MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
"IGUALDADE, CORRESPONSABILIDADE E PARIDADE - VALORES PARA OUTRO MUNDO POSÍBEL"
CONCENTRACIÓN EN FERROLTERRA
DOMINGO 6 DE MARZO ÁS 12.30 HORAS
CANTÓN DE MOLÍNS (FERROL)
Os momentos de crise económica historicamente serviron para reforzar o patriarcado. Os recortes sociais, económicos e nos dereitos laborais sempre van acompañados dos recortes nos dereitos das mulleres e paralelamente dos ideais de xustiza e igualdade.Reformas laborais, das pensións, recortes salariais, despidos masivos, privatizacións de servizos públicos, recortes de gastos sociais... súmanse a un desmantelamento, rápido e sen pausa, de todas aquelas estruturas que nas institucións estaban servindo para aplicar as políticas de igualdade (Ministerio, Servizo Galego de Igualdade, Centros de Información á Muller).
É por isto que nestes tempos o feminismo ten que combinar esforzos co resto das organizacións sociais, políticas, sindicais, ecoloxistas, relixiosas, veciñais e culturais... e estas co feminismo, para parar o desmantelamento dos dereitos de cidadanía das mulleres e frear os recortes sociais e laborais que limitan as nosas vi das e as das xeracións futuras.
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES - FERROLTERRA
TLF: 696732735marchagaliza@gmail.com
www.feminismo.info
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario