Mostrando entradas con la etiqueta trabajadores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta trabajadores. Mostrar todas las entradas

1 may 2017

O peor 1º de Maio na historia de Ferrol.

Premer para ver as fotos
Por unha banda a manifestación de CC.OO e UXT, con apenas 1000 manifestantes, que unha vez chegados á Praza da Constitución quedaron en 400. A lectura que quito da mesma é que vin partidos de esquerda desfragmentados, militantes dispers@s e escondid@s uns doutr@s. Algún tivo que encher a pancarta con xente de recente afiliación, e outros non levaron pancarta porque literalmente non asistiron. 
Premer para ver as fotos
Os mal chamados movementos sociais desaparecidos, e tampouco se lles fixo en falta.

Á mesma hora, na Praza Vella de Ferrol Lanuxe, manifestábase a CIG, arroupado polo BNG, Causa Galiza, e unha representación do FEGAMT. Esta contou coa presenza duns 400 manifestantes.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

11 dic 2015

O Naval de Ferrolterra convoca a toda a cidadanía a participar nunha gran manifestación comarcal

O Naval de Ferrolterra convoca a toda a cidadanía a participar nunha gran manifestación comarcal que terá lugar o domingo, 13 de decembro, esta partirá dende o Inferniño ás 12:00 h. 






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

11 mar 2015

O 10 de Marzo máis raro e aburrido dos últimos anos.

A hora tardía das manifestacións desluciu o que tiña que ser unha festa, malia todo, cumpriuse o trámite e tamén boteime unhas risas.

Na Praza de Armas, tiña lugar a concentración de CC.OO, este ano en solitario sen a participación da USTG nin UGT. Pero tiveron compañía extra, Rafael Pillado (ex-militante do PCG, ex-militante do PSOE, ex-simpatizante de AGE, asinante da "Marea Ártabra", e participante en PODEMOS), capitaneaba a pancarta dos que pretenden dar un golpe de estado en CC.OO. O lema desta rezaba: "1972 - Ditadura - Democracia secuestrada - por unhas CC.OO combativas,"

Parece que moitos descoñecen quenes foron os traidores ao ideario comunista!!




Por outro lado, e en Terra Hostil (Praza de Amboage) finalizaba a manifestación da CIG, coa presenza e intervención de Suso Seixo, secretario xeral do sindicato. 

A anécdota na "bancada", un espectador inusual e en "fóra de xogo", Celso Posada, persoa que aspiraba a liderar o PSOE provincial, pero o pobre non conseguiu o 20% do censo do partido na provincia para avalar a súa candidatura. (Si buscaba avales non veu ao lugar axeitado). 



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

30 dic 2014

Manifestación na Defensa dos postos de traballo en Megasa



(Resumo de: Sermos Galiza)

Desde 2008, Megasa -unha empresa que facturou arredor de 1.000 millóns de euros en 2011 e que se viu prexudicada pola perda de bonificacións públicas, no chamado sistema de ininterrumpibilidade- despediu o 30 por cento do seu cadro de persoal.

Megasa formula agora un despedimento colectivo que atinxe unha das súas tres quendas, 47 dos 168 que constitúen agora o seu cadro de persoal.

Na marcha tomaron parte representantes do BNG -o portavoz nacionalista no Hórreo, Francisco Jorquera; o alcalde de San Sadurniño, Secundino García; a responsábel comarcal de Ferrolterra e concelleira en Ferrol, Mercedes Tobío-, así como do PSdeG-PSOE, entre eles a deputada Beatriz Sestayo.

Ao termo da marcha, que partiu desde a Praza Irmñasn Freire e concluíu perante a entrada da factoría, o presidente do comité de empresa, Carlos Bascoy (UGT), acusou a empresa de utilizar a reforma laboral para “materializar os despedimentos”, embora a compañía se ter beneficiado de “constantes privilexios” concedidos por parte das “administracións públicas”.Que privilexios? Segundo o representante sindical, mudanzas no plano de ordenación urbana, recheos na Ría e novos accesos por estrada.

Bascoy afirma que a empresa desvía os beneficios obtidos na factoría de Narón para as súas plantas en Portugal.

A asemblea de traballadores convocou unha folga para os vindeiros 2 e 3 de xaneiro, anunciou tamén o presidente do comité.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

26 jun 2014

Manifestación de apoio ás reivindicacións d@s traballadores/as de Correos.

Unhas 350 persoas participaron hoxe mércores, na manifestación de apoio ás reivindicacións d@s traballadores/as de Correos. Nesta estivo presente a recente imputación contra o aínda alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, polo seu suposto delito de suborno e branqueo de diñeiro.

Os voceir@s d@s traballadores/as denuncian os recortes de persoal, que poden chegar a afectar a un 25% do equipo, aparte dos despedimentos advirten que vanse executar xubilacións anticipadas e eliminar os postos vacantes que se viñan cubrindo con persoal temporal.

Ao remate do acto un dos traballadores realizou un chamamento á unidade dos sindicatos, partidos e traballadores/as á hora da loita social. Tamén criticou duramente a falta de sensibilidade do PP de Ferrol, que negouse a recibilos, así como a falta de sensibilidade socialista no PSOE.





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 may 2014

Marcha do Naval esixindo o traballo prometido, e pedindo a construcción do dique flotante.

Os traballadores/as do naval de Ferrol botáronse de novo á rúa, esta vez tratouse dunha marcha ata o edificio administrativo de Facenda, situado no barrio das Telleiras, este permanecía fortemente custodiado por varios furgóns dos antidisturvios.

A marcha transcorreu coa habitual rutina e normalidade que adoita caracterizar estas protestas. Unha vez na sede de Facenda, varios traballadores fixeron unha maqueta en metal dun buque, que deixaron na mediana da estrada  de acceso a Caranza, como símbolo de reclamo de carga de traballo para o sector.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

30 abr 2014

Manifestacións do 1º de Maio

A manifestación da CIG, partirá ás 11.30 h. dende a sede do sindicato, na Avda. de Esteiro, e finalizará na praza vella de Ferrol Vello, lugar que simboliza a ruína da cidade. 

Por outra parte, ás 12:00 h. dende o Inferniño, sairá a manifestación de CC.OO., UGT e a USTG, e finalizará na Praza de Armas.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

29 abr 2014

1º de Maio, quedada da "Diversidade da Esquerda"

En vista de que hai anos que non se celebra a festa d@s traballadores/as e a Clase Obreira:

Ao remate das manifestacións do 1º de Maio, indistintamente da que decidamos participar, aparcaremos as nosas bandeiras e pancartas, e dirixirémonos a tomar unhas canas ao Café Bar O Recuncho,  na Rúa San Ramón, en Esteiro (fronte á Facultade de Enfermaría). 

Ademais das canas ben frías, seguro hai algo preparado para picar.

Para amenizar esta quedada da diversidade, entre estes compañeir@s estarán algúns músicos e poetas que xa confirmaron a súa asistencia. 


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 mar 2014

Uns 2.500 traballadores/as do sector naval, realizaron hoxe unha marcha ata o edificio de Facenda.

Uns 2.500 traballadores/as do sector naval, realizaron hoxe unha marcha ata o edificio de Facenda, nas Telleiras.

O recinto estaba fortemente custodiado polos antidisturbios, tanto no exterior coma no interior, onde se parapetaban máis unidades de intervención rápida. Na estrada pintáronse os lemas: Dique SI, Veto NON!, e Traballo XA!. A continuación procedeuse á queima dunha fragata de cartón e madeira, que representa as promesas do P€P€ en canto á construción dunha unidade nos asteleiros de Ferrol.

Esta protesta é a penúltima deste mes de marzo, pois a seguinte cita é a manifestación do próximo domingo, día 30, que partirá ás 12:00 h. da praza do Inferniño.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Últimos cartuchos na defensa do sector naval

Este domingo, 30 de marzo, os sindicatos de Ferrol queiman un dos seus últimos cartuchos, achégase a Semana Santa, e queiramos ou non, é a data na que inconscientemente cambiamos o chip, e xa empezamos a facer plans para o verán. Necesítase con urxencia unha convocatoria unitaria de folga xeral local. A falta de traballo na bisbarra é motivo dabondo ( Sobre17.000 desempregad@s ).

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

28 feb 2014

Unhas 2.500 persoas tomaron hoxe as rúas de Ferrol, na manifestación da Alianza Social Galega, baixo o lema “Por outra saída da crise”.

Unhas 2.500 persoas tomaron hoxe as rúas de Ferrol, na manifestación da Alianza Social Galega, baixo o lema “Por outra saída da crise”. A mesma sumáronse @s traballadores/as do Naval, de Mercadona, de SPRIL NORTE, a PAH de Ferrolterra, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e outros colectivos sociais.

Tamén moitos dirixentes sindicais e políticos quixeron participar en Ferrol desta mobilización, como Suso Seixo (CIG), José M. Sánchez Aguión (CC.OO), e José R. Gómez Besteiro (PSOE).





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 feb 2014

Entre 2.500 e 3.000 persoas, saen en Ferrol na defensa do Naval

Case tres meses despois da última acción levada a cabo na defensa do sector Naval, os comité de empresa e os sindicatos volven de novo á carga. Desta volta entre 2.500 e 3.000 persoas, visto que a maioría delas eran traballadores/ras en activo, dan unha clara visión do fracaso organizativo e de difusión por parte dos convocantes.


Só est@s traballadores/as traballarían na construcción do flotel
@s traballadores/as que van traballar na construción do flotel para a empresa mexicana, Pemex, puxéronse tras unha corda, para facer ver o número de traballadores da plantilla actual, que quedarían sen actividade.

Os grandes ausentes foron @s representantes locais do PSOE, parece que as súas loitas internas non lles permiten atender o que é prioritario.

Non foi sen tempo, a última gran concentración tivo lugar o 8 de decembro do 2013, parece mentira que con máis de 17.000 desempregados en Ferrol, teñamos que esperar a polo Naval, e que estes non sexan capaces de prender a chama que dea paso a mobilizacións máis subas de ton. As mentiras por parte dos desgobernos, central, autonómico e local (todos eles do P€PE) teñen que ter respostas e compromiso por parte de todos.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

2 dic 2013

Encerro e visitas de solidariedade cos traballadores/as do Naval de Ferrolterra

Esta tarde os traballadores/ás e representantes sindicais do naval de Ferrolterra, que permanecen pechados no concello de Ferrol, recibiron varias visitas de solidariedade por parte de membros de Anova, Espazo-Ecosocialista, e EU. Entre eles destacaban os parlamentarios de AGE, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Veiras, xunto co alcalde de Teo, Martiño Noriega.

A representación de Anova mantivo unha entrevista cos representantes dos traballadores/ás .


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 nov 2013

Mañá sábado, manifestación pola Defensa dos Servizos Públicos

Mañá sábado, día 23 de novembro, ás 12:00 h.  na Praza de España, dará comenzo a manifestación pola Defensa dos Servizos Públicos, convocada polos sindicatos de traballador@s CCOO, UGT e USTG.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

4 jul 2013

Marcha do naval ao redor da ría de Ferrol.

Con esta marcha @s traballadores/as dos estaleiros seguen co seu calendario de denuncias, en especial sobre as promesas incumpridas polo P€P€, o de construción do dique flotante, e o Flotel para a mexicana Pemex.

O presidente do comité de empresa Navantia Ferrol, Ignacio Naveiras, solidarizouse en nome d@s traballadores/as do naval de Ferrol, cos compañeir@s dos estaleiros privados, que se ven ameazados dende a UE con ter que devolver as axudas tax lease, o que acabaría definitivamente co naval de Vigo.

A marcha percorreu catro municipios da bisbarra, os traballadores/as de Navantia Ferrol saían ás 11:30 h cara á ponte das Pías, ao final da mesma encontrábanse cos traballadores/as do estaleiro fenés, dende alí partian todos xuntos dirección Neda, e logo cara a Narón, onde se fixo un pequeno descanso para tomar un bocadillo. Ao chegar á rotonda próxima a Megasa, a marcha se detivo uns minutos, e leuse un comunicado de apoio e solidariedade cos traballadores/as desta empresa. A marcha chegou de volta a Ferrol ás 16:30 h


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 jun 2013

O P€P€ de Ferrol, usa a forza para desaloxar os afectad@s polas preferentes

Neste pleno dábase a circunstancia, de que era o primeiro que se realizaba cun aforamento limitado. Malia iso non se logrou encher a sala, na que había unhas 70 persoas. Entre os asistentes encontrábanse varios dos afectad@s polas preferentes, traballadores de Megasa, do CAMF, membros da plataforma da sanidade pública, bombeiros, policías, etc..



Deste xeito daba comezo o pleno, nada máis tomou a palabra o aínda alcalde, José Manuel Rey Varela, os asistentes comezaron a berrar:


Menos narcos e máis barcos!! 

Ilegalizarar o partido popular!!

Aos poucos minutos, e vendo a imposibilidade de dar inicio o mesmo, varios concelleiros do P€P€, e á cabeza o sr. alcalde, retiráronse a meditar. Pasados dez minutos volvían, momento no que o alcalde se dirixiu aos afectad@s polas preferentes, para dicirlles que alí non se podía protestar, ou procederían ao desaloxo.

Intentouse reanudar (máis ben comenzar) o pleno, pero os berros afloraron de novo na sala, inmediatamente o alcalde, ordenou proceder ao desaloxo pola forza dos preferentistas.

Automaticamente todos os alí presentes desaloxaron a sala, seguidos polos partidos da oposición, agas Independentes por Ferrol, que só ten un representante na figura de Juan Fernández, socio do DESgoberno municipal. A sala quedou practicamente baleira, a excepción dun pequeno grupo de persoas afíns ao P€P€.




A ANÉCDOTA
Neste reducido grupo de achegados do P€P€, non deixaron en ningún momento de increpar os protestantes, cando un deles decidiu responder educadamente aos insultos, unha das señoras que máis increpaba, requiriu a presenza policial, dicindo que se lle insultara gravemente. Cando se estaba a desaloxar a sala, estas mesmas señoras, volvían increpar de novo os manifestantes, un dos policías locais que protestaban dirixiuse a ela e pediulle un pouco de respecto.


A POLICÍA LOCAL
A algún policía local subiúselle á cabeza a serie CSI, un deles, extralimitando as súas funcións, dirixiuse a un dos reporteiros gráficos alí presentes, e requiriulle as imaxes, este díxolle que si as quería, estas terían que ser pedidas ao seu medio mediante un requirimento xudicial, que para iso existía a liberdade de prensa. O axente engurrouse e pediu desculpas ao reporteiro, despois da lección de ética que recibiu .



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 jun 2013

O Naval de Ferrol, solidarizase co naval vigués

Hoxe ás 10.30 h. tivo lugar unha concentración ás portas dos estaleiros de Ferrol, en solidariedade cos compañeir@s do naval vigués, onde hoxe secundan unha xornada de folga contra a sanción da UE que obrigaría a os estaleiros a devolver as axudas percibidas durante anos, esto condearía a morte o sector naval privado.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.