Mostrando entradas con la etiqueta Camaradas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Camaradas. Mostrar todas las entradas

14 may 2011

É o teu deber actuar, propón Lucía F. López Pérez

13 Mayo 2011 | Lucía F. López Pérez

El Catón Compostelano
 
En Teis (Vigo) asistín á reunión da conformación da primeira Mesa de Converxencia Cidadá na cidade olívica. Para o acto desprazáronse dende Ferrol tanto Manuel Ángel Rodríguez Carballeira como Rafael Pillado. Foi un pracer ouvilos. Ámbolos dous son posuidores dunha alongadísima traxectoria no movemento obreiro e sindicalista real: solidarizándose e axudando aos compañeiros de traballo dende a época franquista.


Co acto seguíase o ronsel de varias cidades (Ferrol, Madrid, Puertollano, Valencia…) onde as Mesas xa están presentes e comezan a dar os seus primeiros froitos. Partindo do descrédito actual das organización sindicais e partidos políticos maioritarios é importante sinalar que as Mesas de Converxencia non se identifican con ningunha sigla.


Aos individuos que as conforman úneos a consideración de que o modelo neoliberal (ou capitalista actual) é sumamente inxusto. Así, as mesas nacen coma resposta fronte a ditas inxustizas: recortes sociais, estafas financieiras, submisión dos poderes representativos fronte aos “mercados”… O único denominador común e ideolóxico das membras e membros é a consideración propia de “tratar de converxer”. Parafraseando a Juan Torres López, Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Sevilla “O feito de tratar de converxer é un imperativo moral e da intelixencia política máis elemental.”


As Mesas anceian establecer lazos e unións entre as persoas, rachando o individualismo que resta poder e capacidade de resposta; pártese da base que é o grupo e a unión o que che dá a forza. Persegue catro obxectivos fundamentais: a creación de espazos de comunicación, preocupación-significativación e proposición de solucións ante situacións concretas do entorno local, tentativa de conexión con todas aquelas iniciativas de loita e protesta contra unha saída regresiva á crise á vez que buscan a creación de lazos e complicidades entre as membras e membros.


É de salientar que polo de agora nas localidades onde están presentes apoiaron a algunha das moitísimas familias desahuciada ás que nin sindicatos nin partidos políticos dan resposta (esixindo moratorias de pago aos bancos, revisións das débedas, creando salarios sociais de urxencia, etc.).Estímase que son máis de 300.000 no Estado Español e ao redor de 23.000 na Galiza. Estamos a falar de cifras demoledoras.


Unha nai de familia desahuciada forma parte da Mesa de Vigo que vén de se crear. Ela explicaba que a necesidade de sentirte respaldada é esencial. Cando un ERE che deixa sen nómina coa que respostar á banca e perdes túa casa, sénteste terribelmente culpábel e avergoñada. Criminalízase á víctima nesta sociedade do éxito e ostentación.


O chamamento á converxencia e á acción está colgado na páxina http://www.redconvergenciasocial.org/. Ou tamén a través do Facebook baixo o perfil “Mesas De Converxencia Galicia”.


Creo que debemos tomar parte.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

28 feb 2011

De estupideces y probabilidades

Da gusto ver que la gente empieza a "Rebulir",este articulo es de una amiga de Ferrolterra,hasta hace poco inmersa en su poesía,(su gran pasión).Pese a seguir escribiendo sobre sus "flores y mariposas", sabe que vienen tiempos nuevos,tiempos para el  "Kalashnikov" 
De estupideces y probabilidades
La estupidez humana alcanza, en estos días, límites insospechados, y la probabilidad de que en algún momento esto mejore es tan lejana como que mañana lluevan billetes de cien euros. Seguramente ya estéis al corriente de esta normativa que entrará en vigor a partir del 7 de Marzo del presente, y que no tiene otra finalidad que ahorrar combustible, ante la amenaza de que oriente próximo nos corte el suministro. Dicen nuestros inestimables representantes que con esta medida pueden ahorrarse hasta medio millón de euros mensuales, y yo me pregunto, ¿quién se los ahorra? Porque que yo sepa, y si me equivoco, que alguien me corrija, todo en esta España nuestra se sufraga con el dinerito contante y sonante que amablemete le donamos a Hacienda y que no tan amablamente le enviamos a través de esos impuestos que democráticamente alguien decidió que teníamos que pagar. Sin embargo, no sé porque me temo que detrás de esto hay algo que no nos han contado, y no me refiero a la inminente subida, otra vez, y ya no sé cuántas van, de los carburantes. No. Aquí como de costumbre hay algo que huele mal, y nos tocará recoger la mierda a los mismos de siempre.
Recogido del blog de poesía; http://cerdos-egolatras.blogspot.com/

14 ene 2011

Ante as agresións, mobilizacións.

Artigo de *Miguel Castro

Desde a chamada á mobilización, por parte dos sindicatos, do 29 de Setembro, puidemos vivir en todo o Estado, un novo comezo na andaina dunha maquinaria que levaba ben de tempo durmida, a do Movemento Obreiro. As que deben ser as súas principais rodas, os sindicatos, desinfladas até entón, comezaron a cobrar forza debido a que o seu motor, os obreiros , non tiñan ganas, nin podían, estar calados por máis tempo. O engrase que durou todo o verán deu alas a pensar de que algo bo pode saír desta crise do capitalismo. A unión entre a clase traballadora , máis necesaria que nunca , quedou demostrada nunha folga xeral que calou moitas bocas, cando as condicións nas que estaban os sindicatos, a moitos, facían pensar que podía ser o vento que tumbase definitivamente ós xigantes históricos CCOO e UXT.
A clase traballadora e os movementos sociais progresistas, na súa inmensa maioría, apoiaron a éstes, a pesar das críticas que puideron acumularse cara eles ao longo duns anos nos que os sindicatos parecían cumprir con funcións non propias deles e a distancia entre eles e os traballadores nunca fóra tan grande.
A principal función duns sindicatos debe ser a defensa e a promoción social da clase traballadora e a ninguén se lle debe esquecer, goberne quen goberne.
Dende os movementos sociais saímos en defensa e apoio aos sindicatos porque sabemos que sen eles perderíamos o principal baluarte da unión obreira; defendémolos dunha dereita rancia que fala sen complexos de afundilos; defendémolos porque nesta loita que está a comezar o capital está ben armado co control dos medios de comunicación e cos partidos social demócratas ben agarradiños por parte de organismos totalmente posicionados como poden ser o Fondo Monetario Internacional;

defendémolos, porque eles son os que nos teñen que defender a nós.

Namentres, o noso goberno, que se autodefine de esquerdas, cede ás presións e toma medidas neoliberais que non fan máis que cargar contra a clase traballadora. Reforma laboral, reforma das pensións, alongamento da idade de xubilación… son medidas ás que non nos debemos someter e que sabemos que se cedemos nesta ocasión, vai ser realmente difícil recobrar estes dereitos gañados con tanto esforzo e sacrificio.
A Historia demostra que o avance do pobos e dos seus dereitos lógranse a partires dunha continua loita entre as clases dominantes e a cidadanía. É momento de tensar a corda e darlle a volta a unha situación que para moitos xa cobrou tintes dramáticos.
A xaneiro do 2011 esiximos aos nosos interlocutores, os sindicatos, que non renuncien a máis mobilizacións, que se apresuren a convocar unha nova FOLGA XERAL que faga que os diferentes movementos sociais progresistas se xunten e continúen nunha loita que vai ser longa e máis que dura para manter uns dereitos e recobrar o poder que desde fai tempo perdeu a cidadanía.
As bases pedimos ás cabezas sindicais que promovan unha folga xeral e que SEXAN MOBIZACIÓNS UNITARIAS, pois se traballadores e traballadoras somos todos: non debemos perder a nosa forza separados.
Tamén dicir, que confiando nos sindicatos para articular esta loita, os movementos sociais e movementos progresistas debemos articular con maior precisión a nosa forza. Debemos xuntarnos, expresarnos e organizarnos. A Esquerda debe buscar os puntos en común onde atoparse e non perderse en guerras internas que non nos levan a ningunha parte.

Polo de pronto: FOLGA XERAL XA!
*(directivo de Fuco Buxán,membro de Radio Filipím,e presentador do programa radiofónico "O Recuncho de Fuco")

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

22 nov 2010

A publicidade de Sostres

Placeme poder poñer hoxe o primeiro artigo da amiga Lucía.Publicado en Xornal de Galicia.com

Parabéns Lucía :)

Salvador Sostres é contertulio habitual do programa 'Alto e Claro' que ofrece a canle Telemadrid. O 11 de novembro, nunha conversa antes de comezar o programa, comparou as mulleres maduras coas novas nos seguintes termos: “as de 17 e 18 anos están no seu punto máxico de tensión sexual dado que non cheiran a ácido úrico. Están limpas e teñen olor a santidade: son doces coma a nata e con carnes que rebotan”. Aínda que a moderadora Isabel San Sebastián tentou deter as súas afirmacións, el proseguiu explicando que “isto xa comeza có primeiro rasurado, cando queren amosar que están liberadas, que son maiores”.

O público menor que alí se atopaba formábano rapazas e rapaces convidados polo Instituto Cervantes, e que estaban a ouvir claramente o monólogo. A presentadora tentou desviar o tema apelando a que lle respostaran sobre a súa orixe: de Cataluña, Cádiz e Marrocos. Sostres referiuse a estes últimos con sorna e desprecio preguntando “se viñan dalgunha ONG”. Con fachenda e bravuconería, proseguiu engadindo que “o matrimonio é o sexo por obligación”.

Estes feitos acó descritos non foron emitidos por Telemadrid, mais si filtrados á prensa través de Internet. Logo de varios días, podemos referir con maior claridade as declaracións que o acontecido suscitou en diferentes medios:

- Os sindicatos de Telemadrid pediron a súa destitución inmediata.

- O Comité de Empresa considera inadmisible estes comentarios “machistas, racistas e sexistas”.

- O portavoz do grupo de conselleiros socialistas en Telemadrid, Eduardo Sotillos, pediu á cadea pública o cese dos tertulianos que realicen declaracións “sexistas, machistas e xenófobas”.

- Na mesma liña declarou o vicepresidente primeiro do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, tildando de vomitivas as declaracións, e considerando que eran incompatibles coa televisión pública.

- Dende o Instituto da Muller solicitouse aos medios de comunicación que non se dea cobertura a quen non respeta ás mulleres.

- O Defensor do Menor, Arturo Canalda, indicou que esas afirmacións suscitan que se lle abra expediente, posto que “alguén que crea opinión non pode actuar así”.

- Esperanza Aguirre, presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid, salienta o aspecto privado das mesmas liberándoas de peso “pois son iso, conversas privadas”.

- En troques, o secretario de comunicación do PP, Esteban González Pons, nunha entrevista coa cadea Ser, referiuse a esta polémica apuntando que “non vale coma excusa” a afirmación de que Sostres expresase as opinións a micro pechado.

- Nas redes sociais, o mesmo día da filtración xa comezaron os envíos do video en cuestión. Abriuse un grupo no facebook que conta con máis de 2000 seguidores denominado “Sostres á rúa polos seus comentarios en 'Alto e Claro'”. Engadindo a continuación que “a súa muller estará orgullosa de el”.

O aludido, Salvador Sostres, defendeuse das acusacións no xornal El Mundo, onde é colaborador. Tentou xustificarse aducindo “tropelia e indecencia”, argumentando que se trataba dunha conversa privada pertencente á súa liberdade de expresión.

Coma vimos, as declaracións provocaron bastante reboldo, réplicas e aclaracións dun e doutro lado. Mais:

a) O individuo segue a ser comentarista de Telemadrid e esta canle só tomará medidas contra os responsables da filtración. Xa se sabe, “mata ao mensaxeiro”.

b) Conseguiu autobombo e có aumento da publicidade as vendas da súa próxima novela incrementaranse.

c) Respecto ao “cuestión legal”, como non está acusado de delito, non se pode levar o caso á Fiscalía. Simple chamada de atención e tirón de orellas.

E eu non sei ata que punto será eticamente honroso entrar a comentalas e analizar o “circo mediático” que creou ese suxeito, posto que, visto o visto, non o faría a mantenta?

Quizais sexa dos que non dá puntada sen fío.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

10 jun 2010

Verbas de alento de Mª Xosé Castelo Lestón ao Comité de Emerxencia

Esto nunca sucedeu así, pero ben puido ter sucedido.
Á memoria de Carmelo Teixeiro, a quen algún día lle prestaremos os ollos,
E para as xentes de Ferrolterra, que tanto loitaron, e que loitan tanto.

As palabras, nada hai tan importante. Son máis fortes cas bombas, resistentes ás balas. Tódalas loitas están feitas de palabras, de berros, de consignas. Mentras estas vivan, vivirán as loitas.

Había, agora lembro que aquela noite había sol. Un sol grande que brillaba como non o fixera de día.
Encargaranme de cubrir aquela Asamblea de resultas dunha baixa inesperada. Pura casualidade.
Xentes de toda condición e procedencia ateigaban o local moito tempo antes da hora prevista, e eu alí, co meu bloc de notas, o meu bolígrafo azul e a miña bolsa. Sabía que pronto me faltaría o aire con tanto persoal, e por tranquilizarme, recitaba de memoria tódalas clases de piñeiro que coñecía: insigne, radiata, pinaster, nigra, sylvestris, pinea, uncinata, unha e outra vez, insigne, radiata, pinaster….
E comezou a Asamblea. Xa só podía distinguir a voz de Carmelo dende o fondo, Venceremos, venceremos, venceremos… Tentaba captar cada unha das súas palabras pero a man non me daba abasto, e decidín recurrir á bolsa. Abrina con coidado, pois dentro durmian tranquilas antigas palabras escapadas doutros beizos e recollidas noutras tardes de loita por outras causas. Ata a boca de pana marrón foron chegando, cohibidas nun principio, pero xa logo confiadas, formando unha seimeira dende Carmelo ata min.
Falaba de resistir, de vencer, do poder da presión, eso poideron oílo todos, pero as últimas palabras, “Verei como a quitan, vereino cos vosos ollos” sei que chegaron só onde eu estaba, áxiles e rebuldeiras, correron a meterse dentro. vereino-vereino-cos-vosos-ollos, todas elas aínda xogaron un intre antes de pousarse, xa eternas, no fondo, ao lado das outras, e a pesar da distancia dos vinte metros bos que nos afastaban era capaz de verme reflexada na súa meiniña, mirandoo de fronte, e comprendín que acababa de meterme en outra loita, que a súa causa xa era tamén a miña. Se cadra por estar atenta a iso, ou por despistarme cos estalidos xordos daqueles que, situados nos dous flancos do estrado, empezaron a disparar todos xuntos, foi que me colleu a subida no nivel da auga desprevida. Deime conta cando tiña a friaxe xa enriba, primeiro no embigo, pero xa logo no peito, no colo, na cara. Todo pasou en segundos. Antes de poder reaccionar, xa estaba asolagada. Tentei subir á superficie, pero cunha soa man, pois baixo ningún concepto pensaba soltar a bolsa. Sabía que era a única forma de que a loita se mantivese no futuro, facer sobrevivir esas palabras. Foi daquela cando notei que algo me agarraba da chaqueta e me subía con forza por riba da auga. De xeonllos e cuspindo a auga salgada, aínda ca bolsa aferrada a min, vino de pé, ao alto en fronte miña, movendo a cabeza, máis resignado ca con decepción.
-Xúroche, que non me decatei, xúroche que non souben en que momento subiu a marea.
-Coma sempre
-E que queres, dixen sinalando á bolsa, xa sabes, as palabras…
http://mariaxose.blogspot.com/2010/06/palabras.html


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

5 jun 2010

"..Y NOSOTR@S NOS SEGUIMOS CREYENDO L@S "INTELIGENTES".."

Nova sección "Camaradas"
Na que irei aportando artigos e reflexións de xentes diversas

..El otro día, creo que fue ayer, entre tanta barbarie...escuché una más...: " algunos se plantean, con el apoyo de prestigiosos "científicos" que el vertido en el Golfo de Méjico se podría detener arrojando una bomba atómica...." ESTAMOS LOCOS O QUÉ!!!!!....


Vertido en el que han tenido MUCHÍSIMO que ver la B.P. y la Haly Burton....
A un ex-dirigente de la B.P. a una pregunta sobre el destino de la pesca y las personas que viven de ella en la zona, le escuché responder:
"...de todas formas...ellos representan unos pocos (60), mientras que los puestos de trabajo creados por las distintas plataformas petrolíferas de la zona son...MUCHÍSIMOS MÁS"

...LA EXCUSA DEL Nº.
Y de la Haly Burton, "dirigida" por el inestimable ex vicepresidente de G.W. Bush, Dick Cheney....QUË DECIR!!!.... (os acordáis del mushasho y su búsqueda de lo más desinteresada, salvándonos al resto del mundo de las armas de destrucción masiva ke Ossama, Sadam y vuelta Ossama tenían tan bien guardadas que ni los guapísimos perros de agua de los bomberos de Sevilla o Huelva han encontrado todavía, ya que los militares se dedicaron y dedican a otra cosa....?)....

Y EL RACHEL CARRIE SIGUE NAVEGANDO HASTA GAZA!!!!!!!!!, escoltado....y David, Laura y Manuel en el Prat denunciando....al igual que integrantes de "ROMPER EL SILENCIO" ex-militares israelís en Hebrom y otros lugares ocupaos de Palestina)....Tampoco pudo ser!!!!

SIGO CON LO KE ESTABA...

Yo, bien lo sé, que no me alegro...en ABSOLUTO!!!!, pero recuerdo lo dicho por Blas Infante en 1.924....
"EL HOMBRE CRUEL CON LOS ANIMALES LO SERÁ TAMBIÉN CON LOS MISMOS HOMBRES. LA CRUELDAD ES SIEMPRE UNA COSA MISMA, AUN CUANDO CAMBIE SU OBJETO".
Consuelo S.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio