Esta cuarta feira debatiuse no Parlamento unha Proposición non de Lei, feita pola deputada nacionalista Tareixa Paz, para que o noso país sexa declarado oficialmente Zona Libre de Transxénicos, para que se prohíba o seu cultivo namentres non se investigan os seus efectos na saúde das persoas, os animais e o medio.
o PPdeG, coa normativa comunitaria na man, lembroulle ao BNG que non se pode prohibir o cultivo e a produción de organismos modificados xeneticamente no noso país, e o PSdeG sinalou que é bo investigar, e tantear os prexuízos e beneficios que poderiamos tirar do seu cultivo. Houbo acordo, mais encamiñado a salvar os nosos cultivos tradicionais na convivencia cos modificados xeneticamente, e deixando de lado proposta, máis ambiciosa, que facían os nacionalistas.
(más)
No hay comentarios:
Publicar un comentario