El día 26-02-09 se produjo en el interior de la ría un movimiento sísmico de escala 2,6.El seísmo pese a su pequeña magnitud se pudo sentir en sitios tan dispares como Ferrol, Mugardos, Narón, Valdoviño, Cedeira, Arteixo, Oleiros y Coruña.
El epicentro del seísmo fue localizado a 1Km escaso de la planta de gas de Mugardos.Un motivo mas que nos da la razón.En Abril del 2006 se produjo otro de escala 5 a 60 Km mar adentro,este se pudo sentir con gran intensidad en todo Ferrol.
Dedicado a Carmelo Teixeiro
Xoves, 26 marzo, 2009. Un movemento sísmico de intensidade 2,6 na escala Ritcher, con epicentro a 16 Km de profundidade en terras mugardesas, segundo o Instituto Xeográfico, é recollido, con grandes titulares, pola prensa. Ata se recorda que, en abril 2006, un terremoto de magnitude 5, afectou a Ferrol e á súa área de influencia.
Curiosamente, na maioría destas informacións, fronte aos meros (e preocupantes) datos estatísticos ou o folclore dos sustos, tan xustificados, da cidadanía, botábase de menos unha referencia á relación destes fenómenos coa situación de alteración sistemática no equilibrio ecolóxico da nosa ría, onde se achan presentes tres industrias, dun total de dez, as máis perigosas a nivel galego, que poden verse afectadas, provocando unha desastrosa reacción en cadea ou efecto dominou, sen escapatoria posible.
Unha vez máis, os “muros de silencio”, dos que falaba o recordado Xeneral Gabeiras, presidente de honra do Comité Cidadán de Emerxencia, volveron a levantarse entre a anécdota e a información de fondo que esixe non só veracidade senón perspectiva dunha situación recollida con minuciosidade e criterio obxectivo no magnífico artigo de Rafael Pillado RÍA DE FERROL: NO OLLO DO FURACÁN, publicado recentemente neste xornal.
A todos os argumentos alí expostos, que nunca foron desmentidos, quizais sexa necesario engadir unhas consideracións sobre o que pode estar ocorrendo ante os nosos ollos e que debe importarnos porque, con “plans de emerxencia” ou sen eles, o que nos estamos xogando todos é vida e facenda, é dicir: FUTURO. Poida que non advirtamos, a estas alturas, a destrución programada da nosa riqueza marisqueira, pan de tantas familias; poida que non valoremos o que significa durmir cunha “bomba”, varias bombas, dentro da ría, sexan ou non un obxectivo terrorista (véxase o artigo de GACETA.es, reproducido na web do Comité Cidadán); quizais tamén perdamos a conta do número de gaseros que se aventuraron a cruzar a boca da ría, poñéndonos a todos en perigo e que esta mesma semana alcanzan xa o número 42. Pero, seguramente chegue o momento de considerar os avisos que desde a Nai Terra estamos recibindo no sentido de que deberiamos andarnos con ollo, pois estamos planeando alterar profundamente, a base de dragados, unha zona de influencia sísmica considerable. A cambio de que? De solucionar un problema enerxético que nunca existiu? Desa tan prometida e nunca chegada choiva de postos de traballo? Da repartición de riquezas, urbi et orbi, na zona? Ou se trata dunha capítulo máis de favorecer os negocios do amigo, non importa o risco certo que poidan correr as poboacións?
Un dos lemas máis coreados en Santiago durante unha recente e masiva concentración foi GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!. Ademais do seu moi triste valor profético (fosen outros os resultados electorais se o Goberno Galego non estivese, durante o seu mandato, mantendo abertos, nos catro puntos cardinais de Galicia, conflitos como o da planta de gas de Mugardos, a Cidade da Cultura, a destrución sistemática da paisaxe e un longo etc. que lanzou a miles de galegos á rúa a gritar de novo NUNCA MÁIS?). Quizais, e agora máis que nunca, o PSG-PSOE e o BNG deben reflexionar sobre o número de votos que puido restarlle non baixarse dun tren cuxo condutor era ese eterno Sr. Fraga, cos seus acordos secretos e a sua megalomanía.
En canto ao PP, en cuxas filas non todos están de acordo coa planta, manifésteno ou non en voz alta, boa ocasión sería de demostrar, se son capaces, ese talante moderno que prometen, o que lles permitiría librarse do seu ronsel cavernario...
Cada cal debe darse a súa resposta. O importante é que a loita continúa e imos esixir, a continuar esixindo como vimos facendo desde hai case unha década, que se acabe con esa irracionalidade que é a planta de gas de Reganosa.
A Terra XA FALOU e está claro que non se anda con bromas. Se ela treme, non deberíamos nós empezar a asustarnos e a tomar medidas?
José Torregrosa (Asociación FUCO BUXÁN)
No hay comentarios:
Publicar un comentario