Carta de Fucobuxán al 1 de Mayo
Saúde, Primeiro de Maio.
A Clase Obreira, ese xigante Atlas que vertebra a Historia coa suor das súas mans e das súas mentes, un ano máis, eleva a súa firme voz, no medio do caos dun Capitalismo en crise e desastre permanente que desexa reinventarse e reinvertarnos; que nos quere submisos e calados, responsables do seu evidente fracaso como Poder e como Clase.
Hoxe, millóns de homes e mulleres, sen importar a raza ou a crenza, acuden á cita da súa festa e a súa loita, plenos de memoria, de compromiso e de esperanza, dende todos os confíns da Terra. Fano, coma sempre, porque queda traballo por facer: rematar coa inxustiza, coas desigualdades, coa explotación do home polo home.
O camiño e difícil e esixe esforzo, unidade e claridade de ideas. ¿Até cando deixaremos sen resposta os cantos de sereas liberais que nos prometen pan e circo, sempre e cando rexeitemos ser nós mesmos?
Outro mundo é posible. Iso sábeo moi ben a Clase Obreira, motor de cambio e de progreso dende o principio dos Tempos, fronte unha burguesía tan avarenta e reaccionaria coma sempre. Unha vez máis, disfrazada de año, de cabuxo, entre cheiros a incenso que tenta esvaecer as pegadas, até onte mesmo, da pólvora por non deixarse abolir os seus privilexios.
Hoxe pídennos, novamente, na súa soberbia de pensarnos desprogramados de calquera ideoloxía que non sexa o consumo e o “Sálvese quen poida”, protagonizar o “grande sacrificio”, o “grande suicidio”, para remontar unha crise que xerou a súa natureza, rapineira e insaciable. ¡Ai daqueles que se esquezan da “loita de clases” e a súa lei do máis forte...! Divididos non hai victoria posible. Todos xuntos temos a resposta: se non queremos ver unha nova crise, hidra interminable de mil e unha cabezas, deben marchar os explotadores da Historia, tras ter devolto o roubado: terras, medios de producción, o temón da nave que conduce aos pobos a unha felicidade de signo fraternalmente igualitario.
¿Quen podería deternos se facemos “o que é útil”, como pedía o poeta Bertold Bretch, enfrontado ao resistible ascenso do nacismo? Non estamos sós: témonos os uns aos outros. Esa é a nosa forza. Únenos un destino irrenunciable: protagonizar, sen donos, a nosa andadura vital, para deixar aos nosos fillos un mundo mellor que o que atopamos nós.
Se eles son quen de globalizar a ameaza e a represión, a Clase Obreira pode globalizar a súa solidariedade e a súa coraxe. Venceremos...
Un ano máis, un Maio de Futuro, ao paso acordado das Masas, anunciando na rúa a súa Poesía da Historia: Facer florecer unha longa e esforzada loita para que a Humanidade poda realizar, por fin, un alto no esperpento e a barbarie, convertida na casa común para o xénero humano.
É primeiro de Maio. É compromiso. Non poden deternos.
FUCO BUXÁN
Poema
¿Quién podrá dudar ya que los chacales que nos gobiernan están ávidos de sangre trabajadora? Pero los trabajadores no son un rebaño de carneros. ¡Al terror blanco respondamos con el terror rojo! Es preferible la muerte que la miseria.
Si se fusila a los trabajadores, respondamos de tal manera que los amos lo recuerden por mucho tiempo.
Es la necesidad lo que nos hace gritar: ¡A las armas!.
Ayer, las mujeres y los hijos de los pobres lloraban a sus maridos y a sus padres fusilados, en tanto que en los palacios de los ricos se llenaban vasos de vino costosos y se bebía a la salud de los bandidos del orden...
¡Secad vuestras lágrimas, los que sufrís!
¡Tened coraje, esclavos! ¡Levantaos!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario