Este vindeiro venres 28 de novembro, ás 20 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, en réxime de auto convocatoria aberta a todos os movementos e entidades que así o queiran, ademais, de persoas a título individual farase a presentación do Foro Social Galego.
Esta convocatoria está organizada pola Marcha Mundial das Mulleres, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e a Asociación Fuco Buxán. Ordenará o debate Lupe Ces Rioboó.
Esta é unha asemblea dos cidadáns e dos colectivos sociais previa ao desenvolvemento do Foro Social Galego, que se celebrará na primeira fin de semana de decembro en Compostela.
Para máis información sobre o FSGal, pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario