3 dic 2008

Causa Galiza convoca mobilización de rexeitamento á constitución española o seis de Decembro

A Causa Galiza convoca a toda a cidadanía galega a mostrar o rexeitamento á constitución española e o apoio ao dereito de autodeterminación mobilizandose o próximo 6 de Decembro ás 13:30 na praza do Toural, en Compostela. Con esta iniciativa, Causa Galiza continúa co seu papel de realizar actos conxuntos que reúnan a todas as persoas, colectivos, organizacións e forzas políticas do soberanismo de esquerdas do país, nunha visibilización do dereito galego á autodeterminación.

No hay comentarios: