Mostrando entradas con la etiqueta solidaridad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta solidaridad. Mostrar todas las entradas

17 ene 2013

FORZA LAURA!!

A Secretaria Confederal de Políticas Sociais da CIG compareceu onte mércores ante a xustiza, acusada de falsificación documental continuada. Laura Bugallo foi detida e permaneceu no calabozo durante case que 50 horas. A súa detención produciuse ao pouco de ter acompañado –como técnica do departamento de Migración- a 57 traballadores marroquís a denunciar unha trama que proporcionaba inmigrantes como man de obra barata a empresas galegas. No decurso desta entrevista, lembra ese proceso e salienta os aspectos máis relevantes da súa actividade. Denuncia os recortes sociais que se están a acometer so pretexto da crise e chama a crear as sinerxías necesarias para sumar esforzos e aglutinar as loitas nunha soa. 
Fonte: http://www.galizacig.com/avantar/novas/15-1-2013/laura-bugallo-esta-causa-xudicial-e-un-aviso-a-navegantes


Cumpre facer unha pregunta e cuestionar en voz alta, por que a CIG non mostra ese apoio público a Laura, tal como mostrou co compañeiro Antolín Alcántara? 

Nesta ligazón vemos as distintas presións exercidas (e ben feitas) polo sindicato na defensa deste compañeiro. http://www.galizacig.com/avantar/taxonomy/term/1015

Onte ás 12:00 h tiña lugar en Ferrol unha concentración convocada pola mocidade da CIG, contra as súas políticas antisociais. Aínda que nesta se fixese mención á compañeira Laura Bugalho (que non o sei) é unha falta total de consideración e programación por parte do sindicato, motivo polo que decidín non participar desta.


A primeira vez que se fala do caso de Laura na páxina do sindicato, é de antonte 15/01/2013, e a segunda foi de hoxe 17/1/2013. 

De feito o manifesto que se leu en Compostela, foi o redactado polo Foro Galego de Inmigración. 

Esta critica fágoa extensible para o resto dos sindicatos, que parecen descoñecedores da realidade social de Galicia, e do que representa Laura Bugalho na loita social, tanto das mulleres, inmigración e os dereitos do colectivo LGT de Galicia....

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

17 oct 2012

Concentración contra a represión policial, e en solidariedade co compañeiro Pintos.

ÁS 12:00 H, DIANTE DO EDF DA XUNTA DE GALICIA, (PRAZA AMADA GARCÍA)

Tras a denuncia presentada por Xesús A. López Pintos, contra un policía nacional por supostas agresións dentro do cuartel policial da Avda. de Vigo, tódolos sindicatos da comarca se unen nunha concentración solidaria co compañeiro e cidadán supostamente torturado, e en contra de calquera exceso policial. 

Esperemos que se esclareza pronto este asunto e cada un saiba asumir democráticamente o papel que nos toca xogar na sociedade, uns que loitan polos dereitos e a dignidade social, (incluída a dos policías e familiares destes), e as forzas de seguridade, que en ningún caso poden converterse en todo o contrario.

Fago un chamamento a tod@s para que nestes intres de crispación, malestar e agresión aos dereitos sociais por parte do desgoberno do P€P€, saibamos estar á altura das circunstancias.

Os políticos, policías e o resto da sociedade acomodada, ten que saber entender estas protestas e situacións incomodas para tod@s, pois moita xente xa non pode levar para a súa casa nin un bocado de pan. 

 Para abaixo soamente se debe mirar alguén para axudarlle a levantarse!!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

23 ago 2012

Ferrol co Ateneo Ferrolán

Sobre 400 persoas déronse cita hoxe no Festival solidario co Ateneo Ferrolán. Neste evento reivindicativo participou xente da cultura ferrolá e galega. A poesía correu a cargo de Eva Veiga, e do escritor Guillermo Ferrández, no apartado musical, actuaron, o Grupo de Zanfonas de Trasancos, a Agrupación Raparigos, o gaiteiro Tonecho Varela, a cantautora María Manuela, o músico Manolo Bacalhau, etc.



Que tome boa nota o Desgoberno Municipal do P€P€, ter unha maioría absoluta non lexitima ao gañador para impor normas inxustas.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

22 ago 2012

Festival reivindicativo e solidario co Ateneo Ferrolán

Mañá xoves, ás 20:00 h., na praza da Constitución (Cantón), terá lugar o festival reivindicativo e solidario co Ateneo Ferrolán.

Musicas, letras, teatro, artes plásticas .... en APOIO ao Ateneo Ferrolán e a súa sede!

Acude e difunde!



A nova no Diario de Ferrol

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

20 ago 2012

Apoio masivo a Asociación Lazos Pro Solidariedade

Onte a Asociación Lazos Pro Solidariedade, deu unha rolda de prensa no seu local. O manifesto sumáronse BNG, EU, PSOE, Causa Galiza, A Nova, Sindicato Labrego Galego, Marcha Mundial das Mulleres, CIG, Horta Comunitaria de Caranza, Asemblea de desempregad@s da CIG, Marcha Mundial das Mulleres, Lefre de Caldereta, Fuco Buxán, Asemblea sen Papeis, e un sen fin de asociacións e colectivos sociais. José Torregrosa foi o encargado de dar lectura ao manifesto asinado por todos estes colectivos.

A asistencia social, psicolóxica, persoal, de asesoramento, probas médicas, programas informativos e de reinserción, que dispensa a Asociación Lazos, non a exerce ningunha das administracións, de aí a necesidade de que esta asociación teña que existir.

No que vai de ano atendéronse preto de 5.000 peticións por riba de todo o 2011. Máis de 3.800 almorzos servidos, máis de 150 probas médicas rápidas e gratuítas, centos de xestións de citas sanitarias ou de atencións sociais. Estes son só algúns dos seus números.

A pesar délo o desgoberno de José Manuel Rey Varela, reduciu a subvención un en un 70%, sempre será mellor desviar os cartos aos afíns a igrexa .

O Presidente do Comité Antisida Lazos, Carlos Varela, denunciou que ata en tres ocasións pediron ao Goberno reunións por escrito sen obter resposta algunha.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

16 ago 2012

III Xornada de Traballo na Horta Comunitaria de Caranza

Máis Comunitaria que nunca. Hoxe as tarefas na horta deron comenzo ás 18 h. con catro compañeir@s, pero segundo avanzaba a xornada fóronse sumando máis, ata chegar a ser 10 persoas as que traballaban a terra. Estes traballos prolongáronse ata as 22 h. Ao remate destes, tivo lugar unha pequena asemblea para debater sobre as vindeiras xornadas de traballo e calquera tema que se quixera plantexar. Por unanimidade aprobouse que a Horta Comunitaria de Caranza, súmase as reivindicacións da Asociación Lazos Pro Solidariedade sumida nunha angustiosa situación de despedimentos por falta de subvencións por parte do Goberno local do P€P€.




Anteriores:
II Xornada de Traballo na Horta Comunitaria de Caranza

Posta en marcha da Horta Comunitaria de Caranza



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" acometerá a súa segunda actuación nunha propiedade de dominio público en estado de abandono

O colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" acometerá o próximo sábado, día 18, a súa segunda actuación nunha propiedade de dominio público en estado de abandono, esta vez será a Batería de San Cristovo, (situada entre o Castelo de San Felipe e o Porto Exterior) así como nas escaleiras que dan acceso ao mesmo.

Calquera cidadán que se sinta afectado polo estado de abandono patrimonial e natural de Ferrol, e que queira colaborar nesta xornada de traballo, pode poñerse en contacto da seguinte forma, vía correo electrónico: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com, telefonicamente: 637 567 497 -620 312 992, ou ben estar ás 08:45 no aparcadoiro da Malata (En fronte FIMO) de onde partiremos no menor número de coches.


Con esta acción NON pretendemos quitar o traballo a ninguén, simplemente denunciar o goberno municipal de Rei Varela, polo seu desleixo, tanto no ámbito patrimonial coma no natural. Así como ESIXIR a paralización da obra proxectada por valor de 700.000 euros por parte do goberno municipal para a Praza de España, por ser una obra innecesaria e de despilfarro de carto público.

Esiximos que ese diñeiro se gaste, e que sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo contratadas directamente polo Concello para a reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos. (En contratos a media xornada para facer que ese diñeiro se reparta entre o maior número de traballadores/as)


http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2012/08/recuperacion-da-bateria-de-san-cristovo.html


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Agresión do P€P€ a un colectivo de Ferrol con máis de 17 anos de traballo social

Prezadas compañeiras e compañeiros,

Dende a Asociación Lazos Pro Solidariedade queremos solicitar, se así o considerades, o voso apoio e solidariedade, trala situación que estamos a atravesar, asinando o documento que vos enviamos e participando, de forma presencial, na rolda de prensa que se levará a cabo o vindeiro luns 20 de agosto, ás 11.30 horas, no local da entidade. (o local da entidade se atopa na Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo-Ferrol).

Comunicado de denuncia e solidariedade coa Asociación Lazos

As entidades, organizacións e asociacións abaixo asinantes, queremos denunciar ante á opinión pública, e ante as institucións que corresponde, os seguintes feitos:

A Asociación sen ánimo de lucro Lazos Pro Solidariedade- Comité antisida de Ferrol, fundada no ano 1995, con 17 anos de funcionamento, formada por persoas afectadas polo VIH e a Sida, polas drogas, pola exclusión Social e por profesionais do ámbito educativo e sociosanitario, está a atravesar nestes momentos unha situación crítica.


A demanda nos programas que desenvolve a entidade , veuse aumentada exponencialmente, ata o punto de estar preto do colapso asistencial. Nos 6 meses que van deste ano 2012 , a entidade xa leva atendido máis demandas que en todo o pasado 2011. A día de hoxe, atendéronse un total de 4.610 demandas no local da entidade.

A asociación traballa en dous ámbitos ben diferenciados: O ámbito da exclusión social e o ámbito da infección polo VIH, sendo a única entidade da comarca destas características.

Cada día a entidade, atende a máis de 35 persoas en situación de exclusión social nos diferentes programas.

Dado que o Concello de Ferrol, reduciulle un 70 % o orzamento con respecto ao pasado ano, a opinión pública debe saber que esta redución implica que o 60% das persoas usuarias, non poderán ser atendidas.

Ante esta situación de emerxencia a primeira medida que se veu obrigada a tomar a entidade, foi ter que prescindir a dúas profesionais do equipo técnico. Isto implica que o ratio usuario/profesional pasa a ser de 35/1, cando anteriormente era de 12/1; resentíndose con isto tanto a calidade coma a eficacia das intervencións. O único profesional que ate agora, continua traballando non esta garantido que poida continuar máis alá do mes de setembro, do presente ano. Se a situación non revirte, a entidade se vería obrigada a pechar.

A actividade da asociación supón un beneficio social e económico para o conxunto da cidadanía. No ámbito do VIH unha persoa diagnosticada e tratada correctamente, supón un aforro económico no ámbito sanitario e social ao ano de 40.033 €/ano para as Administracións públicas. No ámbito da exclusión social, as persoas que dispoñen dunha rede de apoio, e programas de atención e contención social, funcionan con maior autonomía e polo tanto son menos demandantes de recursos sociais. A isto hai que engadir que todas estas acción constrúen unha sociedade mais democrática e máis xusta.

A situación de falta de apoio institucional que se vive nestes momentos, só pode ser entendida desde o descoñecemento da actividade e beneficio social que supón o funcionamento de lazos no noso concello, ou desde a falta de sensibilidade e compromiso, da actual corporación fronte a estas problemáticas.

Ante esta grave situación as entidades abaixo asinantes, esiximos que o Concello de Ferrol dote de recursos a Lazos Pro Solidariedade, para que non teña que pechar e deixar sen asistencia a un amplo número de persoas en situación de exclusión e emerxencia social.

Convidamos a toda-las entidades a adherirse ao comunicado de denuncia e a participar na rolda de prensa que se desenvolverá o luns 20 de agosto, ás 11.30 hrs no local da Asociación. ( O local da entidades se atopa na Avda dr Fleming 8-10 Baixo.

Agradecendo o voso apoio e solidariedade, vos saúda,

Carlos Varela

Presidente de Lazos Pro Solidariedade

NOTA: Para adherirse ao comunicado podedes respostar a este correo comiteantisidaferrol@gmail.com.

LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol
Asociación de afectados/as polo VIH, polas drogas e exclusión social

Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo, 15401 Ferrol ( A Coruña )

Tfno./Fax 981350777

Tfno. Móvil :698147975

Dirección web:
http://comitelazos.blogspot.com.es

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

11 ago 2012

Traballo rematado no antigo lavadoiro da Mina de Ponzos por parte do colectivo de cidadáns "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".

Fin das tarefas de limpeza e roza no antigo lavadoiro da Mina de Ponzos por parte do colectivo de cidadáns "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".

Nesta terceira xornada de traballo comunitario, limpamos de maleza a periferia de toda a Mina, á parte, coa colaboración dun compañeiro que puxo un remolque ao noso servizo, recollemos todo o lixo acumulado na zona, así como procedeuse ao amoreado dos restos da roza.

Ao longo da mañá foi continuo o ir e vir de veciñ@s da zona que quixeron ver os traballos de recuperación da zona.

En breve, "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos", acometerá outro traballo de recuperación doutro enclave de valor na bisbarra.

Damos as grazas a todos os colectivos que nos están a mandar mostras de solidariedade. En breve iremos facendo público o nome de Asociacións, Colectivos, Partidos e Sindicatos que se suman ás nosas reivindicacións.


Para ler a nova ir a: Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos


e-mail: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

10 ago 2012

II Xornada de Traballo na Horta Comunitaria de Caranza

Onte, xoves día 9, tivo lugar a segunda xornada de traballo na Horta Comunitaria "impulsada" pola "Asemblea de Desempregad@s da CIG", desta volta mellorou a cousa, da devandita asemblea foron dous os compañeiros que se achegaron.

Non vou botar máis leña ao lume, debe ser que é agosto e o INEM da VACACIÓNS.

Pese a todo, a Horta tira para adiante co esforzo destes compañeir@s, os froitos da terra xa son visibles, o COMPAÑEIRISMO e a SOLIDARIEDADE xa están maduros, as leitugas e repolos en breve tirarán tamén para arriba.





Relacionada:
Posta en marcha da Horta Comunitaria de Caranza


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

6 ago 2012

II Xornada de traballo solidario en Ponzos-Covas

II Xornada na Mina de Ouro en Ponzos - Covas

Cidadáns concienciad@s co valor patrimonial, paisaxístico e ecolóxico da comarca, e outr@s cidadáns que se atopan en situación de desemprego (que non parad@s) que queren facer visible a grave situación que están pasando, acometemos a II Xornada de traballo na antiga Mina de ouro en Ponzos .


Facemos un chamamento a cidadanía para paralizar a obra por valor de 700.000 euros prevista por parte do goberno municipal para a Praza de España, por ser una obra innecesaria e de despilfarro. Esixímos que ese diñeiro sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo contratadas directamente polo Concello para a reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos.



Resulta chocante e ata sospeitoso que se queira facer unha zoa verde na Praza de España, cando as que temos na cidade están totalmente abandonadas por parte do actual goberno municipal e autonómico.


Fonte: Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

3 ago 2012

Posta en marcha da Horta Comunitaria de Caranza

A idea desta Horta xurdiu e foi aprobada por parte da "Asemblea de Desempregados da CIG", aínda que no terreo traballando só estaba André representando ao citado colectivo.

"O movemento demostrase andando" .

Que foi o que fixo este compañeiro
nunha xornada maratoniana que para el comenzou ás 9:00 h. da mañá e rematou ben pasadas as 23:00 h. da noite. Difundiu, tivo conversas con outros colectivos, fixo pegadas polo barrio, sachou, etc.

Menos mal que tivo eco e resposta por parte doutr@s compañeir@s que si se achegaron, incluso algún membro coñecido deste sindicato foi a dar o callo, sen estar nunha situación de desemprego (Que conda o exemplo).


Non hai dereito a que alguén traballe se implique e logo se atope só. O compañeirismo, a solidariedade e a comunidade definen o que ten que ser calquera acción destinada a mudar este insostible sistema social.

Cada quen saberá sacar conclusións propias e decidir cal é seu lugar, igual vaise ter que conformar en paralelo a "Asemblea de Parad@s" , e recomendo que omitan por nome de sindicato para non deixalo quedar mal.


Eu achegueime como mostra de solidariedade con este colectivo de compañeir@s co fin de facer comunidade, pero levei un chasco, e tamén un sacho coa idea de botar unha man, grazas ao demo non me tocou facer uso del, pois llo deixei a un compañeiro do 15M que non tiña ferramenta (É que da gusto ter bos compañeir@s).

O compañeirismo foi, é, e vai ser o principal froito que se poda arrancar desta horta (indistintamente do que se poda quitar da terra).

Como aclaración (Que non debera ser precisa) quero dicir que todo o que eu escribo son conclusións miñas ollando a realidade do que acontece, para nada houbo reproches para @s que non puideron vir. Pero tiña que contalo pois me encantan os "fogos artificiais e a pirotecnia".




Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

28 jul 2012

XUNT@S NA DEFENSA DO SECTOR PÚBLICO, DO EMPREGO E DEREITOS D@S TRABALLADORES/AS

As centrais sindicais, CC.OO, CESM, CIG, CSI-F, OMEGA, SAE, STAJ, UXT e USO

CONVOCAN PARA MAÑÁ, LUNS, 30 DE XULLO, UNHA MANIFESTACIÓN QUE PARTIRÁ ÁS 20:30 h, DA PRAZA DE ESPAÑA E CON REMATE NA PRAZA DE ARMAS

NA DEFENSA DO SECTOR PÚBLICO, DO EMPREGO E DEREITOS D@S TRABALLADORES/AS

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

21 jul 2012

Limpeza da Mina de Ponzos por parte de Cidadáns e Desempregad@s

Fart@s de ollar como se deteriora o patrimonio e a natureza de Ferrol, e vendo que o desgoberno municipal dirixido por Rey Varela non acomete ningún tipo de obra, vari@s cidadáns concienciad@s e algúns desempregad@s, decidimos acometer a limpeza da antiga Mina de Ouro en Ponzos.

O entorno da Mina estaba cuberto totalmente por silvas e felgos
(tal como amosa a imaxe). Era tal a falta de limpeza que as silvas xa puñan en perigo a flora dunar asentada nesa zoa.

Para acometer dita limpeza falamos previamente con persoal da SGHN
(Sociedade Galega de Historia Natural) de Ferrol, co fin de asesorarnos e determinar as zoas de traballo. Por falta de persoal nestas datas non podían achegarse, pero despois de ter falado cunha compañeira desta Asociación a tranquilicei neste senso, pois coñezo a flora autóctona existente, e a acometida só ía ser contra as silvas e felgos bravos.

A esta limpeza sumouse a Asemblea de Desempregad@s da CIG, aínda que por ser a cousa feita con tanta presa e improvisación só puido asistir un compañeiro. Esperemos que para as seguintes "acometidas" que temos pensado facer se sigan sumando xa que non so é unha laboura cívica, ecolóxica e solidaria, senón tamen de facer VISIBLE a cidadanía de Ferrol que os Desempregad@s queren traballar.



Chamamos ao xornal Diario de Ferrol para denunciar;

1º A falta de limpeza e roza tanto en veira-rúas, monte baixo de propiedade municipal, e edificios do noso Patrimonio Histórico.

2º O "pasotismo" Municipal en canto á reparación de fochas e das rúas da cidade.

3º @s desempregados non imos quedar parad@s, e imos demostrar que queremos traballar acometendo pequenas "reformas" que o desgoberno municipal non quere acometer

O incrible é que exista unha partida orzamentaria de 700.000 euros destinados a ser soterrados na Praza de España, segundo o P€P€ para facer un "Pulmón Verde".

¡¡Esiximos que eses cartos se invistan en contratar cuadrillas de desempregad@s para facer traballos, tanto de limpeza da ría, bosques, eliminación de especies invasoras, e un longo etc. de ideas que temos!!


Tamén nos ofrecemos o desgoberno municipal a pintarlles a fachada do Concello se fai falta, pero sempre e cando nós escollamos a cor


A noticia sae no xornal local Diario de Ferrol, (2º páx, na edición en papel ven máis estensa)

10 jul 2012

Mañá "CONCENTRACIÓN SOLIDARIA COA LOITA MINEIRA"

(Eu achegareime en solidariedade coa loita d@s mineir@s, para nada estou de acordo coa queima, transporte, nin almacenamento do carbón).

Persoas pertencentes ás asociacións Fuco Buxán, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos e Colectivo Ártabra 21, nun encontro espontáneo, valoraron que era necesario que na nosa comarca se convocara algún acto de solidariedade coa loita dos mineiros de Asturias, León e Aragón. Polo que acordan; convocar a unha Asemblea-Concentración Aberta, a todas as organizacións e persoas que queiran mostrar a súa solidariedade e recadar axuda económica para a caixa de resistencia da loita mineira.

Asemblea-Concentración Aberta
Mañá mércores día 11 de Xullo, ás 21:00 hs, na Praza do Himno Galego do barrio de Esteiro,
coincidindo coa mobilización en Madrid das columnas mineiras que estiveron marchando a pé no transcurso desta semana.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

8 jun 2012

"Día Mundial dos Océanos" e limpeza de praias

Hoxe, venres 8 de xuño, celébrase o Día Mundial dos Océanos. Con tal motivo, ADEGA convoca a todas as entidades interesadas a unirse nun evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. Este día diferentes grupos de toda Galiza, participarán na limpeza simultánea de praias, nas tres provincias costeiras. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares estades chamados a limpar as nosas praias e denunciar os graves problemas ambientais do lixo nos mares.. e na nosa comarca, temos pensado facer, entre outras cousas, unha limpeza na Praia de Caranza.

A cita é nas inmediacións da Ermida de Caranza, hoxe, venres 8 de Xuño, as 17:00h, para limpar a Praia. A acción terá lugar perante unhas dúas horas. Aberta á participar, colaborar, facer algunha actividade complementaria, ... a toda a cidadanía.

O contacto para colaborar é Xandro, | @mar_abaixo |facebook.com/xandro.garcia | Mallando na e-ira |, no telefono 660 839 493 , ou no correo-e babor6@gmail.com


Na Ría podes...


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

11 sept 2011

UNHA "PINGA DE AUGA"

"A Nosa Colleita para Somalia", evento feito a base de doazóns de artistas galegos (Pintores/as, Fotógraf@s, Poetas, Artesáns, escultores/as) co fin de recadar cartos para o Corno de áfrica.

O total acadado foi de 3095,31€.



Ao remate do acto fixoselle entrega a Fran Román (representante de Médicos sen Fronteiras) do carto recolleitado.





Agradecementos:

- @s compañeir@s Ártabra21 pola difusión

- A José Torregrosa, tanto polo manifesto que nos redactou, como pola sua implicación no acto.

- A todol@s artistas de Ferrolterra que se involucrarón e "mollaron" polo Corno de África
Leandrinho Lamas, Rosa Fernandez Salanova, Suso Basterrechea, Novás, José Rubio Gascón, José Manuel G. Ramos, Daniel Bretón, Carlos Barcón, Corin Cervera, Francisco Maceira, Luis Maceira Crespo

- @s outr@s 60 do resto de Galiza que tamén doaron

- Ao Diario de Ferrol pola difusión do evento, (A Coz de Galicia, tarde mal e arrastro)

http://anosacolleita.blogspot.com/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

7 sept 2011

ACTO SOLIDARIO POLO CORNO DE ÁFRICA.

Este Sábado 10 de SETEMBRO en VIGO

ACTO SOLIDARIO POLO CORNO DE ÁFRICA.

EXPOSICIÓN E POXA DE OBRAS DE ARTE DOADAS
(Contamos tamén con doazóns de libros de varios poetas)
"DETRÁS DO MARCO Art Café", (local situado, xusto detrás do M.A.R.C.O - museo arte contemporáneo de Vigo) , bloge http://detrasdomarco.blogspot.com/
Dirección: CALLE LONDRES, S/N, VIGO, 36202.
Bloge do evento
http://anosacolleita.blogspot.com/

• Actuacións musicais de:
B.B. David
Silvia Womami
Doce vita sons de cine
Walter César (Cantautor uruguayo)

Todo o recadado será a beneficio da ONG MÉDICOS SEN FRONTEIRAS, estará presente tanto na promoción publicitaria, como o día da celebración do acto.

Para doazóns:
telf (so pra Ferrolterra) 637 567 497
telf (Resto de Galiza) 627 239 615

Aportacións a día de hoxe:


1. Alberto Granada
2. Alberto Mouriño
3. Ana Fernández Otero
4. Anabela Venâncio
5. Angeles Jorreto
6. Ángeles Rodríguez Ferrer
7. Beatriz Ansede Bonome
8. Capitán Fervellasverzas
9. Carabullo
10. Carlos Barcón
11. Carmen Sevillano
12. Carmen Torres
13. Celia Pía
14. Chus Láuzara
15. Cinta F. Agell
16. Corín Cervera
17. Daniel Bretón
18. David Otero
19. Deli Sánchez
20. D´pensamentos Agasallos
21. Eva Pega
22. Francisco Maceira
23. Fran Montoiro
24. Helena Villar Janeiro
25. Inma Doval
26. Isabel Alonso
27. Jorge Santomé
28. José Estevez
29. José Manuel G. Ramos
30. José Rubio Gascón


31. Julia Jiménez
32. Kristina Sabaite
33. Leandrinho Lamas
34. Lola Fernández
35. Luis Maceira Crespo
36. MaNolo Suárez Varela
37. Maria Del Rio
38. Mary Olivares
39. Nando Pereiro
40. Pedro Serra
41. Pepa Mariño
42. Pilar Feas
43. Ra Iribarnegaray Saburido
44. Ramiro Cimadevila
45. Ritta Bremer
46. Rosa Enriquez
47. Rosa Suárez
48. Rosa Fernandez Salanova
49. Rosa Seoane
50. Rosalía Pazo Maside
51. Rosi Vidal
52. Sabela Baña
53. Sara Garrote Gil, (Chuca)
54. Susana Pazo Maside
55. Susi Gesto
56. Suso Basterrechea
57. Victor G. Novás
58. Xacobe Meléndrez Fassbender
59. Xusto Fisterra
60. Yolanda Carbajales Ferreiro

Evento para doazóns en Ferrolterra

Evento Nacional Galego

NORMAS DE VENTA E SUBASTA

Pregase difusión e doazóns

¡¡ MORRE UN NENO CADA 6 MINUTOS !!

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

8 ago 2011

Deixa o fútbol, farto de "corrupción e morte"

Fai uns días, Javi Poves rescindiu o seu contrato co Sporting de Xixón. Decidiu colgar as botas aos 24 anos ao non sentirse motivado para seguir exercendo unha profesión coa que non se sinte identificado. O futbolista, que deixou de cobrar por transferencia bancaria ao non querer utilizar un banco, considera que o fútbol é "diñeiro e corrupción". "En definitiva, é capitalismo, e o capitalismo é morte".

Rescindiu o contrato que lle unía ao Sporting por unha tempada máis.

¿Por qué decidiu retirarse?

De feito foi o club quen me ofreceu a rescisión do contrato. Desde hai semanas cheirábamo. Eu aceptei xa que facía moito tempo que se me pasaba pola cabeza deixar o fútbol. O Sporting non contaba comigo e isto, xunto ás poucas ganas que tiña de seguir xogando, fixo decidirme.

¿Definitivamente non quere vivir do fútbol?

Non, vai en contra da miña forma de vida, da miña maneira de pensar e en contra dos meus ideais. Xa sexa en Primeira, Segunda ou Segunda B dáme igual, non quero seguir. Non me gusta o que é o fútbol hoxe en día, un circo. Ademais, o futbolista está demasiado valorado na nosa sociedade cando non debería ser así. Outras persoas que o merecen moito máis nin tan sequera as nomean. É un conxunto de circunstancias as que me fixeron tomar esta decisión. Facía tempo que mo estaba pensando e despois de meditalo, a rescisión de contrato fíxome decidir que este era un camiño que debía abandonar.

¿A escasa participación no equipo durante a tempada reforzou a súa decisión de abandonar os terreos de xogo?

A miña participación foi escasa porqué tiña que ser escasa. Como dixo Valdano: "o fútbol é un estado de ánimo". Un xogador que perde a súa ambición por xogar e non cre no que está a facer, ou é moi bo para poder seguir xogando con desgana ou isto nótaselle no rendemento deportivo. Eu non estaba motivado. A pesar de estar comprometido co equipo, creo que podía xogar moito mellor e adestrar con máis intensidade. Cando un non cre en si mesmo, algo falta e isto no fútbol é importante. Estaba descentrado, exposche o tipo de vida e non me sentía ben sabendo que a xente se está morrendo por aí.

¿Cando empezou a ser consciente de que o fútbol non era realmente o que cría?

Empecei a "abrir os ollos" cando un compañeiro do Sporting B díxome que nos teñen enganados co tema da comida. Estannos envelenando coa cantidade de colorantes e pesticidas que levan os produtos que tomamos e estes fannos enfermar. Obviamente hai varios motivos que fan enfermar, e este axuda. Non me refiro soamente as comidas rapidas, senón que calquera produto que se compra no supermercado está o 99% infectado.

¿E iso orixinou o seu cambio de mentalidade?

"Foi a partir deste punto cando empecei a exporme unha chea de cousas. Por que nos envelenan, por que nos fan enfermar, así como cousas máis a nivel mundial como os autoatentados do 11S, os atentados do 11M" O obxectivo que teñen é dividir á sociedade. Vivimos nunha gran mentira. Por isto empecei a investigar, a ter inquietudes.


¿Pese ao compañeirismo que poida haber dentro do vestiario tamén está latente a competencia, unha das características principais do capitalismo. Como o levaba?

A min faltábame ese punto competitivo porque estou en contra da competencia cando é moito mellor cooperar. Cos meus compañeiros lévome estupendamente. Sorprendeume moito o vestiario do Sporting de Xixón. Dentro da competitividade que existe no equipo, fóra pódenche botar unha man. Aínda que non se como son outros, penso que este é un dos vestiarios máis sans que hai. Rompe completamente co tópico de que o futbolista soamente pensa en si mesmo.


¿Considérase un futbolista "indignado"?

Non, porqué non comparto moitas cousas sobre o 15-M. Fun a informarme na praza Maior de Xixón para saber que expuñan. Este movemento podía crear cousas perigosas para o sistema, pero foi canalizado e controlado para convertelo en algo inofensivo. Non sei en que punto está o tema agora, pero non me interesa demasiado. As propostas seguen sendo as mesmas, do mesmo xeito que as institucións que as apoian desde atrás. Aínda así, a parte positiva é que a xente deste movemento abriron algo os ollos.

¿Politicamente como se definiría?

En canto a ideoloxía non me englobaría en ningunha. Hai cousas que me gustan de algunhas, pero outras non. Isto pásame co anarquismo, o comunismo e mesmo o nacionalsocialismo, onde hai puntos que a xente non sabe e tamén debería coñecer. Se cadra equivocareime pero é o que sinto agora. A historia ten moitas vertentes e as escolas ensínannos como verdades absolutas cousas que poderían ser cuestionables. Non sinto representado por ningún partido político porque todos van na mesma dirección, a explotación do mundo. Mentres a xente siga aceptando o sistema que existe como algo inamovible será moi difícil cambiar, pero espero que tarde ou cedo isto acabe, non se se será mellor ou peor, pero seguro que cambiará.¿Agora que terminou a súa etapa como futbolista, cales son os seus plans de futuro?

De momento empezo Historia na UNED .Moita xente recrimíname que se son revolucionario tería que doar todo o diñeiro que gañei. "Ese diñeiro, por moi revolucionario que sexa, necesítoo para vivir, necesito un sitio onde pasar o inverno, non" Que en Madrid fai frío (risas). Algún día tamén me gustaría ter un fillo. Ademais, con este diñeiro teño proxectos en mente.

¿Máis enfocado en algo humanitario?

Si, pero non quero doalo. Quero encabezar un proxecto eu ou que o faga xente da miña confianza, sen intermediaciones porque logo o diñeiro non chega onde debería chegar. Primeiro teño que informarme máis xa que non podo regalar o diñeiro. Teño a oportunidade de facer cousas e gustaríame aproveitalo; debo reencontrarme a min mesmo.

Máis aló do 15-M

Preguntado polo movemento do 15 de Maio, vai máis aló das reivindicacións dos "indignados". Aínda que nun principio se que se viu identificado coa ilusión da xente por cambiar as cousas, agora afirma que son cambios superficiais e insuficientes: "De que me serve gañar 1.000 euros no canto de 800 se están manchados de sangue, se se obteñen co sufrimento e coa morte de moita xente"
"A sorte desta parte do mundo é a desgraza do resto", e sinala ás entidades financeiras como as principais culpables: "O que hai que facer é ir aos bancos e queimalos, cortar cabezas".
A pesar de todo, non se considera antisistema, o adxectivo que lle quixeron colocar: "Non sei o que son. Só sei que non quero vivir prostituído como o 99% da xente". Asegura tamén que se non pode ter unha vida limpa en España, buscaraa en Birmania ou onde sexa. Agora ten pensado estudar Historia pola UNED e despois xa verá o que fai, aínda que ten intención de viaxar polo mundo oprimido.
"Quero coñecer o mundo de verdade, saber o que hai". Sinala África como un dos probables destinos, para o que afirma non necesitar moito diñeiro: "Estiven en Turquía en hoteis de tres euros". Un cambio de vida que a maioría da xente non entende


Entrevista en "La Vanguardia"

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

4 ago 2011

..é un CORNO !!

Temos que abrir os ollos e rebelarnos a este "Merdo Sistema", non podemos consentir que os alimentos do mundo se escriban en cor verde e vermello nos paneis de Wall Street. No chamado Corno de áfrica a xente está a morrer de fame.

O que máis ... desta situación é que o mundo nunca producíu tanta cantidade de alimentos, pero eses alimentos van destinados a esas multinacionais da alimentación e especulación, con destino para o mal chamado primeiro mundo, e xa non existen aqueles "excedentes" de cereais que se doaban, agora destinanse para a producción de Biocombustibles para poder manter o ritmo de vida capitalista.

Estímase que a crise xa está a afectar a 12 millóns de persoas en toda Etiopía, Kenia, Somalia e Uganda

En Somalia a fame negra xa matou a 29 mil men@s, e según estima a ONU, 640 mil nen@s máis atópanse en estado de desnutrición, e a cifra de decesos podería verse incrementada nos proximos días.

Por por un exemplo; soamente en Somalia dunha poboación total de 7,5 millóns de persoas, uns 3,2 millóns teñen necesidade inmediata de asistencia para sobrevivir, e os restantes 4,3 millóns non é que gocen tampouco de alimentos e auga.

Segundo datos da ONU, máis de 10.000 refuxiados chegan cada semana ao campamento de Dadaab (nordés de Kenia), que xa supera en catro veces a súa capacidade orixinal.O máis lamentable é que cando chegan ao campamento agotad@s e desnutrid@s, son derivados a outros campos. En Etiopía, uns 2000 refuxiados somalíes chegan cada día, alcanzando un total de 100.000.

Estímase que nestes intres a crise está a afectar a 12 millóns de persoas en toda Etiopía, Kenia, Somalia e Uganda (podedes consultar o mapa da esquerda, elaborado por FEWS NET).

http://blogs.oxfam.org/es/blog/11-07-26-todo-lo-que-necesitas-saber-sobre-la-crisis-alimentaria-del-cuerno-de-africa


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio