O día 27 de xaneiro ás 17 horas tera lugar unha homenaxe no castelo de San Felipe
Amada García non cometeu ningún delito de sangue nin participou actividades destrutivas. A véspera de ser fusilada, Amada García deixou escrita unha carta onde explicaba detalladamente as circunstancias da súa desgraza e a identidade das persoas que lle acusaron. O seu proceso está cheo de irregularidades e advírtese o afán vengativo e de despeito de certas persoas. Baste sinalar que as dúas testemuñas principais da acusación que afirmaron ouvir a Amada García tentar influír no alcalde republicano para que asasinase as persoas de dereitas que estaban detidas no concello, declararon estar fuxidos fose do pobo todos eses días. Como puideron ouvir esas supostas conversacións?, Como o Tribunal as considerou verídicas e válidas?
Un dos acusadores, visitou a Amada García e quixo retirar as súas acusacións explicando as circunstancias polas que as fixo, pero foi ameazado. Dous veciños de Mugardos que eran analfabetos, protestaron ao decatarse que se lles fixo asinar unha declaración que non recollía o que depuxera no interrogatorio. A pesar de declarar que o contido do escrito non era o que se lles leu, non se tivo en conta.
En dous días xulgáronse a 45 persoas de Ares e Mugardos e ditáronse 37 penas de morte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario