras. Agás no primeiro dos casos, nos outros dous vemos claramente como o sexo "forte" somete pola forza á muller.
A violencia DE XÉNERO prodúcese de forma cíclica, acostuma a vir precedida pola imposición de opinións, control da vida da parella, celos e sentimentos de posesión, e outra serie de agresións non físicas, pero si psicolóxicas. Crendo o agresor que a súa conduta é lexítima.
A segunda fase é donde atopamos a violencia física.
E a terceira fase, e de arrepentimento por parte do agresor, pero tentando convencer a muller de que ela ten culpa de que esto acontecera. En moitos casos, a muller chega a sentir vergoña de si mesma, e a pensar que pode ser a culpable do que acontece, algo parecido ao Síndrome de Estocolmo
O ciclo SEMPRE SE REPITE, ata que.... acontece o que acontece...
Como consecuencia da alerta por temporal na costa galega, a Xunta apraza o simulacro; "Plan de Emerxencia Exterior" que tiña previsto realizar este venres, día 16, en Reganosa e Forestal do Atlántico
Resulta totalmente incompresible a construción da planta de gas no interior da ría. Tal como o indican a cifras, máis dun 24% dos gaseros que tiñan programada súa entrada na ría, con destiño a REGANOSA, tiveron que pospoñer a entrada, xa fose, pola forza do vento, oleaxe, ou néboa.
Téñense dado casos, en gaseiros que deron entrado a primeira, cando o tempo e o mar o permitían, e cambiar bruscamente os elementos naturais, chegando a convertirse a travesía dalgúns gaseiros nun verdadeiro perigo na nosa ría Ou dandose casos como o do de saltarse a lei, tal como atestigua a imaxe do LNGSOKOTO (gaseiro n.º 72) entrando na ría sin visibilidade, vulnerando así a normativa de navegabilidade -EN1532-, que require que o gasero poida poñer rumbo a mar aberto polos seus propios medios.
(Foto de Humberto)
¡Que nunca pase nada! pero se acontece algo, agardemos que a Xunta do Sr Feijóo non teña que pedir tamén un informe meteorolóxico para que os equipos de salvamento poidan recoller os cadáveres.
QUE RECOMENDAN A VECIÑANZA EN CASO DE ACCIDENTE EN REGANOSA?? Estas son algunhas das recomendacións de seguridade, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil da Xunta, adscrita á Consellería de Presidencia:
Cinta illante para selar portas e ventás, persianas pechadas a cal e canto, afastarse de interruptores e enchufes, prescindir do coche e os electrodomésticos e permanecer no interior das vivendas ou colexios. QUE FACEMOS SE SOAN AS SEREAS? Incluído no Plan de Emerxencia Exterior, existe un sistema de aviso acústico,competencia da Dirección Xeral de Protección Civil. Trátase de seis megáfonos que están colocados no alto dun mastro de doce metros de altura,destinado a alertar a poboación circundante en caso dun accidente químico na planta de gas ou en Forestal do Atlántico.
As sereas en caso de emerxencia serán activadas dende protección civil ou dende o parque de bombeiros. "Lóxico,pois no suposto dun accidente grave na planta, non quedaría nin deus con vida para poder premer o botón da alarma"
O discurso fundacional do 15 M dende o primeiro día, puido parecer ambiguo para moit@s dos que cremos ter as cousas claras, pero nada máis lonxe da realidade, foi un traballo de elaboración de meses, no que o márquetin primou dende o principio.
O discurso que nos asustaba “Non somos nin de esquerdas nin de dereitas”, tiña unha finalidade, captar a tod@s @s “Indecis@s” posibles cidadáns sen formación nin vocación político-sindical, que nunca trataran antes estes temas, pero que na realidade lles afectaban tamén.
O márquetin era primordial, sabendo “colocar” algunhas frases nun discurso fácil e asumible. Estivo moi ben estruturada a "fórmula", unha vez se lle abren os ollos aos “Indecis@s” nada os faría dar marcha atrás nesta loita, o "chiscadela" estaba feito.
Esas frases falaban de; “Consumidores infelices”, “Felicidade das persoas”, “Benestar da sociedade”.A palabra “Progreso” utilizouse 2 veces, “Desenvolvemento” outras 2, “Sociedade” utilízase en 5 ocasións, e tamén se di “Social” 2 veces.“Unha sociedade mellor”, “Prioridades de toda sociedade avanzada”, “Procurando o maior beneficio para o groso da sociedade”, “Benestar da sociedade”.
Un éxito, @s “Indecis@s” xunto con milleiros de cidadáns que levaban tempo loitando desde distintas frontes sociais xuntáronse na Praza de Sol. O márquetin funcionou, foi un éxito, “inventouse” a figura d@ “Indignad@”
Este discurso, trasladado á Praza de Armas, en Ferrol, non gustou moito entre a xente que viña loitando hai tempo pola dignidade social. As persoas que levaron as rendas nun principio quizais non foron as idóneas. Estaba unha procuradora dos xulgados, un ex empresario con “moito pasado”, e tamén estaba o ex presidente da AVV de Ferrol Vello, entre outr@s, pero é o que había. En cambio algo novo se movía, e podía valer a pena TENTALO.
@s que nos cremos de esquerdas permanecemos na periferia do movemento, algúns sumábanse a pés xuntillas, con medo a tanta ambigüidade, @s de esquerdas pensabamos a “Revolución”. Pero bo, a “falla de pan”, tampouco viña mal quitar o poder “democráticamente” aos neoliberais do P€P€-P$O€.
Os Anarquistas, aínda viron máis ambigüidade, ao fin e ao cabo, soamente se falába de “reformas”, para nada cumprían as expectativas libertarias. Creo que o único que lles gustou, foi o sistema aberto e asembleario do 15M.
Pero tod@s INDISTINTAMENTE das nosas tendencias, estabamos con eles, tod@s eramos uns/has “Indignad@s” máis, e fómonos aproximando a este movemento. A rúa tiña vida, debate e política por todos os lados, até creo que se facía un labor terapéutico psicolóxica con moita xente que se sentía en soidade e necesitaba comunicarse. Era difícil eses días non falar do “15 M”.
Uns preferimos participar distantes, outr@s esporadicamente, e outr@s involucrámonos en maior ou menor medida neste proxecto. Fixéronse charlas moi interesantes, sobre a “vivenda”, “banca”, “idioma”, “experiencias de ocupación”, “reforma laboral”, “morte digna”, “pacto do euro”, e algunha que outra máis. Á parte de tratar todo tipo de problemas que nos expón o “estado do malestar”, “sanidade”, “educación”, “Reganosa”, etc..
¿Por que non arrinca en Ferrrol o 15M?
O márquetin. Non souberon abrirse á realidade social, pensaban que tendo 1.252 seguidores no Facebook xa bastaba para mobilizar á xente, pero precisamente nas redes sociais viñan os problemas, era onde estaban a facer máis debates que na propia Praza.
A rede social soamente tería que usarse con fin informativo, dinamizador, soamente debíase publicar o aprobado e consensuado.
A realidade social actual, é que somos maioritariamente CONSUMIDORES. Nesta sociedade de consumo somos mercadoría e rexémonos como autómatas.
E o “Producto 15M” chegaba ao consumidor/ra “enzoufado”
O idioma. En Ferrol, tardouse case 4 meses en facer do 15M un movemento realmente bilingüe, en ningún momento souberon ver que as agresións ao galego eran un conflito social e un tema de especial sensibilización para a esquerda. Algúns facían un esforzo grande para conciencialos, e utilizábano sempre. Pero tiveron que pasar eses 4 meses para poder ver recollidas as actas tamén en Galego
A división Por unha banda quedaron @s acampad@s, que realizaban as asembleas na praza, e doutra banda estaban @s que se denominaban “Democracia real xa”, estes utilizaban cafetarías para ter os seus encontros, nun principio eran os mal chamados “precursores” (A procuradora, o ex empresario, o ex presidente veciñal e outros poucos), aos que se foron sumando outr@s poucos máis, esta xente xa tiña máis capacidade de entender a realidade social na que nos movemos. E a poucos, foron gañando o terreo aos “precursores” que ou retiraronse ou participan en menor medida.Pero sen dúbidas, o “15M” xa se partira en dous. Mesmo no Facebook a Acampada Ferrol tivo que facer a súa propia páxina.
Dividir. Como o debate se viu trasladalado na súa maioría a internet, creáronse ferramentas de comunicación novas, esas ferramentas obrigaban moitas veces a ter que rexistrarse. Creando á forza unha exclusión participativa.
Falta de captación e estructuración. Moita xente da que participou na praza deixoulla escapar, xente con discurso político, coas ideas moi claras. Non souberon facel@s parte disto, darlles un papel. Á hora de conformar os grupos de traballo, estes creáronse apuntándose a man alzada en asembleas. Asembleas ás que non podía asistir toda a xente. Había xente que se apuntaba a catro grupos de traballo e outros que non se apuntaban a ningún. Formáronse grupos de traballo, que ían desde un grupo con 7 persoas a outro con 2 soamente. Non se expuñan o crear un Mapa de Conflitos e cubrilo coas necesidades acordes para que cada grupo de traballo puidese funcionar autónomamente.
Ese Mapa de Conflitos chegouse a realizar, á hora de ir estudalo e aprobalo, soamente asistiron 5 persoas.
MÁIS CONCLUSIÓNS PERSOAIS
Desde o primeiro momento algunha xente pensou que o “15M” eran eles, algún/ha ainda o pensa. Pensaron que @s “Indignad@s” soamente eran os que se vían as caras todolos días.
“Que non veñan estes”, “Que non veñan aqueles”, “Que non se fagan con isto”, “Que non digan”, “Que non..que NON”
E nada máis lonxe da realidade, cando a Praza tivo realmente vida foi cando dende distintos colectivos, asociacións, sindicatos, e atrévome a dicir que até partidos políticos, fixeron ese chamamento á CONVERXENCIA
É PRECISA ESA CONVERXENCIA SOCIAL POLA INDIGNACIÓN, E PODER XUNTARNOS TODOS BAIXO O PARAUGAS DO “15M”, NUNHA LOITA COMÚN POLA DIGNIDADE SOCIAL.
Un artefacto fixo explosión esta pasada madrugada na sede do PP en Ordes.A explosión non ocasionou danos persoais pero si desfeitas materiais. Fai uns meses xa houbo varios precedentes, case todos dirixidos contra sedes do PSdeG,e contra sindicatos.
Nada pode xustificar os atentados que se cometeron contra sedes de partidos e sindicatos nos últimos meses. Non se pode xustificar nin un empurón a un rival POLÍTICO.As verbas,a educación e a tolerancia terán a razón. (Non fago moito alarde disto que digo,pero non deixarán de ser VERBAS...)
Esta acción é un ataque non só ao PP como partido,senón aos milleir@s de votantes "itinerantes" que votan ao PP,xente que vive "enfrascada" sen abrir o campo de visión a realidade.É un ataque que dará argumentos para que tachen a tod@s de violent@s,e intoxiquen ainda máis.
Milleir@s de persoas veñen de saír a rúa co movimento 15-M,e moit@s outr@s espertaran pronto,esta forma de tomar a rúa e democrática e pacifica,como teñen que ser todas as mostras de disconformidad.
SAÚDE E LIBERDADE *¿Intolerancia,independencia,intransixencia, inconsciencia, indignación...'''??
"Toma la calle Ferrol" acaba de ter un importante lavado de faciana.O pasado día 15 eu queixábame de ter asistido a un acto eclesiástico,ao meu modo de ver dirixido,orquestrado e manipulado.Neste acto a miña impresión foi a que contei,aparte de percibir un claro chamamento ao abstencionismo,(Non fun o único que saíu con esa sensación,moitisim@s compañeir@s opinaban como eu,aínda que non se pronunciaron públicamente)
Nas sucesivas convocatorias e asembleas moitos activistas sociais de toda índole preferiron permanecer calados vendo como se desenvolvían os acontecementos.Os que asististes e coñecédelos,puidestes ver como estas xentes quedaban sempre por fóra das asembleas,como satélites que pasaban polo lugar.
A xente empezou a intervir cada vez con máis énfase ,empezáronse a facer propostas políticas,sociais e ambientais.Non cabe dúbida de que calquera pode intervir e dicir algunha burrada,pero iso tamén é parte da diversidade,gústenos ou non.
Chegado a este punto,a miña sensación nestes intres,é que se empeza a estruturar algo con sentido,xa vai collendo matices políticos,aparte de sentirme aliviado de que ninguén vai poder manexar os tempos ou manipular á xente.@s moz@s e maiores cos que falei téñeno moi claro,isto é un movemento apartidista, pero político,e empezan a entender moitas cousas.
Tamén decir;que vou seguir sendo ceibe de falar,decir e trabucarme eu mesmo cando me de a gaña.
Reportaxe do atraque do gaseiro e a concentración protesta realizada polo "Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol"
Fai uns días os medios de idiotización facíanse eco dunha sentencia gañada por Reganosa,no TSJ (Tribunal Supremo).Decir que para gañar Reganosa esta sentenza,PRIMEIRO A PERDEU ante o TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia).
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non só declaraba a admisibilidade do recurso, senón que na súa sentencia entraba no fondo do asunto, é dicir, a Planta de Gas de Reganosa está obrigada á tramitación da (DIA) Declaración de Impacto Ambiental ,(da que carece)
Ainda lles quedan por "roer" 8 contenciosos presentados polo CCE diante dos tribunais. Tamén existe unha sentencia do TSXG que anulou a modificación puntual do Plan de Ordenación de Mugardos que serviu de base para a licencia de construción de Reganosa, e que está recorrida, por Reganosa e a Xunta, diante do Supremo.
O TSJ (Tribunal Supremo)deberá aínda entrar no fondo do asunto, convertendo en pura propaganda as palabras tanto de Reganosa como do Presidente da Xunta, sobre a legalidade da maioría das actuacións referidas á R€GANO$A. Se premedes o botón,ollaredes o Comunicado do "Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol"
Nota de Prensa do CCE sobre sentencia do T.Supremo Publicado Decembro 27, 2010 por Comité Cidadán Categorías: Comunicados Comité Cidadán Etiquetas: comite emerxencia, Mugardos, ría de ferrol, Reganosa
NOTA DE PRENSA SOBRE SENTENCIA DO SUPREMO (27/12/2010)
(Recurso de casación presentado por Reganosa e Xunta de Galicia)
Aínda que Reganosa e o Presidente da Xunta de Galicia, Nuñez Feijoo, celebren a sentencia do Tribunal Supremo e declaren que REGANOSA, é xa unha empresa legal, a sentencia ditada declarando inadmisible o recurso contencioso administrativo interposto pola Plataforma Veciñal da Parroquia de Mehá, NON CONVIRTE EN LEGAL UNHA PLANTA QUE DESDE OS SEUS INICIOS SE SUSTENTA EN ILEGALIDADES MANIFESTAS, e é só unha sentencia máis que evita pronunciarse sobre o fundamental:
Reganosa é unha planta que polas súas características precisa dunha Declaración de Impacto Ambiental DIA, o mesmo que dun Plan de Emerxencia Exterior. Esixencias que, pola súa perigosidade, só se lle requiren a 10 empresas en toda Galicia, tres delas situadas en Punta Promontorio, no concello de Mugardos.
Hai que lembrar que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non só declaraba a admisibilidade do recurso, senón que na súa sentencia entraba no fondo do asunto, é dicir, a Planta de Gas de Reganosa está obrigada á tramitación da Declaración de Impacto Ambiental DIA,(da que carece), e non da simple Declaración de Efectos Ambientais DEA, como manteñen os promotores de Reganosa e a Xunta. Nesta sentencia o Tribunal Supremo declara inadmisible o recurso, por estar dirixido contra un acto de trámite, pero non se pronuncia sobre a outra parte, a fundamental referida á Declaración de Impacto Ambiental.
Debemos lembrar que hai 8 contenciosos presentados polo CCE diante dos tribunais. Tamén existe unha sentencia do TSXG que anulou a modificación puntual do Plan de Ordenación de Mugardos que serviu de base para a licencia de construción de Reganosa, e que está recorrida, por Reganosa e a Xunta, diante do Supremo. Tribunal que deberá aínda entrar no fondo do asunto, convertendo en pura propaganda as palabras tanto de Reganosa como do Presidente da Xunta, sobre a legalidade da maioría das actuacións referidas á planta regasificadora. Ferrol a 27 de Decembro de 2010 Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol