19 dic. 2008

Izquierda Anticapitalista presentarase ás eleccións europeas

Máis de 800 intelectuais e activistas recoñecidos avalan a presentación de Izquierda Anticapitalista, formación derivada de Espacio Alternativo, corrente crítica que se independizou de Esqueda Unida, ás vindeiras eleccións europeas. Farano en coaligación co Novo Partido Anticapitalista francés, coa Sinistra Crítica italiana, o Bloco de Esquerdas portugués e outras formacións continentais.
Entre os asinantes atópanse persoeiros galegos como Carlos Taibo, Ramón Chao, Manuel Rivas ou Ignacio Ramonet, e outros como José Vidal Beneyto, Antoni Domenech, Carlos Fernández Liria, Xusta Montero, Montserrat Galcerán, Ramón Fernández Durán ou os sindicalistas Cándido e Morala.

No hay comentarios: