24 dic 2008

22 de Decembro, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, celebrouse, no local da A. VV. de Ferrol Vello, a XX Asemblea Cidadá,

Fixose balance do traballo anual e abordouse de xeito especial a sentenza do Tribunal Supremo, de 14 de novembro pasado, desestimando a demanda presentada polo Concello de Ferrol, con resolución favorable do TSXG (23.06.2004) e recorrida pola Xunta e Reganosa. No ano 2006 o Pleno do Concello de Ferrol decide retirarse do Contencioso, agora o Tribunal Supremo falla, plantexando que o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia non debeu de admitir a tramite a demanda do Concello de Ferrol "Por ser un acto de tramite inimpugnable" non entrando para nada no fondo do asunto, da tramitación ambiental de Reganosa, en contra do que pretendía facer creer La Voz de Galicia na nota publicada o pasado 5 de Decembro. Hai 12 contenciosos admitidos a tramite e dous pendentes do Supremo . Este Tribunal, terá que entrar no fondo do asunto , e aclarar si a planta de Reganosa esta obrigada a facer a Declaracion de Impacto Ambiental tal como fixeron as demais instalacions deste tipo, como fallou por 3 veces o TSXG e manten o CCE ou simplemente vale o sucedáneo da Declaracion de Efectos Ambientais.

e repaso das que están pendentes de resolución polos Tribunais:


- Denuncias ante a Fiscalía do TSXG e Fiscalía Especial contra a Corrupción, de novos datos da duplicidade orzamentaria de Reganosa.

- Os 12 Contenciosos presentados.

- As duas sentenzas do TSXG contra Reganosa, recorridas pola Xunta e Reganosa ante o Supremo.

- A reapertura do expediente de denuncia presentado ante a Comisión Europea.

- O Recurso de Amparo Constitucional contra a Autorización Administrativa Previa.

No hay comentarios: