Convocatoria recibida do Comité Cidadán de Emerxencia:
O gaseiro nº 37, o "LNG Lagos", que hoxe sábado tivo que desistir da entrada na Ría, a causa do forte vento, intentará achegarse na tarde de mañá domingo a Planta de Gas, coa sua perigosa carga de GNL, polo que o
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca
CONCENTRACION
Domingo, 14 de Decembro, ás 7 da tarde
Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
(Praza de Amada García – Ferrol)
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!
Buque: "LNG Lagos" – Bandeira: Bermudas – Antiguedade: 32 anos (23 inactivo)
– Eslora: 274,4 m. – manga: 42 m. – calado: 11,8 m. – Capacidade: 122.255 m3.
No hay comentarios:
Publicar un comentario