10 feb. 2009

S.O.S ''OS ANCARES'' S.O.S

EDUARDO FRA (diario de ferrol)



Un amigo compostelán ten un soño recorrente. Nel aparece unha empresa da Coruña que se dedica a desmontar as torres da catedral, pedra a pedra. Cando está no soño xa van pola metade das torres e hai camións cargados ata arriba con todo o material. El contempla entretido aos obreiros. Estes traballan con certa indiferencia e asubían ás universitarias que pasan pola praza do Obradoiro. O meu amigo sabe que é un roubo pero non ten ningún sentimento. Cousas dos soños. Tan só cando esperta sinte un estraño desacougo.

Na fermosa comarca Laceana, ao lado dos Ancares, desmontaron unha preciosa montaña. Destripárona coa mesma indiferencia que os da Coruña desmontaban as torres da catedral. Un cidadán de Villablino foilles preguntar qué estaban facendo. Un camioneiro indicoulle que preguntara ao encargado. O encargado co móbil pegado na orella díxolle de malos modos que preguntase na oficina, e o da oficina que andaba moi atarefado. Largoulle o típico: que non viñese a amolar e que ademais el era un mandado. No sindicato dixéronlle que antes mortos que no paro. ¿Pero a copla non era “antes muerta que sencilla”? . Pois iso -insistiron- Antes mortos que no paro. Élle un sindicato de filósofos- pensou. Na catedral xa van pola altura do Pórtico da Gloria. Un pesadelo. Contemplamos con estraña indiferencia como se estraga a natureza e ninguén parece responsable. Os fiscais non ven nada. Os xuíces usan a palabra de moda: somos incompetentes. En Santiago xa din: “Ha, pero había unha catedral?”, “qué catedral?”

3 comentarios:

Anónimo dijo...

BORDALO MEU!
Cada vez gustame mais entrar neste blog. O relato esta de puta madre. Ese mesmo soño teño eu, e diria que unha parte mui grande da sociedade que non se atreve a decilo en ALTO.
NON NOS CALARAN, Susete, non TEÑEN COLLONS A PARARNOS A TODOS. SEMPRE QUEDAREMOS ALGUN!.
Courel, Vigo, Ferrol, Merexo, Quilmas, Corrubedo, Ancares, Camelle e outros que esten ASOBALLADOS por esta DIS-XUNTA, NON ESTADES SOLOS !!SOMOS MOITOS!! e malos de domear.
O que pasa é que "estes" teñenos censurados, divididos, e sabe que estamos dispersos.
Dende aqui , respondo de min desgraciadamente, o meu apoio incondicional.

A por eles Susete!.
¿Que che pareceu o video adicado?.

Seirugalimpa dijo...

O anonimo son EU,

anarko dijo...

me gusta vuestro blog soy de madrid con 1 año en coruña pero me gusta vuestra cultura , historia e idioma que poco a poco intento aprender, tengo un pequeño blog ,http://cousasdegalizia.blogspot.com/ pasate si tienes un rato y dame tu opinion