1. Demandar para San Domingos de Bonaval a permanencia do Panteón de Galegos Ilustres. Reafirmamos como irrenunciábel que sexa de titularidade pública e de uso laico.
2. Denunciar a regresión na política de investimentos en todos os sectores da cultura por parte do Goberno da Xunta de Galicia, que está a destruír o construído nos últimos trinta anos por varias xeracións de creadores e creadoras, e por toda a sociedade galega no seu conxunto.
3. Apoiar, máis unha vez, todo aquel profesorado que ten manifestado o seu compromiso para co mantemento da docencia en lingua galega e en contra da infravaloración e marxinalidade a que o goberno actual o ten sometido no ámbito do ensino.
4. Demandar, finalmente, que a Consellaría de Educación, máxima autoridade responsábel da xestión educativa, recolla no calendario escolar oficial anual a data do 24 de febreiro como o Día de Rosalía.
En Ferrol, o manifesto será lido por Rosa Méndez, e posteriormente leranse algúns poemas de Rosalía, participando nesta lectura: Elía Rico Lagarón, Xosé Leira e Rosa Martínez Dios, xunto con algunha persoa asistente ao acto que manifeste o seu desexo de participar, lendo un poema.

No hay comentarios:
Publicar un comentario