Fai uns meses que se vén falando da "Refundación" de IU, parece que os medios contaminan e manipulan a noticia como unha captación de descontentos para as próximas eleccións.Nada máis lonxe da realidade.
IU decidiu trasladar a sociedade a necesidade dunha esquerda forte e de verdade,por iso realizou un chamamento a todas as asociacións sociais, veciñais etc. a incorporarse a este proceso.
O papel de IU neste proceso foi o de poñelo na mesa e de participar como calquera persoa que queira facelo.
Éstáse no proceso de formación de foros de traballo en Ferrol, baixo a supervisión dun “Grupo Motor” totalmente independente. Actualmente é o que organiza as convocatorias á marxe de IU.
Agora o camiño está por andar, quizais non se concrete en nada, ou quizais naza unha nova formación política.
Pero en contra do que veñen dicindo os “medios de idiotización”….dicir que a actitude de IU é unha actitude xenerosa e non de captación de votantes, que pode acabar incluso coa desaparición das súas siglas, e inclusión nesta nova “FUNDACIÓN”
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario