7 oct 2010

PECHE DA III ACCIÓN INTERNACIONAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

Na Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres levamos varios meses realizando diversas actividades e encontros a nivel local e nacional para divulgar os valores de traballo en rede das mulleres contra a violencia machista e pola paz e desarme, así como para preparar o momento máis importante da III Acción Internacional, no próximo domingo, 17 de Outubro a partir das 11:30 horas.


Nesta data, conscientes das accións e mobilizacións simultáneas das nosas irmás en todo o mundo, as mulleres galegas unirémonos ás celebracións coas seguintes actividades:

* Realizaremos a nosa Acción Galega en Vigo (Pontevedra), con diversas actividades, exposicións e obradoiros, que terán como eixe central a constitución dun Tribunal de Acusación, a través do cal visibilizaremos e denunciaremos a situación que están vivindo as mulleres na RD do Congo.

* Enviaremos dúas delegadas galegas a participar na Mobilización Internacional en Sud Kivu (RD Congo) na que se espera asistan mais de 1000 mulleres de todo o mundo, especialmente da zona dos Grandes Lagos e resto de África

PROGRAMACIÓN EN VIGO:
11:30 horas: Obradoiros e exposicións
12:30 horas: Tribunal de Acusación
14:00 horas: Actuación de Tanxedoras

De haber suficiente xente interesada en acudir a esta Acción con nós, desde a COORDINADORA COMARCAL DE FERROLTERRA fletarase un autobús gratuíto para desprazarse a Vigo, con saída ás 9:00 horas e volta ás 17:00 horas.

Para apuntarse, chamade ao teléfono 671 695 968 antes do 11 de Outubro

¡¡AGARDAMOS PODER CONTAR CON VÓS!!

¡¡MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: