15 ene 2009

José Luis Méndez Romeu,PERSOA NON GRATA

O interesante artigo de Xoán Rubia, titulado “PLAN DE EMERXENCIA” pubricado no “Diario de Ferrol” do pasado domingo, 11 de Xaneiro, fainos lembrar por forza a opinión de quén é o máximo responsable para Galicia de Protección Civil, o Conselleiro da Presidencia José Luis Méndez Romeu, que en Novembro do 2007, participou nun debate sobre a Planta de Gas de Reganosa no programa “La Ventana” da Cadena Ser, dirixido pola periodista Genma Nierga, no que participaron como contertulios: Santiago Carrillo, Herrero de Miñón e Pere Portabella.

O longo do debate, os tres, puxeron en evidencia a barbaridade que supón a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría de Ferrol.

O Conselleiro foi incapaz de dar resposta ás preguntas dos contertulios, asumindo como propio o proxecto xestado baixo os gobernos do PP, e para defendelo recorreu ao rosario de mentiras propaladas durante oito anos polos promotores de Reganosa, retrotraéndonos lamentablemente a esa etapa de Goberno da dereita, que fixera da mentira a súa divisa.

Velaí algunhas das perlas do Conselleiro:

  • A Planta de Reganosa cumple con todos os requisitos autonómicos e estatais. A Planta ten a DIA (Declaración de Impacto Ambiental) avaliada polo Ministerio de Medioambiente.
  • En España non hai lei algunha que obrigue a este tipo de instalacións a arredarse 2000 m. da poboación.
  • O núcleo de Mugardos queda fora do perímetro de perigosidade .
  • Comparou a perigosidade da Planta de Gas co dunha autopista ou o AVE.
  • Dende fai 10 anos os Grupos Políticos Galegos manteñen unha posición común favorable a este proxecto .
  • Tachou de absurda a pregunta de si éles ubicarían a Planta no Porto Exterior.
  • A Planta de Reganosa e o Proxecto do Porto Exterior, non se producen o mesmo tempo.
  • A situación de monopolio impedíu a implantación en Galicia dunha regasificadora.
  • Non se pode modificar a situación, dado as inversións realizadas.
  • A reindustrialización de Galicia depende da Planta de Reganosa.
  • Sobre a limpeza das actuacións para levar adiante a planta de Reganosa e os “pelotazos económicos”:
  • “Teño bastante documentación, e non e o momento de entrar nelo” “Non me corresponde defendelos”.
  • Se fixeramos caso as movilizacións, non se faría ningunha infraestructura pública.


  • Non é caso agora de rebatir un por un todos os puntos, cuestión que xa temos feito moitas e moitas veces, pero puntualizando algunha:

  • ¿Se non hai perigo, para qué un Plan de Emerxencia?
  • Por iso, os cargos públicos do PSOE e do BNG, hasta a formación do Goberno bipartito, apoiaban e participaban nas manifestacións contra a ubicación da Planta, e o Congreso do PSOE de Ourense aprobou unha resolución para ubicala no Porto Exterior.
  • E mellor defender as inversións económicas que a vida de milleiros de persoas.
  • E ¿de quen dependerá nun futuro a Planta e a súa condición estratéxica para Galicia? ¿de Cataluña?, ¿de Rusia? O que está claro é que a ameaza da Planta é so para os habitantes do seu entorno.

No hay comentarios: