Contidos do programa:
-Coma de cotiá, José Torregrosa coa súa sección , “O Despertar da razón”, falaranos da figura de XOSÉ LOUREIRO LUGRÍS, sindicalista inculpado no Proceso dos 23.
- Contactaremos telefónicamente con Juan Torres , catedrático de economía aplicada na universidade de Sevilla e membro de ATACC, a quen tivemos na nosa cidade, esta semana, convidado por Fuco Buxán, para falar das pensións públicas.
- Na sección poética escoitaremos poemas de Nicolás Guillen, esta vez en directo. Recitarán Lorena Calaza e Fernando Ocampo, do grupo Bartoleta Teatro.
- No estudo de Radio Filispim, acompañarannos César Fraga, secretario comarca de UXT, Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG, e Rafael Pillado, vicepresidente de Fuco Buxán, para facer unha analise da pasada folga xeral.
Como sempre, comentarios e noticias de actualidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario