Mostrando entradas con la etiqueta Carga de Dignidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carga de Dignidade. Mostrar todas las entradas

28 nov 2013

Avance do filme "Carga de Dignidade" de Xosé Bocixa

Mañá venres, 29 novembro, ás 19:30 h. na Galería Sargadelos. terá lugar a presentación do documental realizado por Xosé Bocixa, que recolle a acción popular "Carga de Dignidade".
(Procurade vir temprano si queredes coller asento)


O remate do mesmo, ás 21:00 h. haberá unha concentración na Praza de Armas, onde terá lugar un samaín reivindicativo organizado polas centrais sindicais.

Trae a tua cabaza e o teu facho

"Carga de Dignidade" foi a acción artística reivindicativa celebrada en Ferrol o pasado 2 de xullo, esta foi promovida por creativos conformados para a ocasión como "Raio Buguina", persoas que no seu día formaron a "Burla Negra" pola catástrofe do Prestige.

Acto convocado e realizado por:

Radio Buguina

Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar.

Sindicatos: Comisións Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT).

Partidos políticos: ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Compromiso por Galicia (CxG), eQuo, Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal), Esquerda Unida (EU-IU), Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).

Outros colectivos sindicais e movimentos políticos: Mocidade Nacionalista Galega (MNG), Sindicato de Estudantes,Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG).

Asociacións e Colectivos: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Asociación Unificada de Militares Españois (AUME), A. C. Fuco Buxán, A. C. Lefre de Caldereta, A. C. Lendo Poesía, A. C. Medulio, Asociación Galega de Vitimas do Amianto (AGAVIDA), Asociación Memoria Histórica Democrática, Ateneo Ferrolán,Colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, Federación Veciñal de Ferrol (Roi Xordo), Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública Ferrol, Rádio FilispiM.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 nov 2013

Presentación do documental realizado por Xosé Bocixa, que recolle a acción popular "Carga de Dignidade"

O Venres, 29 Novembro, ás 19:00 h. na Galería Sargadelos. presentación do documental realizado por Xosé Bocixa, que recolle a acción popular "Carga de Dignidade" Ese mesmo día, ás 21:00 h concentración na Praza de Armas, onde terá lugar un samaín reivindicativo, decorade as vosas cabazas indignadas

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 jun 2013

12 de xuño "Carga de Dignidade" para a bisbarra.

Hoxe lúns, 10 de xuño, ás 11:00 h. Invitados por Radio Buguina, os centros de ensino, e os colectivos que realizaron pancartas que anunciaban o evento "Carga de Dignidade" penduraron estas no enreixado de Navantía que quedou "espido", (ao final da Avda. de Esteiro) á parte de cargar de dignidade esta zona do enreixado, pretendemos concienciar a toda a cidadanía da importancia que ten para toda a bisbarra de Ferrolterra, a Folga Xeral, convocada para o día 12 de xuño.

Na mesma estiveron presentes membros do comité de empresa e auxiliares de Navantia, que agradeceron esta mostra de solidariedade por parte do C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro, Instituto Concepción Arenal, CEIP San Xoán de Filgueira, CIP Recimil, Conservatorio de Música Xan Viaño, e Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos

Ás poucas horas, membros da Armada procedían a retiralas. Inmediatamente realizamos varias xestións, e adquirimos o compromiso por parte do oficial de garda do Arsenal Militar,de devolvernos mañá estas en perfecto estado, estas serán colocadas de novo, pero esta vez na porta do Estaleiro, lugar onde deu comezo a acción popular "Carga de Dignidade".


Fonte: http://cargadedignidade.blogspot.com.es/
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/estudiantes-ferrol-piden-carga-dignidade-naval/idEdicion-2013-06-10/idNoticia-811093/
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

4 jun 2013

Centos de persoas se "Cargan de Dignidade"

Dende onte, as reixas dos estaleiros, locen ao vento as roupas que representan a indignación da bisbarra. Cada peza ten detrás unha historia propia, tan como dicía Pepe Barro, un dos membros do colectivo Radio Buguina. Tamén dixo que sería un monumento efémero no tempo, opinión que non comparto, penso que é unha obra en continua construción, moitos serán @s cidadáns que se acheguen a deixar a súa pegada. 

Nunca é tarde para a indignación!! 

Autor: Xosé Bocixa


O correo cargadedignidade@gmail.com habilítase para que facilitedes as vosas fotografías, vídeos, breves textos ou poesías alusivas á acción popular "Carga de Dignidade". Todo o material recompilado se subirá a o blogue creado para o evento http://cargadedignidade.blogspot.com.es/, Farase constar a autoría de todo o material cedido.

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 may 2013

"Carga de Dignidade"

Parte do colectivo de artistas e creadores que levaron a cabo a “Burla Negra” pola catástrofe do Prestige, agrupados agora en “Radio Buguina” estarán o próximo domingo na porta principal de Navantia Ferrol, no barrio de Esteiro, para organizar, de 11 a 14.00 horas, unha "acción artística popular". 

Trátase de seguir o exemplo daqueles traballadores/as dos Astaleiros, que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría. 

Por todo isto, ante a crise e ataques sociais que padecemos, decidimos rematar este “Monumento á Dignidade”, chamando a toda a cidadanía galega e de Ferrolterra, a pendurar súas pezas de roupa na reixa da factoría. 

O acto estará retransmitido en directo por Xurxo Souto para Radio Buguina, que fará de locutor - animador do evento, realizando entrevistas ao vivo.

Tamén se amenizará o mesmo con distintas actuacións, tanto poéticas coma musicais.

Organizan:

Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar. 

Sindicatos: 

Comisiones Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT). 


Partidos políticos:

ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Compromiso por Galicia (CxG), eQuo, Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal),Esquerda Unida (EU-IU), Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).


Outros colectivos sindicais e movimentos políticos:

Asociación Unificada de Militares Españois (AUME), Mocidade Nacionalista Galega (MNG), Sindicato de Estudantes,Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG).


Asociacións e Colectivos:

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), A. C. Fuco Buxán, A. C. Lefre de Caldereta, A. C. Lendo Poesía, A. C. Medulio, Asociación Galega de Vitimas do Amianto (AGAVIDA), Asociación Memoria Histórica Democrática, Ateneo Ferrolán,Colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, Federación Veciñal de Ferrol (Roi Xordo), Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública Ferrol, Rádio FilispiM.

Manifesto



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.