5 oct. 2010

"CRÍMENES INVISIBLES"

A COORDINADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVÍDATE O XOVES 7 DE OUTUBRO, ÁS 19:00 HORAS,NA GALERÍA SARGADELOS DE FERROL A PROXECCIÓN AUDIOVISUAL:
"CRÍMENES INVISIBLES" (DE WIM WENDERS)

A través da curtametraxe do realizador alemán Wim Wenders achegarémonos á realidade das miles de mulleres que sofren a violencia sexual nas zonas da RD Congo onde pervive o enfrontamento armado.

Ademáis, informaremos dos actos que se desenvolverán en Vigo o domingo 17 de Outubro, como culminación da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

Coa nosa III Acción Internacional, pretendemos denunciar e visibilizar a situación das mulleres na rexión dos Grandes Lagos Africanos e outras zonas en guerra e conflito armado, e reivindicar e fortalecer o papel das mulleres na resolución dos conflitos e os procesos de paz.

¡MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES NA GALIZA,COORDINADORA COMARCAL DE FERROLTERRA

www.feminismo.info


www.mmm2010.info

marchagaliza@gmail.com

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: