Mostrando entradas con la etiqueta crisis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta crisis. Mostrar todas las entradas

31 ene 2016

Un "albergue" con vistas a un Auditorio

Ramiro é un veciño de Caranza que leva 2 anos vivindo a escasos metros dun Auditorio que custou aos galegos 16 millóns de euros, pero isto non ruboriza aos políticos. 

O "albergue" de Ramiro consta duns 6 metros cadrados fronte aos 7.000 que ten o auditorio.Pero nin se queixa, este home subsiste cunha Renda de inclusión social (RISGA), grazas a iso e á xenerosidade dalgún veciño este home pode pasar o día a día. 

É vergoñoso que as institucións públicas non atopen un sitio digno para durmir a esta persoa, e que non lles caia a cara de vergoña cando no centro realizan bufetes ou feiras de degustación de viños.

Que canapés poden sentar ben vendo isto? 


INTERIOR DO "ALBERGUE"


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

26 mar 2014

"Dous millares" na defensa da sanidade.

Apenas dous millares de persoas, secundaron a manifestación na defensa da sanidade pública, celebrada hoxe en Ferrol.





Onde ... están @s 17.000 compañeir@s desempregad@s?.

Confunden os 420 euros do subsidio coa Renda básica de subsistencia?.

Cren co pensionista ao que estanlle a "tirar da teta" vai estar sempre aí?.

Ou non será que as convocatorias chegan soamente ás mesmas persoas?. Porque non se explica tal fracaso.



Antes, e durante o franquismo, os panfletos tirados en imprentas manuais chegaban a todo o mundo, isto debíase aos limitados avances tecnolóxicos da época, que malia ser escasos, e caros, facíase este traballo, e funcionaba. Isto era porque as persoas encargadas de por en funcionamento os aparatos de comunicación, traballaban, eran xentes dispostas a dar o seu tempo e xogarse a vida por outra sociedade máis xusta. Actualmente, e co frenesí tecnolóxico, cada fogar é un "parque temático", á parte de todas as consolas e reprodutores multimedia que temos, dispoñemos dunha ampla variedade de vías de comunicación; infinidade de canles televisivas; diarios dixitais de todo tipo, e páxinas web de contra información; redes sociais; plataformas de comunicación por internet (Wasap, Line, WeChat, etc...) Si as ferramentas están aí, e son gratuítas.....  só hai que usalas e traballar!.

Si enriba de fodid@s imos aburrirnos... mal imos..  A quen non lle apetece un pouco de Rock and roll?

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

24 mar 2014

Mércores 26 de marzo, Manifestación en Defensa da Sanidade Pública

Manifestaciòn en Defensa da Sanidade Pública, apoiada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública e convocada polos diferentes sindicatos da Sanidade. 

MÉRCORES 26 DE MARZO ÁS 18:00 H. DESDE A PRAZA DE ESPAÑA


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 mar 2014

O Naval de Ferrol e Fene levan as protestas ao concello fenés.

Hoxe @s traballadores/as de Navantia e das súas empresas auxiliares de Ferrol e Fene, estaban convocados a manter un encerro ata as 16:00 h., momento no que saían tod@s nunha marcha de Ferrol con dirección ao concello de Fene. O percorrido foi pola Avda. de Esteiro, A Trinchera, polígono da Gándara, e ponte de As Pías, lugar de encontro entre a marcha de Ferrol e a procedente de Fene, posteriormente xuntas marcharon cara ao concello fenés, onde se deu lectura a un manifesto de indignación.

O próximo xoves, día 27 de marzo, está convocada unha concentración diante da sede de Facenda, de As Telleiras.





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

28 feb 2014

Unhas 2.500 persoas tomaron hoxe as rúas de Ferrol, na manifestación da Alianza Social Galega, baixo o lema “Por outra saída da crise”.

Unhas 2.500 persoas tomaron hoxe as rúas de Ferrol, na manifestación da Alianza Social Galega, baixo o lema “Por outra saída da crise”. A mesma sumáronse @s traballadores/as do Naval, de Mercadona, de SPRIL NORTE, a PAH de Ferrolterra, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e outros colectivos sociais.

Tamén moitos dirixentes sindicais e políticos quixeron participar en Ferrol desta mobilización, como Suso Seixo (CIG), José M. Sánchez Aguión (CC.OO), e José R. Gómez Besteiro (PSOE).





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

15 ene 2014

"Ferrol con Ferrolterra"

Inconcibible!!...  estase a difundir un correo no que chaman en réxime de auto-convocatoria "Ferrol con Gamonal".

Como pódese facer este chamamento cando actualmente ninguén está a saír á rúa polo Naval e @s desempregad@s???........ 

Por que permitiuse en Ferrol o malgasto do Parque Municipal, da Praza de España, cambios incomprensibles de mobiliario urbano,  etc...??....

É UN INSULTO PARA A CIDADANÍA DE FERROL ESTA CONVOCATORIA, E SOBRE TODO PARA QUENES ESTÁN SEN PODER LEVAR PAN A CASA PARA OS SEUS FILL@S!!!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

15 oct 2013

Megasa, unha loita en solitario

Hoxe, martes 15 de outubro, a plantilla de traballadores/as da factoría Megasa, retomou as mobilizacións ante a ameaza de peche da compañía, debido á orde IET/2804/2012, que beneficia as grandes compañías consumidoras de electricidade, provocando deste xeito unha competencia desleal, na que Megasa deixa de ser competitiva no sector, forzando así un peche da empresa.


A marcha protesta, partiu ás 18:00 h. da rotonda da factoría, dirección á sede do P€P€ de Narón, (Alto do Castiñeiro). Algo falla e moitos fallan, pois esta non foi secundada pola cidadanía de Narón nin de Ferrol, de feito poucos familiares d@s traballadores @s acompañaron na macha.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

@s traballadores/as de Megasa farán unha marcha ata á sede do P€P€ de Narón.

Hoxe, martes 15 de outubro, a plantilla de traballadores/as da factoría Megasa, retomará as mobilizacións ante a ameaza de peche da compañía, debido á orde IET/2804/2012, que beneficiou as grandes compañías consumidoras de electricidade, provocando unha competencia desleal, na que Megasa deixa de ser competitiva no sector, forzando deste xeito o peche da empresa.

A mobilización de hoxe é un ha marcha protesta, que partirá ás 18:00 h. da rotonda da factoría, dirección á sede do P€P€ de Narón, (Alto do Castiñeiro).

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

4 jul 2013

Marcha do naval ao redor da ría de Ferrol.

Con esta marcha @s traballadores/as dos estaleiros seguen co seu calendario de denuncias, en especial sobre as promesas incumpridas polo P€P€, o de construción do dique flotante, e o Flotel para a mexicana Pemex.

O presidente do comité de empresa Navantia Ferrol, Ignacio Naveiras, solidarizouse en nome d@s traballadores/as do naval de Ferrol, cos compañeir@s dos estaleiros privados, que se ven ameazados dende a UE con ter que devolver as axudas tax lease, o que acabaría definitivamente co naval de Vigo.

A marcha percorreu catro municipios da bisbarra, os traballadores/as de Navantia Ferrol saían ás 11:30 h cara á ponte das Pías, ao final da mesma encontrábanse cos traballadores/as do estaleiro fenés, dende alí partian todos xuntos dirección Neda, e logo cara a Narón, onde se fixo un pequeno descanso para tomar un bocadillo. Ao chegar á rotonda próxima a Megasa, a marcha se detivo uns minutos, e leuse un comunicado de apoio e solidariedade cos traballadores/as desta empresa. A marcha chegou de volta a Ferrol ás 16:30 h


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

30 may 2013

Non hai un sen dous, "Pleno" do P€P€.

Traballadores/as do naval, Plataforma contra o malgasto na Praza de España, Plataforma Stop Desafiuzamentos, Plataforma contra a lei do aborto, afectad@s polas preferentes, etc.. impediron que se realizase o Pleno de hoxe no Concello de Ferrol.

Supostamente, hoxe entraría en funcionamento o torno que impediría a libre entrada ao Concello, obrigando a todas as persoas que accederan ao edificio a identificarse. Deste xeito aplicarían a nova normativa municipal imposta polo P€P€, de limitar o aforamento de acceso ao salón de plenos.

Ao non se cumprir estas previsións, e unha vez xa se encontraban dentro moitos colectivos, o desgoberno municipal deu orde á policía local de impedir o libre acceso, pechando as portas nos narices do traballadores/as do naval. A porta soamente se abría para a prensa ou para os concelleiros. Aproveitando un descoido, varias persoas empurraron a porta e lograron coarse para dentro, pero a gran maioría seguía forcexando ás portas con dous policías que a custodiaban. Foi nese intre, cando un mozo que pasara anteriormente, volveu sobre os seus pasos e querendo axudar aos seus compañeir@s do exterior, zarandeou os dous policías, producíndose a rotura dun dos cristais, resultando un axente ferido cun corte nunha man.

Deste xeito producíase a avalancha humana que enchía por completo o Manifestódromo do P€P€.

Berros de:
“O amigo de Marcial, afunde ao naval”, “Nin xente sen casas, nin casas sen xente”, “Ao naval, DIQUE si”, “Alcalde dimisión”, “Ilegalizar o partido popular”, e outras consignas en contra do Desgoberno foron as únicas voces que se escoitaron.

Sinto de veras non poder poñer voces á indignación no pleno, tiña ganas de escoitar a intervención dos meus compañeiros. Así como lamento a agresión ao axente local, e que este sufrise a ira de quen padece a merda e sarta de mentiras de Rei Varela e do amigo do NARCO.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Marcha do Naval

Hoxe, ás 10.30 h, tivo lugar unha marcha dos traballadores/as do Naval de Ferrol, estes baixaron pola Avda de Esteiro, dirección As Pias. No traxecto, ao seu paso polo edificio de Facenda, na rotonda de As Telleiras , encontráronse que o mesmo estaba blindado polos anti-disturbios. Ao seu paso por As Pias deixaronse diversas pintadas reivindicativas no asfalto.

Á mesma hora, os traballadores/as de Navantia Fene, saían ao encontró destes. Ambas marchas toparonse á altura da entrada ao polígono da Gándara, lugar onde se fixeron dúas barricadas de lume, para avivar ben as chamas usáronse uns monicreques que recreaban a Rajoy, Feijóo, Rei Varela, e a outros políticos do P€P€.

Hoxe ás 19:00 h. ten lugar o Pleno do Concello, e o Naval de Ferrol estará presente neste.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

21 may 2013

Mañá mércores, Concentración para que o DESgoberno municipal adxudique e entregue as vivendas do barrio de Recimil.

Este Mércores 22 de Maio de 2013, ás 11:30hs, Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, convoca á cidadanía, diante do Pazo Municipal de Ferrol, a unha concentración de apoio ás 114 familias que están esperando a que o goberno municipal lles adxudique e entregue unha vivenda no barrio de Recimil.

Unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por membros da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, despois de case un mes de espera e ter que reiterar a solicitude, mantivemos unha xuntanza co Sr.Alcalde e a responsábel de Benestar Social, o pasado 10 de maio. O Sr. Alcalde, na reunión, non chegou a ningún compromiso con nós, non admitiu, a súa desidia nin despreocupación, só dixo que el era a máxima autoridade no Concello e que iría entregando algunhas vivendas, mais nunca nos prazos que nós marcabamos e menos comprometerse a un calendario concreto. Manifestou que entregar vivendas ás persoas que estaban na lista, sería aumentar o problema social que xa de por si ten o propio barrio.

Polo de agora só entregaron dúas vivendas, sen quentador nen cociña e unha delas en non moi boas condicións de habitabilidade. O que quere dicir que o Concello estivo todo este tempo "a velas vir", non estaba habilitando nengunha vivenda, só comezaron ao mobilizar-nos. Non pode ser tanta desidia e tanto engano. Este é un maltrato deste goberno municipal coas familias que están agardando pola vivenda.

As 114 familias que agardan por unha vivenda protexida, son persoas afectadas, porque a falta de sensibilidade, a falta de preocupación e o non asumir, o goberno municipal, as súas responsabilidades, provócanlles un grande prexuízo económico e social. Algunhas familias están pagando alugueres por encima das súas posibilidades reais, outras xa deixaron de pagar, outras viven amontoadas con outros familiares, outras viven en condicións de insalubridade, todas agardando por unha vivenda municipal en Recimil.

As nosas accións están encamiñadas a conseguir unha morada onde poder vivir, demandamos unha solución xa.

Mobilizamo-nos para:

Queixar-nos da desidia do goberno municipal á hora de poñer a disposición da cidadanía o parque de vivendas municipais baleiras e en condicións de ser habitadas.

Queixar-nos de que non tiveran elaborado, aínda, o censo de vivendas municipais baleiras do barrio de Recimil.

Queixar-nos de que unha vez baremadas as persoas e elaborada unha listaxe definitiva de 116 persoas admitidas, das 267 presentadas, non se puxeran a exposición pública até un ano despois a citada listaxe.

Queixar-nos de que desde o 10 de xullo do pasado ano 2012 que rematou o prazo de exposición pública e da publicación definitiva da listaxe, non se adxudicara nin entregara ningunha vivenda, até que nos comezamos a mobilizar e denunciar ao goberno municipal pola súa desidia e xogar cos dereitos e vida das persoas.

Demandar ao Concello o cumprimento das ordenanzas municipais en materia de vivenda, en canto ao deber de conservación dos inmóbeis da súa titularidade. Poñendo a disposición medios económicos suficientes (modificación orzamentaria se fose necesario), propios ou en convenio con outras administracións, para habilitar o parque de vivendas municipais.

Demandar do Concello que exerza as facultades públicas de deslinde e determine dunha vez a situación exacta do parque de vivendas públicas municipais, e a posta en condicións de uso inmediata, como se dixo, das que recupera en canto quedan baleiras.

Demandar a adxudicación e entrega das vivendas xa, segundo o disposto no punto 7 do Artigo 2.- do Regulamento sobre o procedemento de adxudicación das vivendas protexidas do barrio de Recimil. Vivenda que quede baleira debe ser adxudicada, e posteriormente entregada cando estea en condicións de habitabilidade.

Demandar ao Goberno Municipal un calendario de entrega de vivendas, 30 antes de finalizar Xuño deste ano e o resto antes de comezar o curso escolar no mes de setembro.

Demandar ao Goberno Municipal a constitución dunha Comisión de Seguimento, onde podamos estar representadas as persoas afectadas a través da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

PARTICIPA !!
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

16 may 2013

Os traballadores/as do Naval queiman monigotes de Feijóo e Rey Varela na sede do P€P€

Recollo o texto do xornal local, o Diario de Ferrol que describe perfectamente o acontecido.

Os traballadores de Navantia ditaron a súa sentenza esta mañá e enviaron ao cadafalso o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela. Bonecos coas súas caretas e senllos carteis nos que podía lerse "Flotel, culpable" e "Dique, culpable" encabezaron a manifestación desta mañá, ambos os dous coa soga ao colo, ata chegar á porta da sede local do PP, onde foron queimados.

Máis de dous mil operarios abandonaron o estaleiro ferrolán ás once da mañá e dirixíronse, primeiro baixo unha lixeira chuvia que despois foi intensificándose, ata a rúa do Sol onde está situado o local do Partido Popular. A manifestación moveuse a distancia do Concello de Ferrol, que estaba fortemente custodiado por cinco furgóns da Policía Antidisturbios e varios coches da Policía Municipal. Finalmente, a manifestación detívose unicamente ante a sede do PP e pasou de longo ante a casa do concello, para regresar á factoría. Parte dos operarios desviáronse, no seu regreso ao tallo, ás portas do edificio da Xunta para expresar o seu apoio aos traballadores do servizo de dependencia da Xunta, que protestaban polo seu desmantelamento.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 abr 2013

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DOS SERVIZOS SOCIAIS NA COMARCA DE FERROLTERRA

Mércores 24 de abril, saída ás 20.00 h. do Edificio administrativo da Xunta de Galicia e remate na praza de Armas.

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña convoca esta manifestación contra a política dos Gobernos do PP ao respecto dos recortes na prestación servizos sociais de carácter público en xeral, e en particular na nosa comarca, que non fan máis que empeorar as condicións dos servizos para @s usuari@s e as condicións de traballo d@s empregad@s.

Hai que dicir basta a tanta destrución de servizos básicos na comarca por parte da Xunta de Galicia: Souto de Leixa con destrucción de postos de traballo de persoal cualificado e paso a unha xestión privada que non garantiza a mesma calidade e atención prestada; abandono da política de protección de menores co peche do Centro de Menores Soutomaior para convertilo en non se sabe qué aínda; amortizacións e desmantelamento da Oficina de Valoración da Dependencia; condicións abusivas para os traballadores/as na Residencia de maiores de Caranza...

Pero ademais tamén se incluirá a reivindicación dos recortes en servizos sociais públicos dependentes doutras administracións públicas, como no CAMF-IMSERSO e a ameaza que supón a nova reforma da Administración local para os servizos sociais municipais.


CONTAM@S CON TOD@S PARA DEFENDER O DE TOD@S!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

19 abr 2013

O NAVAL DO FERROL RECRÚA A LOITA CORTANDO VARIOS ACCESOS Á CIDADE

@s traballadores/as do Naval de Ferrol fixeron hoxe un paro de dúas horas para protestar pola destrución de emprego, fixeron varias barricadas e colapsaron toda a Avda de Esteiro e A Trincheira.

Igual tería sido mellor montar as barricadas cos vehículos dos non compañeiros, os que media hora antes saían dos estaleiros para dirixirse ás súas casas. Estes eran os menos, uns vinte ou trinta, que xa cambiados e á carreira, se dirixían aos seus vehículos, previamente estacionados nos arredores da factoría para non ter que ser vistos.
Premer para ver a galería de fotos

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

26 mar 2013

@s empregad@s de FIMO levan sete meses sen cobrar

@s traballadores/as solicitaran a principios do pasado outubro unha xuntanza co grupo de goberno do Concello ferrolano, pero esta non se levou a cabo pola falta de vontade política. O Concello non fixo efectiva a aportación económica deste ano , pese a ostentar o 45% do conxunto de accionistas, fronte ao 55% que ten a Cámara de Comercio, que xa leva 2 anos sin aportar nin un euro. 

@s traballadores denuncian a privatización de feiras, que serían rentables para poder paliar a actual situación que padecen, pero parece que prefiren darlle as ganancias a empresarios amigos.

Ademais das débedas cos traballadores/as en activo, FIMO ten que facer fronte ás tres sentenzas xudiciais perdidas a favor de tres dos cinco despedidos da entidade.





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

21 mar 2013

"STOP Desafiuzamentos Ferrol Terra" concentrouse no Concello de Ferrol

Con motivo da xuntanza que se celebraba hoxe por parte da Comisión de Benestar Social, no concello de Ferrol, "STOP Desafiuzamentos Ferrol Terra", decidiu concentrarse nas inmediacións da sala na que tiña lugar esa reunión, o motivo non era outro que premer o goberno do PP para que adopte as medidas necesarias para paliar o drama que leva aparellado cada desafiuzamento e que poña de inmediato a funcionar o parque de vivendas sociais que teñen desabitadas no barrio de Recimíl, e que son de propiedade municipal. 

Así mesmo, acompañamos a Verónica, unha rapaza casada e cunha filla menor de idade, que nuns días quedarán sen vivenda, solicitouse que o Concello lle poña de inmediato unha vivenda de aluguer social.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

3 mar 2013

Máis de 5.000 persoas na Manifestación en Defensa da Sanidade Pública

Máis de 5.000 persoas tomaron hoxe as rúas de Ferrol, en defensa da sanidade pública. A mesma partiu pasadas as 12:00 h dende a Praza de España, e finalizou na Praza de Armas, lugar no que se deu lectura ao Manifesto unitario .

Rescato estes puntos do manifesto, por parecerme clarificadores do que está a suceder na bisbarra:
  • Segue pechado sen ningunha razón o Consultorio Médico da Graña, a pesar de que nun Pleno do Concello de Ferrol, e por  unanimidade, acordarase demandar da Xunta de Galicia a súa reapertura inmediata, cousa que non fixo o aínda Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, nin diante da Consellería de Sanidade nin diante da Xunta de Galicia. Ese é o compromiso de José Manuel  Rey Varela coa cidade de Ferrol.
  • Tamén se acaba de pechar o Consultorio do Seixo en Mugardos.
  • Falase xa de pechar o consultorios de Ferrol Vello, Maniños, Pedroso, o Val, Mera e Espasante e tamén da supresión de Puntos de Atención Continuada en Concellos pequenos.
  • Non hai orzamento, no 2013, para a construción dos novos Centro de Saúde de A Capela, Cedeira e Narón .


Manifesto completo

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

24 feb 2013

Unha marea humana tomou as rúas de Ferrol na defensa do sector naval

Unha marea humana de máis de 30.000 persoas, tomaron no día de hoxe as rúas de Ferrol, en demanda da construción do dique flotante e carga de traballo para os estaleiros.

O P€P€ de Neda nas inmediacións da praza
A maioría dos slogan ían dirixidos en contra do Desgoberno do P€P€. A pesar disto algúns dos seus membros tiveron o descaro de deixarse ver polas inmediacións da praza, como foi o caso do aínda alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, este foi visto nas inmediacións dunha sucursal bancaria concedendo entrevistas aos medios. Menos camuflado estaba o alcalde de Neda, Cabezón, que portaba unha pancarta, esta sin siglas do P€P€, e escrita nun perfecto castelán "Neda en apoio do sector naval de Ferrolterra", (esquecéuselles traducir o Ferrolterra)





+ info en: 
http://praza.com/economia/3689/unha-manifestacion-masiva-sinala-en-ferrol-o-incumprimento-das-promesas-do-pp-sobre-o-naval/

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/la-comarca-de-ferrol-se-volco-en-apoyo-del-sector-naval/20130224142600034609.html

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

21 feb 2013

Concentración diante da Sede do Partido Popular de Ferrol

Mañá venres, día 22, ás 20:00 h., terá lugar unha concentración diante da Sede do Partido Popular de Ferrol, (Rúa Rubalcava, esquina coa Rúa do Sol) baixo o lema:


"Polo dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacional galega" 

Convocan: 
BNG, CIG, FRUGA, COMITÉS, GN, MPB, COG, NOS-UP, CCPI, AGIR, AMI, BRIGA, ISCA, LEG.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio