Mostrando entradas con la etiqueta enseñanza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta enseñanza. Mostrar todas las entradas

27 mar 2014

Uns 300 estudantes percorreron as rúas de Ferrol, na manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes.

Uns 300 estudantes percorreron as rúas de Ferrol, na manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes.

Hoxe malia haber previamente unha marcha polo naval, @s traballadores/as dos estaleiros non se sumaron á protesta estudantil, tal como acontecera na anterior convocatoria.





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 feb 2014

Manifestación en rexeitamento á lei LOMCE, e a tódolos recortes levados a cabo polo DESgoberno do P€P€.

Hoxe ás 12:00 h. de diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, partiu a manifestación en Defensa do Ensino Público, en rexeitamento á lei LOMCE, e a tódolos recortes levados a cabo polo DESgoberno do P€P€. A asistencia foi minoritaria, debido sobre todo a que moitos centros encontrabanse en periodo de exames.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 feb 2014

Folga e manifestacións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, convoca a un paro en rexeitamento á LOMCE e os recortes, para o vindeiro xoves, día 20 de febreiro.

Manifestacións en Galicia:

A Coruña: Praza de Vigo, ás 12.00 hs.

Carballo: Praza do Concello, ás 12.00 hs.

Cee: Praza 8 de Marzo, ás 12.00 hs.

Ferrol: Praza de España, ás 12.00  hs.

Lugo: Edificio Intercentros, ás 11.30, e na Horta do Seminario, ás 12.00 hs.

Moaña: diante do edificio do Concello, ás 1200 hs.

Noia: Diante do IES Virxe do Mar, ás 12 .00 hs.

Ourense: Rúa do Concello, ás 12.00 hs.

Ponteareas: Rúa Feliciano Barrera, ás 12.00 hs.

Pontedeume: porta do I.E.S. Breamo, ás 10.00 hs.

Pontevedra: Praza da Peregrina, ás 1200 hs.

Ribadeo: diante do IES de Ribadeo, ás 12.00 hs.

Ribeira: diante da estación de autobuses, ás 12.00 hs.

Santiago de Compostela: Alameda, ás 12.00 hs.

Sarria: Praza da Vila, ás 12.00 hs.

Verín: Avda. de Portugal-Diante IES Xesús Taboada Chivite, ás 12.00 hs.

Vigo: Praza América, ás 12.00 hs.

Vilagarcía: Praza de Galiza, ás 12.00 hs.

Vilalba: Praza da Constitución, ás 12.00 hs.

Manifesto:

En pé por un ensino público e galego!

Nos últimos anos estamos asistindo a un maior endurecemento das condicións de vida das camadas populares galegas. Isto reflíctese tamén, como non podía ser doutro xeito, no ámbito educativo. Así, son innumerábeis os recortes e reformas impostas á educación pública (recorte e supresión de bolsas, suba das taxas universitarias, redución nos comedores públicos, minimización do limite de prazas, etc.) sobre o pretexto dunha crise económica, en que, "paradoxalmente", aumentan as gañancias das grandes elites económicas e invístese diñeiro público en rescatar bancos ou manter iniciativas privadas ao tempo que se nos di que temos que "apertar o cinto" e aceptar os recortes. Uns exemplos disto serían a recente eliminación das bolsas Erasmus a quen é receptor das MEC; estas últimas foron unha desagradábel sorpresa para as universitarias onte, xa que moita xente viu negadas as súas solicitudes ou concedidas nunha medida moito inferior á que deberían.

A famosa lei de Wert ou lei LOMCE pretende profundar e impor pola vía da legalidade este desmantelamento programado da educación pública ao tempo que implementa unha campaña españolizadora e uniformizadora que perpetúe esa cárcere de pobos que é España. Así, vemos como na contrarreforma educativa, a nosa lingua é relegada a un plano moi secundario e a nosa realidade nacional fica fóra de todo o programa educativo, centralizando os temarios a nivel estatal e intrometéndose nas xa de por si pequenas competencias en materia educativa da Xunta de Galiza.

Mais a LOMCE non só impide o aceso a unha educación de calidade para todas e todos, nin só anula os xa exiguos dereitos culturais e lingüísticos da Galiza, tamén reforza un programa ideolóxico sustentado na sumisión da muller ao home ao dar maior importancia á relixión católica na educación e ao aumentar o número de profesoras nesta cadeira; e promove as asimetrías entre os xéneros ao financiar con diñeiro público os centros que segregan por sexo. Ademais de relixión, xa están deseñados os bosquexos do conxunto de cadeiras que van compor o ensino nos próximos anos, todas elas de marcado carácter retrógrada e promotor do capitalismo extremo e da mercantilización das mozas, como é o exemplo de "Iniciativas Emprendedoras".

Ante todos estes ataques o estudantado galego sempre sabe estar á altura, como se demostrou na folga do 24 de outubro, que obtivo un apoio masivo, baleirando case a totalidade de aulas do País e enchendo as rúas con masivas manifestacións. A esta demostración de forza respondeu o Estado coa fórmula á que xa nos teñen acostumadas: con feroz represión, como se puido ver os pasados 20 e 21 de novembro en Vigo, onde a policía prendeu e mallou nas estudantes que se manifestaban en contra da LOMCE.

Por todo isto achamos que é o estudantado da esquerda nacionalista quen ten que tomar a iniciativa e continuar coas dinámicas mobilizadoras, combatendo a quen quere privar á clase traballadora e ás mulleres de acceder á educación de calidade e plantando cara a quen nos pretende asimilar como pobo.

Desde AGIR, Comités e a Liga Estudantil Galega queremos agradecer ao conxunto da Plataforma Galega em Defensa do Ensino Público o seu apoio e axuda contra esta frente común que son este tipo de políticas ditatoriais. 

Contra o españolismo, a privatización e o patriarcado no ensino, loita estudantil!

Fonte: http://www.galizacig.com/ 

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 nov 2013

4000 persoas manifestáronse en Ferrol pola defensa dos servizos públicos

Cerca de 4000 persoas manifestáronse hoxe polas rúas de Ferrol, contra as políticas do desgoberno central e autonómico do P€P€ que desmantelan o o traballo conseguido por xeracións.

Camuflando sempre con eufemismos o que ten unha única definición;

Externalización de servizos = Privatización.

Mobilidade laboral = Emigración

Axustes presupostarios = Recortes

Reforma laboral = Reforma anti-laboral

Subcontratación = Explotación de traballadores

Copagamento = Repagamento

Flexibilización do mercado laboral = Despedimentos gratuítos

Gravame adicional solidario = Suba do IVE

Amnistía fiscal para rendas non declaradas = Branqueo de diñeiro

Execución hipotecaria = Desafiuzamentos

Liña de crédito europeo = Rescate bancario

Crecemento negativo = Recesión




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 nov 2013

Mañá sábado, manifestación pola Defensa dos Servizos Públicos

Mañá sábado, día 23 de novembro, ás 12:00 h.  na Praza de España, dará comenzo a manifestación pola Defensa dos Servizos Públicos, convocada polos sindicatos de traballador@s CCOO, UGT e USTG.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 oct 2013

Manifestación do Sindicato de Estudantes celebrada hoxe en Ferrol

Manifestación do Sindicato de Estudantes celebrada hoxe en Ferrol, contra as políticas en des-educación e ensino discriminatorio, que aplica taxas universitarias únicamente alcanzables para familias con alto poder adquisitivo, sobe o listón para o acceso a becas, e impón a lei LOMCE, escrita para o beneplácito da igrexa máis inquisitorial.

Despois de falar o representante sindical estudantil, tomou a palabra Xaquín García Sinde, da Comisión Executiva dos Estaleiros Navantia CCOO Ferrol, que comunicou que os traballadores dos estaleiros sumaranse mañá á manifestación convocada por alumnos, profesorado e pais de alumnos.

Ferrol irá por diante ao resto de cidades galegas, sendo a única na que a manifestación se realizará de forma unitaria, que tomen boa nota os dirixentes sindicais e políticos galegos, non se pode tratar de abandeirar canta loita social prodúcese, estes deben servir ás demandas dos cidadáns, aos cales desorienta e lles presta un gran malestar estas actitudes.

Segundo datos facilitados polo Sindicato de Estudantes, máis de 1.900 institutos de ensino media pararon as clases nunha porcentaxe próxima ao 90%. A folga é masiva en Madrid, Andalucía, País Valencíà, Extremadura, Aragón, Asturias, Galicia, con porcentaxes de seguimento que oscilan entre o 80% e o 95%. Noutros territorios como Catalunya, Rioja, Murcia, Castela-León, Castela-A Mancha, Canarias, a folga está a ter un respaldo superior ao 75%




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 jun 2013

12 de xuño "Carga de Dignidade" para a bisbarra.

Hoxe lúns, 10 de xuño, ás 11:00 h. Invitados por Radio Buguina, os centros de ensino, e os colectivos que realizaron pancartas que anunciaban o evento "Carga de Dignidade" penduraron estas no enreixado de Navantía que quedou "espido", (ao final da Avda. de Esteiro) á parte de cargar de dignidade esta zona do enreixado, pretendemos concienciar a toda a cidadanía da importancia que ten para toda a bisbarra de Ferrolterra, a Folga Xeral, convocada para o día 12 de xuño.

Na mesma estiveron presentes membros do comité de empresa e auxiliares de Navantia, que agradeceron esta mostra de solidariedade por parte do C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro, Instituto Concepción Arenal, CEIP San Xoán de Filgueira, CIP Recimil, Conservatorio de Música Xan Viaño, e Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos

Ás poucas horas, membros da Armada procedían a retiralas. Inmediatamente realizamos varias xestións, e adquirimos o compromiso por parte do oficial de garda do Arsenal Militar,de devolvernos mañá estas en perfecto estado, estas serán colocadas de novo, pero esta vez na porta do Estaleiro, lugar onde deu comezo a acción popular "Carga de Dignidade".


Fonte: http://cargadedignidade.blogspot.com.es/
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/estudiantes-ferrol-piden-carga-dignidade-naval/idEdicion-2013-06-10/idNoticia-811093/
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

9 may 2013

O eco de NON á LOMCE !! resoou de novo.

Ás 19:30 h. celebrouse en Ferrol a segunda manifestación do día en contra do anteproxecto de lei LOMCE, e o desmantelamento do ensino público. Esta tivo menos afluencia que a da mañá, entre 2.500 - 3.000 persoas, botouse de menos a asistencia dos máis novos, malia todo, o balance da xornada está aí, para quen o queira coller!!...

Os berros contra o desgoberno non cesan, o castelo de naipes segue a derrubarse para arriba, e o difícil xa é atopar un sector social que non se sinta directamente afectado, agredido ou mesmo vilipendiado polas políticas inquisitoriais e antisociais do P€P€. 




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Ferrol é un berro, NON á LOMCE !!

Entre 3.500 - 4.000 persoas tomaron hoxe as rúas de Ferrol contra o anteproxecto de lei LOMCE, e o desmantelamento do ensino público. A mesma foi convocada pola Plataforma Galega, da que forman parte a CIG, STEG, Sindicato de Estudantes, Federación de Anpas de Ferrolterra, BNG, e Galiza Nova



Hoxe ás 19.30 h. terá lugar outra manifestación contra a LOMCE, esta partirá dende o Edificio Administrativo dá Xunta de Galicia, (Praza Amada García) a mesma é convocada por: CCOO, UGT, USTG, Confapa, Sindicato de Estudantes, e Iesga e Escola Viva.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 may 2013

Mañá ás 11:30 h. Manifestación na Defensa do Ensino.

Mañá tera lugar a manifestación contra a LOMCE (Lei Orgánica de Mellora dá Calidade Educativa), ou para entendernos tod@s, o Desmantelamento do Ensino Público, a mesma partirá ás 11:30 h. dende o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, e rematará na Praza de Armas, onde se dará lectura a un manifesto.

ACUDE, DEFENDE O ENSINO PÚBLICO!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 abr 2013

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DOS SERVIZOS SOCIAIS NA COMARCA DE FERROLTERRA

Mércores 24 de abril, saída ás 20.00 h. do Edificio administrativo da Xunta de Galicia e remate na praza de Armas.

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña convoca esta manifestación contra a política dos Gobernos do PP ao respecto dos recortes na prestación servizos sociais de carácter público en xeral, e en particular na nosa comarca, que non fan máis que empeorar as condicións dos servizos para @s usuari@s e as condicións de traballo d@s empregad@s.

Hai que dicir basta a tanta destrución de servizos básicos na comarca por parte da Xunta de Galicia: Souto de Leixa con destrucción de postos de traballo de persoal cualificado e paso a unha xestión privada que non garantiza a mesma calidade e atención prestada; abandono da política de protección de menores co peche do Centro de Menores Soutomaior para convertilo en non se sabe qué aínda; amortizacións e desmantelamento da Oficina de Valoración da Dependencia; condicións abusivas para os traballadores/as na Residencia de maiores de Caranza...

Pero ademais tamén se incluirá a reivindicación dos recortes en servizos sociais públicos dependentes doutras administracións públicas, como no CAMF-IMSERSO e a ameaza que supón a nova reforma da Administración local para os servizos sociais municipais.


CONTAM@S CON TOD@S PARA DEFENDER O DE TOD@S!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

21 feb 2013

Outro chaparrón na Defensa dos Servizos Públicos

Hoxe, na Praza Amada García, ás portas do edificio Administrativo da Xunta de Galicia, tivo lugar a concentración unitaria en Defensa dos Servizos Públicos, a mesma foi convocada por tódolos sindicatos da bisbarra, e como ben sendo habitual contou co respaldo de diversas formacións politicas: BNG, EU, ANOVA, PSOE, CXG, EQUO, FORXA, EEG, etc.. 

Penso cos sindicatos convocantes deberan reformularse o realizar mobilizacións nesta praza, pois as concentracións están a resultar moi cómodas para o desgoberno do P€P€, a estas horas o edificio da Xunta carece de actividade, e nos arredores pode decirse que tampouco hai movimento de xente.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

16 ene 2013

Mañá "Concentracións contra os recortes laborais e o deterioro dos servizos públicos"

Concentracións nas cidades galegas o día 17, ás 19:00 horas, contra os recortes laborais e o deterioro dos servizos públicos. 

Convocan as organizacións sindicais con representación no sector público: CIG, CCOO, UGT, CSI·F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO, USTG, CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, que integran a "Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos"


Contra as medidas que vén de aprobar a Xunta de Galiza que empeoran as condicións laborais e salariais das empregadas e empregados públicos e deterioran, aínda máis, os servizos públicos.

As concentracións previstas son:

A Coruña: Delegación do Goberno.

Santiago: Praza do Toral

Ferrol: Praza de España.

Pontevedra: Subdelegación do Goberno.

Vigo: Museo MARCO

Ourense: Subdelegación do Goberno.

Lugo: Subdelegación do Goberno. 

 MANIFESTO 

As organizacións con representación no Sector Público autonómico rexeitan as medidas do Goberno 

Dende o inicio da crise económica, no ano 2009, os Servizos Públicos e empregados/as Públicos, vivimos un permanente acoso que pretende a fin do Estado de excepción, no que se nos nega a negociación das relacións laborais sendo sometidos a un agresivo frenesí normativo que dita por decreto as nosas condicións de traballo, reducindo progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas. 

A salientar: 

1º. Rebaixa salarial anual nunha media do 5%, en determinadas categorías de ata o 9%, no 2010 (RD Lei 8/2010), cun IPC do 2,9%. Ao tempo utilizábase como coartada que a porcentaxe de empregados/as públicos, dun 9,5%, era elevada obviando que a media da UE era do 16%, cun altísimo crecemento do emprego público dun 1% na última década, para unha poboación que medraba en 6 millóns de persoas. Tamén se esquecen que somos o país da UE que en termos porcentuais menos investimento efectúa no emprego público tal e como reflicte o elevado número de traballadores e traballadoras que son mileuristas. 

2º. Conxelación salarial no 2011, que levou aparellada a conxelación de Ofertas de Emprego Público (Lei 39/2010, de Orzamentos Xerais do Estado), cun IPC do 2,4%. 

3º. Supresión de dereitos e acordos sobre Xornada laboral (RDL 20/2011), e outros dereitos conseguidos. 

4º. Ampliación da xornada mínima nas administracións, (Lei 2/2012, de Orzamentos Xerais do Estado), nova conxelación salarial, mantendo pagas extraordinarias reducidas e abundando na imposibilidade de incrementar as taxas normais de reposición de efectivos. 

5º. Reforma Laboral, RD Lei 3/2012, que introduce o despedimento colectivo e individual do persoal laboral do sector público, por causas económicas, técnicas e organizativas. Expedientes que soamente poden ser de extinción de posto de traballo, non de redución de xornada ou suspensión temporal de contrato. 

6º. Supresión de días adicionais de vacacións. Reducen os días de asuntos propios (APs) que pasan a ser unicamente 3 ao ano. Supresión da paga extraordinaria do Nadal (o que significa un 7% de redución salarial anual). Supresión dos acordos e pactos de dereitos sindicais. Anúlase a posibilidade de xubilación parcial dos funcionarios, así como as melloras económicas en IT, RD Lei 20/2012, e Lei 1/2012 Galicia. 

Como novo ataque aos empregados/as públicos elabórase un anteproxecto de Lei que reduce o salario nunha media dun 4% para o ano 2013, en determinadas categorias de ata o 6%, minorando as pagas extraordinarias arredor dun 40%. 

Por iso, dicimos basta, xa abonda, e rexeitamos esta nova medida en contra dos empregados/as públicos de Galicia, que sumará unha perda en tres anos de máis do 20% de salario, e convocamos mobilizacións que terán, como primeira medida, concentracións nas sete comarcas o día 17 de xaneiro as 19:00 horas. 

Asinado por: 
CIG; CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE; STEG; ANPE; USO; USTG; CGT; STAJ; SIAT; ACAIP.

14 nov 2012

MAIORÍA ABSOLUTA!!

A xornada en Ferrol transcorreu sen altercados, a excepción dun pequeno rozamento producido na porta traseira do Concello, unha señora á que se lle permitiu entrar ao seu posto de traballo, deu volta, asomou o puño por detrás da porta, e proferiu un golpe a un dos piquetes alí concentrados. A pesar de pedir á policía municipal que procedese á súa identificación para poder prestar a oportuna denuncia, estes fixeron caso omiso. (Nesta foto vese a unha traballadora do concello insultando aos alí congregad@s). 

Un artefacto facía explosión sobre as 3:30 da mañá no caixeiro automático de NovaCaixaGalicia, na rúa Alcalde Usero, quedando totalmente destruido  Outro caixeiro, neste caso do BBVA, da Praza do Callao sufría uns danos de escasa consideración.

A manifestación pódese dicir sen temor a equivocarnos, que é a máis grande levada a cabo en Ferrol en toda a súa historia, segundo os sindicatos unhas 100.000 persoas, a policía local rebaixa a cifra a 42.000, e é unha incongruencia, ou unha manipulación, pois a última gran movilización, a do 20 de xulio do 2012, na que participou o sindicato de policia a cifraron en 40.000, e esta foi como minimo dun 50% máis .

Os sindicatos pediran permiso para baixar pola Rúa María, pero a policía local tiña ordenes de que non fose así , pois nesta rúa se encontra a sede do P€P€, que estaba totalmente acordoada de policía nacional. Obrigaron a baixar pola rúa Real, cando esta chegou á altura da Praza de Armas moita xente decidiu entrar a coller sitio, cando a cabeza da Manifestación rematou o seu percorrido, e dirixiuse a Praza, serían as 12:30, e encontrouse con que case era imposible entrar nesta, estaba totalmente abarrotada. Ás 14:00, momento no que soaba o himno galego, e dabase por finalizada a manifestación, pola rúa Galiano aínda baixaban moitos manifestantes que pretendían chegar á Praza.




Hai que felicitar ao PEQUENO, PERO GRAN COMERCIO de Ferrol, pola solidariedade amosada na xornada de folga, pois pese a ter verdadeiros problemas,  foron quen de estar a altura das circunstancias. 

Caída a noite, algúns comercios de Ferrol, os menos, decidiron abrir as súas portas, este é un pequeno resumo visual de negocios que nas folgas acaban abrindo (Grazas ao compañeiro Pedro pola cesión deste material)




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

16 oct 2012

Mañá Manifestación na Defensa do Sector Naval

Despois da gran manifestación celebrada onte na Defensa dos Servizos Públicos, e contra os recortes do P€P€, na que se sumaron os traballadores/ás do Naval, todo fai prever que mañá esa solidariedade se fará recíproca e os funcionarios sumaranse a mesma.

A manifestación, que é convocada por CC.OO, CIG, USTG e UXT, sairá ás 20:00 h. dende a Praza do Inferniño e rematará na Praza de Armas.

Os continuos globos sonda electoralistas lanzados polo P€P€, sobre os contratos asinados coa multinacional mexicana PEMEX, e coa complicidade do goberno de extrema-dereita de México, non calman os ánimos no sector, e moito menos cando dende distintas fontes dese país desmenten tales contratos, mesmo dende a propia multinacional fixeron públicos diferentes comunicados, moitos deles contraditorios entre si.

Onte o Partido imPopular de Ferrol tiña previsto celebrar o seu Mitin Central de campaña no teatro Jofre ás 20:00 h. coincidindo este coa manifestación, ante o temor a que os manifestantes protestasen ante o teatro, empezou un xogo infantil e de despiste por parte do P€P€, este consistiu en dicir que se trasladaba a Narón, para máis tarde dicir que na Feira de Mostras, pero nin o un, nin o outro, acabaron por anunciar que se suspendía a programación do día. 


Tamén se me filtrou por parte dunha afiliada ao P€P€, de que a partir de agora os actos que realicen se comunicarán aos medios con tan só 1 ou 1/2 hora de adianto, a finalidade non é outra que o non querer ver aos traballadores/as protestando.
 
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

15 oct 2012

Manifestación en Defensa dos Servizos Públicos coa participación do Naval, e o P€P€ AGOCHADO

Manifestación celebrada hoxe convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, secundada por tódalas forzas sindicais, e na que o Naval de Ferrol tamén decidiu sumarse a mesma.

Entre 9.000 e 11.000 persoas participaron na manifestación, esta partiu ás 19 h dende a Praza de España e rematou no Cantón.



O P€P€ de Ferrol suspendeu o programa de hoxe, estivo a xogar ao gato e ao rato cos compañeiros da prensa todo o día, primeiro ía ser en Narón, logo falouse da Feira de Mostras, e ao final NADA, comentáronme que apartir de agora avisarán aos medios entre 1 e 1/2 hora antes dos actos. 

Resulta todo moi raro, pois o Mitin central de campaña do Partido Popular en Ferrol estaba anunciado na Coz de Galicia para hoxe, luns 15 de outubro, ás 20 horas no Teatro Jofre. Podedes velo nesta ligazón "El PP logra en la junta electoral celebrar su mitin central en el Jofre el estratégico día 15"                   

Non queren que aparezan os traballadores/as do Naval a pedirlles explicacións sobre tódalas mentiras que están a verter dos contratos ficticios coa empresa PEMEX de México.

A altura do concello coincidín con Verónica Casal (Concelleira de Desigualdade) - Díxenlle; Que desconvocades o de hoxe?..     a resposta dela foi; "No os íbamos a dar el gusto de estropearlo".

OUTRA VEZ SERÁ VERÓNICA, "NINGUÉN SABE DA SEDE COA QUE BEBE O OUTRO" e cando a precariedade esgana, e seguides apertar a soga no pescozo, o pobo revolvese.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

4 sept 2012

MANIFESTACIÓN UNITARIA EN COMPOSTELA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

O VINDEIRO SÁBADO 8 DE SETEMBRO, ÁS 11:30 h. NA ALAMEDA DE COMPOSTELA, MANIFESTACIÓN UNITARIA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS



Para ir en autobús (Precio: 5€), anotarse nos teléfonos: 981 358 750 - 981 352 676

Hora de saída de Ferrol: 9:30 h dende o "Monumento 10 de Marzo" (Recimíl)

Haberá paradas en:
- Caranza, parada do bus nas Pías
- Fene, parada do bus estrada xeral
- Polígono Vilar do Colo


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

28 jul 2012

XUNT@S NA DEFENSA DO SECTOR PÚBLICO, DO EMPREGO E DEREITOS D@S TRABALLADORES/AS

As centrais sindicais, CC.OO, CESM, CIG, CSI-F, OMEGA, SAE, STAJ, UXT e USO

CONVOCAN PARA MAÑÁ, LUNS, 30 DE XULLO, UNHA MANIFESTACIÓN QUE PARTIRÁ ÁS 20:30 h, DA PRAZA DE ESPAÑA E CON REMATE NA PRAZA DE ARMAS

NA DEFENSA DO SECTOR PÚBLICO, DO EMPREGO E DEREITOS D@S TRABALLADORES/AS

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio