Contra as reformas do capital. Necesitamos outra folga xeral.
A central nacionalista enmarca esta protesta nas medidas de presión iniciadas no 2007 en contra das sucesivas reformas emprendidas polo Goberno.
A manifestación partirá da sede local da central sindical, na avenida de Esteiro, ás 20.00 horas, e culminará o seu percorrido na praza da Constitución, ante a sede da Fundación Caixa Galicia. A esa mesma hora, levarán a cabo protestas similares noutras localidades galegas.
Xesús Anxo López Pintos, portavoz comarcal da CIG, definiu esta protesta como un «punto e seguido» despois da recente folga xeral. Pintos subliñou, así mesmo, que os orzamentos da Xunta para o 2011 inclúen «recortes moi grandes» e que apostan pola «privatización de servizos básicos». Neste sentido, definiunos como «cicateros» e sostivo que serven para «quitar dereitos».
O dirixente sindical destacou que as administracións deben avogar por «incentivar a produción» e por un «cambio de modelo socioeconómico». Nesta liña, dixo que CC.OO. e UGT comprometéronse a estudar a análise realizada pola CIG
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario