Unha exposición fotográfica amosa as mulleres do mundo “cara a cara”. Esta mirada sobre os dereitos sexuais e os dereitos reprodutivos das mulleres pecha a campaña de sensibilización e educación “O meu corpo é un territorio clandestino” da ONGD Paz e Desenvolvemento.
A exposición “As mulleres do mundo Cara a Cara”, que durante o mes de maio percorrerá Mondoñedo e Ferrol, é unha mostra itinerante a través da que se pretende sensibilizar á sociedade da situación das mulleres do mundo en relación ca saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos.
A exposición fotográfica permanecerán no Ateneo Ferrolán desde o 16 ao 30 de maio. A exposición pode visitarse de luns a venres de 11.30 a 13.30 e 21.00 horas e os sábados, de 10.30 a 13.30 horas.
Rosa Gómez-Reino Varela, delegada en Galicia de Paz e Desenvolvemento ONGD, suliñou que «día a día millóns de mulleres de todo o mundo ven vulnerados os seus dereitos sexuais e reprodutivos máis básicos: dereito á saúde sexual e reprodutiva, ao libre disfrute da súa sexualidade… é preciso visibilizar esta problemática que vivimos como algo alleo a nós».
A delegada en Galicia de Paz e Desenvolvemento ONGD, enmarcou esta iniciativa «dentro da campaña de sensibilización O meu corpo é un territorio clandestino» que dende o mes de xaneiro está realizando outras actividades centradas nos dereitos sexuais e reprodutivos, orientadas a adolescentes e mulleres rurais, con obradoiros e exposicións didácticas nos institutos e cursos de formación para asociacións de mulleres. «Non hai que esquencer que estes dereitos son activos e é imprescindible reivindicalos»
A mostra, xurde como resultado do I Concurso Internacional de Fotografía sobre dereitos sexuais e reprodutivos promovido pola Federación de Planificación Familiar de España (FPFE). Na mesma móstranse imaxes da realidade que viven mulleres nos países en desenvolvemento, con especial atención á cuestión do respecto dos dereitos humanos, á súa situación socioeconómica, ao aceso á educación, á precariedade dos servizos de saúde, á maternidade e os seus riscos, ao aceso a métodos de planificación familiar e ás necesidades de millóns de nenas que actualmente conforman grande parte da población destes países.
Do 16 ao 30 de maio na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán
ORGANIZA E XESTIONA
* Paz e Desenvolvemento Galicia ONGD
* Web: www.pazydesarrollo.org/galego
FINANCIA
* Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
CEDE
* Federación de Planificación Familiar de España (FPFE)
COLABORAN
* Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia
* Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia
* Ateneo Ferrolán
No hay comentarios:
Publicar un comentario