15 dic 2010

Comunicado do Foro Galego de Inmigración

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) xunto cos sindicatos CIG e CUT convoca unha rolda de prensa informativa o martes día 14 de decembro ás 11:00 h na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova nº 16) para:

- Presentar a Campaña: “Ninguen sobra nunha situación de Crise” que inclue unha serie de actos e actividades a desenvolver en diferentes lugares de Galicia en relación coa celebración do Día Mundial das Persoas Migrantes (18 de decembro). Os principais eixos temáticos da Campaña serán:

1.- O rexeitamento da política de persecución policial das persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa que se ven incrementando nos últimos meses.

2.- O aumento tamén nos últimos meses das esixencias administrativas que as subdelegacións de goberno de Galicia veñen establecendo nas tramitacións de expedientes por parte das persoas estranxeiras, dificultando ou impedindo a resolución positiva das mesmas.

3.- Presentación dunha Proposta cos sindicatos CIG e CUT para flexibilizar os requisitos para as renovacións de autorizacións de traballo nestes tempos de crise económica e impedir así que persoas con varios anos de residencia legal en España queden en situación de irregularidade administrativa.
Email: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Premer o botón para leer o Manifesto Sindical do Colectivo Inmigrante


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: