A Depuradora que nunca funcionou
Entre o 94 e o 98, a Xunta investiu 12,3 millóns de euros en adiantar a construción dunha rede que agora se demostrou que está obsoleta. E a súa reparación suporá multiplicar por catro o investimento inicial.A Xunta construíuno entre 1994 e 1998 e non se chegou a estrear. Doce anos despois, o colector xeral do saneamento entre Neda e Ferrol deberá ser reparado. Segundo datos facilitados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, unha terceira parte do percorrido da tubaxe troncal da rede de sumidoiros está totalmente inservible
En setembro de 2003 a Confederación Hidrográfica do Norte asina un convenio coa Xunta de Galicia e Augas de Galicia para o financiamento da mellora de depuración e vertedura de Ferrol.
Grazas ao investimento que suporía este proxecto, as augas de Ferrol, Narón e Neda serían depuradas antes de envialas ao mar, co consecuente beneficio e mellora na calidade ambiental de Ferrol e a súa ría. O túnel estaría situado no oeste da Provincia da Coruña, concretamente no Termo Municipal de Ferrol.
Cun investimento global de máis de 107 millóns de euros, esta ambiciosa actuación dotaría a Ferrol, a finais do ano 2008, dun sistema integral de saneamento.
O P€P€,segue coa sua rolda de visitas ofrecendo incentivos por votos,e o P$O€,sigue coas suas loitas internas polo poder.
Actividades que podes facer na "Merdo Ría"...
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario